
Leiro súmase aos municipios con brotes de coronavirus nesta segunda onda da pandemia, Sanidade ven de notificar un brote de coronavirus neste concello ribeirán de tipo familiar, que afecta a un home, unha muller e dous menores de idade.
No Irixo, e tras rexistrarse un positivo Covid-19 nun traballador municipal, o alcalde Manuel Cerdeira avanzou en COPE O Carballiño que tanto él mesmo como outros seis traballadores municipais estarán en cuarentena ata o próximo dia 1 de Outubro. O propio alcalde confirmou que deu positivo na PCR. Durante este tempo o concello do Irixo funcionará con servizos mínimos.

A 31ª edición do Festival do Teatro Galego "Celso Parada", que se celebrará do 23 ao 26 de setembro no Carballiño, contará na súa programación con dúas actividades coas que chegará a outras Comunidades de España e a países como Alemaña, Francia, Portugal e Brasil. Trátase dunha lectura dramatizada da recoñecida obra de Carvalho Calero "A Farsa das Zocas" coa colaboración de 50 voluntarios ao redor do mundo e dunha "Escola de Espectadores do Teatro Galego", orientada a afeccionados, interesados e espectadores do programa oficial do FETEGA.
A presentación deste evento cultural tivo luga no pazo provincial da Deputación, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o director do Festival, Carlos Ledo; e a directora artística do Festival, Josi Lage.
A Deputación de Ourense colabora con este evento que é "un referente da acción teatral de Galicia desde O Carballiño e ofrecerá ao público a posibilidade de gozar dos mellores espectáculos do teatro, así como de outras actividades paralelas como obradoiros ou charlas", dixo Rosendo Fernández, quen salientou que esta 31ª edición é "máis internacional ca nunca". Pola súa parte, o alcalde do Carballiño afirmou que "a seguridade está garantida ao 100%" e agradeceu á organización do Festival que pensara na figura de Carvalho Calero "nun ano no que por desgracia non puidemos recoñecerlle todo o que aportou á cultura galega". Jacobo Sutil puxo en valor que as tres administracións (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño) "colaboremos neste evento porque é importante que se manteña a actividade cultural, aínda que se faga con restricións, xa que é a maneira de que subsista o sector cultural".
O director do FETEGA explicou que nesta edición quixeron "coidar da nosa familia porque ir ao teatro é seguro, e ampliar a familia de maneira xeográfica e mental, coa Escola de Espectadores que pretende achegar dun xeito informal o teatro á outra parte do binomio do teatro, o público; e coas lecturas dramatizadas da obra de Carvalho Calero coas que nos demos conta que había unha especial sensibilidade nunha institución cun alto nivel académico: as Universidades e os Centros de Estudos Galego no exterior". A lectura dramatizada da obra de Carvalho Calero, a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas, chegará ao resto de España, Portugal, Alemaña e Brasil coa axuda de lectores e alumnos dos Centros de Estudos Galegos. Durante trinta minutos diarios, a farsa irase debullando nunha lectura dramatizada que dirixe desde Galicia Vanesa Sotelo. Será posible acceder á lectura mediante redes sociais e Youtube. Pola súa parte, a "Escola de Espectadores do Teatro Galego", que se desenvolverá entre o 23 e 25 de setembro ás 16.30 horas, estará dirixida por Pepe Domínguez. Ademais destas dúas actividades, a programación desta edición estrutúraseen catro xornadas nas que o público poderá gozar de obradoiros, mesas redondas, monólogos cómicos, teatro na rúa e as clásicas sesións de espectáculos.
Programación
A directora artística do FETEGA explicou a programación desta edición que no Auditorio Municipal comezará o mércores, 23 de setembro, co espectáculo "Clausura do Amor" da compañía Cámara Negra. Ao día seguinte será a quenda para a obra "Os nenos da varíola" da compañía Pérez & Fernández. O venres, 25 de setembro, chegará o espectáculo "O mel non caduca" de Ibuprofeno Teatro e, o último día, o 26 de setembro, será a quenda para a compañía AveLina Pérez co espectáculo "A que non podes dicir Coca-Cola?(II)". Tódolos espectáculos serán ás 20.30 horas.
Paralelamente, os días 23, 24 e 25 de setembro celebraranse na Casa da Cultura monólogos cómicos a cargo de Pedro Brandariz, Arantxa Treus e Diana Sieira, mentres que o sábado, 26 de setembro, desenvolverase unha performance co proxecto literarias. Todas estas actividades serán ás 18.30 horas. Asemade, tódolos días ás 11.00, 17.00 e 20.00 horas haberá teatro na rúa da man de Barafunda.
Ademais, o Festival do Teatro Galego concederá o premio de honra "Dorotea Bárcena" 2020 ao dramaturgo e director de escena Afonso Becerra Arrojo polo seu labor académico e de activismo teatral ao longo de 25 anos dunha carreira cunha ampla e brillante traxectoria no sector das artes escénicas. O galardón será entregado o 26 de setembro, durante a gala do Festival no Auditorio Municipal e, previamente, ás 18.00 horas, impartirá na Casa da Cultura a charla "De traxedias, dramas, comedias e públicos".

Un caso positvo en Covid-19 nun traballador municipal confirmado esta pasada fin de semana levou ao alcalde do Irixo a pechar as dependencias do consistorio nesta xornada de lúns 21 de Setembro, e coa finalidade de levar a cabo traballlos de desinfección na casa do concello.
A partir de mañá, retomaráse a atención ao público na oficinas municipais, aínda que de momento será con servizos mínimos, según confirma o alcalde Manuel Cerdeira.

A confirmación dun caso positivo en coronavirus nunha aula de 20 alumnos dun 5º curso de primaria no CEIP Calvo Sotelo, edificio da Uceira, motiva a activación do protocolo, as familias afectadas xa foron informadas na xornada deste domingo.
A partir deste lúns dia 21 de Setembro, non deberán asistir ao colexio os contactos directos da aula afectada por este caso positivo en Covid-19. Xa foron notificados a totalidade de usuarios que comparten o autobús do transporte escolar.

Cea non poderá gozar este ano das xa súas famosas verbenas nas festas da Saleta, canceladas pola pandemia, non obstante non poderá impedir que a veciñanza manteña a tradición nestas datas tan sinaladas no calendario festivo de San Cristovo de Cea.
Ademáis da novena que se veu desenvolvendo na capela da Saleta, e a maiores das celebracións solemnes tamén na propia capela que terán lugar tanto o domingo 20 como o lúns 21, estes dous dias a comisión de festas mantén o espírito festivo con dúas actuacións musicais. O domingo, ao concluir a misa solemne, ofrecerá un concerto a Banda de Música "A Lira" de Ribadavia, se as condicións meteorolóxicas o permiten será ao aire libre no mesmo campo da Saleta, no caso contrario trasladaríase ao pavillón de deportes. Mentres, o lúns -que ademáis será dia festivo de carácter local no municipio de Cea- amenizará a xornada a chranga CLK.
Todas as actividades terán lugar coas correspondentes medidas de prevención e seguridade ante o coronavirus.

Gabriel Alén Castro é o novo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
O presidente da Xunta anunciou, tras a reunión do consello do Executivo galego deste xoves 17 de Setembro, a substitución dos cinco delegados territoriais e, nesta provincia, Alén substituirá a Marisol Díaz Mouteira, que ostentaba o cargo desde 2015.
Gabriel Alén Castro naceu en Ourense en 1977, é profesor especialista en educación física, e foi alcalde do concello de Cenlle polo Partido Popular desde 2011 ata o pasado mes de marzo, cando deixou o cargo para formar parte da lista ourensá do PP ao Parlamento de Galicia.
Tal e como pasara o ano anterior esta vez a concelleira de turno en plena desescalada viñera á radio a presumir de que puxera non sei cantas trampas e que persoalmente capturara entre 300 e 400 raiñas ("persoalmente" non quero nin imaxinar as capturas que fixo toda a súa equipa de antivelutínicos). Pero a realidade igualou a do inventor deste cómico paripé, o flamante autor ideolóxico da loita abnegada e desitneresada contra a maior vilana do benestar dos veciños de Maside: O ínclito voceiro da oposición masidá. E é que éstes tampouco foron quen de rechear de líquido azucarado a mortífera e sofisticada trampa contra esta vilana. E non foron quén de rechear as botellas de plástico en máis de catro meses.
No voso descargo, neófitos desta loita xusta contra a vilana, pódese argumentar que a concelleira de turno, non ten competencias reales que xustifiquen os 1500 do ala que cobra mensualmente do erario público e ten que cazar gamusinos, pokémons ou velutinas. Esto é natural, forma parte da natureza humana. Pero o imperdoable, o que non ten xustificación algunha é que lle usurpárades o negocio do movemento antivelutínico ao seu autor intelectual. Era una ledicia escoitalo falando desta vilana e dando conta do amplo coñecemento que atesoraba nesta materia. A maior abundamento xurdiron imitadores entre os que podo citar ao experto Simón (que descanse esta semana surfeando pola abnegada entrega ao servizo público).
Ao grao: Ide retirando estas botellas de plástico do voso paripé, se sodes tan amables porque contaminan e son desagradables á vista. E ide retirando o telderete do San Vitorio que estamos a 17 de setembro e xa van sendo horas, e é unha auténtica horterada pra praza facendo xogo coa aberración da marquesina.
E sería convinte recordarvos, incluso a algún representante, que o primeiro sitio onde comeza a educación é nas casas. Porque este días rapaces de todalas familias de Maside están disfrutando de botellóns na praza, o que eu vexo ben, todos fomos xóvenes. Pero o que non está ben é tirar ovos a diferentes negocios da vila. Algún representante debería educar aos seus rapaces que están tamén nos botellóns ao que cada vez veñen máis mozos do Carballiño (agardo que o voceiro da oposición non veña cunha cuña das súas : "Se Maside pinta Maside paga").
Grazas de entemau, como contraprestación prometo vir na próxima con asuntos de máis fondo calado.
Foi o único acto celebrado no Carballiño neste dia festivo sen festa, o recoñecemento institucional do concello carballiñés a quen foi o titular da parroquia de San Cibrán durante os últimos 28 anos, Xosé Benito Siero.
Ao acto asistíu o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e representantes dos grupos municicipais de PSOE, Partido Popular e Espazo Común. O alcalde Francisco Fumega, que lle fixo entrega dunha placa e unha reproducción da Veracruz ao expárroco, salientou na súa alocución "a colaboración que sempre encontrei en Xosé Benito durante no dia a dia e para resolver calqueraa necesidade, como as axudas de alimentación a moitas persoas" destacando o seu compromiso social coa parroquia e o pobo do Carballiño.
Dende o PSOE de Leiro queremos denunciar publicamente neste medio un problema que teñen os veciños dos Carris , que o asfalto non chega ata o muro e corren o risco de ter un accidente de gravidade, polo que os Socialistas xa o denunciamos ante o Concello para que se tomen as medidas urxentes antes de que pase algo grave, xa que deixan as obras a medidas, xa que algo moi habitúal neste Grupo de Goberno do PP de Leiro
A pasada semana membros da nosa Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE se acercaron a visitar as obras desenroladas no Barrio dos Carris, cal foi a nosa sorpresa que non se habían retirado as farolas antiguas e que en algunha zona, non se había levado acabo a sustitución de luminarias por LED, como tamen outros desperfectos na calzada a hora de asfaltar a mesma, polo que nos vemos na obriga de pedir explicacions o Grupo de Goberno por esas anomalías, por eso que presentamos un escrito pedindo que se nos informara e que se tomaran as medidas oportunas para a sua retirada ante a desidea e falta de interés demostrada en todo momento polos nosos gobernantes do PARTIDO POPULAR.

Ninguén recorda no Carballiño un 17 de Setembro como o deste ano 2020, e nesta situación motivada pola pandemia, sen ningunha actividade festiva no dia no que se celebra a festividade do patrón do Carballiño, San Cibrao.
O concello do Carballiño renunciou a organizar actividade algunha nesta data que, non obstante, é dia festivo de carácter local no municipio. A única actividade anunciada dende o concello é o recoñecemento institucional que se fará ao sacerdote Xosé Benito Sieiro, recentemente xubilado tras exercer durante 30 anos como párrroco de San Cibrao do Carballiño, o alcalde Francisco Fumega farálle entrega dunha placa e unha reproducción en miniatura do Templo da Veracruz, este acto terá lugar no propio Templo da Veracruz coincidindo coa misa solemne de San Cibrao que comezará ás 11:30 da mañá.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 328
- 329
- 330
- 331
- 332
- 333
- 334
- 335
- 336
- …
- seguinte ›
- última »