13, Xaneiro 2021

   Puede darle las vueltas que quiera. Sus "dos mozos tomando un cubata" más bien eran más de cien sin mascarilla y de pie. Que usted quiere que la culpa sea de otros, pues vale. Es de otros. Ala, ya se acabaron los contagios. No se porque motivo cada vez que cierran los bares bajan los casos, será un milagro de la vida. 
   En parte si tiene la culpa frijoles como dice, por dejar abiertos los bares. Tenían que estar cerrados ya que no saben cumplir las normas de aforo ni saben hacer cumplir las normas a sus clientes, todo por la pela. 
 

   Pero usted siga así, la culpa es del cha cha cha o de los niños en el colegio, de los bares no. 

13, Xaneiro 2021

Empápate da mellor fotografía de Javier Tenente. Galicia, Senegal, Andalucía, Nicaragua, A India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega, Indonesia... as comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo son as protagonistas desta mostra que reúne imaxes únicas. « Fillos do océano» é unha homenaxe a todos eses pescadores artesanais que viven do mar e para o mar; ámano e veneran e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Tamén é unha chamada de atención e de concienciación social a favor da preservación dos ecosistemas mariños, para que respectemos e preservemos os océanos da destrución que hoxe ameaza este medio tan fráxil e indispensable para a nosa supervivencia. Só así, preservando o medioambiente, conservaranse as culturas ligadas á pesca tradicional e artesanal. Javier Tenente inicia o seu traballo profesional no diarios Faro de Vigo e Atlántico Diario, nos que desenvolve o seu labor como fotógrafo de prensa durante varios anos, ata que considerarse preparado para emprender o seu percorrido como reporteiro.

Esta nova etapa levarao dun extremo a outro do mundo, cubrindo algúns dos máis importantes acontecementos das últimas décadas. Na actualidade traballa como fotógrafo independente, representado pola axencia Getty Images. As súas fotografías foron publicadas nalgunhas das revistas e xornais máis importantes de España, como O País Semanal, Geo, Interviú, Magazine da Vangarda, O Mundo ou Tempo. Entre os anos 1998 e 2005 colaborou como fotógrafo coa ONG Médicos do Mundo e cubriu conflitos bélicos e desastres naturais en diferentes lugares do mundo, entre os que cabe destacar os traballos realizados en Centroamérica (Furacán Mitch 1998), Kósovo (1999), Timor (1999), Iraq (2003), Haití (2004) ou o tsunami en Banda Aceh, Indonesia (xaneiro de 2005). Gañou en dúas ocasións o prestixioso Premio Internacional Luís Valtueña de Fotografía Humanitaria (2003 e 2005), ademais de recibir o Premio Galicia de Comunicación (2004) e unha mención especial nos Premios Ortega e Gasset de Xornalismo (2006).

CORRENTE CULTURAL é unha aposta de ABANCA e Afundación para difundir cultura por toda Galicia, polos diferentes municipios e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis aló dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, con interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

12, Xaneiro 2021

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o concello de Leiro para coñecer de primeira man as actuacións levadas a cabo ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, que nos últimos anos supuxeron un investimento de máis de 980.000 euros para melloras ambientais e de infraestruturas.

Alfonso Rueda visitou os traballos realizados o ano pasado na Casa do Concello nos que a Xunta colaborou cunha axuda de 34.300 euros da Orde de Infraestruturas de uso público para contar cun mellor illamento térmico e acústico. A Administración autonómica destinou na última convocatoria desta liña de axudas 4 millóns de euros, 1 millón máis que o exercicio anterior, co obxectivo de poñer en marcha novas infraestruturas de servizos básicos municipais ou reformar as xa existentes.

Por outra parte, o Goberno galego financiou con 32.000 euros o acondicionamento a praza Eladio Rodríguez do concello, considerada monumento histórico-artístico, coa renovación do pavimento, os muros de mampostería e o mobiliario deteriorado, así como a substitución das balizas por outras leds. Este apoio materializouse mediante o Fondo de Compensación Ambiental, ao que a Xunta destinou en 2020 un orzamento de 12,5 millóns de euros dirixidos a melloras ambientais nos municipios da comunidade. Ademais, no marco deste fondo investíronse outros 2.000 euros na rehabilitación do valado de peche da área recreativa de Pena Corneira.

O vicepresidente primeiro destacou que este concello é un exemplo a seguir no que se refire á colaboración entre entidades locais para gañar eficiencia e optimizar recursos, xa que pertence á Mancomunidade do Ribeiro, á que a Xunta apoiou en varias ocasións en distintos proxectos como o mantemento dos seus servizos medioambientais como lumes e a recollida de lixo. Tamén pertence á Mancomunidade Turística Terras do Avia, que foi merecedora dos Premios Coopera en varias edicións.

12, Xaneiro 2021

O Carballliño suma hoxe martes dia 12 de Xeneiro un caso máis que onte e alcanza os 33 contaxios activos. Tamén suma un contaxio o concello de San Cristovo de Cea, que rexistra 8.

Non temos variacións nos demáis concellos, cos seguintes casos activos: O Irixo (2) Piñor (1) Punxín (1) Boborás (1) Con cero contaxios continúan resistindo os concellos de Beariz, Maside e San Amaro.

11, Xaneiro 2021

O coronavirus tamén da por rematadas as vacacións de Nadal e coa volta ás aulas a Consellería de Educación notifica 5 casos de Covid-19 en dous centros educativos do Carballliño nos que veñen de activarse o protocolo COVID. 

En concreto, son 3 casos no CPR Vila do Arenteiro e 2 no IES Nº 1 do Carballiño. No último informe, antes das vacacións de nadal, o único centro afectado -con 4 casos- era o IES Chamoso Lamas, que tralo periodo vacacional quedou libre de virus.

 

11, Xaneiro 2021

O concello de Boborás destaca a labor feita pola Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Boborás, que integran na actualidade 17 persoas. En total, no transcurso do último ano, foron 182 intervencións, o que supón 800 horas de traballo en favor da comunidade.

Nun ano condicionado pola pandemia da Covid-19, o concello de Boborás agradece públicamente a labor realizada por esta agrupación de voluntarios, sobre todo nos meses máis duros do confinamento, atendendo as necesidades básicas da veciñanza, e ocupandose de desinfección de espazos públicos, e tamén doutras intervencións entre as que se encontran a recollida de animais abandonados, asistencia en accidentes, ou traballos de apoio aos servizos de emerxencias. 

11, Xaneiro 2021

O que resulta cansino é que se enfoque as críticas sobre o mesmo sector, os hosteleiros do Carballiño. Non se critica os hosteleiros da comarca, tan só os do Carballiño, eses son os dos cornos. Por poñerlle un exemplo, unha tertuliana que vive no Carballiño, chegou a decir que vira nun bar de Maside a xente do Carballiño tomando algo nos tempos do peche perimetral. E quedou tan pancha, parecía que os malos eran os do Carballiño que estaban tomando nun bar de Maside, pero ¿qué facía en Maside pra poder velos?

A cuestión e que contínuamente recórrese a mesma milonga e o latiguillo de sempre, será por non ter máis recursos inletelectuais ou pola razón que sexa. Os tertulianos non son os únicos, o conselleiro de Sanidade xa vira contaxiados en bares porque seica llo comentaran os concellos. Ás veces vexo demos nos bares.

Os feitos obxectivos son:

Esta onda é produto dos excesos das reunións familares (os bares non teñen que ver).

Os bares non son o único espazo onde os cidadáns cometen erros.

Non se analiza outros espazos como os colexios e hai outro latiguillo que estase a repetir como loros: Os nenos son máis sensatos que os pais... Apenas hai contaxios nos colexios... A realidade dos datos tirou por terra este mito pese ao oscurantismo dos datos facilitados pola Xunta.

Non se analiza as teleconsultas médicas e os retrasos nos diagnósticos de outro tipo de patoloxías.

En definitiva, se non teño moito que decir, digo que vin a un par de mozos tomando unhos cubatas, pero omito que vin a tal ou tal veciño de conto despistado (como nos pasa a calquera) a menos de dous metros de outro e coa mascarilla baixada (pódese obervar en centos de lugares que non son bares).

¿E o resultado desto?

Peche da hostelería, sen plás de rescate, e sen analizar outras causas de propagación (a estratexia do avestruz).

De calqueira xeito, quenes reciben críticas contínuas son os hosteleiros do Carballiño ¿Acaso alguén quere convencernos de que son distintos aos hosteleiros do resto de poboacións?

Se eu poño toda a miña atención nun sector, seguro que vexo erros nese sector, pero a moda está nos mozos e na hostelería (a teletonta xa se encarga de crear esta tendencia). Pero se vemos ao vicepresidente en cuarentena sen mascarilla, ou a frijoles e cansado de desfile de modelos, ou o noivo de Ayuso facendo snowboard, e os criticamos... Nada eso son despistes sen importancia...

 

11, Xaneiro 2021

   Me dirijo al que parece cansado de que se hable de que "unos mozos nos bares". No sé si él los vio o no, yo si y su comportamiento dejaba bastante que desear, sin mascarillas, de pie y con aforo superado y con mucho. Y no sólo un día, sino varios. Yo no sé si son culpables o no los de los bares, pero yo fijo que no lo soy. Si se cansa de que los castigue que hagan cumplir las normas, con grupos de menos de 6, con mascarilla y sentados. Aún el sábado la guardia civil y la local estaban desalojando uno de estos bares que volvia a estar por los topes, así que le queda aun mucho que oir en las tertulias, y más como nos vuelvan a confinar como en noviembre. Pero claro es mejor decir que la culpa fue del cha cha cha.

11, Xaneiro 2021

Continúan aumentado os casos de coronavirus no Carballliño, sube en todos os indicadores. En canto a contaxios activos, aumenta en 7 casos na últimas 24 horas, pasado dos 25 de onte aos 32 que notifica hoxe o Sergas no municipio carballiñés. Evidentemente, tamén aumenta a incidencia acumulada nos últimos 14 dias, con 29 novos contaxios dende o pasado 28 de Decembro.

Nos demáis concellos, de momento, non hai variacións na situación epidemiolóxica, mantéñense 12 contaxios activos: San Cristovo de Cea (7) O Irixo (2) Boborás (1) Punxín (1) Piñor (1) Con cero contaxios continúan outro dias máis Maside, San Amaro e Beariz.

10, Xaneiro 2021

O Carballiño continúa a perigosa tendencia á alza dende que comezou o ano e chega hoxe domingo dia 10 d Xaneiro aos 25 contaxios activos de Covid-19, son 2 máis que onte.

Nos demáis municipios da comarca non se producen variacións nas últimas 24 horas, mantéñense 12 contaxios activos: San Cristovo de Cea (7) O Irixo (2) Boborás (1) Punxín (1) Piñor (1) Con cero contaxios continúan Beariz, Maside e San Amaro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS