
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a representantes da Plataforma pola mellora do transporte da comarca do Carballiño, encabezados polo seu presidente, Ramiro Bello, quen estivo acompañado por Joaquín Moldes, Juan Manuel Pérez e Manuel Nogueira, quen lle expuxeron ao presidente Baltar as liñas de traballo da plataforma, centradas nun plano de reivindicación a todos os niveis de melloras no transporte por tren, autobús, transporte urbano e os demais ámbitos da comunicación, que pasan, segundo demandan polo incremento de liñas e frecuencias así como pola mellora dos servizos.
A plataforma comprometeuse co presidente do goberno provincial a trasladarlle as conclusións dese traballo, ao remate da súa labor de estudo e prospección do transporte na comarca do Carballiño, e Baltar dixo que a Deputación de Ourense "fará súas as propostas da plataforma en forma de mocións ou acordos políticos, para tentar paliar e mellorar a actual situación e que a poboación desta comarca teña melloras no servizo de transporte e na intercomunicación, non só coa provincia e a capital ourensá, senón con puntos importantes como Santiago, sobre todo a efectos dos estudantes que cursan estudos universitarios".
Na reunión tamén acordaron que a Deputación colaboraría coas actividades da plataforma, apoiando con diferentes iniciativas e con servizos como o de Publicacións a edición de material informativo da plataforma "para que esta iniciativa da veciñanza dos concellos da comarca do Carballiño sexa apoiada polo goberno provincial, que entende lexítimas as súas aspiracións, que fará súas unha vez que analicemos o contido das súas demandas", expresou Manuel Baltar.

Foto casi imposible. O mejor dicho, foto rara donde las haya.
Increible el compromiso de alguna gente con ciertos proyectos.
Y en este caso concreto hago referencia a Joaquín Moldes y a Manuel Nogueira.
De Joaquín Moldes ya sabiamos y conociamos su recorrido político y su eterno compromiso por hacer las cosas como dios manda. Es decir, bien hechas.
Pero ver a Nogueira en una foto con Baltar, reivindicando algo tan fundamental para Carballino como es un servicio de tren decente criticando la falta de servicios, dejando aparte su ideología política o esa presunta fidelidad al PSOE por estar cogobernado en Madrid, es digno de mención y admiración.
No conjugo con su partido ni con el comunismo, pero si que tengo que reconocer que ultimamente está dejando el listón muy alto, al igual que Moldes. Ejemplo ambos para que otros que juegan a ser políticos aprendan sepan estar al nivel que esperamos los votantes.
Más Moldes y Nogueira harían de Carballino y de Galicia un sitio mejor.

Sanidade notificou este martes un novo brote de coronavirus no municipio do Irixo, que afecta polo menos a tres persoas. A pasada semana deuse conta de dous casos positivos ligados ao concello, o alcalde Manuel Cerdeira e un traballador municipal, agora Sanidade confirma un novo contaxio e polo tanto convértese en brote.
Doutra parte, o cribado realizado a todos os usuarios e persoal da residencia de maiores Quercus de Leiro deu pleno de negativos. O pasado domingo, Sanidade notificara un positivo en Covid-19 dunha traballadora deste xeriátrico.

O concelleiro do BNG na corporación municipal de San Cristovo de Cea, Manuel Pérez, ven de preguntar por escrito ao alcade José Luis Valladares sobre a actuación municipal en relación ao peche dunha das dúas farmacias coas que contaba o municipio, sita na vila de Cea.
Tras a xubilación da súa titular, a adminitracción autonómica non autorizou o traspaso da farmacia, provocando polo tanto o seu peche, polo que o concello quédase agora cunha única farmacia.
Para ver o escrito do BNG preme no arquivo adxunto:

A Xunta de Galicia licitou a segunda fase da restauración do reloxo mecánico e do campanario de forxa do mosteiro de San Clodio, no concello de Leiro.
Con esta actuación, que a Xunta valorou en 30.000 euros, preténdese devolver a funcionalidade ao reloxo, como elemento sonoro, e supoñerá unha mellora estrutural deste ben catalogado do século XVIII. Estes traballos de restauración xa saíron a licitación en novembro de 2019, pero a adxudicación dos mesmos quedou deserta.
Se nesta ocasión son adxudicados, a empresa adxudicataria terá tres meses para realizalos, dando continuidade aos traballos levados a cabo en 2017, cando se retirou a capa de óxido que cubría o reloxo e que ocultaba as inscricións históricas que posúe. A actuación enmárcase na colaboración que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade mantén coa Diocese de Ourense para a conservación de inmobles eclesiásticos.
Sr. Manuel, usted nunca decepciona.
Le aludí personalemente para que se luciese bien en la tertulia o por escrito, y como siempre, supera usted el reto con nota alta.
Ha estado correcto, y ha tratado su contestación con una educación exquisita, y explica usted que además del tema ADIF, había otros temas.
Antes de pasar al tema ADIF, en el que intentaré demostrarle que la postura de UP no tiene ni pies ni cabeza, quiero volver a dibujar a la Fashionaria, porque parece ser que ser ministro o ministra -no se queje porque también aplico el lenguaje inclusivo- lejos de ser un representante de la administración pública que debe servir al interés general, se ha convertido en una especie de plataforma para influencers. Es posible que a usted le parezca muy fashion que esa chiquilla pose para Vanity Fair después de haber hecho aportaciones tan importantes al interés general como solicitar que la Ünión declare al Covid machista. La chiquilla promete darnos muchas alegrías.
El tema ADIF no hay por dónde cogerlo. UP y sus formaciones satélite conocen perfectamente la situación de ADIF. Es un hecho cierto sus constantes restricciones ¿Y dice usted que conociendo esto antes de gobernar, la única solución que tienen los gobernantes es quejarse contra los que gobernaban? No sé si le entendí bien en su escrito. Quiere usted decir que la única solución que aporta, concretamente en nuestra comarca UP, es quejarse contra los que gobernaban ¿¿¿Y montar pollos???
Pues si es así discrepo, también enérgicamente, con su concepción de gobernar.
Sabe usted perfectamente, porque además tiene una excelente formación, que los ministerios no son compartimentos estancos. Sabe perfectamente que los ministros se reúnen periódicamente en Consejo de Ministros, concretamente los viernes. Y sabe de sobra que hay conversación fluida entre ellos.
Yo le propongo que usted, y ese representante, en vez de lloriquear y difuminar, y buscar culpables, y mirar para atrás, y dedicarse a conferencias telemáticas que están muy bien para captar algún titular, pero que llevan a la nada... Hagan esa conferencia con el vicepresidente Iglesias, y le trasladen su inquietud, porque es quien puede trasladarlo al ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Creo que no son dos desconocidos, y creo incluso que tienen alguna amistad en común, Delcy por nombrar un ejemplo.
Fíjese si hay entendimiento entre ministros de distintos ministerios, que cuando Garzón ataca abiertamente al Rey, el mismo Iglesias e incluso Sánchez, salen en defensa del ministrillo desnortado. Está bien ese discurso republicano para las hordas podemitas. Pero convendría recordarles que para que se produjese ese referémdum sería menester 2/3 de ambas cámaras, quórum que afortunadamente nunca alcanzará la cuarta fuerza de España. O eso, o mediante un golpe de Estado.
En definitiva, ahora su partido está gobernando y me gustaría comprobar que tiene algo más que aportar a la ciudadanía que lloriqueos y planteamientos desnortados. Usted está acertado en su análisis de las restricciones de transportes públicos. Usted y el resto de ciudadanos. Usted está acertado en muchas de las acciones que ha desarrollado en su trayectoria política, pero créame cuando le digo que lloriquear por los que lo hicieron mal, y no exigir contundentemente que los que están ahora cambien las cosas, cunduce a la nada, también en política.
Además del tema ADIF desconozco que otros temas trataron en su conversación telemática, pues yo escuché esto en las noticias, y solo se referían al tema ADIF, pero insisto, no es la manera de llegar a algo concreto.
Un saludo y cuídese.
Un admirador.

Na entrevista entre a alcaldesa Patricia Torres e o presidente da entidade provincial Manuel Baltar, abordáronse diversos proxectos considerados pola propia alcaldesa como estratéxicos para o futuro de Boborás.
Entre eles, a redacción dunha modificación urbanística no actúal Plan Xeral de Ordenación Municipal -PXOM- en vigor no concello de Boborás, e coa finalidade de crear solo dotacional en terreos que son de propiedade municipal sitos na Almuzara e noutra parcela que proxecta adquirir o concello no entorno do colexio e o centro sociocultural de Boborás. Desta maneira, comezarían a xestarse os proxectos de contrucción tanto de vivendas de promoción pública como dun xeriátrico, no primeiro caso nunha parcela de 20.000 m2 na Almuzara, e no segundo caso -o do xeriátrico- nas proximidades do centro sociocultural Manuel Chamoso Lamas.
A idea da alcaldesa é promover esta futura residencia de maiores a través da iniciativa privada, o concello cederíalle á empresa interesada esta parcela municipal e durante un periodo de longa duración. O municipio de Boborás tan so conta na actualidade cun fogar residencial para maiores na localidade de Brués, polo que existe un deficit de prazas residenciais para persoas maiores.
Nesta mesma zona a rexedora municipal tamén quere promover a creación dunha piscina municipal.
Pois por alusións contestarei a quen tan alegremente me pideu parecer e redactou a denuncia "A FASHIONARIA".
Irei por partes e tentando non deixar nada no tinteiro.
O primeiro, lanzar dita denuncia na que quen escribe amosa a súa máis enéxica protesta por dar "pulo publicitario" a un representante político, e onde tamén se expresan outras cuestións é respetable, máis non compartida pola miña parte.
Tentemos contextualizar a situación actual e como chegamos á mesma. As restriccións de ADIF e as deficiencias que tamén temos no tema de transporte de buses na comarca de O Carballiño é un problema grave, pero non debemos esquecer que se arrastra dende fai anos.
Nos últimos 10 anos o Ministerio de Fomento ( agora denominado de transporte e mobilidade) ten pechado en Galicia máis de 26 estación e outras 30 viron reducidos horarios ou peches parciais. Anos nos que no estado gobernou tanto o PP como o PSOE e que no caso dos buses é responsable total o PP.
Sabemos quen goberna en España, que non lle quepa duda a quen redactou dita denuncia, pero tamén é certo que no goberno de coalicción cada agrupación ten uns ministerios, dos cales ten que responder a persoa ao frente dos mesmos individualmente. Nos, dende Unidas Podemos traballamos por ser o máis útiles e eficaces nos ministerios que defenden as nosas diputadas.
Cuestións partidistas e competenciais aparte, toca agora esclarecer un pouco o motivo da xuntanza, que polo que vexo desdibuxa un pouco a persoa relatora da Fashionaria. A Plataforma pola Defensa do Transporte Público no Carballiño e Comarca fai uns días solicitaba axuda institucional e daba conta do acordado na asamblea que tiveron en agosto de acudir a todos os partidos políticos e aos alcaldes de toda a comarca para pedir apoio a dita plataforma e tentar paliar recurte de servizos. Moitas persoas que participamos en distintos partidos e proxectos políticos nos sumamos a esa demanda, porque antes que persoas que defendamos un ou outro partido, todas somos residentes e veciñas de O Carballiño. E iso é o que ten que prevalecer en esta plataforma: o fin último é recuperar servizos e evitar que O Carballiño morra esquecido sin transporte público. Incomunicado.
Chegados a este punto,explicar que dende a Plataforma están solicitando ter xuntanzas con todas as forzas políticas como xa dixen, e me preguntaron por si podía xestionar eu unha xuntanza co noso portavoz e diputado no congreso, Antón Gómez-Reino. Cousa que fixen de bo agrado, todo sexa dito. E como non podía ser de outro xeito, se celebrou esa xuntanza telemáticamente o pasado venres. Cousa que me alegro, ao igual que me alegro das distintas xuntanzas que xa tiveron varias integrantes da plataforma cos distintos alcaldes da comarca nos pasados meses, este pasado sábado co alcalde de San Amaro ou mañá martes, co presidente da Diputación de Ourense. Porque o apoio institucional é preciso para conseguir as metas que busca esta plataforma.
E xa para rematar, aclarar unha cousiña. Cuarta forza do estado, correcto. Desaparecida en Galicia, incorrecto. Desaparecida do Parlamento galego, si. Máis iso non é, nin será impedimento para que sigamos a traballar polo que cremos xusto.
Un saúdo de parte do tertuliano das mareas mortas.
Manuel Nogueira

Sanidade confirmou este domingo 27 de Setembro un caso positivo de Covid-19 na Residencia de Maiores Quercus, na localidade de Leiro, que afecta a unha persoa que forma parte da plantilla de persoal do xeriátrico.
Trátase dun dos dous novos casos positivos detectados entre o persoal das residencias de maiores en Galicia nas últimas 24 horas.

As anomalías no sumistro eléctrico en forma de cortes no sumistro afectaron a miles de usuarios da rede eléctrica na mañá deste domingo no municipio do Carballiño, tanto no casco urbano como na zona rural.
Entres as 8 e as 10 da mañá rexistráronse tres cortes no fluido eléctrico, o último preto das 10 da mañá prolongouse durante 20 minutos. Na páxina WEB da empresa sumistradora aparecía a avería localizada no municipio do Carballiño, pero non explica o motivo. As condicións meteorolóxicas nesta mañá de domingo son de total normalidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 325
- 326
- 327
- 328
- 329
- 330
- 331
- 332
- 333
- …
- seguinte ›
- última »