4, Novembro 2020

O Presidente da Xunta de Galicia dixo esta mañá que vai aplicar o que chamou "modelo O Carballiño" ao resto de Galicia, ás sete grades cidades e a outros 53 municipios no que a situación da pandemia é máis desfavorable. En principio, e no ámbito das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, todos os concellos quedarían fora destas restricións, excepto no Carballiño nas que vain seguir vixentes as actuais medidas tanto de mobilidade restrinxida ao propio territorio municipal ou as relativas a todas as actividades consideradas non esencias, que continuran prohibidas no municipio carballiñés, tal como están na actualidade.

Alberto Núñez Feijoo anunciou este mércores que establecerá a partir do venres ás 15:00 horas e durante un mes o peche de actividades non esenciais, incluída a hostalería, e o peche perimetral para o 60 por cento da poboación galega.Nunha comparecencia para informar sobre as medidas acordadas polo comité clínico reunido de novo este mércores, explicou que estas medidas afectarán a un total de 60 municipios, que inclúen as sete cidades e as súas zonas de influencia, así como 14 localidades máis pequenas que presentan altos índices de contagios.

Os municipios afectados polas restricións son A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Lugo, Santiago, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Ferrol, Ares, Fene, Neda, Narón, Mugardos, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén Pontevedra, Vilaboa, Pontecaldelas, Poio, Marín, Barro, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Porriño, Redondela, Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía.

4, Novembro 2020

A actualización de datos correspondente a este mércores dia 4 de Novembro continúa a mesma tendencia dende fai 13 dias no Carballiño, onde continúa baixando o número de persoas enfermas de Covid-19, hoxe son 84, asi que 12 menos que onte.

Tamén descenden os contaxios activos en Boborás (-3) e quédase hoxe con 15 casos, e tamén desconta 2 enfermos en relación a onte o concello de San Cristovo de Cea, que ten 13. Mantéñense os datos no resto dos concellos: Piñor (7) Beariz (3) O Irixo (2) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (2)

4, Novembro 2020

O concello do Carballiño ven de otorgar o suministro eléctrico do termo municipal para o próximo exercicio 2021 á empresa ENDESA ENERXÍA SAU, que presentou a mellor oferta no procedemento de adxudicación deste servizo. A adxudicación faise por un exercicio pero coa posiblidade de prorrogalo outro máis. En concreto, o aforro anual por este concepto é de 699.909,42€, o que supón un 64% menos que o gasto realizado durante este ano 2020. Así, a licitación do servizo para este período anual era de 1.093.830,17€, mentres que a oferta presentada por Endesa foi de 393.920,75€.

3, Novembro 2020

A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros. Este proxecto contará cun prazo de execución estimado de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas.

A actuación consistirá na rehabilitación da capa de rodadura en dous treitos, un entre os puntos quilométricos 23+180 e 23+380 e outro entre os puntos 24+900 e 27+150. O obxectivo da intervención é mellorar as características superficiais do firme en dous treitos de curvas con pendente elevada mediante a extensión dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor. Os traballos completaranse co pintado de marcas viarias e a adecuación da sinalización vertical.

3, Novembro 2020

Os contaxios activos nos centros educativos da comarca do Carballiño continúan a tendencia á baixa, despóis de rexistrarse ata 37 positivos en Covid-19 o pasado dia 23 de Outubro, os datos da última actualización da Consellería de Eduación correspondentes a este martes dia 3 de Novembro reducen a cifra ata o 14 casos.

Sae da lista de centros afectados o Punto de Atención á Infancia -PAI- do concello de Boborás. Na relación de centros e casos que se contabilizan en cada un deles é a seguinte: Sagrado Corazón (4) Calvo Sotelo (3) Vila do Arenteiro (2) IES nº 1 (2) IES Chamoso Lamas (2) e Colexio de Cea (1)

3, Novembro 2020

Continúa a desescalada do coronavirus no concello do Carballiño, onde o descenso está a punto de alcanzar o 50% do pico da pandemia durante o mes de Outubro, son 96 os contaxios activos no municipio carballiñés tras a actualización de datos deste martes dia 3 de Novembro, 13 menos ca onte. 

