5, Outubro 2020

Leva mais de 4 meses ahí. A quen corresponda (concello, bombeiros ou proteccion civil) pido que o retiren a maior brevidade.

 

Gracias.

5, Outubro 2020

Los sábados cerrado. Y por la semana esto, consecuencia de tener una oficina de aldea.  

3, Outubro 2020

O acordo era xa practicamente total entre o club e o futbolista brasileño e os últimos flecos resolveronse tras presenciar Renan Zanelli o amigable do Arenteiro e o Lugo B, que rematou sen goles. O contrastado centrocampista era dende fai semanas o obxetivo do club de Espiñedo para completar o plantel para esta tempada.

Renan foi un dos xogadores importantes das últimas tempadas do Ourense CF, e finalmente, decidíuse pola oferta do Arenteiro, asinando o seu contrato esta mesma tarde.

O xa novo xogador do Arenteiro estivo en Espiñedo vendo aos seus novos compañeiros, no terceiro amigable que xogan os verdes en apenas 7 dias, tras os partidos ante Compostela e Celta B, neste terceiro ante os lucenses o equipo xa acusou a carga de traballo que vai acumulando nesta pretempada, nun partido moi trabado e sen apenas ocasións por ambos bandos, tan so un remate de cabeza do local Adrián Presas que petou no longueiro.

O Mércores dia 7 novo partido ante o Arzúa

Será novamente no Estadio de Espiñedo, o próximo mércores dia 7 ás 19 horas, o Arenteiro xogará un novo partido de preparación ante o equipo revelación a pasada tempada na terceira división, o Arzúa.

3, Outubro 2020

Son locais que están afectados de distinta maneira, nunhos casos tras declararse un positivo de Covid-19 entre os seus empregados ou propietarios e noutros por ser un contacto estreito cunha persoa infectada, aínda sendo allea ao establecemento.

Trátase, pois, de peches temporais e de duración indeterminada. Asi, no transcurso dos últimos días decidiron suspender a actividade cinco establecementos da hostalaría carballiñesa, dous deles ubicados na rúa Perfectino Viéitez, e os otros tres nas rúas Aldara,Rosalía de Castro e Avenida 25 de Xullo, respectivamente.

Aínda que agora sucede no Carballiño, o certo é que é bastante frecuente nos últimos meses o peche de locais de hostelaría en vilas e cidades debido a esta mesma circustancia.

3, Outubro 2020

Os dous centros educativos figuran na última actualización de datos entre os colexios que rexistran contaxios activos en Covid-19, relación na que se mantén o CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.

No CPI Virxen da Saleta de San Cristovo de Cea son dous positivos os confirmados, e no CEIP Virxen Guadalupe de Avión infórmase dun caso positivo. Xa están actividos en ambos centros os correspondentes protocolos.

3, Outubro 2020

Non chega con ter que aturar a xestión desastrosa do Covid dos socialistas e dos comunistas. Non chega con aturar o covid, agora Fumega pensa que é pouco e sube impostos. Logo virá nas vísperas de eleccións pra anunciar que os baixará. Non esqueceremos

 

2, Outubro 2020

O PSdeG-PSOE de Leiro congratúlase co anuncio de obras no concello, contando para iso coa dispoñibilidade do Remanente de Tesourería "pero nestes momentos os socialistas cremos prioritario e moi necesario que o goberno municipal e a oposición debemos focalizar todos os nosos esforzos en axudar a combater aos nosos veciños as consecuencias económicas e sociais derivadas do Covid 19", manifestan.

Consideran que "aínda que tarde, é o momento de potenciar e desenvolver as políticas sociais contando para iso co Remanente de Tesourería, tanto do Concello como da Mancomunidade do Ribeiro e complementar así aos veciños as axudas por políticas sociais tanto da Xunta como da Administración Central".

Os socialistas de Leiro entenden que debe ser éste o momento de potenciar plans de conciliación familiar, axudas para material escolar e libros, plans preventivos de desinfección, plans de axuda aos nosos autónomos, pequeno comercio e hostalería.

"Desde o PS de G-PSOE cremos que é o momento de redobrar esforzos, en base aos recursos públicos de todos, en axudar e tranquilizar a incerteza e inseguridade que invade aos nosos veciños e isto está en mans do Goberno Municipal para o que poderá contar co apoio deste grupo municipal", subliñan no seu comunicado os socialistas.

2, Outubro 2020

A cervexa utiliza malta de cebada e malta de trigo, ademais da variedade de lúpulo checo Sladek e fermento de tipo Ale. Durante a elaboración incorporáronse patacas e polbo galego certificado, previamente asustado, como manda a tradición. No período de maduración engadiuse unha mestura de pemento doce e picante, ademais de auga de cocción do polbo.

Para a súa elaboración contouse coa colaboración de Peixes e Mariscos do Noroeste e da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, que achegaron o polbo e a auga de cocción, respectivamente. O resultado de todo ese proceso é unha "Experimental Seasonal Beer" de tipo Ale, de corpo medio, carbonatación moderada e un 5,8 de volume de alcol.

O aroma lembra ao tradicional prato galego e en boca mestúranse o doce e o picante. Esta cervexa chegará ao mercado o próximo 6 de outubro. Estará en establecementos de hostalería e alimentación, ademais de en a tenda online de Estrela Galicia. Trátase da creación número 12 de Fábrica de Cervexas Estrela Galicia.

 

2, Outubro 2020

O xurado do Premio ""Rodolfo Prada" á xestión cultural 2020 reuniuse hoxe para avaliar as candidaturas presentadas a este certame instaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura deste insigne intelectual ourensán e elixir os proxectos galardoados nas tres modalidades do certame. Na reunión, o xurado salientou a elevada calidade dos traballos presentados ao certame, que reparte un total de 6.000 euros en premios.

O premio para profesionais culturais recaeu en Ernesto Romero, de Novocine de Leiro, polo valor que supón para o rural manter unha actividade cultural como a que desenvolve. Romero mantén aberta a única sala de cine comercial que continúa activa e ofrecendo unha programación estable de cine no ámbito das comarcas do Ribeiro-O Carballiño,ofertando unha carteleira que renova cada semana, con numerosos títulos que son estrea simultánea en cines.

O premio para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados foi para "Platea Lúa", pola creatividade e o labor que desenvolve nas súas visitas turísticas guiadas teatralizadas. E finalmente, o premio para proxectos culturais foi para o Náutico de San Vicente, polo seu traballo a prol da difusión cultural e musical coa organización de actividades e concertos ao longo de todo o ano.

O xurado, presidido polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, estivo integrado, ademais, por Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais; Antonio Piñeiro, Juan Rivas, Manuel Araújo e Patricia Torres, actuando como secretario Aurelio Gómez Villar

1, Outubro 2020

Sanidade notificou este xoves dia 1 de Outubro un novo brote de coronavirus no municipio do Carballiño, de tipo familiar, e que afecta a tres persoas, un home de 53 anos, unha muller de 46 e unha menor de idade.

Trátase do segundo brote declarado esta semana na comarca, despois de informarse o pasado martes dia 29 de Setembro dun brote activo no concello do Irixo, formado por tres persoas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS