30, Decembro 2020

O alcalde do Carballliño manifestou "comprender e compartir" varios comentarios de ointes de COPE O Carballiño que expresaban a súa preocupación polo incumprimento das nornas de prevención para evitar a propagación do coronavirus, e máis concretamente, co incumprimento das normas en algunhos locais da hostelería carballiñesa.

Fumega manifestou ver "comportamentos que non son normais e non axudan, non pode ser que unha parte do Caballiño cumpra e outra viva alegremente" e mesmo engadíu que son xa varios os locais "que están están en fase de peche, con propostas de sancións duras, ten que quedar claro que as normas son para todo o mundo, o que a faga vaina pagar", asegurou o alcalde, dando conta que por parte de Policia Local, Garda Civil e Policia Autonómica, son varios os expedientes sancionadores que tramitaron. Recordou que o concello do Carballiño adheríuse ao convenio da Xunta de Galicia para a tramitación e resolución das propostas de sanción por incumprimento nas normas do estado de alarma "e imoslle dar duro, duro, duro", dixo, "porque ou todos cumprimos ou como haxa dous que non o fagan, estragan o traballo que fai  a maioria".

Tamén tivo o alcalde do Carballiño palabras de agradecemento "para a maioría do pobo, que si cumpre, e grazas  eso temos estas boas cifras de contaxios, O Carballiño sigue sendo modelo, por eso non podemos permitir que unhos poucos desfagan o sacrificio da maioría", remarcou. Fumega aproveitou a súa intervención radiofónica para facer un chamento público a toda a veciñanza carballiñesa para celebrar a noitevella "con moito sentidiño" e "non ter que lamentarnos despóis".

 

30, Decembro 2020

Alucinado estos días coa desidia e imcompetencia rozando a prevaricación da policia local deste pobo.

Volvemos as andanzas, como no verán que nos levou ata onde nos levou. Salir esta semana a dar unha volda pola rúa principal e arredores do concello mete medo nos locáis de hostalaría.

O do 50% de aforo en interiores se eso para a seguinte pandemia, o de soamente grupos de 6 en cada mesa tamén para a seguinte pandemia, o de quitarse solo a masarilla no momento da consumición tamén para a seguinte pandemia. O de non estar a xente de pe nos interiores para a seguinte pandemia. E non señalo aun so local, son a maioría.

E o peor, e que as veces pasa a policía loca por díante deses locáis, que repito non e 1 nin 2 nin 3 que incumplen as normas e miran para outro lado. E paréceme normal que incumplan se se ve que nos outros locais tamén se incumple e os que teñen que facer cumplir están desaparecidos en combate.

¿Tanto lles costa pasarse e facer acto de presencia? Ninguén falta de multar, so de que estén por dios, ¿e que non teñen conciencia? Deberían sentir vergoña de non facer o seu traballo.

E terrible e roza a delincuencia. Está claro que nos como sociedade non nos sabemos comportar, pero as nosas forzas de seguridade e dirixentes que deberían dar exemplo e estar ahí para evitar que esto pase, xa non digo multar, e que nin advertir fan.

E ahora este fin de ano que pode vir xente de zonas con alta incidencia, se a cousa segué así vámola pagar cara, e os responsables das posibles traxedias e mortes que se aveciñan terán culplables claros.

Recordemos que non se necsita que haia ningún caso na vila para que esto explote e sexa unha traxedia, conque un veña de fora e contaxie a varios nun bar, cando nos queramos enterar dentro dunha semana xa será tarde.

29, Decembro 2020

Ano tras ano, o espazo cultural A Insua dos Poetas, ve medrar o número de esculturas que se agochan entre a natureza deste lugar con encanto da Esgueva, na parroquia de Madarnás. Por iso o Concello do Carballiño ven de tomar a decisión de editar uns folletos informativos para poñer en valor e difundir o que está chamado a ser un dos parques escultóricos máis importantes de Galicia, ademáis de ser un espazo cultural de gran interese e dinamismo.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, sinala a importancia da Insua dos Poetas como recurso turístico, pois “poder ver as obras dos máximos expoñentes galegos contemporáneos das artes plásticas nun entorno natural ao aire libre fai deste espazo algo único”. Por iso sinala que se editarán uns folletos informativos para promover a difusión deste patrimonio e que está previsto que podan estar na rúa antes de Semana Santa. Desta maneira O Carballiño aumenta a súa oferta turística ao tempo que se promove a posta en valor deste patrimonio cultural.

Veciños e visitantes poderán percorrer este espazo, coa axuda dunha guía, e ver obras monumentais de Buciños, Antón Pulido ou Acisclo Manzano, entre outros, paseando entre fontes e carballos. As fotografías dos folletos correrán a cargo do colectivo cultural O´Potiños e os textos están a ser redactados polo escritor e presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, quen ademais está traballando na creación dunha páxina “web” que amplíe os contidos sobre este espazo cultural.

29, Decembro 2020

A iniciativa das tarxetas penso que é boa. Pero distribuilas nun único punto xenera colas que non son recomendables neste contexto ademáis de resultar incomodísimo.

Agardo que con cada tarxeta tan só poda mercar unha persoa e non poda utilizar a mesma persoa tres tarxetas na compra dun produto. Dígoo porque podería darse a picaresca de que algúen que quera mercar algo de 150 por 75 podería facerse con 3 tarxetas (se nas tendas permiten utilizar as tres pra unha compra). O malo desto sería que a diversificación das compras reduciríase drásticamente o que afectaría a natureza desta axuda que pretende incrementar o consumo local, e a redistribución desta axuda seria menos equitativa (chegaría a menos tendas).

Non sei se está previsto algunha medida que evite esta posible picaresca.

Polo demáis boa iniciativa e agardo que se repita correxindo o das colas (implementando diversos puntos de distribución).

29, Decembro 2020

Parece que, definitivamente, O Carballiño poderá celebrar o "Feirón" do 31 de Decembro grazas a boa situación epidemiolóxica que presenta o municipio carballiñés, que mantén estable o número de casos activos de coronavirus, que son hoxe 6, os mesmo que onte.

Boborás e Beariz -respectivamente- mantéñense con 2 contaxios, e San Cristovo de Cea continúa cos mesmos 21 dos últimos dias, a maioria persoas residentes no xeriátrico da localdade.

A boa noticia deste antepenúltimo dia de 2020 na comarca é a do concello de Piñor, que consigue hoxe quedar libre de virus, sumandose asi á lista na que continúan os concellos de Maside, Punxín, O Irixo e San  Amaro.

28, Decembro 2020

Son en total 2.000 tarxetas cargadas con 50 euros, 25 que paga o cliente pola tarxeta e outros 25 euros que aporta o concello do Carballiño, promotor desta campaña "O Carballiño Contigo" acordada pola corporación municipal dentro do paquete de medidas para favorecer a reactivación do comercio e a hostelería, os sectores máis castigados pola crise do coronavirus.

As tarxetas están venda na Oficina de Turismo da Alameda, ata fin de existencias, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas. Cada persoa, maior de 18 anos, poderá retirar ata 3 tarxetas, unha persoal e as outras dúas en represntación de outras dúas persoas, neste caso deberán presentar unha autorización por escrito, cuxo modelo pode descargarse na páxina web "O Carballiño Contigo", onde tamén pode encontrarse a relación dos 132 establecementos do Carballiño que participan nesta campaña, e nos que deberán gastarse o diñeiro de cada tarxeta, que terán como data de caducidade o dia 31 de Xaneiro de 2021. Pode solicitar a tarxeta calquera cliente do comercio e hostalaría do Carballiño, sexa cal sexa o seu domicilio, no Carballiño ou calquera outro concello.

27, Decembro 2020

A comarca do Carballiño continúa aumentado a súa media da idade cada ano que pasa, según os últimos datos que se corresponden aínda ao ano 2019,  a maioria dos concellos están preto de alcanzar os 60 anos de idade media, unha barreira que xa superan os concellos do Irixo e Beariz.

Os municipios "máis xóvenes" pero aínda asi "maiores" en relación coa idade media galega e española, son os do Carballiño, con 48,08 anos, e Maside, que chega aos 52,56 anos. A idade media española está nos 44 anos, e a galega nos 47,24 anos.

Pero aínda máis envellecidos están os outros sete municipios da comarca carballiñesa, con O Irixo á cabeza e xa 61 anos de media da súa poboación, de preto séguelle Beariz con 60,07 e San Cristovo de Cea con 58,05. E camiño de ser "sesentós" tamén se sitúan San Amaro con 57,53 anos de idade media na súa poboación, Boborás con 57,45 anos , Punxín con 57,37 anos e Piñor, que conta cunha media de 56,02 anos.

26, Decembro 2020

Tras a celebración da noiteboa e o nadal os datos do coronavirus permanen prácticamente inalterables na comarca, con lixeiras variacións. O concello de San Cristovo de Cea notifica hoxe 21 contaxios activos, un menos que onte. O Carballiño mantén 7 casos activos, os mesmos que onte, e dous máis que o dia de noiteboa. Repiten dato Boborás (2) Beariz (2) e Piñor (1).

Catro concellos mantéñense libres de virus outro dia máis, que son os de Maside, Punxín, O Irixo e San Amaro.

24, Decembro 2020

 O Equipo de COPE O Carballiño pídevos que celebrédes o nadal  con " moita cabeciña" neste contexto que vivimos, e deséxavos unhas boas festas.

24, Decembro 2020

O Carballiño consigue chegar á noiteboa e o nadal nunha boa situación epidemiolóxica, resistindo contra o coronavirus, con 5 contaxios activos no municipio carballiñés neste xoves 24 de Decembro.

A peor noticia da comarca está no concello de San Cristovo de Cea, que vive estas datas con récord de contaxios diarios dende que se declarou a pandemia, ao rexistrar 22 casos activos, a maioria vinculados á Residencia de Maiores de Cea. Tamén volve ter contaxios o concello de Boborás, 2, despois de lograr pasar dúas semanas libre de virus, unha condición que sí manteñen os concellos de Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro. No concello de Beariz mantéñense 6 contaxios activos, dos que 5 son usuarios da Residencia de Maiores da localidade. Finalmente, Piñor continúa notificando un caso de coronavirus.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS