21, Abril 2020

Son oyente da Cope desde hay xa moitos anos porque sempre intento estar o dia do que pasa no Carballiño.

E teño que decir que agora resultame dificil saber o que é certo e o que é mentira cando fala o alcalde na radio.

O viernes dixo que non sabia que hubera outro traballador con sintomas do coronavirus cando xa o sabía medio pueblo e o lunes di que hay varios traballadores en cuarentena. 

¿Quere decir logo que lles puxeron a cuarentena o sabado ou o domingo? ¿Está seguro Fumega de que todos os que tuveron contacto co traballador que deu positivo están en cuarentena? ¿Pode asegurar como dixo o concelleiro Sotelo que o traballador que deu positivo levaba quince dias sen ir polo ayuntamiento?

Faise moi triste ter que dudar da palabra do alcalde nunha situación como esta por eso seria bo que aclarase ben todo e non anduvera polas ramas.

 

20, Abril 2020

Unha persoa faleceu esta tarde despois de ser alcanzada por un tren de mercancías -que facía a ruta entre Taboadela e Pontevedra- á altura do concello de Maside. O 112 Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das 17:00 horas.

Foi nese momento cando o mesmo persoal de Adif comunicou á central de emerxencias que un convoi alcanzara a unha persoa no punto quilométrico 275 da vía, moi próximo á estación de Maside. Indicaban ademais que o accidente se producira nun túnel, nunha zona de difícil acceso.

De inmediato, tras recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro e á Garda Civil. Unha vez no punto, os equipos de intervención tan só puideron confirmar o seu falecemento, a vítima é un varón de 46 anos de idade, con veciñanza en Maside.

Despois, os servizos de emerxencias e do Adif restableceron as condicións de seguridade na vía. A Garda Civil trata de aclarar as circunstancias do suceso.

20, Abril 2020

As oficinas municipais volveron abrir esta mañá a atención presencial ao público despóis de que fosen pechadas dende o xoves da pasada semana para os traballos de desinfección,, e tras confirmarse un primeiro caso de positivo en coronavirus por parte dun traballor municipal que desenvolve a súa actividade na casa do concello carballiñés.

O alcalde Francisco Fumega, en declaracións feitas en COPE O Carballiño, informou hoxe que son varios os traballadores municipais, todos os que estiveron en contacto coa persoa contaxiada co COVI-19, os que permanecen "en observación médica" nos seus domicilios, segundo o protocolo para estes casos, para os que se fixa un periodo de cuarentena.

Ningún outro traballador ou traballadora está afectado pola enfermidade, según asegurou o rexedor municipal, xa que todas as persoas que están "en observación" é como medida preventiva.

Nas distintas dependencias, salvo a Policia Local que mantén toda a súa operatividade, "estamos baixo mínimos e mantendo a actividade a través do teletraballo", subliñou o alcalde.

Tamén está baixo mínimos a afluencia de público á casa do concello, que foi esta mañá ainda máis escasa do que ven sendo dende que se decretou o estado de alarma.

 

20, Abril 2020

O concello do Carballiño está colaborando "intensamente coas direccións dos centros educativos facilitando o traslado de libros escolares desde os colexios aos domicilios dos alumnos e alumnas", informan dende a institución municipal.

Así mesmo, realízase o servizo de reprografía para fotocopiar apuntes e traballos escolares.

O transporte dos libros lévase a cabo a través dos integrantes de Protección Civil, e o servizo de reprografía aténdese a través de persoal do concello, e son os pais ou titores quenes se encargan de recoller as fotocopias.

Estes servizos, que o concello puxo en marcha hai dúas semanas co obxectivo de dar cobertura ás direccións dos centros, "intensificáronse estes últimos días e estarán operativos mentres dure o confinamento", aseguran dende o concello.

E aclaran que son as direccións dos colexios quen comunican ao concello que libros e material escolar deben ser trasladados aos domicilios dos alumnos e alumnas, e son tamén estas direccións quen remiten ao concello os apuntes e traballos que deben ser fotocopiados.

20, Abril 2020

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño a través do Servizo de Atención Temperá, pon este dispositivo en marcha para todos aqueles nenos e nenas e as súas familias que por situación do COVI-19 o necesiten.

O dispositivo conta cun sistema de atención psicolóxica dirixido o manexo do estrés e malestar derivado das experiencias xeradas por a exposición á pandemia que estamos a vivir e as súas consecuencias.

Está dirixido especialmente a poboación infantil entre 0 e 6 anos, por consideralos especialmente vulnerables o poder ter familiares falecidos, familiares enfermos, familiares intervindo en primeira fila, familiares traballando en residencias de maiores, persoal de corpos e forzas de seguridade, persoal de administraciones públicas con servizos directos á ciudadanía, persoal de limpeza, cadea de distribución alimentaria, e todos aqueles que vexan que os seus menores e eles mismos están a vivir situación que lle provocan ansiedade e estrés.

O teléfono de contacto é o 671635183.

20, Abril 2020

Unha vez máis a vila do Carballiño viuse asolagada por unha tormenta nunca vista nin sufrida nestas terras, unha desas tormentas que serven para xustificar as inundacións das rúas Evaristo Vaamonde e Avenida de Compostela, aínda que ao resto de rúas non sufran esta lacra.

Debe ser castigo divino para os veciños destas rúas que unha nube caprichosa sempre lles bote máis auga que aos demais, único que se me ocorre para xustificar que sempre se inunden os mesmos lugares, xa que os responsables políticos sempre achacan estes episodios a grandes trombas de auga que sempre afectan aos mesmo sitios dende hai oito anos.

E non será, queridos responsables políticos pasados e actuais, que vostedes non fixeron ben o seu traballo? Non será que houbo unha escasa e deficiente planificación urbanística nas zonas edificadas ás que non se dotou de sumidoiros pluviais e residuais suficientes e ben diferenciados a unha cota axeitada?

Pero falemos agora de SAÚDE PÚBLICA. En plena crise do CORONAVIRUS, co Concello desinfectando lugares comúns, a vostedes parécelles hixiénico que a rúa Evaristo Vaamonde, onde tamén hai un supermercado, se encha de augas fecais cada vez que hai unha tormenta? Vostedes cren que o virus non se atopa nestas augas? Pois xa se están a empezar a analizar estas augas na nosa Comunidade (https://www.europapress.es/galicia/noticia-edar-bens-promueve-investigacion-carga-viral-covid-19-aguas-residuales-lodos-20200414133120.html) POR ALGO SERÁ!!!

A miña nai forma parte da poboación de risco ante a crise epidemiolóxica que nos está a afectar, que pasaría se por culpa da auga fecal que entra da rúa á casa a miña nai se infecta? Supoño que xa estamos a falar dunha cuestión máis seria onde as responsabilidades pasan do ámbito político ao penal.

Nos levamos vivindo na Rúa Evaristo Vaamonde 39 anos, sen nunca ter un problema ata o remate das obras de acondicionamento do entorno da Veracruz. Ante a inactividade dos responsables políticos durante os últimos oito anos, agora levamos un mes e medio vivindo atrincherados con sacos de area intentando minimizar a entrada destas augas sucias na nosa casa. Estimados señores, isto non é unha tormenta, isto é UN TORMENTO CARGADO DE VIRUS!!!

Atentamente,

Milagros Chao Castro

19, Abril 2020

En Punxín ningunha persoa maior non recorda que tivese que suspenderse a celebración como acontece este ano debido a alerta sanitaria polo coronavirus, tampouco existen datos documentados sobre este precedente.

O "Santo Wintila" como popularmente é coñecido entre os seus devotos en realidade non figura no santoral da igrexa católica, nunca foi canonizado, pero celébrase como se fose e por mandato e tradición popular no lúns seguinte ao da Pascua, e dende tempo inmemorial.

