
Os xeriátricos da comarca do Carballiño contiúan mantendo a raia o coronavirus, asi se desprende dos últimos datos facilitados polo departamento de Política Social da Xunta de Galicia e no que se recolle a incidencia da Covid-19 nas residencias de maiores de toda Galicia. Dende que se declarou a pandemia apenas se rexistraron media ducia de casos illados, e ningún contaxio masivo.
A Residencia da Saleta de Cea é a única da comarca do Carballiño que aparece a dia de hoxe nesta relación de centros afectados, con 5 contaxios activos entre os seus usuarios. As residencias e vivendas comunitarias de maiores de Dacón, Boborás, Maside, Cea, O Irixo, Beariz, San Amaro, Partovia e O Carballiño (3) suman preto das cincocentas prazas residenciais.

O concello do Carballiño acaba de adxudicar o proxecto do cambio do sistema lumínico da Avenida 25 de xullo, así como da Rúa Telleira e da Travesía Fonte Barreiros, en Corzos. A adxudicación realizouse por un importe de 100.672 euros.
Este proxecto conta cuha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que aporta o 80% mentres que o 20% restante lle corresponde ao concello do Carballiño. Asimesmo, houbo que asinar un convenio co concello de Maside, debido a que a zona de Corzos atópase nas lindes de ambos termos municipais.
O novo sistema lumínico da Avenida 25 de Xullo suporá volver a poñer en funcionamento as dúas luminarias que ten cada farola, xa que, debido ao gasto enerxético, só estaban en funcionamento as luminarias que dan á calzada, pero non as que dan ás beirarrúas.
Son, en total, 178 puntos de luz, cunha potencia total de 30.763,2 watios.
Este proxecto, no que se utilizarán luminarias led e outros elementos de última teconoloxía, enmárcase no Plan de Eficiencia Enerxética posto en marcha polo concello nestes últimos anos, e que supón un aforro considerable no consumo de enerxía.
OUTROS CAMBIOS
Así, téñense realizado cambios do sistema de iluminación pública no barrio de Toscaña, nas rúas Xullo R. Soto, Conde Vallellano, Ourense, Martínez Avellanosa, Otero Pedrayo, Galicia e Calviño, ademáis de no polígono industrial e no parque empresarial, entre outras.

A curva do coronavirus continúa á baixa no Carballiño, unha tendencia que se mantén dende o venres da pasada semana, e no informe facilitado por Sanidade correspondente a este mércores dia 28 de Outubro vemos que a cifra actualizada de contaxios activos no Carballiño descende ata os146, son once menos ca onte. Tamén parece confirmarse esta mesma tenencia á baixa no concello de Boborás, que a dia de hoxe rexistra 23 casos, dous menos ca onte.Tamén rexistra un enfermo menos en relación a onte o concello de San Cristovo de Cea, que mantén 18 contaxios activos nesta xornada.
O único concello que desta vez incrementa os contaxios de Covid-19 é o de Piñor, tiña un único caso e pasa a ter 3, dous máis ca onte. E non hai cámbeos no resto dos municipios: Beariz (6) O Irixo (4) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (1)

Este é o exemplo de cómo se cumpre a normativa municipal e a lei de prevención de incendios forestais na rúa da Carreira, no medio do Carballiño, por parte de Fenosa, Naturgy, ou como se chame o monopolio este ¿cándo vai actúar o concello?

A actualización de datos da Consellería de Eduación deste martes 27 de Outubro déixanos boas noticias, xa que os casos de Covid-19 activos nos centros educativos da comarca do Carballiño experimentan un notable descenso en relación aos do pasado venres, cando eran 37 casos, que se quedan hoxe martes en 27.
Tan so o CPR Vila do Arenteiro rexistra un incremento de casos positivos de coronavirus na súa comunidade educativa, tiña un único caso o venres e hoxe notifícanse 3. Entra na relación de centros afectados, xa estivera e saíra da lista, á que regresa agora cun caso o CPI de Cea.
Mantéñense os mesmos contaxios activos da pasada semana no PAI de Boborás (6), que permanece pechado, CPI Terras de Maside (1) e Escola Infantil do Carballiño (1).
Descenden os contaxios no resto dos centros afectados, que según esta última actualización, son os seguintes: CPR Sagrado Corazón (6) CEIP Calvo Sotelo (2) IES Chamoso Lamas (2) IES nº1 (2) e CEIP de Boborás (3)
Señores políticos do Carballiño, a nivel autonómico e xa non digamos nacional vaia nivel de ineptitude que nos están dando, pero parece que vostedes non queren quedarse atrás. Expliquennos qué razóns hai para impedir a venta o aire libre un dia de feira con espacio de sobra, o único que favorecen son as agloremaciós nos poucos sitios que continúan abertos. Hai moita xente que coida durante todo o ano as flores para vendelas nesta feira e agora ¿qué? ¿que fan con elas? ¿comelas? e ten máis risco ir buscar unha ración de pulpo para levar a casa nunha pulpeira o aire libre, ca ir recoller un encargo a un restaurante? ¿consideran vostedes que hai risco de contaxio nas terrazas, parécelles normal que teñan asi á hostelería ? Non entendo nada, paren xa de fastidar á xente que o único que queremos é subsistir, eso é o que queremos, non e o traballo un dereito ? deixennos traballar e quedense coas súas axudas, que non as necesitamos. Emilio.
Este lúns, en pleno estado de alarma, 150 persoas celebran unha festa privada pasándose polo arco de trunfo todas as restriccións impostas polo Goberno. Entre estas persoas estaban, o minitro Illa, Pablo Casado, a Fiscal General del Estado, Arrimadas, dous ministros máis, o alcalde de Madrid, e Ayuso.
Pero esta xente qué nos está contando????
Desde logo, a xentiña, que irresponsables somos nonsí'?

O BNG carballiñés culpa "á desidia do goberno local " do estado de abandono dos pasos de peóns, que incumpren a lei de seguridade vial e a lei de accesibilidade, tanto en relación aos pasos de peóns como as deficiencias de varias beirarrúas.
O Bloque Nacionalista Galego acompaña esta denuncia pública cunha galería fotográfica na que se aprecian as deficiencias que poden encontrarse en distintas rúas do Carballiño, según podes observar abrindo o arquivo adxunto:

O alcalde do Carballiño asinou esta mañá un decreto no que prohibe a instalación de postos ambulantes este sábado 31 de Outubro no Carballiño, de igual maneira que xa aconteceu o pasado dia 16, tamén queda polo tanto suspendida esta segunda feira do mes, q que tradicionalmente é coñecida como "a feira das frores" xa que ten lugar na véspera do dia de todos os santos.
O concello emitíu un comunicado no que da conta do decreto asinado polo alcalde Francisco Fumega "dacorde coas restricións que están vixentes Carballiño e para reforzar as medidas de prevención ante o coronavirus"

A actualización de datos da evolución da pandemia deste martes dia 27 de Outubro continúa a tendencia dos últimos dias, reducindose o número de contaxios activos no Carballiño, 9 menos ca onte, polo que baixa a cifra aos 157 casos, 31 menos en relación a unha semana atrás. Tamén Boborás baixa outros dous contaxios activos e quédase con 25, son 7 menos en relación ao pasado dia 23 cando se alcanzou o pico de contaxios neste municipio con 32 casos.
O Irixo desconta outro caso, dos 5 de onte aos 4 de hoxe, un bo dato que podería levar ao comité clínico a propoñer que abandone as restricións de mobilidade vixentes neste municipio. Pola súa parte, San Amaro volve rexistrar un contaxio, onte aínda se mantiña libre de virus.
E sen cambeos no numero de veciños con infección activa de Covid 19 nos concellos de Cea (19) Beariz (6) Maside (3) Punxín (3) e Piñor (1)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- 322
- …
- seguinte ›
- última »