
A situación epidemiolóxica polo Covid-19 experimentou unha boa evolución na última semana no concello de Avión, que según os datos notificados hoxe por Sanidade ten 3 contaxios activos, rexistrando un importante descenso en relación tras chegar a acumular 10 casos semanas atrás.
Non acontece o mesmo en Leiro, que rexistra 11 contaxios activos, a cifra maís alta dende que se declarou a pandemia, o doble de casos que tiña o pasado dia 10. Neste concello, os socialistas presentaron un escrito no rexistro municipal do concello de Leiro no que piden ao alcalde que convoque con carácter de urxencia a xunta de portavoces "ante as informacións, o alarmismo e preocupación pola crise sanitaria no noso termo municipal". Demandan información do rexedor municipal "para evitar rumores e se cabe adoptar algunha medida neste sentido".

A comarca do Carballiño continúa incrementando o número de contaxios activos, según os datos deste martes 20 de Outubro, son xa 248.
Continúa sendo moi preocupante a evolución epidemiolóxica do Carballiño, que rexistra un aumento e 13 contaxios activos e alcanza os 188. Tamén preocupa Boborás, que notifica 3 casos máis ca onte e chega aos 30 contaxios activos no dia de hoxe.
No resto dos concellos a pandemia parece estar moito máis controlada, aínda que son siñificativos os casos de O Irixo (10) e Beariz (7). Maside ten un caso máis ca onte, e rexistra 4,e permacen inalterables os datos de San Cristovo de Cea (6) Piñor (1) Punxín (1) e San Amaro (1)

Este e o nova papeleira que temos na Rúa Caravel. Neste barrio non nos podemos queixar das inversons que fai o Concello. Este modelo de papeleira xa levantar anos e o empredado das rúas que non prometeu tamén. Moitas grazas sr alcalde. Cada día superase, e non so na xestión da pandemia do cal xa é millor nin falar..

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este lúns dia 19 de Outubro, ás 22:18 horas, un terremoto con epicentro no municipio de Maside, que alcanzou unha magnitude de 3.0 na escala de Richter, e dunha profundidade dun kilómetro.
O tremor de terra foi perceptible por parte de numerosos veciños, tanto no concello de Maside, como nos concellos limítrofes, sobre todo Punxín e San Amaro, e mesmo no casco urbano do Carballiño, onde ademáis varias persoas manifestaron a esta emisora de radio "ter escoitado un ruído como se fose unha explosión", ademáis de advertir o tremor nos seus domicilios.

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 36 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 4 concellos da provincia na pasada fin de semana, nos que se identificaron a 476 persoas e se tramitaron 8 denuncias.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 ao 18 de outubro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 36 dispositivos nos municipios de Ourense, Boborás, O Carballiño e Verín. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias, tamén realizaron operativos a Garda Civil, sobre todos no concello de Boborás, e a Policia Local do Carballiño, neste municipio.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

A comarca do Carballiño ten hoxe lúns un contaxio activo menos ca onte domingo, quedandose a cifra actualizada de enfermos de coronaviurus nun total de 233 persoas.
A mellor noticia témola no Carballiño, que rebaixa tres contaxios activos, pasando dos 178 de onte aos 175 que notifica hoxe Sanidade. Tamén desconta 2 casos activos o concello de Piñor, que se queda cun único enfermo
Increméntase os casos en Beariz, sube 2 e rexistra 8, e suben un caso activo en relación a onte os concellos de Boborás (1+) e suma xa 27, e O Irixo (+1) e chega aos 11. Mantéñense sen alteracions Maside (3) Punxín (1) San Amaro (1) e San Cristovo de Cea (6)

As labores de desinfección que leva a cabo o concello de Boborás terán continuidade nos próximos dias como medida de prevención ante o coronavirus, que durante a fin de semana aumentou en 6 os contaxios activos no municipio.
Os traballos fanse nos espazos e accesos tanto aos edificios públicos como do ámbito privado naqueles lugares de máis concurrencia de público, como son establecementos de hostelería, alimentación e outros.

A comarca do Carballiño rexistra hoxe domingo 9 contaxios activos de coronavirus máis que onte sábado, según os datos notificados por Sanidade, polo que o número de persoas enfermas sobe ás 234.
Este incremento débese aos 6 casos máis ca onte que se rexistran no concello de Boborás, que alcanza hoxe domingo 26 persoas con infección activa. Tamén suben os enfermos no Irixo (+2) e chega aos 10, San Cristovo de Cea (+2) e sube aos 6, e O Carballiño (+1) e chega aos 178. Maside rebaixa un contaxio e quédase con 3 activos, e tamén baixa Beariz, un menos ca onte e rexistra 6. Sen cámbeos en Piñor (3) Punxín (1) e San Amaro (1)

Todos os centros educativos do Carballiño teñen contaxios activos de Covid-19 entre o seu alumnado, en todos eles xa se activou o protocolo que se pon en marcha cando se detecta un positivo en coronavirus na comunidade educativa.
Según os datos da Xunta publicados este sábado, e actualizados ao dia venres 16 de Outubro, o IES nº 1 é o que ten un maior número de contaxios activos, nove en total, seguido do PCR Sagrado Corazón, con sete positivos en Covid-19. Tamén rexistran casos activos o IES Chamoso Lamas, Colexio Calvo Sotelo, Colexio Vila do Arenteiro, Escola Infantil do Carballiño e Escola Infantil Trastes,
Diante do esperpento e da demostración da incapacidade das diferentes administracións públicas e sanitarias para frenar esta desgracia que se nos veu enriba pídolles aos alcaldes encarecidamente que collan o touro polos cornos e lle boten valor e que sexan eles quen xestionen o asunto, os alcaldes son cercanos, foron escollidos polos seus vecinos e saben onde estàn os problemas en cada lugar, que actúen e deixen o partidismo para outros, que non se deixen arrarstar por esas sinerxias. Ànimo e valor alcaldes non sexades cobardes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 318
- 319
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- …
- seguinte ›
- última »