Según a tradición popular Wintila tería chegado ás terras de Punxín procedente do centro de Europa, pasando os seus últimos anos de vida como anacoreta nun dos montes próximos a Punxín, a súa morte está datada no ano 980, segundo o sarcófago prerrománico que garda as súas cinzas, que podemos ver no interior da igrexa parroquial de Stª María de Punxín, a onde se trasladou no ano 1920 xa que antigamente estivo nunha capela á beira da propia igrexa parroquial.

Este ano non haberá celebracións na igrexa parroquial, non obstante -asi estaba fixado no calendario laboral- seguirá sendo dia festivo de carácter local no municipio de Punxín. Eso si, un dia do Santo Wintila como nunca antes se recorda.

18, Abril 2020

Son numerosas as queixas transmitidas por clientes da sucursal do Banco de Santander no Carballiño e recollidas por esta emisora de radio.

A entidade bancaria atende ao público tan so dous dias á semana na sucursal que ten na Praza Irmáns Prieto, xustifican esta media como consecuencia do estado de alarma, e pesar de que no seu momento o Real Decreto que decretou e regula o estado de alarma considera á banca como actividade esencial.

A consecuencia é a que pode apreciarse na foto nº 2,  a cola desta semana chegou ata a Praza Maior, co conseguinte disgusto das persoas que agardaban vez para poder acceder ao interior da sucursal para poder ser antendidos, según testimonios, en algunhos casos tiveron que agardar ata 3 horas. Evidentemente, o malestar está xustificado.

18, Abril 2020

Os dous faros do cazavelutinas deberon iluminar a súa psique e agora determina vostede de quén foi ou non unha boa idea. Non, non me enfada a súa ridícula defensa da pataleta infantil do voceito do partido podre de Maside.  Ë máis, se vostede quere pode identificarse e tamén o farei eu, e debatimos sobre este persoeiro porque é digno de debate.

Adiántolle algunhas perlas sobre o persoeiro: Diante miña, con testigos, utilizou un sepelio pra invitar a persoas a unha paparota na que asistiría Feijóo (non lle digo o restaurante pra non dar publicidade). Empregar un sepelio pra facer política é o acto máis miserable que teño visto na política, é una burla aos familiares do finado, e mesmo a quen é convidado a esa vergoñenta paparota do PP.

Continúo... di vostede que a idea das actucións conxuntas non foi do alcalde de Maside ¿De quén foi se non? Aclárese porque lendo o ridículo da súa contestación é capaz de pensar que a idea foi do da pataleta, que por certo, créese a mamá de tarzán. O que si é certo é que o persoeiro ten moitas ideas e unha imaxinación prodixiosa e ata é capaz de imaxinar que a igrexa de Dacón é do século XIII e soltalo con escaso decoro e moita solemnidade. É unha mágoa que o seu proxecto da revista do PP de Maside decaese porque daría moito xogo.

Non vou perder moito o tempo porque a súa ridícula defensa da enésima metedura de gamba do persoeiro non merece máis, pero plantéxolle un desafío: Identifíquese vostede pra verificar que vostede non é nin o persoeiro nin un dos seus escasos mariachis, e eu farei o porpio pra que vostede vexa que nin sou un familiar nin un escriba do Concello. Recolle o guante????

Mentras tanto non lle merco esa burra bella que quere vender.

Saúdos meu.

17, Abril 2020

Vamos ver iluminad@ . 

A idea non foi do alcalde, o que pasa é que el xa de por sí é moi fanfarrón, sempre o foi, antes de escribir aínda q penso que eres un esbirr@ do concello familia ou da corporación hay q informarse aínda q o tema da propaganda levadelo no sangue xa non é de agora 

Como decía Pemán boas noites é ata mañan 

PD: non se me enfade se che parece mal o que escribo é se lle parece mal é por que é verdade o que digo 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS