16, Abril 2025

Pobreza, 35% de impostos, regulacións extremas, IVE do 21% (imposto que non perdoa se es pobre ou rico, encarece o mesmo), non se poden ter 2 galiñas sen rexistrar, todo o monte Cheo de muiños de vento mentres tiramos as fábricas e pechamos as centrais nucleares porque 4 iluminados faltan de Chernóbyl cando no mundo hai centos de centrais, as rúas cheas de lixo, substitución demográfica, non hai axudas aos país, non hai seguridades nin orden nin decoro, os nosos fillos e netos sen futuro e cunha educación pública das peores do mundo civilizado, Unha sanidade pública onde te poden convalidar un título de risa... Pero todos felices, con 2 € no peto para un café na terraza ou Unha cervexa e a seguir votando ao PP, ao PSOE e ao BNG. Que vos aproveite, miserentos, esixide un pouco máis na outra vida!

Esa é a denuncia, moitas grazas.

15, Abril 2025

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible licitou por 998.400 euros (IVE incluído) un contrato de servizos para a redacción do estudo informativo complementario para tramitar a avaliación de impacto ambiental da variante ferroviaria de Cerdedo, publicado hoxe na Plataforma de Contratación, co obxectivo de mellorar a conexión ferroviaria de Ourense con Pontevedra e Vigo.

Dentro do territorio da comarca do Carballiño, o traxecto previsto tocaría algo ao concello de Boborás, na parroquia do Regueiro, continuaría a través dos concellos do Irixo e  O Carballiño, para a súa conexión coa liña de alta velocidade de Santiago de Compostela, via Ourense.

Este estudo dá continuidade aos traballos xa realizados para a execución dun tramo ferroviario que mostrou ter unha gran complexidade técnica, particularmente no que se refire á hidroxeoloxía. Búscase incorporar e completar as análises realizadas e adaptalo aos cambios normativos que tiveron lugar nos últimos anos. O obxectivo é someter a actuación a información pública e audiencia, de acordo con a normativa sectorial, así como á avaliación de impacto ambiental á que obriga a lexislación ambiental.

Para iso, inclúense dúas actuacións fundamentais:

1. Unha campaña xeolóxica e geotécnica que completará as investigacións anteriores e garantirá que a documentación para a avaliación ambiental conte con toda a información necesaria.

2. E a redacción do estudo informativo complementario, no que se describirá a solución técnica xa definida, adaptada á normativa actual e incorporando tanto as análises previas como os resultados da nova campaña geotécnica, coa inclusión do estudo de impacto ambiental, conforme aos requirimentos legais actuais.

14, Abril 2025

O Grupo Provincial do Partido Popular defenderá unha moción no vindeiro pleno da Deputación unha moción para a mellora da atención e integración do colectivo inmigrante da provincia, con especial atención á poboación venezolana.
Para explicar esta proposta, esta mañá compareceron en rolda de prensa a voceira dos populares, Patricia Torres, xunto ao presidente da Asociación de Venezolanos “Alma Llanera”, Lorenzo González; e a deputada Teresa Barge como representante da comarca con máis venezolanos de toda a provincia, analizaron polo miúdo a necesidade de garantir unha maior axilidade nos trámites que deben realizar as persoas inmigrantes, así como evitar que as mafias existentes se lucren por trámites que son gratuítos, como por exemplo, as citas na Comisaría para tramitar o NIE, documento absolutamente imprescindible para traballar, alugar unha vivenda, e arraigarse na provincia.

“No Partido Popular poñemos de manifesto esta problemática para que o Goberno de España axilice a homologación dos trámites, pois nesta provincia precisamos que as familias que queren vir se arraiguen, algo fundamental para o reto demográfico”, sinalou Patricia Torres. “É absolutamente necesario para fixar poboación activa no rural, e poboación moi cualificada, ademais”, precisou Teresa Barge.

Pola súa banda, Lorenzo González recalcou que “mocións coma esta son moi necesarias para que poidamos loitar contra a nosa indefensión”, lembrando que son máis de 9.000 as persoas procedentes de Venezuela que están a residir actualmente na provincia, “pero poderían ser moitas máis se non existisen tantas trabas para poder legalizar a súa situación e traballar”.

Acordos

Por todo elo, os acordos que contempla a moción que defenderán os populares baséanse en instar ao Goberno de España a: mellorar os procesos de acollida, regularización e inserción laboral do conxunto da poboación migrante, reducindo tempos de espera e garantindo un trato digno e eficiente; a revisión do Regulamento de Estranxeiría para evitar que as persoas solicitantes de asilo teñan que renunciar á súa protección internacional ou ao seu emprego para optar a outras vías como o arraigamento; a acelerar a homologación de títulos académicos e cualificacións profesionais, especialmente no caso de migrantes con alta formación que non poden exercer a súa profesión en España; a garantir un sistema de xestión de citas transparente, accesible e eficaz, combatendo a actuación das mafias e evitando que as persoas migrantes queden atrapadas en situacións administrativas irregulares por falla de acceso aos procedemento; a modificar o programa de fomento da rexeneración e renovación de vivenda urbana e rural coa ampliación partidas especificas en concellos de menos de 5.000 habitantes sen limite de idade, destinada o aluguer.

O último punto dos acordos prantexa promover desde a Deputación de Ourense políticas activas de integración social, laboral e educativa para persoas migrantes, en coordinación cos concellos e co tecido asociativo, poñendo en valor, en colaboración coas entidades locais, o papel positivo do colectivo venezolano no reforzo demográfico e económico da provincia, impulsando campañas de visibilización e apoio institucional.

14, Abril 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro con Javier Luengo, presidente do Grupo Samca, e outros responsables da empresa que promove o proxecto da mina de litio de Doade en Beariz , aos que lles trasladou a aposta da Xunta por aproveitar o potencial do subsolo galego para reforzar a cadea de valor europea das materias primas estratéxicas. Deste xeito, Galicia pode ser un territorio clave dentro da aposta da Unión Europea polo aproveitamento dos recursos críticos que están presentes no continente.

Rueda, que estivo acompañado polo secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica da Presidencia, Juan Carlos Reboredo, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, salientou o potencial da minería para impulsar o crecemento económico en Galicia, a creación de emprego e a transición verde e dixital en toda Europa. Pola súa banda, Luengo recalcou a aposta da empresa por este proxecto e o valor compartido e impacto social positivo nos lugares nos que desenvolve a súa actividade.

A Mina Doade foi seleccionada recentemente pola Comisión Europea como un dos 47 proxectos estratéxicos para asegurar e diversificar o acceso ás materias primas en todo o continente. Esta declaración supón maior axilidade na tramitación e a posibilidade de acceder a financiamento comunitario. Con todo, o respecto á lexislación e á contorna está garantido, pois o proxecto deberá superar a esixente tramitación ambiental autonómica, reforzada polos compoñentes sociais que se analizarán de acordo coa nova Lei de recursos naturais de Galicia.

A aposta da Xunta polos recursos mineiros apóiase na Axenda de impulso da Minaría Sostible de Galicia, que busca converter o sector no aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor industriais. Galicia é líder en produción de pedra natural en España (tanto en lousa como en granito), e ten recursos para situarse como territorio estratéxico á hora de cubrir as necesidades de materias primas críticas de Europa, impulsar a reindustrialización e diminuír a dependencia do exterior.

12, Abril 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asinou hoxe un protocolo de colaboración co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, para executar un investimento de máis de 650.000€ que permitirá mellorar as instalacións do Colexio CEIP Calvo Sotelo, un centro que dá servizo a máis de 400 alumnos.

Grazas a este acordo, levarase a cabo a construción de novos vestiarios, o acondicionamento do pavillón deportivo e a cubrición do patio exterior. A previsión é que as obras, que se realizan no coñecido como edificio Uceira do colexio, se executen ao longo de 2026.

O titular do departamento educativo do Goberno galego destacou a importancia da colaboración institucional para dar resposta ás necesidades da comunidade educativa. O Goberno galego asumirá a maior parte do financiamento, 500.000€, mentres que o Concello do Carballiño se compromete a achegar 150.000€.

Esta nova actuación vén complementar outras melloras realizadas nos últimos anos no Colexio CEIP Calvo Sotelo, co obxectivo de modernizar progresivamente as súas instalacións. Entre elas destacan as melloras sectoriais e de acondicionamento do ximnasio, cun importe de case 200.000€

Compromiso co Carballiño

Román Rodríguez destacou que a Consellería de Educación está tamén a executar a ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, tamén no Carballiño, cun investimento de case 2,4M€.

Para iso, estase a construír un novo edificio de 1.581m², que se prevé que entre en funcionamento no curso 2025/2026. No andar superior habilitaranse tres novas aulas, ademais de aseos, almacén, conserxería, vestíbulo e distribuidor. No andar baixo haberá talleres de mecanizado e soldadura, vestiarios, espazos de almacenamento, cuarto de telecomunicacións, distribuidor, vestíbulo e recepción.

“Todas estas intervencións evidencian o compromiso continuado da Xunta cos centros do Carballiño a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta coa que estamos a transformar e adaptar os colexios e institutos aos retos actuais do ensino”, subliñou o conselleiro. A través deste plan, e tendo en conta as novas actuacións no colexio, estanse a investir máis de 3M€ no concello do Carballiño.

11, Abril 2025

Esto é consecuencia de non facer mantenimiento . Los césped artificiales hai que coidalos tamén.

Se non coidan o que temos, como van a facer cousas novas?

Non dan condado un artificial do parque e zonas naturales olvidarse

11, Abril 2025

Hoxe falouse outra vez na tertulia do contrato da auga e outra vez todo con mentiras. Xa quedou demostrado cos informes que no seu momento deu a diputación que se está a facer todo ben. Pero claro Espazo Común non estaba de acordo e ata que fixeron dimitir a un técnico gran profesional, non pararon. Agora parece ser que se vai perder non sei que subvención que xa se lle deu ao concello xunto con outros de un millón de euros. E non chegando o equipo gañador de Pachi para seguir torpedeando todo, sumase algún tertuliano da cope. Como si non chegasen xa para dramatizar todo e levantar bulos agora o tertuliano Nogueira secundado pola tertuliana Rodriguez dan a súa opinión. Opinión que ninguen lles pidiu e que está basada en datos que non se sabe moi ben de onde os quita o señor Nogueira, si non son inventados. Seguro que mentira case todo.
Recordolle ao señor Nogueira que nas últimas municipales os seus votantes collian nun bus e a señora Rodriguez que opine cousas do seu concello, que bastante ten.
Non sei por que teñen que estar constantemente desacreditando ao goberno e ao alcalde con este tema da auga, que seguramente chegara a bo porto pese aos atrancos e desprestixios de algúns, moi ao seu pesar.

11, Abril 2025

Unha nova entrega da Tertulia dos Venres en COPE O Carballiño, a deste venres dia 11 de abril de 2025, que podes escoitar no PODCAST.

Coa participación da audiencia, e nos nosos estudos cos comentarios de Sebas Lamazares, María Luisa Rodríguez, Fátima Gómez e Manuel Nogueira, xunto a Xan Pinal.

11, Abril 2025

O voceiro do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense, Álvaro Vila, denunciou que “a política de financiamento da Xunta de Galicia está a asfixiar os concellos da nosa provincia, deixándoos sen recursos esenciais para facer fronte ás súas competencias e desenvolver políticas acaídas coas necesidades da veciñanza”. Esta declaración vén amparada polos datos revelados polo Consello de Contas, que confirmou que o goberno galego deixou de transferir aos municipios un total de 91 millóns de euros comprometidos nos orzamentos de 2023.

No pleno da Deputación de Ourense do pasado 28 de marzo, o Grupo Provincial Socialista presentou unha moción para esixir unha mellora do financiamento dos concellos da provincia. “As alcaldesas e alcaldes da nosa provincia están a ter que tomar decisións duras sen dispor dos recursos necesarios, coa agravante de ter que asumir cada vez máis competencias que non lle son propias e cuxo financiamento debera ser asumido pola Xunta. É unha situación a todas luces insostible”, laiouse Vila. Segundo este, “é inaceptable que o goberno de Alfonso Rueda actúe con tanta deslealdade institucional!”.

“Non podemos permitir que os municipios dependan das migallas que lle sobran á Xunta. Precisamos un sistema de financiamento xusto e equitativo que garanta a prestación de servizos públicos de calidade en todos os concellos da provincia”, sinalou Vila. Segundo o Consello de Contas, só se transferiu un 0,1% dos fondos europeos asignados por o Estado ás entidades locais no territorio galego. Ademais, o devandito informe da conta de até 23 concellos que se atopan nunha situación financeira “comprometida”, entre eles varios gobernados polo PSdeG, como A Gudiña, Calvos de Randín, Maceda e Melón.

Compromiso socialista cos concellos

“Semellante desleixo amosa a falta de respecto da Xunta no cumprimento das súas obrigas, deixando aos municipios nunha situación delicada e, por extensión, a veciñas e veciños, que son os que se ven realmente afectados en último termo”, subliña o voceiro socialista. “Porque o máis preocupante é o impacto deste infrafinanciamento na vida das persoas, que teñen dereito a desfrutar dunha administración forte, capaz de ofrecer servizos de calidade en educación, saúde, mobilidade e outras prestacións básicas independentemente do seu lugar de residencia”, engadiu Vila.

O informe recomenda á Deputación de Ourense o reforzamento da asistencia técnica, xurídica e económica dirixida aos concellos da provincia. Amais, Vila tamén chamou a atención sobre outro dato preocupante que salienta o informe do Consello de Contas, a saber, que a Xunta concede un de cada cinco contratos sen concorrencia competitiva. “Isto fai pensar que hai un problema grave de transparencia e eficiencia na forma na que se xestionan os recursos públicos. Non podemos permitir que o clientelismo e a falta de control sexan moeda común na administración autonómica”, lanzou o voceiro socialista.

Para rematar, Álvaro Vila reiterou o compromiso do Grupo Provincial Socialista coa defensa dos intereses dos concellos da provincia. “Desde o PSdeG-PSOE seguiremos a traballar arreo para garantir que os nosos municipios teñan os recursos necesarios para levar adiante os proxectos que melloran a calidade de vida das persoas. Pedimos seriedade e responsabilidade ao goberno da Xunta, porque os veciños e veciñas de Ourense merecen algo máis que promesas rotas”, concluíu Vila.

11, Abril 2025

A concelleira do grupo do PP, Lorena Castro, responsable das áreas municipais de Promoción Social e Educación, repasou en COPE O Carballño a actvidade que está desenvolvendo dentro das súas responsabilidades no concello do Carballño.

Asi, a concelleira anunciou as obras de mellora que están programadas para a biblioteca da Casa da Cultura, e que se financian cunha aportación de 30.000 euros procedentes do Plan de Cooperación da Deputación, asi como as actuacións que están a facerse no audiotorio do Carballiño para correxir a problemática do Gas Radon nas dependencias que ocupa o Conservatorio de Música.

Lorena Castro tamén falou das axudas municipais ás AMPAS dos centros educativos do Carbaliño, e da visita do conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez, prevista para este sábado dia 12 e na que o mandatario autonómico asinará co concello do Carballño o convenio para a reforma integral do polideportivo do colexio da Uceira, que unha vez executada, facilitará o seu uso para actividades municipais fora do horario lectivo. A obra faráse cunha aportación autonómica de medio millón de euros.

Escoita aquí a entrevista a Lorena Castro:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS