
Hoxe, se queres facer unha poda para un aproveitamento forestal de uso doméstico tes que solicitalo a Medio Rural. Ata ahí todo ben, os que somos responsables estamos pola labor. Pero a sorpresa é que non te atenden de maneira presencial e física. Tes que solicitalo si ou si de maneira telemática, e para iso tes que ir de maneira presencial ao Centro comarcal a solicitar unha chave de acceso, presentar o teu DNI, darlles o teu número de móvil, e eles envíanche a chave ao móvil para que podas operar telemáticamente. E esto non é pola pandemia, seica vai ser así sempre.
Complicadísimo para unha persoa que non ten dominio das novas tecnoloxías ou non teña móvil, porque ata onde eu sei non é unha obriga telo a non ser que éstes do PP saquen unha lei que obrigue a telo.
Cando entras na aplicación, unha das preguntas que che fan cando queres presentar a declaración responsable, que é unha obriga para poder facer a poda, son os metros cúbicos que vas cortar e as toneladas. E fanche unhas preguntas sobre as especies arbóreas, afectacións de posibles especies ribereñas, e outra serie de preguntas que unha persoa normal non pode contestar, se non ten un título de inxeniería agrónoma ou forestal.
Tes que contestar a boleo e de boa fe.
Pois pregúntanlle ao conselleiro sobre esta cuestión, e di que todo esto é para que os funcionarios de Medio Rural non cobren comisións.
En serio?
Ten probas deste presunto delito?
O PP leva gobernando doce anos e xestionando Medio Rural. Os demáis conselleiros nunca denunciaron estes ilícitos probablemente penais?
Cando se denuncian cousas que non teñen nin pes nin cabeza, os palmeiros din que é aversión ao PP. É aversión ao PP, ou é o PP o que ten aversión aos funcionarios dos seus departamentos.
Penso que este home non é un astronauta que vive nos astros, coido que ata é de Maside. Non entende que a xente normal precisa asesoramento pra poder facer unha auténtica declaración responsable? Ou é posible que pola a súa afiliación política considere de xeral uso o das comisións.

A incidencia acumulada durante os últimos 14 dias no municipio do Carballiño rexitra un total de 12 novos contaxios de coronavírus confirmadas por probas diagnósticas practicas polo Sergas, mentres que o núnero de contaxios activos descende hoxe en dúas persoas, e quédase en 16. Tamén baixaron no último dia o casos activos en Piñor, que pasou de 4 a 3, e sen variacións no resto dos concellos onde se manteñen os seguintes contaxios activos: Boborás (3) Cea (3) Maside (3) O Irixo (2) Punxín (0) San Amaro (0)
Continúa preocupando o concello de Beariz, que incrementa un caso máis que onte e alcanza os 30, a maioria deles vinculados ao brote no xeriátrico da localidade.

O Alcalde do Carballiño e responsable municipal de Urbanismo, Francisco Fumega, está citado na súa condición de investigado para tomarlle declaración o próximo dia 1 de Decembro no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 2 do Carballiño, e no marco dun procedemento de dilixencias previas que foron abertas tras a denuncia presentada por un veciño exercendo a acción pública e cuestionando a actuación do concello do Carballiño en relación a unha resolución municipal de reposición da legalidade urbanística.
O conflicto urbanístico que da lugar a esta investigación xudicial remóntase ao ano 2008 con Carlos Montes na alcaldía, cando o concello dera un prazo de tres meses ao propietario dun edificio ubicado entre a Praza da Alameda e a rúa Rosalia de Castro, e con fachada a ambos lados, para que restituíse a legalidade urbanística, ordenando o derrubo dunha planta do edficio, tendo en conta que sobrepasaba a altura establecida no Plan Xeral de Ordenación Municipal –PXOM- vixente dende o ano 1999.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta rexeitara unha modificación puntual proposta polo concello carballiñés para pedir a compensación de alturas entre a rúa Rosalía de Castro e Alameda, polo que o ático non é legalizable. Non obstante, doce anos despóis non se executou a órden de derrubo, nin por parte do propietario nin por parte do concello.
A actuación municipal en relación a todo este asunto é o que motiva agora a investigación por presunta prevaricación ao actúal alcalde do Carballiño Francisco Fumega, que ademáis exerce directamente as competencias municipais de Urbanismo.

O Tremor de terra foi advertido por algunhas persoas, según recolle o informe do Instituto Xeográfico Nacional, que rexistrou o seismo ás 20:53 horas deste pasado martes dia 24 de Novembro.
A magnitude deste pequeno terremoto foi de 2.8 e o epicentro na localidade de Portela de Riba, na parroquia de Coiras, esto é, no concello de Piñor.

Por medio do proxecto impulsado polo concello do Irixo para comercializar os productos ecolóxicos e artesáns elaborados no municipio xa poden adquirirse a través da tenda virtual que foi presentada polo alcalde Manuel Cerdeira e varios dos productores que participan desta inciativa.
Na páxina "www.tendaoirixo.gal" poden encontarse esta oferta "con productos de calidade que se comercializan agora co distinto da marca O Irixo, un proxecto do que estamos moi contentos pola acollida recibida e que tamén queremos ampliar a outros productores da comarca", subliñou o rexedor municipal.
Ademáis, de forma expresa para a campaña de nadal, a tenda ofrece tres lotes navideños con distintos productos que terán un prezo, respectivamente, de 20, 35 e 50 euros. Os encargos serán enviados gratuítamente aos domicilios que pidan os clientes.

Sigue incrementándose o número de persoas afectadas polo brote de coronavirus declarado na Residencia de Maiores de Beariz, según os últimos datos de Sanidade xa xon 29 as persoas enfermas adscritas ao centro de saúde do concello bearicense.
Os contaxios activos permanecen se variacións no Carballiño (18) O Irixo (2) Maside (3) San Cristovo de Cea (3) Baixa en dous casos Piñor, que queda con 4, e un caso Boborás, que rexistra 3. E quedáse libre de virus o concello de Punxín, que se suma a San Amaro que xa tiña esta condición dende fai dias atrás.
Mentras estivemos pechados no concello a policía local e garda civil estaba mañá e tarde vixiando que non foramos comprar ò duper da fontela ou a panadería de 4 metros máis alá do límite do concello. E agora que si se precisan controles na rúa e apoio os hosteleiros e que non teñan eles que facer de polícia. Este fin de semana corrillos en terrazas de rapazallada sen mascarilla, corrillos de adultos pasados de copas sen mascarilla e a garda civil desaparecida e a policía local ni un control y si te he visto no me acuerdo. Debe ser que solo lles gusta facer controis de tràfico . E o alcalde e o concelleiro de policía que din? Que fan? A que andan?

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións que se están a levar a cabo no mosteiro de Oseira para rehabilitar o antigo albergue, garantir a accesibilidade e construír novas dependencias para os peregrinos que percorren a ruta da Vía da Prata.
Os traballos enmárcanse no Plan de Albergues 2019-2021, dotado con 7 millóns de euros, co que se busca reforzar de cara ao Xacobeo 2021 a rede pública de albergues, que na actualidade conta con 70 establecementos. Ademais, neste caso, representa un exemplo da aposta da Xunta pola rehabilitación de edificios con valor histórico e patrimonial, que encaixa cos valores de sustentabilidade do Camiño de Santiago.
Os traballos inclúen a rehabilitación do antigo albergue con melloras na planta baixa e primeira planta nas zonas de vestíbulo ou aseos, xunto coa construción dun novo albergue de 40 prazas nun espazo do mosteiro en desuso que contará ademais con zona común, aseos, baño adaptado para persoas con discapacidade e cociña.Trátase, por tanto, dunhas instalacións accesibles co obxectivo de ofrecer un Camiño para todos, e nas que tamén se implantarán medidas de aforro enerxético. As dúas dependencias destinadas a peregrinos estarán plenamente integradas e conectadas entre si. Alfonso Rueda destacou que era preciso contar cun albergue “nun lugar tan emblemático e de parada obrigada” para os peregrinos que realizan esta ruta.
O Goberno galego continúa, pese ás restricións sanitarias, a ter todo a punto e nas mellores condicións para ofrecer a mellor imaxe de Galicia no Xacobeo 2021 coa mellora da sinalización das rutas xacobeas e co reforzo da rede pública de albergues a través dun Plan que inclúe a creación de novos locais, así como accións de mantemento, reforma ou ampliación dos xa existentes. O vicepresidente primeiro da Xunta incidiu en que con estas melloras preténdese “dotar de máis albergues e prazas á rede pública para acoller aos peregrinos que teñan previsto facer o Camiño”, aos que lembrou que “contarán con tódalas garantías con rutas seguras” nas que se levan a cabo tódalas medidas hixiénico-sanitarias fronte á covid-19 establecidas polo Instituto para a Calidade Turística (ICTE).

Comeza este lúns 23 de Novembro a vista oral no Xulgado Nº 2 de Ourense que se prolongará durante once dias no xuízo aos exalcaldes do concello do Carballiño Pachi Vázquez e Carlos Montes, e a outros tres exconcelleiros socialistas que no seu dia tiveron responsabilidades na contratación de persoal, de todos eles tan só Pachi Vazquez continúa na vida politica activa, agora como concelleiro de Espazo Comun, a formación política que promoveu tras abandonar o PSOE.
Todos eles enfróntanse a unha petición de penas de inhabilitación especial para emprego e cargo público que oscilan entre os 10 anos e os 8 anos e 9 meses, a fiscalía acusaos de cometer un delito de prevaricación continuada nun total de 60 contratos de traballadores no concello carballiñés, entre 1999 e 2011. A acusación entende que os traballadores conseguiron os seus postos no concello do Carballiño sen que se tivesen en conta requisitos básicos para a contratación pública, como a publicidade nos procedementos, para que todas as persoas poidesen acceder aos postos de traballos dacorde aos principios de mérito e de capacidade. Os acusados consideran que sí se respectaron os principios constitucionais nos diversos procedementos.
Ademáis dos cinco responsables municipais aos que se xulga, ante a Xuíza do Xulgado do Penal nº 2 tamén deberán declaran 70 testigos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- …
- seguinte ›
- última »