
Este dia de San Martiño tamén chega con boas novas, por vez primeira dende que se implantou o Semáforo Covid do Sergas, O Carballiño baixa ao nivel 1 de alerta (Cor amarela) no indicador con referencia aos últimos 7 dias, o que indica que durante a última semana rexistráronse entre 7 e 14 novos postivos confirmados por PCR, situándose polo tanto a un paso da cor verde, que situaría a O Carballiño no nivel 0 de alerta.
En canto a contaxios activos, O Carballiño rexistra hoxe 41, cinco menos que onte. Nos demáis concellos da comarca, baixan os contaxios activos en Cea (-1) e queda con 7, Boborás (-1) (9), e Maside (-1) (2).
E mantéñense os casos de onte en Beariz (3) O Irixo (3) Piñor (6) Punxín (2) San Amaro (1)
Del "maravilloso" alcalde que tenemos que aguantar. Una corporación pésima, acompañada de una oposición peor, el PP ni está ni se le espera, Espacio común muy light, quizás esperando poder volver. Los perjudicados, los vecinos del pueblo. Calles en mal estado, servicios municipales desastrosos. Una calle donde parece que hacen entrenamientos para un rally, único pueblo con los parques infantiles cerrados (y así seguiran, puede que sea una forma de ahorrar que se estropeen). Yo cuando preguntan digo que soy de Cea, que por lo menos está más limpio. Menos mal que no soy hostelero, porque me imagino lo que tendrán que esperar por las ayudas.
Cada vez más gente se da cuenta de lo que hay y esperemos que protesten más y mejor. Quizás logremos echarlo antes incluso de las próximas elecciones. Fumega FUERA.
A todas luces, e creo que a estas alturas a ninguién se lle escapa e naide pode negar que Carballiño non ten un proxecto sólido, solvente, serio e realista que poida encarar o futuro con ilusión e crecemento. Se analizamos os grupos municipales vemos o goberno co seu alcalde a cabeza, que sempre tuveron en mente asfaltados, farolas e fiestas varias, nada màis. Logo està o PP que non se sabe moi ben a que xoga, nin goberna, nin fai oposición. A continuación temos a Espazo Común que hasta o outro día eran defensores de fumega a ultranza e estuveron gobernando xuntos e agora parece ser que se deron conta que Fumega é un desastre. É por último està o BNG, que o único que se pode destacar é a sintonía e seguidismo que fai de Espazo Común, polo que se pode apreciar nos plenos e pouco màis. Entonces así nos vai.

Día tras día este señor sentase nestas escaleiras da Rúa Caravel núm 26, bebe cervexas a faltar el vaise. Non debe saber que existe algo que lle chaman papeleiras. Leva anos facendo isto e nunca nadie lle chamou a atención. Non decían que Non se pode beber ns Rúa?
Non é de extrañar que un pleno telemático dure sete horas e catro minutos escoitando as intervencións do noso triste alcalde na radio. Triste porque despois de chamar Circo a un Pleno, participa do espectáculo durante sete horas, sendo él o que preside o Pleno. Triste, porque nas súas intervencións interminables na radio non di absolutamente nada. Ven a mentir como un bellaco e construir un relato realmente circense da realidade. A súa posverdade.
A verdade irrefutable que nin tan siquera a censura socialcomunista é capaz de tapar é que tras oito meses non chegou un euro de axudas. Coa que está caendo...
A cuestión é onde anda a oposición. Especialmente o PP. Andan ocupados en captar socios para o fútbol? A tutela fai difícil conciliar esta laboura coa función de fiscalizar as accións do goberno?
Penso que se o partido segue nesta liña colaboracionista e apática e se limita a facer de tonto útil do goberno vende fume, os resultados que lle agardan serán peores se cabe que os que acadaron a día de hoxe.
Discrepo coa denuncia teledirixida contra Espazo Común. É a única forza que está a facer algo de oposición. O BNG fai unha tímida oposición e ten difícil explicar como está disposto a apoiar os orzamentos xerais do Estado cando Galicia sufre un recorte do 11%. O PP non existe, anda a outras cousas.

Sabemos que dende que se declararon os primeiros brotes de coronavirus no Carballiño no pasado mes de agosto, e sobre todo a partir de mediados de Setembro, os brotes foron rexistrandose semana a semana, ata que o descontral foi xa total coincidindo coa segunda fin de semana do mes de Outubro. Sabemos tamén que o pico diario de contaxios activos rexistrouse o dia 20 de Outubro, e que dende esa data o descenso foi paulatino pero constante, ata chegar hoxe a cifra máis baixa, con 46 casos. Sabemos que chegamos a ter por unhos dias a incidencia maís alta de toda Galicia, e probablemente de España, pero non hai datos oficiais sobre o número total de veciños e veciñas do Carballiño que pasaron pola enfermidade no transcurso dos últimos meses.
O alcalde Francisco Fumega, cos datos que manexa e referíndose a persoas confirmadas con probas PCR fixo un cálculo en COPE O Carballiño "probablemente sexan máis de 500 as persoas que xa pasaron pola enfermidade no concello do Carballiño", de acertar neste cómputo do rexedor municipal, no entorno do 4% da poboación carballiñesa tería sido diagnosticada de Covid-19, ás que habería que sumar ás que estiveron en contacto co virus sendo asintomáticas e que non chegaron a diagnosticarse. En España, segundo o último informe elaborado pola Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica ( RENAVE), o 47% dos casos de Covid-19 detectados desde o 10 de maio mostrou síntomas, o que supón que un nada desdeñable 53% non mostraron sinal algunha da enfermidade.
En canto a posibles cámbeos en canto as restriciós que continúan en vigor no Carballiño, Fumega agarda que esta semana o Comité Clínico revise as mesmas "non será hoxe pero espero que o venres se seguimos asi e baixamos os 20 casos, entendo que volvamos á fase 2, o que permitiría volver reabrir a hostelería"

O coronavirus continúa desacelerando no concello do Carballiño, hoxe martes son 12 persoas enfermas menos que onte, o que deixa cifra actualizada en 46 casos activos. As altas continúan superando con creces aos novos contaxios, e de feito por primeiro dia dende que se implantou o Semáforo Covid do Sergas, O Carballiño abandona o nivel vermello de máxima alerta e pasa a nivel 2, o laranxa, no indicador dos últimos 14 dias, mentres que no indicador a 7 dias contiúa hoxe xa por terceiro dia nos últimos catro no mesmo nivel 2 de alerta.
Na comarca, tamén baixan en contaxios activos en relación a onte San Cristovo de Cea (-1) e queda con 8, e San Amaro (-1) e quédase cun único caso. E aumentan hoxe Boborás (+2) (10) Maside (+1) (3) e O Irixo (+1) (3).
Non se rexistran variacións no número de casos activos de Covid-19 nos outros concellos: Beariz (3) Piñor (6) e Punxín (2)

“Pupas, sustos e outros desgustos” é un proxecto que naceu no 2017 no Centro de Saúde do Carballiño, e que gracias o apoio da Xerencia, dirección de enfermaría e subdirección de atención primaria da área sanitaria, foise estendendo pouco a pouco por toda a provincia a partir de maio do 2018. De este proxecto naceu o grupo de educación para a saúde do mesmo nome, do que forman parte máis de 30 voluntarios, enfermeiras, técnicos de emerxencias sanitarias,e alumnos de enfermería,unidos na importancia da prevención e promoción da saúde,e considerando que a educación sanitaria é un pilar básico do noso sistema.
Todas as actividades son deseñadas en colaboración con nenos, eles son unha gran fonte de ideas pero tamén uns marabillosos críticos que fan que contar con eles, para o deseño de actividades para e por eles sexa moi enriquecedor e permita adaptar mellor cada obradoiro as súas necesidades. O primeiro dos obradoiros que se puxo en marcha “pupas, sustos e outros desgustos: aprender primeiros auxilios salva vidas” chegou en 2 anos a 62 colexios e participaron nel 2776 nenos de terceiro e cuarto de primaria. Isto foi posible gracias ós voluntarios que dedicaron moitas horas a visitar os centros, e tamén os compañeiros, enfermeiros de atención primaria, que participaron nesta aventura, programando a visita, ou participando na intervención A experiencia destes 2 anos demostra -asi o manifestan- que a aprendizaxe dinámica baseada en xogos funciona, porque realmente cando aprendemos máis e mellor?, cando a vez nos estamos divertindo?, ou cando nos estamos aburrindo?, foi asi como tamén confirmaron o que xa sabían, que os nenos teñen unha capacidade de aprendizaxe incrible, potenciada pola gran curiosidade que teñen por saber, practicar… pero que ademais de todo isto, son uns marabillosos axentes de saúde para as súas familias, xa que unha enquisa pasada a máis de 800 familias de nenos que participaron na intervención, deixa claro que todo o aprendido e falado o transmitiron nas súas casas, cos pais, avós, irmáns, amigos... e gracias a eles ademais de aprender cousas novas, corrixiron cousas que non facían de todo ben. De esta experiencia naceron novas iniciativas como “Revolución Teenagers; preparándonos para ser maiores “ (destinada a nenos de sexto de primaria), “aprender primeiros auxilios en familia” (obradoiro práctico de primeiros auxilios, en que nenos, pais, avós… aprenden xuntos e xogando)
Pero chegou a COVID e tocou reinventarse. e seguindo a mesma liña, ilusión e motivación, asi chegou “heroes contra o coronavirus” , unha iniciativa impulsada pola Xerencia da área sanitaria, por a subdirección de enfermería de atención primaria, e que contou, unha vez máis, co apoio da xefatura territorial de educación. Heroes contra o coronavirus ten como obxectivo servir de reforzo educativo para os nenos, e axuda os profesores, para tratar os temas relacionados con prevención COVID, nas aulas, e facelo de forma lúdica, resolvendo dúbidas, rompendo mitos, empoderar ós nenos, que non dubiden que son verdadeiros “heroes” e que saiban que necesitamos a súa axuda para poder “acabar con este vilán”.
Para iso o primeiro foi elaborar unha serie de recursos (vídeos, infografías, un cómic, un caderno de actividades, presentacións, curso on line…) e deseñar unha formación concéntrica para poder chegar en 3 semanas a todos os centros da provincia. Na elaboración dos recursos destacan a colaboración do servizo de comunicación da área , con 11 enfermeiros, 1 médico, 14 nenos e un marabilloso equipo de voluntarios. Formouse un grupo de formadores, integrados por 14 enfermeiras (das cales 9 son especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, 1 especialista en pediatría, 1 EIR de segundo ano de FeC) o cal se uniron nas visitas os centros voluntarios do Centro de saúde de referencia e do grupo de educación para a saúde “pupas, sustos e outros desgustos” (participaron no programa, xunto cos formadores de heroes, 33 voluntarios: 14 enfermeiros , 19 alumnos de prácticas de enfermaría, 3 médicos de atención primaria, 2 EIR de primeiro ano , 1 pediatra e 1 TES).
En 3 semanas a inicitativa chegou a 153 centros de ensinanza, participando de forma directa na intervención 4730 nenos e mozos e 422 profesores. A experiencia foi moi satisfactoria para todas as partes, agradecendo a boa acollida por parte da comunidade educativa. En cada centro que tiña infantil fíxose un taller en unha das aulas, o que chamamos aula piloto (case todos os centros con varias aulas de infantil elixiron a de 5 anos). Con eles traballamos a hixiene de mans con un xogo con pintura, fixemos xogos de distancia, de saúdos,e de colocación de máscara. En primaria, ESO, Bacharelato e FP a maioría optou por a formación de “comités de expertos” formados por representantes da distintas aulas, Estes serán despois, xunto cos profesores, os encargados de transmitir os coñecementos ó resto de alumnos. A máis idade máis afondamos en temas como a máscara, os síntomas, os contaxios, diagnóstico, prevención, e limpeza de superficies.
Tamén se aproveitou a visita para resolver dubidas dos profesores. Ao final do obradoiro todos os participantes obtiveron un carné cos seus datos que os convirte no equipo “virus fighter” do cole. A atención ca que participaron no obradoiro desde os máis pequenos de infantil ata os mozos de Bacharelato e FP foi exemplar. Aproveitaron a oportunidade para preguntar todas as dubidas que teñen respecto a temas como: tipos de máscaras, limpeza das re utilizables, que facer se estiveron con un positivo, como limpar o móbil ou outras superficies, probas diagnósticas, síntomas que poden ter, fases de contaxio, inmunidade, e moitas outras cuestións moi importantes. E tamén, o que é moi importante, para contar as súas experiencias, incluso para expoñer as súas queixas (a mais repetida foi a relacionada con novas que culpan a mocidade dos brotes.
A intervención foi moi ben valorada tanto polos profes como polos formadores e voluntarios, todos coinciden na importancia da comunicación entre os centros de ensino e os centros de saúde; e de levar a cabo proxectos xuntos. Xa que esta claro que xuntos somos máis fortes. Todos os recursos creados quedan a disposición dos centros para que os poidan utilizar cando consideren. As persoas interesadas a acceder o curso on line, os vídeos, poden facelo tamén a través da web do proxecto www.pupas.org. Así mesmo tomamos nota de todos aqueles centros que nos están solicitando novas visitas para facer o obradoiro noutras aulas, reforzar coñecementos, resolver dúbidas e planificaránse tan pronto sexa posible.
Como coordinadora do programa, Verónica Civeira agradece aos formadores e voluntarios "o marabilloso traballo levado a cabo, e de forma especial a Miriam Irene Cedron , Melania Fraga e Beatriz Blanco que foron as enfermeiras encargadas de proxectos, presentación, recursos, programación,e por suposto, gracias e admiración total e absoluta ós profesores polo inmenso traballo que están levando a cabo para conseguir que as ulas sexan lugares o máis seguros posibles, e os nenos e mozos por que nos están a dar un exemplo".
Hai espazo común, espazo común... Sodes moi cómicos, tamén simpàticos e ata entrañables. Levades un tempiño desaparecidos e calados cando màis vos precisaban os autónomos do Carballiño, xa sei que o de estar tan caladiños nada ten que ver cos intereses económicos de algunhos integrantes de espazo común co Coronavirus, pero logo destes tempos fugados reaparecedes pedindo Unha auditoría do alcalde. A verdade que me da un pouquiño a risa. E non son fumeguista. Soamente é por descarte. Bikos

Quéro denunciar , que ahi na esquina onde estaba o "TERCEIRO" vallaron a ACERA , e os peóns non lles habilitan un paso alternativo , e outro problema que causa , e a visivilidade , os conductores que baixamos da praza de San Ramón , o chegar a dita esquina , tes que meter o morro do coche case un metro mais adiante do "STOP, pa poder ver si veñen coches pola dereita . . Arranxar eso "XÁ" .. A policia creo que verá tamen o que eu estou a denunciar , pous que non se adiquen só a ver quen leva ou non leva nascarilla ....
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- …
- seguinte ›
- última »