
A extensión queimada polo lume que continúa activo no incendio que afecta aos concellos de Beade e Carballeda de Avia xa supera as 3.000 hectáreas, según a última actualización feita por Medio Rural.
O 112 ven de informar que 56 persoas maiores de dous centros residenciais no concello de Carballeda de Avia foron confinadas, e para preservar a súa saúde ante a moi mala calidade do aire na contorna.
A parroquia de Viete, en Leiro, suspendeu as celebracións da festividade de Santa Elena, programadas para este lúns 18 de agosto.
Na foto, o impresionante aspécto do incendio que podía verse que na noite deste domingo desde a capitalidade municipal do concello de Beade.
Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas
O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro na localidade de Beade, parroquia de As Regadas.
Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 2.500 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 35 axentes, 56 brigadas, 35 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 11 avións.

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes
Está activo desde as 16:38 horas de venres o incendio no concello ribeirán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas.
Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 1 técnico, 20 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 5 avións.
Activo Beade-As Regadas Activo
Desde as 18:16 horas do venres o incendio no concello de Beade, parroquia das Regadas, anteriormente situado na localidade de Carballeda de Avia. Este lume entrou no bosque de Ridimoas,que xestiona a Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas para a defensa e estudo dos bosques autóctonos.
Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas e está pendente dunha nova estimación. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 9 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.
Esta información está actualizada ás 9:00 horas do domingo 17 de agosto pola Consellería de Medio Rural.
A Deputación de Ourense informou a primeira hora da tarde deste sábado da cancelación das Xornadas de Folclore ata o lúns dia 18.
A medida tómase para preservar a seguridade da poboacion ante a critica siruación por culpa dos incendios forestais na privincia
Señora concelleira de espazos públicos dona Rosa Fuentes, parécelle ben permitir o uso particular e absoluto da praciña situada na rúa Aldara por parte do bar Copetín? Toda a praciña está ateigada de mesas e cadeiras, impedindo totalmente tanto o paso ás persoas coma o disfrute dese fermoso ESPAZO PÚBLICO, mesmo os xardíns están totalmente invadidos e totalmente degradados...Vostede ten a responsabilidade de regular o uso e de coidar ese espazo público polo tanto estaría ben que cumplise simplemente coas súas obligacións. Grazas

A cita das Xornadas de Folclore no Carballiño incluirá ás actuacións dos seis agrupacións participantes nesta edición.
Deste xeito, aos espectáculos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, súmanse os dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína.
O público do Carballiño e comarca poderá desfrutar da oferta completa das XL Xornadas de Folclore mañá, a partir das 22,30 horas. O escenario escollido polo Concello é a Praza da Veracruz.
O público coñecerá a tradición, música e cultura dos seis países a través das actuacións de Huayra Muyoj (Arxentina), Ballet Folclórico Municipal de Rancagua (Chile), Phicas of BC (Filipinas), Royal Tara Dance Academy (Irlanda do Norte), Folk Dance Ensemble Volynianka (Ucraína) e National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore “TSMU” (Xeorxia). As seis agrupacións contan cunha longa traxectoria enriba dos escenarios, da que darán boa conta no festival deste sábado dia 16 de agosto.

Coincidindo este xoves 14 de agosto co inicio das Festas Patronais do Campo, as máis representativas do municipio, emitimos a nosa programación local desde a casa do concello do Irixo.
Neste programa conversamos coa alcaldesa Rosa María Dalama, que repasou a xestión e a actualidade municipal.
Tamén foron protagonistas xóvenes deportistas como Roi Mateo, do Club Kick Boxing O Irixo, e Roi Freixedo, destacada promesa no Tiro Olimpico.
Iván Luis, presidente da AMPA do CEIP do Irixo, fálanos de cómo están a conseguir asentar un modelo educativo que está a revelarse como modélico no noso rural.
Outro dos invitados que acudíu ao programa na casa do concello do Irixo foi Francisco Vázquez, actúal xerente da Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro.
E finalmente, Claudio Cerdeira, da comisión de festas de Santa María do Campo, invitóunos ás festas desta parroquia que se prolongarán nos próximos tres dias.
Escóitao aquí:

A presidenta da CEO, a carballiñesa Marisol Nóvoa Rodríguez, faleceu esta pasada madrugada aos 66 anos de idade.
A Confederación Empresarial de Ourense difundíu un comunicado no que manifesta o seu pesar polo pasamento da súa presidenta "a súa partida deixa na CEO un baleiro inmenso. Marisol foi máis que unha representante empresarial: foi unha muller íntegra e traballadora, comprometida coa nosa misión e coa defensa dos intereses do sector empresarial".
"O seu incansable labor, a súa visión estratéxica e a súa calidade humana marcaron unha pegada indeleble na nosa organización, pois baixo a súa presidencia, Marisol soubo unir vontades, impulsar proxectos e afrontar con determinación os retos que se nos presentaron como colectivo", remarcan.
A CEO achega as súas condolencias ás persoas máis próximas a Marisol Nóvoa "son momentos de dor, unímonos no recordo e agradecemento por todo o que nos entregou. Acompañamos con afecto á súa familia á que enviamos un profundo abrazo, e unímonos ao pesar de amigos e a todos quen tivo o privilexio de coñecela e traballar ao seu lado".

O PSdeG-PSOE de Leiro manifesta o seu rexeitamento á decisión do alcalde e do Partido Popular local de designar como pregoeiro da XXXIV Festa da Vendima a un alto cargo estatal do PP, sen ningunha vinculación co sector vitivinícola, coa vendima nin con Leiro.
A Festa da Vendima, celebrada desde hai máis de 30 anos e declarada de interese turístico de Galicia, é unha das citas culturais e turísticas máis importantes do noso concello. Naceu co obxectivo de poñer en valor a tradición vitivinícola, a nosa cultura e a identidade local, e ao longo da súa historia foi un escaparate para amosar ao mundo o orgullo do Ribeiro e de Leiro, manifestan os socialistas
Historicamente, o PSdeG de Leiro defendeu e defende "que o pregón debía recaer en persoas cunha ligazón real ao viño, á cultura ou á historia local, como adegueiros, colleiteiros, escritores, artistas ou divulgadores. Porén, nos últimos anos consolidouse unha tendencia preocupante".
E fan unha relación dos pregoneiros dos últimos anos: 2019: Mariano Rajoy, expresidente do Goberno e referente do PP, sen relación profesional nin persoal co viño do Ribeiro. 2022: Román Rodríguez conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades 2023: José González, conselleiro de Medio Rural da Xunta, cargo político do Partido Popular. 2024: Maria José Gómez, conselleira de Medio Rural da Xunta, cargo político do Partido Popular. 2025: Miguel A. Tellado Fidalgo secretario xeral do Partido Popular Nacional.
“Non se pode utilizar un evento financiado con fondos públicos e pensado para todo o pobo, como escaparate político dun partido”, declararon os concelleiros Pedro José e Manuel, portavoz e viceportavoz do PSdeG de Leiro. “Reclamamos que se respecte o espírito orixinal da Festa da Vendima e que o pregón volva ser unha honra para quen ama e promove a nosa terra neste o Concello de Leiro .”
O PSdeG de Leiro lembra que esta festa non pertence a ningún goberno municipal nin a ningunha sigla política, senón a todo o pobo. Por iso, comprometémonos a seguir defendendo que a Festa da Vendima permaneza libre de manipulación política e continúe sendo un espazo de encontro, orgullo e promoción da nosa cultura e do noso viño.
SUSANA IGLESIAS MENTIROSA
Decir nas redes que o concello do Irixo suspendeu o pleno de agosto cando (según me confirma un concelleiro que non e certo) solo o retrasaron dentro do mesmo mes uns días e mentir alto e claro. E de todas esas cousas que puxeches que habia que facer, tu o único que fixeches foi propaganda porque seica nada deixaches feito…. Perdón algo fixeches, pasar facturas de traballos sen facer segundo dixeron no ultimo pleno…. E creo que mais cousas pero eso vamolo deixar para outro dia, que moito te fartaches de criticar o sr lito e tu chamaches a quen che pareceu decindo que pdiran que querias deixar o concello a cero e os que lle dixeches de cousas do concello para facturr a nombre de certas empresas…. A merda cnado e moita o final flota…
Claro que cada un fai e dice o que mellor se lle da, a ti e mentir, porque outra prepracion non tes… e o q sabias de farmacia seica se che esqueceu que non te quixeron nela de novo… sorte pas xentes do Irixo e para ti que tes mais tempo para andar de bares o que mellor sabes facer…
Porque non escribes de que seica vas ter que devolver os cartos que cobraches do concello por estar mal cobrados… porque non escribes de que seica despois de toda esa propaganda das tuas denuncias resulta que seica as vas perder todas…. Empeza a contar da primeira xa… e as que veñen en camiño… porque o único que persigues e meter merda o concello, pero o final vas caer tu sola no tanque do purín… a xente xa fai tempo que lle empezas a cheirar, sobre todo cando andas chamando a xente por teléfono para decirlle o q deben ou non deben de facer… vives moi engañada tu e mais q te vas desengañar…
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »