
Sanidade notifica este martes 13 de Outubro 8 contaxios activos máis ca onte no Carballiño, e alcanza a cifra dos 155. Tamén incrementa en 2 o número de contaxios Boborás, que chega aos 18.
No resto dos concellos non se rexistran variacións, manténse estable o número de casos activos: O Irixo (9) Maside (6) Beariz (5) San Cristovo de Cea (3) San Amaro (2) Piñor (2) Continúa resistindo libre de virus o municipio de Punxín.

Segun os datos publicados polo SEPE no mes de Setembro o número de parados subiu en 18 persoas. Das 18 persoas novas en de a lista do paro no Carballiño descendio en 6 homes e aumento en 24 mulleres.
O número total de parados é de 950, dos cales 377 son homes e 573 mulleres. As persoas maiores de 45 anos con 504 parados son o grupo de idade mais afectado polo paro, seguido dos que se atopan entre 25 e 44 anos con 397 parados, o grupo menos numeroso son os menores de 25 anos con 49 parados. En termos internanuais, o paro incrementouse un 14%, en relación a Setembro de 2019.
Por sectores vemos que no sector servizos é onde maior número de parados existe no municipio con 625 persoas, seguido das persoas sen emprego anterior con 124 parados, a industria con 102 parados, a construción con 66 parados e por ultimo a agricultura con 33 parados.

O coronavirus continúa desbocado na comarca carballiñesa, que suma 20 contaxios activos nas últimas 24 horas, según os datos deste lúns dia 12 de Outubro.
O Carballiño sigue sendo, con diferencia, o concello máis afectado ao incrementar en 15 os casos en tan so un dia, o que sitúa a cifra actualizada en 147 veciños e veciñas do municipio que están pasando pola enfermidade. Tamén aumentan os contaxios activos no concello de Boborás, 4 máis e son xa 16 as persoas afectadas, e tamén rexistra un incremento de casos O Irixo, que chega aos 9.
No resto dos concellos a situación é estable, e Sanidade non reporta ningunha variación no múmero de contaxios, que se mantén inalterable en Maside (6) Beariz (5) San Cristovo de Cea (3) Piñor (2) San Amaro (2) e Punxín (0)

Os portavoces socialistas de Cenlle, Cortegada, Arnoia e Beade queren manifestar o seu apoio e total respaldo "ao traballo que está a realizar o seu compañeiro portavoz socialista no Concello de Leiro Manuel Rodríguez, en favor da trasparencia e a verdade da xestión do seu Concello e da Mancomunidade do Ribeiro, dos que Francisco José Fernández é alcalde e Presidente".
Os portavoces socialistas veñen de denunciar "a actitude soberbia e prepotente dos seus Alcaldes, ao valerse das súas maiorías políticas e truques legais para non exercer o principio de trasparencia e impedir a fiscalización da súa xestión e da xestión delegada na Mancomunidade do Ribeiro".
Desde Cortegada, lembran "a total oposición do seu Alcalde, en 2017, a facilitar a documentación relativa á Fundación Balneario de Cortegada e desde Cenlle a absoluta desidia do con cello principal valedor, do mesmo xeito que o de Cortegada, da Fundación Balneario de Laias á hora de esixir á Fundación San Rosendo o cumprimento do compromiso, adquirido ante notario, de crear entre sesenta a cen postos de traballo, así como unha residencia para maiores hoxe convertida nun hotel de catro estrelas".
Os socialistas entenden que as razoas polas que o Presidente da Mancomunidade e os alcaldes poñen empeño en xustificar a permanencia e a existencia da mesma, "está en que non saben ou non poden xustificar como dita entidade pode sobrevivir economicamente sen contar co cincuenta por cen dos Concellos que a constituíron no seu día e sen os seus correspondentes 10.823 veciños, tendo que repartirse o custo de funcionamento da mesma entre 5.227 veciños e non sobre os 16.050 que na actualidade corresponderían aos dez Concellos".
O Mantemento económico da Mancomunidade do Ribeiro, conclúen os portavoces socialistas, "supón un saqueo de recursos públicos dos Concellos que a conforman, das subvencións da Xunta e dos petos dos veciños, impedindo desta maneira facilitar unha mellor e maior prestación de servizos públicos".

O coronavirus sigue aumentando o número de contaxios activos na comarca carballiñesa, sobre todo, os datos continúan sendo moi preocupantes no Carballiño, que incrementa hoxe domingo en 8 casos as persoas diagnosticadas coa enfermidade, alcanzado a cifra record de 132 casos.
Ns concellos da comarca o incremento é máis lento, e rexistranse 4 casos máis ca onte, pasando de 34 que había onte a 38 contaxios activos hoxe domingo. As variacións danse no Irixo, que notifica 4 casos máis e sitúase en 8, Beariz (+1) e contabiliza 5, e Maside (-1) e quédase con 6. Permancen inalterables os contaxios activos en Boborás (12) San Crsitovo de Cea (3) San Amaro (2) Piñor (2) e Punxín (0).
Tras ler algunhos comentarios das denuncias anteriores, pareceme moi interesante a que fala do transporte escolar, é difícil de entender que nos centros educativos haxa unhos protocolos tan estrictos e logo os chavales vaian apelotonados nos autobuses e cada un sentàndose onde lle da a gana sen control algún. E aínda màis sorpresivo é que ninguén denunciase esta barbaridade.
Discrepo sobre iso de que non entendemos os datos. Decir que a maioría dos contaxios non se producen en entornos laborais é unha entelequia porque non existe ningunha evidencia científica que o avale. O Covid non distingue entre xente que está traballando ou xente que está disfrutando do ocio. Nin distingue horarios. Nin é fascista nin machista como pretende meternos con calzador a ministra comunista de igaldade (igual da oito que oitenta).
Tampouco existe evidencia que nos entornos laborais estense a cumplir estrictamente os protocolos porque tampouco é así.
Pero claro, cando estes políticos que teñen que tomar decisións e non saben por onde andan, as toman, e ven que os efectos das súas acuacións son pírricos, o máis sinxelo é botarlle as culpas á xente. Á responsabilidade da xente. Vou poñer un exemplo: O presunto experto Simón dixo no progama do seu blanqueador Calleja que dende enero traballaba 16 horas porque coñecían a gravidade do Covid. Seguridad Nacional alertou en máis de once ocasións ao Goberno sobre a gravidade do Covid, e aínda así, promocionaron o aquelarre do 8M. Xa pudemos ver algunha ministra con guantes daquela pero non advertían da gravidade. Pero claro, a culpa tamén foi da xente que de boa fe, e sen ter os datos das ministras asistiu e non tomou as medidas que elas tomaron. Nin gozaron das atencións das que elas gozaron cando algunha se contaxiou ( a Ruber é fenomenal) con desenlace tráxico pra moita xente que asistiu a ese aquelarre multitudinario.
Non me vou a extender demasiado. Non merco a falacia de que somos todos unhos irresponsables e os políticos unhos heroes porque están tomando decisións. É sinxelo colgarse medaias cando organizas unha festa, pero cando tomas decisións que é para o que está un político, estás suxeito á crítica (é o xogo político). Pero cando non fas absolutamente nada, como é o caso de Fumega, ou cando mintes, ocultas información e manipulas os datos como están a facer os ultras socialistas xunto cos comunistas, a crítica ten que ser feroz. Outra falacia que non merco é que ninguén podía prever a segunda onda (nin a primeira habida conta de que Seguridade Nacional advertía dela desde xaneiro).
E sobre nós, a cidadanía, facemos o que podemos cunhos políticos tan nefastos, e con maior ou menor responsabilidade porque de todo hai na viña do Señor.

O Carballiño incrementa outro día máis os contaxios activos de Covid-19, neste sábado 10 de Outubro son dezaoito casos máis ca onte, alcanzándose a cifra de 124 veciños e veciñas do Carballiño que a dia de hoxe están pasando pola enfermidade.
Tamén aumentan os casos na suma dos concellos da comarca, onde onte tiñamos contabilizados 29 casos e hoxe pasan a 34, cinco máis nas últimas 24 horas. Beariz baixa dous casos e quédase con 4, pero aumentan os contaxios Boborás que pasa de 9 a 12, Maside que onte tiña 4 e hoxe sitúase con 7, e tamén incrementa un caso San Amaro, que ten 2. Manteñense sen variacións O Irixo (4) San Cristovo de cea (3) Piñor (2) e Punxín (0)

O PSdeG-PSOE de Leiro está a realizar unha serie de visitas as diferentes parroquias do Concello en aras do noso lema “Mellorando Leiro” para coñocer de primeira man "as inquedanzas e as necesidades mais urxentes dos nosos veciñ@s e sobre de todo nesta epoca de Pandemia". No día de onte visitaron a parroquia de Gomariz, "e apreciamos e así no lo comunicarón os veciños que e unha necesidade o arranxo do Camiño publico Belide a Vilerma como se pode apreciar nas fotos esta nun estado lamentable, un camiño que e un instrumento fundamental para o desenrolo economico como o sector da viticultura que en gran medida depende do estado de conservación de este tipo de camiños", manifestan.
Os socialistas de Leiro entenden que a adecuación de estas infraestructuras básicas e fundamental para o bo funcionamento da actividad e debido o grave perxuicio que supon para os viticultores, xa que unhas comunicacions deficientes reducen a capacidade exportadora das propias fincas, polo que se fai precisa a sua reparación de maneira urxente. Polo que o Concello como administración mais cercana os veciños -proclaman- ten que exercer as suas funcions de viaxiancia e control de este camiño en evitación das situacions potencialmente perigosas para os usuarios do citado camiño, de modo que compete os servizos municipais o mantemento e conservación do mesmo, por estas competencias veñen recollidas no artigo 25.2 a 25 in fine da Lei 7/1985 de 2 de Abril, reguladora da Lei de bases do réxime local.
"Tamen nos comentaron os veciños que era necesario arranxar o MURO E ARRANXAR A RUA PENA DA BARRA (PETO BELLO)e así o comprobamos in situ que o deterioro cada ano que paso e maior , co cal se esta deteriorando e desfacendo o pavimento da mesma ante a falta de conservación e mantemento por parte do Concello, cos perigos que acarrea tanto pos viandantes como os vehiculos que por ali circulan", aseguran dende o PSdeG de Leiro.
Vexo moito comentario aquí sobre os parques infantis, sobre os colexios, sobre o papel da Xunta e do Concello neste tema... Pois o problema que temos é que non entendemos ou non queremos entender os datos. A maioría dos contaxios NON se producen nos entornos laborais, nin neste mes que levamos de colexios en Galicia, ten habido contaxio comunitario nos centros. Tampouco se coñece unha gran incidencia por pechar ou abrir os parques infantís (de feito no último decreto de estado de alarma en Madrid se deixan os parques abertos, pero si se restrinxe comercio e hostelería), e non hai xustificación en que os concello os manteña pechados dende marzo.
A maior parte dos contaxios en Galicia, e en particular en Ourense e no Carballiño, teñen orixe en reunions familiares e sociais entre non convivintes. É dicir, en quedar con xente coa que non vives a tomar unhas cervexas nun bar, en invitar a uns amigos a cenar a casa, nos primos que viven en Madrid, A Coruña ou Vigo e veñen a comer con nos o sábado, ou os colegas que se xuntan nun baixo o sábado a noite a facer botellón. En todos estos casos nos relacionamos sin máscaras, en espacios pechados e sen distancia. ¡Neste tipo de interaccions sociais están os principais problemas!, e por eso, si a xente non toma consciencia, é necesario restrinxir os bares, restaurantes e o ocio nocturno, si non queremos ter mortos por decenas en breve, na nosa comarca. Pero con eso non chega, os cidadáns non podemos cambiar os bares polas nosas casas, por que entón o problema sigue ahí, e estamos arruinando os propietaros dos locais para non conseguir nada. E repito, non votemos a culpa os políticos que toman decisións para parar esto, votemosnos a culpa, cada un de nos, ós actos imprudentes que levamos feito nos últimos meses.
E para o que entendeu o meu anterior comentario como unha defensa do Alcalde, nin son o Fumega nin amigo del. É mais, coincido contigo en que é probablemente o peor Alcalde que recordo do Carballiño, e xa recordo uns cuantos. Pero dentro da súa culpa, que a ten en canto a situacion de abandono do noso pobo ou o ridículo coas axuda COVID, non está o obrigar a ninguén a ir a un bar ou a facer botellón. Non nos amparemos baixo a responsabilidade dos políticos para non cumpir coa nosa propia responsabilidade como cidadáns.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- 327
- 328
- 329
- …
- seguinte ›
- última »