
Carlos Herrera seguirá facendo “algo máis que un programa de radio” en COPE, polo menos, ata 2025. O comunicador máis influente da radio en España asinou a súa renovación en COPE por cinco anos máis e seguirá espertando cada mañá a millóns de persoas a través de “Herrera en COPE”, de 6 a 13 horas de luns a venres. Cargado de “enerxía, motivación e o respaldo da audiencia”, a súa continuidade por outras cinco tempadas máis representa un serio e profundo compromiso cos seus seguidores e coa súa “vocación de liderado, que é a que fixo gañarnos o favor do oínte”. A súa renovación tamén é unha boa noticia para a industria porque Carlos Herrera é “o mellor prescritor radiofónico para os anunciantes e as marcas”.
[Herrera desvela os motivos polos que renova cinco anos máis en COPE]
Herrera confesou en varias ocasións que “COPE é a emisora que mo deu todo” e nela atópase como na casa. Por iso, está convencido de que o próximo lustro será magnífico. Un tempo para que o seu liderado nas ondas e nas redes “sexa incontestable”, asegura o comunicador almeriense.
O condutor de “Herrera en COPE” ofrece cada mañá información clara, veraz e contrastada que se encarga de analizar e comentar un amplo e variado equipo de tertulianos. Ademais de contar a actualidade, Herrera serve á audiencia entretemento e diversión, para arrincar o día cun sorriso na cara. Confírmano a lexión de “Fósforos” que desde hai anos goza coas súas ocorrencias. Os seus preto de 2.443.000 oíntes apoian o traballo que realiza o xornalista xunto a un amplo cadro de persoal de colaboradores. Un esforzo que se ve recompensado pola audiencia, como o avalan os datos de EGM das pasadas tempadas.
Carlos Herrera é o único comunicador na historia da radio en España que conseguiu atrapar a un millón de oíntes en tan só tres meses. Un fito histórico que se produciu no último trimestre de 2015 tras a súa volta para COPE e que ninguén máis logrou. Cinco anos para botar a vista atrás e lembrar que “contamos a pandemia do coronavirus, a vitoria de Trump en Estados Unidos, a moción de censura que derrubou o Goberno de Mariano Rajoy, a chegada dos comunistas ao poder ou os atentados das Ramblas”.
Pero, ademais, neste tempo “Herrera en COPE” avanzou primicias informativas, a audiencia gozou de entrevistas exclusivas e foi capaz de reunir a tres monstros da comunicación, Iñaki Gabilondo, Luis del Olmo e José María García, para celebrar o “Día Mundial da Radio” en 2017. Un encontro que dous millóns de persoas puideron seguir tamén por Facebook Ao vivo, porque a prioridade para Carlos Herrera é o oínte/usuario, a través de calquera plataforma.
Precisamente, unha dos acenos de identidade de “Herrera en COPE” é a súa relación permanente, directa e estreita cos oíntes e, na era do dixital, o comunicador convida os seus seguidores a que utilicen todas as canles para dar a súa opinión, criticar ou participar e así, poder mellorar o produto. Herrera é líder nas ondas e tamén nas redes sociais das que, ademais de protagonista, é un gran consumidor. Máis dun millón de persoas séguenlle a través de Twitter, Facebook ou Instagram. E cóntanse tamén por millóns os que gozan do seu programa e os seus contidos á carta na web COPE.es.
Con fino humor, enxeño e frescura, o número uno da comunicación en España declara que “só sei facer radio. E sabendo que estando na casa ía aburrir moito, como me vou a perder o que seguramente me espera”. Carlos Herrera, referencia do xornalismo norteamericano e colaborador habitual no podcast en español do Washington Post, está convencido de que nos agardan cinco anos de radio imaxinativa, divertida, comprometida, sincera e valente cada mañá de 6 a 13 horas en “Herrera en COPE”.
A brillante e polifacética traxectoria profesional de Herrera, está apoiada polos innumerables recoñecementos que recibiu ao longo dos máis de 40 anos de relación cos medios. Galardóns moi prestixiosos como o Mariano de Cavia, Salvador de Madariaga, Víctor da Serna, o Premio Iberoamericano de Xornalismo Rey de España ou o outorgado pola Fundación Eisenhower, ao que se suman varios Ondas e Antenas de Ouro.
En España, Carlos Herrera figura nas listas dos personaxes máis influentes e a revista Forbes incluíuno na súa clasificación anual de 2017 pola súa “ llaneza e profesionalidade, que o converteron na carismática figura radiofónica que é para a España que escoita COPE”.

O BNG solicita un programa integral de actividades extraescolares para infantil e primaria adaptadas ao novo contexto xerado pola Covid-19. A portavoz do BNG, Sofía García, afirma que esta petición faise para garantizar a conciliación. As familias non solo asisten con preocupación e incertidume a volta ás aulas, senón tamén as distintas actividades extraescolares, que resultan ser un recurso esencial de conciliación para as familias.
A tres días do comezo do curso non sabemos que alternativas de conciliación adaptadas ao novo contexto xerado pola Covid-19 ofrecerá o concello do Carballiño. Levamos agardando desde o ano pasado a que se defina con claridade e se informe por parte da concelleira de Servizos Sociais como se vai configurar o SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL e que tipo de xornadas se van a prestar.
As familias precisan compatibilizar a vida laboral coa educativa e non poden quedar sen unha ampla oferta de actividades que lle dean continuidade á xornada escolar. Hai moitas familias que non solo apuntan aos seus fillos e fillas a actividades extraescolares para complementar os seus estudos senón tamén porque precisan facelo para conciliar.
Estas actividades deberán desenvolverse cumplindo estrictamente coas medidas e protocolos de seguridade e hixiene como se fixo nos campamentos de verán.
Para a concelleira do BNG, o goberno do Carballiño debe dar resposta ás demandas das familias e deixar de agocharse detrás da incerteza e da irresponsabilidade da Xunta como xustificación.

O plan de mellora de infraestuturas no casco urbano e no rural do municipio do Carballiño prosigue a bo ritmo co acondicionamento de oito rúas na zona residencial.
Trátase das rúas Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón, que contarán cun novo asfaltado en quente, beirarrúas nalgúns tramos, así como renovación da rede de auga e alcantarillado, tamén nalgúns tramos. O investimento é de 112.000 euros, que son sufragados íntegramente con fondos do concello.
Así mesmo, este verán acondicionáronse seis rúas na zona de Arcos, que son as rúas Bearíz, Maside, Leiro, Punxín, Boborás e San Amaro. O proxecto consistiu no asfaltado en quente, así como a renovación da rede de auga. O investimento foi de 119.000 euros, e sufragouse con fondos propios do concello.
Finalmente, en breve comezarán as obras de novo asfaltado e acondicionamento de tres rúas tamén na zona de Arcos, que con as rúas Pico Seco, Pena Grande e Volante. O investimento é de 100.000 euros, que son sufragados con fondos da Deputación Provincial de Ourense.

Foron moitas as familias do San Amaro as que durante os meses de desconfinamento padeceron a lamentable cobertura de telefonía e internet que castiga a moitos puntos da nosa xeografía, afimran dende o grupo políitico de Espazo Común.
Veciños e veciñas que tiveron serios problemas para poder teletraballar e nenos e nenas que tamén o tiveron moi complicado para poder seguir o ritmo das clases en liña, aseguran.
Engaenden que "en pleno ano 2020 esta debera ser unha obriga para o alcalde e o seu equipo por un gran número de razóns: fixaría poboación, melloraría as condicións de traballo das empresas locais, garantiría unha mellor situación para as familias no caso de ter que afrontar un novo confinamento.
A inminencia do comezo do curso escolar e a situación de descontrol dos contaxios, con varios casos xa no noso Concello, fai extremadamente urxente que esta cuestión se convirta en prioritaria na axenda dos responsables municipais".
Por todo o antedito, Fausto Alén, voceiro de Espazo Común no San Amaro, solicitará mediante escrito no Concello que o alcalde se poña a traballar nun Plan que garanta unha cobertura de calidade en tódolos lugares tanto de móbil como de internet.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense ven de aprobar unha rsolucion sobre o concurso público para subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que levan a cabo proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense, no marco do proxecto emprendOU.
No ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro son subvencionables os proxectos de autoemprego presentados por xóvenes entre os 16 e os 30 anos que residan en calquera dos concellos de ambas comarcas, coa única excepción do municipio do Carballiño.
En concreto, as iniciativas que agora reciben esta axuda desenvolveránse nos concellos do Irixo e Maside e refírense a recolección de produtos silvestres, café-bar en vehículo, servizos forestais e comercio ao maior de produtos cosméticos. Cada emprendedor recibirá unha axuda de 675 euros durante doce meses.

Tras acelerarse a aparicición de novos casos positivos en coronavirus no transcurso dos últimos dias, Sanidade non notifica neste inicio de semana novos casos nos brotes activos do Carballiño, Avión e San Cristovo de Cea.
No Carballiño permanecen activos tres brotes, os dous primeiros que sumaban catro e cinco casos respectivamente quedaronse establizados con esas cifras iniciais, mentres que o terceiro e máis numeroso parece tamén estabilizarse, tras sumar 16 persoas contaxiadas.
Tamén parecen establizarse os dous brotes de Avión, con tres e once casos respectivamente, e o declarado no concello de San Cristovo de Cea, do que forma parte unha traballadora da Residencia de Maiores A Saleta, neste xeriátrico todas as probas practicadas tanto a residentes como ao persoal deron resultado negativo.

A Fundación Insua dos Poetas programa unha noite de cine e poesía, en colaboración co Cine-Club O Carballiño, a partir das 21 horas deste mércores dia 9 de Setembro.
Presentaráse o libro de poesía de José Lameiras "Contra Golpes" e proxetaránse os documentais producidos polo equipo de audiovisuais do IES Chamoso Lamas "Sons no Camiño" e "O Andar da Pedra", completando o programa a película-documental de Aitor Rei "A última viaxe do Afiador".
Para a semana próxima, o xoves dia 16 a Fundación Insúa do Poetas ofrece un concerto musical a cargo do grupo Luar na Lubre.
Quería expresar o meu malestar por esta decisión que nun principio se tomou durante o estado de alarma pero coa chegada da nova normalidade parece que veu para quedarse. Algunhas persoas traballamos polas mañas de luns a venres e soamente podiamos ir os sábados posto que polas tardes sempre estivo pechado. Con esta decisión obriganos a faltar de traballo para face os nosos envíos ou recoller os certificados.
Espero recapaciten e saiban volver a abrir os sábados ou incluso polas tardes e non fagan coma as entidades financieiras de abonarse aos horarios reducidos.
Os socialistas presentamos o escrito o pasado mes de agosto, con fin de que o Goberno Municipal adoptara e debido a situación na que nos atopamos e coa fin de extremar as medidas de prevención para evitar contaxios do CORONAVIRUS COVID 19 e sobre de todo que nestes instantes ai rebrotes para que se lembrara os veciños, a que se extremen as precaucions si cabe mais, atraves de poñer Bandos por parte da Alcaldía, nos diferentes Pobos do Concello, pero como podemos comprobar nestes oito días que levamos, desde que introducimos o escrito, o goberno municipal non tomou ningunha medida, con respecto a prevención, “polo que non esta, nin se lle espera.
O Grupo Municipal socialista o que lle solicitabamos o Alcalde no escrito era o seguinte:
1.- Que se leven acabo e se empreguen e polos servizos municipais a desinfección, especialmente nos espazos públicos, no entorno do Centro de Saude, Residencia de 3ª idade, Casa Consistorial, Correos, Centro de Día, Cuartel da Garda Civil, Prazas Publicas , establecementos comerciais(panaderias, supermercados, farmacia, cafeterias, bares, restaurantes, ect…) como tamen nas diiferentes parroquias do noso Concello e nos arredores das zonas onde están situados os contenedores de lixo, carton, vidro, ect….
2.- Tamen lle solicitamos o Grupo de Goberno que era necesario recordarlle os veciños e visitantes que NON OLVIDEN que o uso de máscara e obrigatorio para as persoas maiores de seis anos, con independencia da distancia interpersonal, tanto cando se este na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se este en espazos cerrados de uso público que se atopen abertos ao público e se poida concorrer no mesmo espazo con outras persoas.
3.- Solicitamos que se lembre os veciños as RECOMENDACIONS DE SANIDADE para protexerse fronte o Coronavirus:
- LAVARSE AS MANS CON ABUNDANTE AUGA E XABON CON FRECUENCIA.
- USAR PANOS REFUGALBLES E TIRALOS AO LIXO, NON O CHAN.
- EVITA TOCARSE OS OLLOS, NARIZ E BOCA, QUE E POR ONDE PODE ENTRAR O CORONAVIRUS NO NOSO ORGANISMO.
- AS PERSOAS EN CORENTENA DEBEN GARDALA DE FORMA ESTRITA.
- EVITAR NO POSIBLE AS SAIDAS DA CASA E OS DESPRAZAMENTOS INNECESARIOS.
- EVITAR NA MEDIDA DO POSIBLE AS REUNIONS.
- DOTAR E REPARTIR GRATUITAMENTE MASCARILLAS ENTRE OS VECIÑOS DO NOSO CONCELLO.
Todas estás recomendacions llas fixemos chegar o Grupo de Goberno para que atraves de Bandos se fixeran chegar a toda a veciñanza, pero o rexidor “fai oidos sordos, ante as nosas medidas, que creemos necesarias e de obligado cumplimento, para que despois non teñamos que lamentan situacions innecesarias”
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 329
- 330
- 331
- 332
- 333
- 334
- 335
- 336
- 337
- …
- seguinte ›
- última »