Nos concellos da comarca, a única variación hoxe está no concello de Piñor, que continúa á alza e acumula un caso máis ca onte, sumando 7. E sen cámbeos no resto dos municipios, que manteñen os mesmos contaxios activos ca onte: Boborás (18) Cea (15) Beariz (3) Maside (3) Punxín (3) San Amaro (2) e O Irixo (2).

3, Novembro 2020

O deputado provincial do BNG Bernardo Varela e a concelleira carballiñesa desta mesma formación política, Sofia García, mostraron a súa disconformide coa tramitación deste proxecto mineiro, polas "irregularidades manifestas que se veñen detectando na tramitación, como a omisión do procedemento de avaliación de impacto ambiental". Un trámite que os promotores do proxecto evitarían porque "o proxecto está fragmentado de maneira fraudulenta, tal como no seu dia xa denunciou o Sindicato Labrego Galego".

A empresa promotora da explotación mineira pretende poñer en marcha un proxecto que podería albergar unha das maiores reservas de coltán e litio de toda Europa. Trátase de minerais considerados claves para a industria tecnolóxia e do sector do autómobil eléctrico. 

A zona na que se ubica abrangue a varias parroquias do concellos de Avión, Beariz, Forcarei, Cerdedo-Cotobade e A Lama, e a superficie afectada podería rebasar as 1.600 hectáreas. Nas alegacións presentadas por diversas asociacións, ás que fixeron referencia dende o BNG, ademáis de non contar coa avaliación de impacto ambiental ordinaria, apuntan que o proxecto pon en perigo a vida da poboación local e a riqueza forestal, gandeira e natural da zona afectada, entre as serras do Candán e O Suido.

O BNG anuncia que presentará mocións sobre este asunto nos concellos directamente afectados e nos do Carballiño e Ribadavia, na súa condición de cabeceira de comarca, nas que se pide o apoio institucional para esixir os informes precepticos para garantir o cumprimento da lexislación sectorial, e mesmo "a apertura dun proceso de diálogo cos colectivos que se opoñen á explotación mineira, en base aos riscos ambientais e para a saúde derivados deste tipo de actividade extractivas".

3, Novembro 2020

O desprezo do peor alcalde da historira do Carballiño sobre o que é un Pleno métese coa razón e a intelixencia de calquera. Choca frontalmente coa presenza material dos seus maricahis repartindo mascarillas a xeito de tiranos bolivarianos comprometendo a saúde dos veciños e saltándose todas as restriccións do primeiro estado de alarma.

Resulta que este home que comparece radiofónicamente día si e día tamén, xustifica os plenos telemáticos coa teoría de que a oposición quere montar un Circo. Resulta que este home pode montar circos radiofónicos día si e día taménpromovendo a súa propaganda fraudulenta, pero toda a oposición quere montar circos.

Este home non está moi centrado.

Todavía non chegou nin un euro de axudas. Os orzamentos xerais do Estado penalizan a Galicia cun recorte dun 11% no borrador elaborado polos socialcomunistas, na crise máis grave do século, repercutindo na sanidade pública de Galicia por extensión. Orzamentos que ademáis de penalizar a Galicia, tamén penalizan a Sanidade Pública que ve recortadas as súas inversións ao mesmo tempo que se agasalla o ministerio podemita de igualdade con 456 millóns de euros (máis da mitade de todo o orzamento para Galicia).

E este home, quere o monopolio bolivariano, quere ser o único que fale, e a oposición é un Circo.

2, Novembro 2020
2, Novembro 2020

A Consellería de Politica social notifica un total de 7 positivos en Covid-19 na Residencia de Maiores Irmáns Prieto-Asilo do Carballiño, catro persoas son usuarios e as outras tres que forman parte do cadro de persoal do centro, o xeriátrico con máis capacidade da comarca carballiñesa, con 110 prazas ocupadas na súa totalidade.

Doutra parte, manténse estable o brote declarado dias atrás na Residencia A Saleta de San Cristovo de Cea, que afecta a 9 persoas, delas sete usuarias do centro e dúas traballadoras do centro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS