2, Novembro 2020

O PSdeG-PSOE, por medio do seu Portavoz Municipal en Leiro ven de propoñer que se poña en servizo informativo de venta ou aluguer de propiedades na páxina web do Concello de LEIRO co fin de atraer a novas familias.

"Atopamonos diante de tempos díficiles económicamente falando para as familias como para as propias administracions. Polo tanto é o momento hoxe máis que nunca xuntar esforzos e compartir servizos e establecer actuacións conxuntas de colaboración onde as administracions máis cercanas os cidadáns como son os concellos deben poñer o seu servizo os seus recursos", explica Manuel Rodríguez.

Nos últimos tempos sstase a incrementar moito esta situación na que podemos atopar anuncios de venda ou aluguer de propiedades en calquer pobo do concello,polo que para o portavoz socialista a institución municipal debería involucrarse activamente para aproveitar esta tendencia e favorecer que se poida fixar poboación no municipio, ou mesmo incrementala.

A proposta dos socialistas de Leiro pasa por demandar do concello "a colaboración a través do seu servizo da páxina web, para que ofrezca a posibilidade de anunciara venda ou aluguer de casas, fincas ou outras propiedades mediante esta ferramenta tecnolóxica a que accede xa unha gran maioria da poboación dende calquer lugar, polo cal se facilita que outros potencias veciñ@s teñan acceso a esta información e poidan fixar a súa residencia no noso concello".

1, Novembro 2020

A comarca carballiñesa entra no mes de Novembro cun novo descenso de contaxios activos de Covid 19, son 10 casos menos en relación a onte. Tres concellos concentran esta baixada, O Carballiño (-6) que mantén 117 Boborás (-3) que rexistra 19 e San Cristovo de Cea (-3)  e quédase en 16 hoxe domingo.

Rxistran un contaxio activo máis ca onte os municipios de Piñor, que contabiliza 6 e San Amaro, que ten agora dous positivos confirmados. Sen Cámbeos no resto dos concellos, nos que se notifican os seguintes casos: Beariz (5) O Irixo (3) Punxín (3) e Maside (3)

31, Outubro 2020

O Carballiño despídese de Outubro co maior descenso de contaxios activos nun dia, e dende que a principios de mes se producíse a explosión vírica de Covid-19 na localidade, pasando dos 138 casos de onte aos 123 de hoxe sábado, 15 menos. Baixan un caso Boborás, que rexistra 22, Piñor que pasa de 6 a 5, e O Irixo que descende ata os 3 contaxios activos.

O único concello que incrementa o número de persoas enfermas de Covid-19 é o de Beariz, que onte tiña 4 e na actualización de hoxe sube a 5. E repiten os mesmos datos que onte o resto dos concelos, que manteñen os seguintes contaxios activos: San Cristovo de Cea (19) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (1)

30, Outubro 2020

Os centros educativos da comarca carballiñesa rexistran no conxunto do seu alumnado un caso menos de Covid-19  que a principios de semana, xa que según a última actualización correspondente a este venres 30 de Outubro recolle a existencia dun total de 26 casos.

A relación de centros afectados e casos que rexistran é a seguinte: PAI de Boborás (6) CPR Sagrado Corazón (4) CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás (3) CEIP Calvo Sotelo (3) CPR Vila do Arenteiro (3) IES Chamoso Lamas (3) IES nº 1 (3) e CPI de Cea (1)

30, Outubro 2020

A Consellería de Política Social eleva a nove os contaxios no brote que afecta á Residencia de Maiores Virxen da Saleta de San Cristovo de Cea. Das nove persoas afectadas, sete son usuarias da residencia, e dúas forman parte do cadro de persoal do centro.

No resto dos xeriátricos da comarca non se notifican casos de coronavirus activos, según a última actualización de datos de Política Social.

30, Outubro 2020

A Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, referíuse esta mañá a situación concreta da comarca do Carballiño aportando os datos da evolución a 7 dias, nos que se pasou de 117 contaxios a 72, e a incidencia a 14 dias, que pasou de 240 a 189 contaxios, unha evolución que "nos da boas noticias" aínda que, recoñeceu, a situación sigue sendo motivo de atención e preocupación porque sendo boa a tendencia, aínda non é a optima. De feito, a Xunta mantén as restricións vixentes no perímetro dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, que continúan coa mobilidade restrinxida e coas actividades non esenciais pechadas, continúan sendo as restricións máis duras de toda Galicia.

Polo que respecta a actualización de datos diarios de contaxios activos, O Carballño rexistra hoxe venres 138 casos, tres menos ca onte. Rebaixan un caso Beariz, e quédase con cinco, e tamén ten un caso menos ca onte Maside, que se sitúa hoxe con tres.  Pola contra, aumentan os casos en Boborás (+3) e contabiliza 23, e Piñor (+1) e chega aos cinco. Non hai variacions nos contaxios activos de San Cristovo de Cea (19) Punxín (3) O Irixo (4) e San Amaro (1).

30, Outubro 2020

Non suelo ir o DIA de compras,pero onte a noite a eso das 20:00 horas, mentres os meus fillos estaban en clases particulares de ingles, aporveitei para visitar primeiro o Mercadona e como xa dixen, posteriomente o DIA, dirixinme no coche pola avenida da Estación para desviarme a direita a altura do do restaurante e posterior acceso a Corzos, baixar a rampla e entar no parking do mencionado supermercado. A 200m. decateime de un control policial con un amplio despliegue a altura de donde eu pretendia desviarme para baixar o super, e a verda puden desviarme a direita en calquera das calles que hai antes da a que eu me dirixia pero pra que? eu non iba sair do Carballiño e non cometera o meu parecer ningunha infracción pola que evitar o control. Paraban a case todos e tocoume a min. Mandarome parar xusto donde cmenza a baixada O policia saudoume a dos metros de distancia e ordenoume poñer a mascara e pregúntame para donde iba. Contesteille que inda que parecese a escusa de turno, realmente iba o DIA,comprar. O axente dixome que non podia ir. Entonces eu pregunteille si estaba cerrado,o que el me contesta que non, pero o super esta fora do Carballiño. Deixoume parvo,e dixenlle que o letreiro co nombre do concello estaba unhos 40m. mais adiante. Que entendia que o GADIS da Fontela e a gasolinera posterior de CEPSA non pertenecian a termino municipal do Carballiño, pero o DIA, si. Moi amablemente o policia explicome o siguinte: ___ Mire, señor, tiñamos dudas o rspecto e informamonos sobre o tema, e podolle decir que o parking si pertenece o Carballiño pero o edificio pertenece a Maside.___ E entonces eu dixenlle, entonces podo aparcar no parking pero non podo entrar na tenda e mañan si ven meu pai dende Beran comprar, como non pode entrar o Carballiño non pode acceder o párking e porsuposto entrar a tenda xa que para entrar hai que pasar polo propio parking. Un misterio, un enigma, os de fora do pobo non poden pisar o aparcadoiro pero si entrar, e os de dentro poden aparcar fora pero non poden pasar adentro da tenda. Non estaremos perdendo a chaveta nestes tempos de Covid, ou o que e peor, no na estaran perdendo os que nos mandan. Quen lles diria os do DIA, que unhos por haches e outros por bes, iban quedar sen clientes por un problema de fronteiras.

29, Outubro 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar por un importe de 84.553,32 euros, IVE incluído, as obras de humanización e mellora de varias rúas do concello ourensán de San Cristovo de Cea. Dos traballos encargarase a empresa Ingenieros Consultores Agrupados, S.L., e o prazo estimado no contrato para finalizar os traballos será de tres meses. As actuacións de mellora levaranse a cabo en cinco zonas do casco histórico do núcleo de Cea, co fin de darlle continuidade a unha actuación xa iniciada noutra fase de humanización e lograr a uniformidade de todo o conxunto.

Para lograr este obxectivo, apostarase por unha pavimentación idónea para o uso peonil e de tráfico lixeiro, principalmente na parte máis antiga do núcleo, orientada a mellorar a seguridade, a accesibilidade e, en definitiva, a mellora xeral da calidade das rúas. A superficie total a acondicionar é de aproximadamente 1.295,79 metros cadrados e localízase no que constitúe o casco antigo do núcleo, integrado en gran parte por edificacións tradicionais. Na zona de actuación, ademais, atópanse algúns dos equipamentos municipais que prestan servizo a todos os habitantes do Concello, de aí a necesidade de acondicionala e adaptala á demanda actual da veciñanza como punto de encontro e de esparexemento.

Tal e como se xustifica no proxecto, o que se busca é a posta en valor destas rúas con condicións axeitadas de funcionamento para o seu uso e goce como elemento de relación e espazo de ocio na zona máis tradicional do núcleo de Cea. A mellora e a humanización deste espazo preténdese conseguir co acondicionamento das rúas en canto aos acabados dos pavimentos e das instalacións. Cómpre lembrar que o núcleo de Cea presenta unhas zonas nas que xa se acondicionou a pavimentación para uso peonil e de tráfico lixeiro a base de formigón impreso a cor e bandas de granito gris que rompen co deseño continuo. A nova actuación adxudicada pola Xunta pretende dar continuidade ás zonas nas que non se interviñera aínda, empregando acabados similares con formigón impreso e bandas perimetrais e transversais de granito para que o casco antigo presente unha uniformidade de tratamento no seu conxunto e mellorando estas zonas para uso peonil dos veciños de Cea.

29, Outubro 2020

O Carballiño ten hoxe 141 veciños e veciñas pasando pola enfermidade da Covid-19, cinco menos ca onte, según os datos falicitados por Sanidade, esto non quere decir que non se rexistrasen novos contaxios, senón que as altas volven superar por séptimo dia consecutivo aos que contraen a enfermidade no municipio carballiñés.

Tamén reduce contaxios activos o concello de Boborás (-3) polo que se queda hoxe con 20, e tamén reduce (-1) o número de enfermos Beariz, que rexistra cinco. Pola contra, aumentan o número de persoas con infección activa Piñor (+2)e pasan a ser cinco, tamén incrementa un caso San Cristovo de Cea, que ten 19 casos activos, e tamén rexistra un caso máis Maside, que pasa a ter catro. Non hai variacións no Irixo (4)Punxín (3) e San Amaro (1).

29, Outubro 2020

A brigada municipal de obras executa estes días o proxecto de ensanche da calzada da rua Mesón, en Seoane, cubrindo con cemento as marxes e cunetas desta rúa que ata agora eran de terra.
Asimesmo, a brigada realiza traballos de consolidación do antigo forno comunal de Mouriz, que se atopaba en perigo de derrube, pois as paredes son de cascotes que, nalgúns puntos, hai tempo que comezaron a ceder, co conseguinte risco de derrubarse.
Esta rehabilitación enmárcase na política de conservar nas mellores condicións posibles e valorizar o patrimonio etnográfico do municipio, que conta con numerosas construcións de interese nas parroquias do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS