26, Xuño 2020

A asociación ASPADISI ven traballando dende o ano 1995 pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectúal , e dende o ano 2016 ven xestionando o centro ocupacional que ocupa o edificio sito nunha parcela entre o auditorio e o paseo do río Arenteiro, ao que asisten na actualidade 24 persoas con discapacidade intelectúal das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Agora, a asociación plantexa novos retos, sen dúbida o máis ambicioso é a contrucción dunha residencia, tal como demandan as familias para a que sería atención integral dos usuarios.

Para avanzar neste e noutros obxetivos, ASPADISI ven de incorporar á súa Xunta Directiva a unha persoa con contrastada experiencia en diferentes ámbitos da xestión pública e privada, como é o caso de Manuel Amil Otero, o exdirector do IES nº 1, da Residencia de Estudantes Florentino López Cuevillas, coordenador dos centros sociocomunitarios na provincia, ex-concelleiro da corporación municipal e máis recentemente, vinculado a importantes grupos empresariais.

Amil xa viña colaborando dende fai anos con ASPADISI e agora aportará a súa experiencia como xestor ao servizo desta asociación.

26, Xuño 2020

Definitivamente lo de este concello con los niños y el parque infantil de la Alameda no es precisamente un ejemplo de buena gestión, todo lo contrario, el año pasado año perdido, 9 meses cerrado por obras, y ahora, después de tres obligados y justificados meses de cierre ¿cuál es la justificación para no abrirlo ya? en todos los pueblos están ya abiertos menos en Carballiño. Pónganse las pilas ya !!

25, Xuño 2020

O Concello de Maside comunica que a apertura das Piscinas Municipais de A Rañoa está prevista para o vindeiro mércores día 1 de xullo.

O horario das instalacións será de 12.00-20.00 horas de luns a domindo. Debido ó protocolo hixiénico-sanitario que se deberá seguir nas instalacións, éstas terán aforo limitado e o acceso ás instalacións farase únicamente a través de Bono/Carné persoal e intransferible. Poderán solicitalo nas oficinas dos Servizos Sociais de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas.

PROXECCIÓN-ESTREA DA PELÍCULA “MARÍA SOLINHA”
O vindeiro sábado día 4 de xullo terá lugar a proxeción da película “MARIA SOLINHA”. Será na Pista Vermella de Maside a partires das 22,30 horas se a climatoloxía o permite (en caso contrario será trasladada ó pavillón de deportes). Será unha actividade aberta ó público en xeral e totalmente gratuita, e que contará con tódalas medidas hixiénico-sanitarias para que sexa unha actividade segura.

XIVº CAMPAMENTO DE VERÁN
Actividade destinada a cativos de entre 7 e 12 anos (nados entre os anos 2008-2013). Levarase a cabo nos meses de xullo e agosto en horario de 10.30-13.30 horas de luns a venres.

25, Xuño 2020

O grupo municipal de ESCO compara a situación do Carballiño co de outras localidades da provincia "o goberno municipal do Carballiño semella teimar en que sexamos os derradeiros en todo, así namentres vemos que concellos coma Barbadás, Ribadavia ou Ourense xa levan días cos parques infantís abertos, aquí manteñense pechados por causa da incapacidade do alcalde Fumega e o seu equipo",remarcan.

Engaden que "resulta imposible atopar unha explicación lóxica para dar a pais e nais e, sobre todo a cativos, de por que as terrazas están cheas de xente e os escasos lugares de ocio cos que contan non poden ser utilizados. Moito máis aínda entender como un concello que pretende organizar a Festa do Pulpo é incapaz de acometer unha tarefa tan sinxela como organizar un protocolo de limpeza e desinfección destes espazos".

Dende Espazo Común non admiten excusas sobre a falta de persoal apuntadas dende o goberno municipal "non se manteñen en pé despois de que este ano subira o gasto en traballadores por riba dos 4.000.000 de € e porque existe unha lista de contratación de limpadores de instalacións municipais á que se podería recurrir", subliñan.

Espazo Común demandará "de xeito urxente información sobre este particular e, de demorarse a posta en marcha dos parques infantís con tódalas garantías sanitarias, presentará unha iniciativa no pleno para esixir responsabilidades".

25, Xuño 2020

A partir de hoxe, e tras procederse á desinfección das pistas, as instalacións do pavillón municipal de deportes Paco Chao permanecerán abertas, retomándose a actividade deportiva con entrenamentos de equipos e escolas deportivas.

Para usar as pistas do pavillón é preciso solicitar previamente a quenda correspondente chamando ao teléfono do concello 988 530007.

Esta semana o horario de apertura é de tarde, pero a partir do próximo luns será tanto de mañá como de tarde.
O luns tamén se retomarán as clases da escola municipal de tenis, que quedaron interrumpidas durante o confinamento a causa da covid-19

25, Xuño 2020

Tras máis de tres meses de inactividade debido á crise sanitaria, o Novocine de Leiro anuncia que remota as proxeccións a partir deste venres 26 de Xuño.

E faino con dúas películas, a mítica "Cinema Paradiso", en sesións o venres ás 20:30 horas, sábado e domingo ás 18:30 e 21 horas; ademáis, o venres ás 18 horas, sábado e domingo ás 16 horas, proxecta a película francesa "Volando Juntos".

24, Xuño 2020

Un home tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos no concello de Piñor, na parroquia de Carballeda.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse nun monte da parroquia de Carballeda. Ás 01:15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba.

Ata o lugar desprazáronse informados polo 112 Galicia, os profesionais sanitarios e os Bombeiros do Carballiño – O Ribeiro para proceder á liberación do home, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención. Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e do equipo sanitario, participaron neste operativo os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do concello de PIñor.

Segundo a información dos axentes da Garda Civil ao 112 Galicia, o ferido, posiblemente, atopábase nesta situación dende as 17:00 horas.

23, Xuño 2020

O proxecto de restauración das pinturas murais da igrexa do mosteiro de Oseira a punto de rematarse, culminan os traballos de rehabilitación nos que a Xunta de Galicia investíu 1 millón de euros, dos que 782.000 euros proceden de fondos europeos.

A maiores destas obras de restauración das pinturas murais da igrexa monacal, o resto das actuacións que se viñeron acometendo no transcurso dos últimos anos foron as obras de limpeza e mellora na cuberta, na carpintería, en diferentes portas do conxunto, nos parámetros e nas pinturas murais, principalmente, así como a mellora das condicións ambientais dalgunhas partes do monumento.

Así mesmo, as obras tamén incluiron a mellora da cuberta que conecta o claustro dos pináculos co dos medallones, así como de toda a carpintería da fachada principal. Ademais de traballos varios de limpeza, pintado e iluminación e repararase a fonte do Claustro de Cabaleiros.

O concelleiro de comunicación do concello de San Cristovo de Cea, José Dalama, felicitou púbicamente á empresa responsable destes traballos de restauración das pinturas murais "foi un traballo magnífico, como imos poder ver", subliñou.

23, Xuño 2020

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do programa de actividades infantís PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”, destinado a fomentar a conciliación laboral e familiar.

Como xa é habitual, dende o Concello de Piñor pretendemos contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer alternativas lúdico-educativas ós cativos, pois o verán é un momento ideal para desfrutar cos iguais e á vez aprender.

Estas actividades están integradas dentro do proxecto PIÑOR CONCILIA, que persegue ofrecer servizos de conciliación ás familias durante os períodos de vacacións escolares. O PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN” consiste en actividades diarias dende o 6 de xullo ó 4 de setembro, de luns a venres de 10:00h a 13:00h, onde os cativos de entre 4 e 13 anos de idade poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados.

O lugar onde se desenvolverá esta iniciativa será o Centro Social. Como novidade, por mor do COVID19, haberá unhas normas de obrigado cumprimento para familias e menores, así como un desenvolvemento das actividades marcado polo carácter preventivo e polo cumprimento das medidas sanitarias establecidas. Asemade, polos mesmos motivos, este ano haberá prazas limitadas, o que permitirá o desenvolvemento do proxecto dun modo máis seguro. O período de inscrición abrirase o vindeiro 25 de xuño, e rematará o 2 de xullo. Toda a documentación para o proceso será facilitada nos Servizos Sociais.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS