" A MAXIA DO NADAL ESTÁ NO COMERCIO LOCAL". Así reza o slogan da campaña do CCA do Carballiño na cal se sortean 1.500 euros en vales de compra si a túa papeleta coincide cos números gañadores do Sorteo de Reis. A pregunta é a que quería formular é a seguinte. Onde se consiguen as papeletas? Porque cando un servidor leva gastado unha cantidade considerable de cartos entre agasallos de Papa Noel e Reis en máis de 5 Establecementos de CCA Carballiño non tén ninguhna papeleta??
O que digo podo demostralo con tickets de compra e seguro que non serei o único ou única q lle sucede o mesmo.
Ah! Se me esquecía. Teño unha papeleta que sí me diron nun local de hostalaría por tomar un cafè
Que sirva de crítica constructiva. Conmigo o de Amazon seguro que non sería millonario
Quisiera poner en conocimento que en el dia de ayer, y hoy otra vez, se produjeron varias caídas de personas en la Avenida de Compostela, y además se resbala por toda la acera ¿cuándo piensan esparcir para evitar estas caídas? pueden ser algo máis que un susto. Tambièn se resbala en la plaza de la pista roja ¿cuándo piensar echar sal?
Empeza a ser moi necesario que se bote sal nas beirarrúas do Carballiño...a xente fai números para non caer. Algún xa aterrou. E temos moita xentiña maior. ¿non sabian que ía pasar?

A última actualización anual do Padrón Municipal de Habitantes deixanos unha nova caída no número de habitantes no conxunto da comarca carballiñesa, a pesar de que catro concellos logran aumentar a súa poboación. Éste é o caso da capitalidade comarcal, O Carballiño, que suma 62 habitantes máis no padrón de 2020, ata alcanzar os 14.089 habitantes, asi e todo aínda por debaixo do seu teito poboaciónal que obtivo no padrón de 2013, ao rexistrar ese ano os 14.355 habitantes.
A sorpresa positiva deste último padrón anual na comarca é a que nos proporciona o concello de Punxín, que por vez primeira despóis de 20 anos consigue revertir a súa sangría demográfica cun incremento de 15 habitantes, pasando dos 693 do padrón anterior aos 709 habitantes que suma no actúal. Ademáis, outros dous concellos consiguen aumentar a súa poboación por segundo ano consecutivo en ambos casos, Maside, que chega aos 2.709 habitantes, 4 máis no último ano e cun incremento de 58 habitantes na suma dos dous últimos anos, igual que Piñor que suma agora 7 novos habitantes e 43 máis que fai dous anos, polo que a súa poboación chega aos 1.183 habitantes.
Os outros cinco concellos da comarca perden poboación, o que máis Boborás (-62) e quédase con 2.223 habitantes, seguido de San Cristovo de Cea que retrocede en 48 habitantes e sitúase con 2.089. Tamén rexistra un novo retroceso O Irixo, ata os 1.420 habitantes, tras perder 46 no último padrón. San Amaro baixa ata os 1.052 habitantes, tras perder 36 no último ano. Finalmente, Beariz, perde 1 habitante e fixa a súa nova cifra oficial de habitantes en 970. No cómputo dos nove concellos da Comarca do Carballiño o resultado é negativo, cunha pérdida de 106 habitantes, eso si, é a menor caída de poboación dos últimos anos.
Avión e Leiro
Ambos concellos non son alleos á sangria demográfica que ano tras ano sufre a comarca do Ribeiro. Avión perde no último Padron 59 habitantes, e quédase con 1.736 tras esta última actualización do INE. Pola súa parte, Leiro baixa ata os 1.525 habitantes, tras perder 43 durante o último ano.

O Carballiño comeza o ano cun repunte de contaxios, e alcanzado hoxe lúns dia 4 de Xaneiro os 14 casos activos de Covid-19, tres máis que onte domingo. Desta maneira, O concello do Carballiño pasa de risco de nivel baixo no que permaneceu todo o mes de Decembro a situarse en nivel de risco medio, tras confirmarse 12 novos contaxios nos últimos dias.
No resto de municipios a situación permanece practicamente invariable, con 14 casos que ten o concello de San Cristovo de Cea, 2 casos Boborás e 1 caso o concello de Piñor. Con cero contaxios entran en 2021 os municipios de Beariz, O Irixo, Maside, Punxín e San Amaro.

Os datos facilitados por Sanidade neste domingo 3 de Xaneiro sitúan en 11 os contaxios activos de coronavirus no concello do Carballiño, 2 máis que onte, unha cifra que nos fai retroceder ata o dia 1 de Decembro pasado, daquéla tamén con 11 casos activos no municipio carballiñés.
No resto dos concellos non se producen variacións, San Cristovo de Cea continúa con 15 casos activos, Boborás con 2 e Piñor con 1. O resto de municipios están libres de virus, sen contaxios de coronavirus.

As Residencias de Maiores de San Amaro e As Caldas de Partovia recibiron esta mañá de sábado a visita -por adiantado- dos Reis Magos, os equipos de enfermeiros do Sergas que administraron a primeira dose da vacina contra o coronavirus aos usuarios e traballadores de ambos xeriátricos, os primeiros que reciben a vacina nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, ambos non rexistraron positivos en Covid-19 durante a pandemia.
En canto aos datos falicitados por Sanidade correspondentes a este sábado dia 2 de Xaneiro sobre o número de contaxios activos nos concellos da comarca, apréciase estabalidade en relación aos últimos dias de 2020. No Carballiño contabilizanse 9 casos activos de coronavirus, un menos que o dia de fin de ano. Boborás continúa con 2 contaxios, Piñor con 1, e San Cristovo de Cea baixa a cifra de contaxios activos a 15. Continúan con cero casos Beariz, Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro.



O Carballiño despídese de 2020 cun repunte de contaxios activos de Covid-19, rexistra hoxe dia de fin de ano un aumento de 3 contaxios activos e alcanza os 10 casos, unha cifra que non rexistraba dende principios de mes, son o doble en relación ao dia de noiteboa. Tamén volve rexistrar un caso de coronavirus o concello de Piñor.
A boa noticia chega hoxe en Beariz, que logra despedirse do ano con cero contaxios activos, igual que o fan Maside, O Irixo, Punxin e San Amaro. Boborás continúa con 2 casos activos e finalmente, San Cristovo de Cea mantén 21 contaxios activos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 295
- 296
- 297
- 298
- 299
- 300
- 301
- 302
- 303
- …
- seguinte ›
- última »