17, Setembro 2020

Foi o único acto celebrado no Carballiño neste dia festivo sen festa, o recoñecemento institucional do concello carballiñés a quen foi o titular da parroquia de San Cibrán durante os últimos 28 anos, Xosé Benito Siero.

Ao acto asistíu o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e representantes dos grupos municicipais de PSOE, Partido Popular e Espazo Común. O alcalde Francisco Fumega, que lle fixo entrega dunha placa e unha reproducción da Veracruz ao expárroco, salientou na súa alocución "a colaboración que sempre encontrei en Xosé Benito durante no dia a dia e para resolver calqueraa necesidade, como as axudas de alimentación a moitas persoas" destacando o seu compromiso social coa parroquia e o pobo do Carballiño.

17, Setembro 2020

Dende o PSOE de Leiro queremos denunciar publicamente neste medio un problema que teñen os veciños dos Carris , que o asfalto non chega ata o muro e corren o risco de ter un accidente de gravidade, polo que os Socialistas xa o denunciamos ante o Concello para que se tomen as medidas urxentes antes de que pase algo grave, xa que deixan as obras a medidas, xa que algo moi habitúal neste Grupo de Goberno do PP de Leiro

A pasada semana membros da nosa Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE se acercaron a visitar as obras desenroladas no Barrio dos Carris, cal foi a nosa sorpresa que non se habían retirado as farolas antiguas e que en algunha zona, non se había levado acabo a sustitución de luminarias por LED, como tamen outros desperfectos na calzada a hora de asfaltar a mesma, polo que nos vemos na obriga de pedir explicacions o Grupo de Goberno por esas anomalías, por eso que presentamos un escrito pedindo que se nos informara e que se tomaran as medidas oportunas para a sua retirada ante a desidea e falta de interés demostrada en todo momento polos nosos gobernantes do PARTIDO POPULAR.

16, Setembro 2020

Ninguén recorda no Carballiño un 17 de Setembro como o deste ano 2020, e nesta situación motivada pola pandemia, sen ningunha actividade festiva no dia no que se celebra a festividade do patrón do Carballiño, San Cibrao.

O concello do Carballiño renunciou a organizar actividade algunha nesta data que, non obstante, é dia festivo de carácter local no municipio. A única actividade anunciada dende o concello é o recoñecemento institucional que se fará ao sacerdote Xosé Benito Sieiro, recentemente xubilado tras exercer durante 30 anos como párrroco de San Cibrao do Carballiño, o alcalde Francisco Fumega farálle entrega dunha placa e unha reproducción en miniatura do Templo da Veracruz, este acto terá lugar no propio Templo da Veracruz coincidindo coa misa solemne de San Cibrao que comezará ás 11:30 da mañá.

15, Setembro 2020

Dende Espazo Común non disimulan a súa decepción, afirmando como "nos derradeiros anos, a perda de servizos no Concello do Carballiño está a ser certamente alarmante. E sin que semelle que ninguén faga moito por evitala". E poñen unhos cantos exemplos "comezando polo transporte público, continuando co Centro de Saúde e cun longo listado de elementos que foron desaparecendo paulatinamente do mapa local e que van provocando un retroceso nas condicións de vida dos cidadáns".

Agora -manifestan- tócalle a Correos, un servizo totalmente público e, polo tanto, xestionado polo goberno central de Madrid. Dende Espazo Comun recordan como "hai un par de meses, a oficina do Carballiño reduciu o seu horario eliminando os sábados coma día de apertura, precisamente o día que moitos usuarios aproveitaban para facer xestións in situ por non ter que traballar". Por todo elo, ESCO afirma que "a tomadura de pelo é constante. Hai pouco tempo, cando dende Espazo Común, protestábamos pola supresión da venda de billetes na Estación do Tren, díxos publicamente (alcalde incluído) que estes podían ser adquiridos na oficina de Correos" "O goberno de Fumega semella estar a outras cousas, aínda que ninguén sabe moi ben cales. É obvio ca que os seus compañeiros de partido da capital sigan mermando os servizos da veciñanza do Carballiño non debe ser unha das súas prioridades", manifestan.

E remantan anunciando que oGrupo Municipal de Espazo Comun levará esta cuestión a pleno se antes da súa celebración, a oficina de Correos do Carballiño non recupera o seu horario, porque "non podemos consentir máis aldraxes".

15, Setembro 2020

A concellería de Medio Rural, que dirixe Rosa Fuentes, rematou o acondicionamento e limpeza do Camiño Miñoto ao seu paso polo termo municipal do Carballiño, que é prácticamente coincidente co Camiño dos Arrieiros. Por este motivo, o concello ten previsto programar, en colaboración co Centro de Estudios Chamoso Lamas, unha ruta guiada, que se anunciará próximamente. O obxectivo é a posta en valor deste percorrido que ten un gran interese cultural, natural e histórico, e sobre todo de cara ao próximo ano Xacobeo 2021, no que se espera que o Camiño Miñoto sexa declarado de interese cultural, como paso previo para a consecución da súa inclusión como Camiño Xacobeo. Asimesmo, esta concellería procederá á reposición e nova sinalización do camiño, para o cal xa están encargados aos paneis correspondentes. Este roteiro forma parte dun dos numerosos trazados empregados dende a Idade Media polos peregrinos portugueses, especialmente do norte dese país, que acudían a Compostela.

Polo que atinxe ó Concello do Carballiño, esta vía penetraba polo Ribeiro para chegar ata San Clodio, punto importante de relixiosidade, e seguir polos lugares da Esperela e Cubilledo, seguindo ata preto da igrexa parroquial de Gomariz, edificación do século XII e da granxa de Gomariz, a máis importante adega medieval de Galicia que conta con decoración románica e que xa aparece mencionada na documentación do século XII. A partir de aquí, entrados no Carballiño, o camiño diríxese ata a aldea de Fonte Antiga, onde atopamos un lugar denominado O Mesón, punto este que faría referencia a unha edificación destinada a parada para acougo de arrieiros do viño. Este tramo coincide coa actual Ruta dos Arrieiros. Seguindo dende a aldea de Fonte Antiga, cruzamos un pontillón de formigón feito hai anos onde había outro de pedra que se derrubou por causa dunha chea do regato do Barón, seguimos polo camiño entre vellos socalcos das viñas chegando ata á aldea hoxe abandonada do Barón Pequeno, onde localizamos unha adega histórica que segundo a documentación pertencía ó mosteiro de Acibeiro e que na porta de entrada ten esculpida unha cuncha de vieira – asociada ós camiños xacobeos-, posiblemente do século XV. Ascende o camiño entre máis socalcos de viñas hoxe en desuso, chegamos ata o cruceiro de Viñoa, e dende alí seguimos por outro que decorre moi preto da igrexa parroquial de Santa Baia de Banga, exemplar que acolle no seu interior as imaxes en pedra que representan a figura de tres Santiago Peregrino, un deles coroando o arco de acceso á capela na que se atopa enterrado un membro da familia dos Sarmiento.

O roteiro prosegue por un fermoso camiño de terra ata chegar á aldea de Cima de Vila, cunha adega histórica en perfecto estado, que ten á súa beira un novo camiño descendente que vai entre muros e, en parte, enlousado ata chegar á aldea e praza de Quintela, lugar onde se localizan varias adegas históricas pertencentes a varios mosteiros e á Orde do Santo Sepulcro –a máis espectacular-, ademais de tres antigas construcións con vieiras nas portas de acceso e nas fachadas no lugar de Belvís e Cabo de Vila, moi semellantes á que atopamos no Barón Pequeno. O camiño, segue en descenso, deixando a parroquia entre fermosos e monumentais muros empedrado que decorre entre socalcos de viñas hoxe abandonadas, para chegar ata á Ponte do Santo Sepulcro, xa en Pazos de Arenteiro, de orixe medieval. Esta ponte ten esculpida na clave do arco central a figura dun camiñante, que ben podería ser a figura dun cabaleiro da Orde do Santo Sepulcro, que nos conduce ó enclave de Pazos de Arenteiro, xa en Boborás, a onde chegamos por camiño empedrado.

14, Setembro 2020

O concello do Carballiño renderalle unha homenaxe ao párroco recentemente xubilado, José Benito Sieiro González, este xoves, 17 de setembro, festividade de San Cibrao, ao termo da celebración da misa na honra do patrono do Carballiño. Estes actos terán lugar en principio ao aire libre, na praza da Veracruz, se o tempo o permite, e en caso contrario celebraranse no interior do templo. En ambas alternativas o aforo será limitado e gardando todas as medidas preventivas e de seguridade establecidas polo coronavirus. Será obligatorio o uso de máscara e lavado de mans con xel hidroalcólico. O aforo no exterior será superior ao do interior, pois colocaranse 400 sillas, separadas a 1,5 m., para garantir a distancia de seguridade. No acto de homenaxe o alcalde faralle entrega ao párroco xubilado dunha placa así como dunha reproducción en miniatura do templo da Veracruz.

CONCERTO DE LUAR NA LUBRE NA INSUA DOS POETAS

Debido á pandemia non haberá actos festivos durante estes días pero, dependendo das condicións metereorolóxicas, está previsto que se celebre na Insua dos Poetas o mércores 16 o concerto de Luar na Lubre. Este evento está organizado pola Fundación Insua dos Poetas e conta o patrocinio da Xunta de Galicia, así como a colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Carballiño. Terá lugar ás 19,00 h., con entrada libre ata completar o aforo. Será obligatorio o uso de máscara e o lavado de mans con xel hidroalcólico. A apertura das portas terá lugar ás 18,00 h. Luar na Lubre ofrecerá un concerto no que interpretará os temas do seu último dobre CD VIEIRAS E VIEIROS. HISTORIAS DE PEREGRINOS. Trátase do 19º disco da banda, no que exploran os escritos, as lendas, as sonoridades e as pegadas que os peregrinos deixaron a través dos múltiples carreiros que conforman o Camiño de Santiago ao seu paso polo territorio galego. O factor humano da vía xacobea é o fío que tece un relato plural que abarca diversas épocas, voces e contextos.

GRUPO FOLCLÓRICO CANTIGAS E AGARIMOS

Asimesmo, está previsto que se celebre o venres, 18 de setembro, a actuación do grupo folclórico Cantigas e Agarimos no auditorio da praza da Veracruz. Este evento, sen enmbargo, podería anularse se cambia a previsión meteorolóxica, que en principio é favorable, para a tarde do 18. A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela fundouse nesta cidade no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño, sendo unha das agrupacións máis antigas adicadas ó folclore galego.

Por outra parte,  anuncian dende o concello do Carballiño que "debido á chuvia, suprímense outros actos culturais previstos para estes días, como a actuación de grupos locais, entre outros".

13, Setembro 2020

A pesar de que é un problema que ven de vello, nos últimos tempos viuse agravado "pola irresponsable actuación levada a cabo por este Concello nas rúas Cuba, Venezula, Uruguay e Brasil que conectan a Avenida Julio Rodríguez Soto coa devandita Avenida do Balneario", aseguran dende Espazo Común.
A Avenida do Balneario -afirman- sofre decotío importantes encharcamentos e inundacións que provocan escorrentías baixo o asfalto e polo tanto un notable desafianzamento do pavimento e posterior afundimentos do mesmo. Non son -remarcan- simples fochancas, se non, en moitas ocasións, de socavóns do tamaño dun coche.

Dende Espazo Común inciden no problema e apuntan ás obras acometidas recentemente polo concello carballiñés afirmando que "nas disparatadas obras acometidas durante os pasados meses cun custo de 223.000 € das arcas municipais, o alcalde decidiu non acometer a correcta canalizacións das augas pluviais e a súa separación das residuais, como ditamina a norma e o sentido común", polo que concluén que a probematica aumentou considerablemente.

E poñen como exemplo concreto o acontecido recentemente "nos seis meses precedentes, os veciños da zona, puideron observar con preocupación como ata tres enormes buratos se abrían engulindo o piso, ocasionando que xa tivera que intervir o Concello para o seu arranxo, polo menos, en cinco ocasións. En días pasados, informáronnos doutro novo burato".

Para Espazo Común "é evidente que as ocurrencias do alcalde conlevan un gran prexuizo para moitos veciños e un sobrecusto en reparacións para as arcas municipais en reparacións que se poderían ter evitado de facer ben as cousas no seu día".

A solución pasaría, xa que logo, polas actuacións que propón Espazo Común e trasladará ao pleno da corporación municipal do Carballiño:

1.Que se acometa dende este Concello, un proxecto integral para a Avenida do Balneario que resolva os problemas actuais de conducción de augas e as súas consecuencias. Por suposto, que se contemple no mesmo a debida separación das augas residuais e das pluviais das rúas que afectan a este problema, dandolle a correspondente saida a cada unha segundo corresponda
2.Que unha vez elaborado se reúna ós veciños de dita rúa para informarlles pormenorizadamente das actuacións previstas.

11, Setembro 2020

Si Carballiño ya era un simbolo del feismo urbanístico, ahora estamos viendo como camos exhacerbando de lo peor que tenemos. No llega con hacer cada calle de un color distinto , de tener cada papelera de un modelo o cada banco de su padre y de su madre. Ahora la hostelería se vuelve loca y crea el feismo terracistico. No se puede tener peor gusto. Y el Concello que dice de esto, va a consentir este esperpento amarillo??

 

11, Setembro 2020

Fin de semana chea de cine cunha variada oferta para todos os públicos, que inclúe desta vez unha proxección ao aire libre organizada polo concello de Avión e que se suma á programacíón habitual do NOVOCINE de Leiro e a inauguración da tempada do Cine-Club Carballliño.

Na Praza do Concello de Avión, o venres 11 ás 22 horas, cinema de verán ao aire libre coa proxección da película documental de Aitor Rei "A Última Viaxe do Afiador".

No auditorio do Carballiño temos unha fin de semana chea de cine, que se abre o venres 11 co inicio da tempada do Cine-Club, proxectando a película de Benito Zambrano "Intempérie", co actor galego Luis Tosar no reparto, en dous pases ás 20 e 22,30 horas. Ademáis, sábado e domingo, ambos dias ás 19 horas, proxectaránse todas a curtametraxes que se presentan a concurso na sección oficial do Festival de Cans.

Mentres, na carteleira do NOVOCINE de Leiro dúas peliculas para toda a fin de semana: cine infantil con "Trasto de la mansión a la calle" (Venres ás 18:15, sábado e domingo ás 16 horas), e a película americana "After en mil pedazos" (Venres ás 20:30 horas, sábado e domingo ás 18:15 e 20:30 horas.

O Templo da Veracruz acolle este sábado dia 12 e dende as 20:30 horas o Festival "Outros países, Outras músicas" coa actuación da Coral de Campo Lameiro, o coro Ludus Tonalis da Coruña e o Coro de Cámara de Müsica Viva do Carballiño.

Tamén o sábado 12 ás 21:30 horas o concello de Maside programa na rúa principal da localidade unha sesión de música e contacontos a cargo de Lorena Pinheiro, historias e contos que a artísta acompaña con algunhas intervencións musicais.

E finalmente, tamén o sábado 12 ás 21 horas cine ao aire libre na Carballeira de Moldes, onde poderá verse "Parásitos" unha das películas máis premiadas do último ano, unha sesión organizada polo concello de Boborás.

 

11, Setembro 2020

En canto ao comentario dos alugueres, luces e sombras: paréceme sensato e xusto facer un chamamento aos propietarios de vivendas ou baixos comerciais para que pidan prezos razoables, pois ata ahí ben, logo a segunda parte onde se ataca aos propietarios por quererte obter unha renda das súas propiedades porque así o demanda o mercado inclusive calificàndoos pouco menos que de vagos, pois paréceme que o comentario perde toda a súa razón de ser.

Fago a seguinte pregunta? Quenes son máis responsables da alza de prezos dos alugueres,aqueles propietarios que non poñen os seus inmobles no mercado de aluguer?, ou os que queren obter unha renda aínda que as veces pidan cantidades excesivas.?.

Un debate interesante,

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS