4, Xuño 2020

Cun presuposto de licitación de 108.207 euros, e un presuposto de adxudicación de 79.327 euros, diron comezo esta semana os proxectos de reforma das rúas Eduardo Blanco Amor e Eusebio Lorenzo, que se enmarcan no plan de mellora de infraestruturas viarias do casco urbano e do rural do Carballiño.

Os proxectos conlevan a renovación da canalización da rede de abastecemento e saneamento, así como beirarrúas e asfaltado en quente.

Hai unhas semanas comezaron tamén as obras da rúa Saleta, que conlevan novo asfaltado, reposición da rede de abastecemento e saneamento, beirarrúa e iluminación led. Estas obras, xunto coas que se realizan nas rúas Madalena, Solana e San Benito, suporán unha mellora significativa dos viais deste barrio, cuxo estado era moi deficiente.

Trátase da primera fase dun plan de mellora de infraestruturas viarias do casco urbano e do rural do Carballiño, que afecta a máis de vinte rúas e que financia o concello con cargo ao superávit do ano 2018, por un importe global de 600.00 euros.

Ademais desta primeira fase do plan, está revisto reformar as rúas Baleares, Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón, Extramadura, Madrid e Cataluña, así como as rúas Beariz, Boborás, Leiro, Maside, Punxín e San Amaro; e tamén a iluminación con led entre O Torrón a As Caldas de Partovia.

Finalmente, contémplase a renovación do saneamento da Baixada a Flores e a rúa Azucena, así como a ampliación da rotonda de Flores, en Aquilino Sánchez.

3, Xuño 2020

Uns fan o que lles peta, e ademáis o concello consíntenllo .

Poñer unha terraza en medio da beirerrúa quedando esta inutilizada. Xa non se poderia poñer a terraza aí si o concello houbera posto o banco de pedra q falta nese tramo da rúa como barrera de protección de la calzada. Por algo será... cando no está a terraza, convirtese en aparcadoiro privado.

E por riba na outra parte da terraza puxeron un toldo clavado na acera que non permite a visibilidade para a saída do cruce coa rúa Conde Vallellano. 

3, Xuño 2020

O concelleiro de turismo do concello do Carballiño, José Manuel Dacal, non entende a polémica suscitada polo anuncio de dedicar a Festa do Pulpo deste ano 2020 aos sanitarios, e persoal de emerxencias e traballadores que estiveron en primeira liña na loita contra o Covid-19.

Tras este anuncio do concello carballñés, feito nun comunicado informativo difundido o pasado sábado, o mesmo suscitou críticas dos grupos da oposición ao considerar que nin é o momento nin as formas, e xerou un amplo debate entre audiencia de COPE O Carballiño sobre a conveniencia ou non deste anuncio e mesmo sobre a celebración ou non da festa do pulpo neste ano 2020, a 58 edición da festa.

Dacal ten unha explicación para esta polémica "igual é que so leron o titular, que igual non foi de todo acertado, e non leron a letra pequena do comunicado", xa que o concelleiro ten claro que en ningún momento "deixamos de decir que o que se faga será con todas a medidas de seguridade que sexan precisas, non creo que nin o Goberno ou a Xunta, que vai autorizar as verbenas, vaian permitir que nos contaxiemos".

"Non imos deixar morrer a festa, e todos sabemos o que representa para O Carballiño, xa verémos con que formato, pode ser parecido o da festa da cachucha, pero si xa temos as pulpeiras os dias de feira, non vexo o motivo que non poidan estar o dia da festa do pulpo", reflexionou Dacal.

Aínda que polo tanto non está decidido o formato de organización que terá a festa "dependerá da evolución da pandemia, en todo caso, sí que terémos festa do pulpo", asegurou o concelleiro de turismo.

3, Xuño 2020

O concello do Carballiño contempla a apertura dun novo vial á localidade de Vilar, na parroquia de Veiga, que solucione os problemas de accesibilidade que ten este lugar para o acceso de vehículos de tamaño grande, e mesmo vehículos de emerxencia, como bombeiros, ou doutro tipo.

O alcalde Francisco Fumega está aberto a estudar a execución deste proxecto que se acometería aproveitando un camiño de carro xa existente que comunica Vilar coa zona de Pedrouzo, nas inmediacións de Toscaña de Arriba.

O rexedor municipal confirmou que se trata dunha proposta presentada por veciños "xa fixemos un estudo previo para ver todos os propietarios que terían que ceder terreo para facilitar o ensanche do camiño, despois o concello acometeria o proxecto de apertura do novo vial".

2, Xuño 2020

O concello do Irixo financiará este proxecto cunha aportación da Xunta de 60.000 euros, un proxecto novidoso no ámbito comarcal e que consistirá na creación dunha área recreativa e medioambiental infantil.

Os nenos e nenas do Irixo poderán iniciarse neste espazo nos cultivos ecolóxicos, e tomando conciencia dos coidados do medioambiente, e sen deixar de lado o aspécto lúdico, propio da idade infantil.

A ubicación desta nova infraestructura será nun espazo anexo ao centro escolar do Irixo, para que desta maneira poida utilizarse por parte do alumnado do propio centro. A instalación, según recolle o convenio asinado polo concello do Irixo coa Xunta, deberá estar rematada antes do próximo mes de Outubro, según avanzou nesta emisora de radio o alcalde da localidade, Manuel Cerdeira.

2, Xuño 2020

SOY SOCIO DE CD ARENTEIRO Y NO ENTIENDO NADA. 
El Presidente de CD Arenteiro dimite y con él la directiva, luego de llevar únicamente 1 temporada a cargo del club, y no sabemos si lo hace como el capitán de una nave que abandona él último o el que encuentra un agujero para escapar el primero.
Luego de una única temporada donde no se le podrá decir que lo hizo bien o mal en lo deportivo, pues no se llegó a jugar casi toda la segunda vuelta, solo queda deliberar su gestión económica al frente de un club del que se sabrá ahora el gasto comprometido con jugadores  y cuerpo técnico pues según haya sido cada uno de los contratos se verá si los números son rojos, azules o del color del aro iris.
Se verá también si las subvenciones fueron empleadas en lo que era el objetivo que mayormente sería en las escuelas deportivas o si fue para pagar los sueldos de jugadores, de los que algunos no nos dio tiempo de aprender el nombre en la grada.
Y digo yo, En el mismo día se hace una asamblea para aprobación de cuentas y a la media hora, otra para elegir a la nueva presidencia, por lo que la pregunte es clara:
¿Cómo se va a presentar alguien que no sepa de las cuentas? Incluso cuando presente su candidatura no se sabrá si las cuantas serán aprobadas por la asamblea.
¿No sería mejor proceder tener una asamblea para aprobación de cuentas y cese de directiva, dar un plazo luego de al menos 10 días para presentación de candidaturas y fijar una asamblea posterior para votación a la presidencia?
 

1, Xuño 2020

O BNG esixe ao presidente da Entidade Local Menor "que defenda os intereses de Berán inste a unha modificación do percorrido, que se recolla o seu pola pola parroquia desde Caldelas ata Caldas".

A reclamación do grupo nacionalista chega despois de saberse da proposta da Asociación Camiño Miñoto-Ribeiro, da que forman parte varios concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, sobre o trazado desta ruta xacobea, que aínda está sen oficializar como tal.

O BNG denuncia "o escurantismo desta asociación, que non tivo en conta o traballo que se leva feito por diferentes colectivos de Berán e fora de Berán".

Poñen de manifesto que "o paso do camiño pola parroquia de Berán é un engadido para a divulgación do noso balneario e un valor turístico para Berán, sendo unha reivindicación de diferentes asociacións e veciños de Berán dende que se ven reclamando dende fai ano".

31, Maio 2020

E con estas temperaturas, e con todo tan seco, e co conseguinte risco de incendio, hainos que lles da por encender a fogata para  acompañar o botellón. En pleno paseo do parque municipal, Para quen lle corresponda tomar nota, envio foto.

31, Maio 2020

Quen decidiu  o da festa do pulpo? O concelleiro de turno? Por q non creo q sexa virologo! O que si entende dentro da corporacion municipal é  Pachi Vazquez. Tiveron a ben falar con el? Penso q agora mesmo os colores son o de menos. Digo eu

31, Maio 2020

SORPRENDENTE LA NOTICIA SOBRE LA CELEBRACIÓN DE LA FIESTA DEL PULPO.ME GUSTARIA SABER SI EN ESTE CONCELLO HAY ALGUIEN QUE TENGA DOS DEDOS DE FRENTE. SUPONGO ESTARA DACAL CUBRIENDO EL PARQUE MUNICIPAL METRO EN MANO Y DIEGO PORTANDO PALANGANA Y JABON PARA EL LAVADO DE MANOS DE LOS VISITANTES. EN FIN...CEREBROS....

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS