
O concello do Carballiño está colaborando "intensamente coas direccións dos centros educativos facilitando o traslado de libros escolares desde os colexios aos domicilios dos alumnos e alumnas", informan dende a institución municipal.
Así mesmo, realízase o servizo de reprografía para fotocopiar apuntes e traballos escolares.
O transporte dos libros lévase a cabo a través dos integrantes de Protección Civil, e o servizo de reprografía aténdese a través de persoal do concello, e son os pais ou titores quenes se encargan de recoller as fotocopias.
Estes servizos, que o concello puxo en marcha hai dúas semanas co obxectivo de dar cobertura ás direccións dos centros, "intensificáronse estes últimos días e estarán operativos mentres dure o confinamento", aseguran dende o concello.
E aclaran que son as direccións dos colexios quen comunican ao concello que libros e material escolar deben ser trasladados aos domicilios dos alumnos e alumnas, e son tamén estas direccións quen remiten ao concello os apuntes e traballos que deben ser fotocopiados.

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño a través do Servizo de Atención Temperá, pon este dispositivo en marcha para todos aqueles nenos e nenas e as súas familias que por situación do COVI-19 o necesiten.
O dispositivo conta cun sistema de atención psicolóxica dirixido o manexo do estrés e malestar derivado das experiencias xeradas por a exposición á pandemia que estamos a vivir e as súas consecuencias.
Está dirixido especialmente a poboación infantil entre 0 e 6 anos, por consideralos especialmente vulnerables o poder ter familiares falecidos, familiares enfermos, familiares intervindo en primeira fila, familiares traballando en residencias de maiores, persoal de corpos e forzas de seguridade, persoal de administraciones públicas con servizos directos á ciudadanía, persoal de limpeza, cadea de distribución alimentaria, e todos aqueles que vexan que os seus menores e eles mismos están a vivir situación que lle provocan ansiedade e estrés.
O teléfono de contacto é o 671635183.
Unha vez máis a vila do Carballiño viuse asolagada por unha tormenta nunca vista nin sufrida nestas terras, unha desas tormentas que serven para xustificar as inundacións das rúas Evaristo Vaamonde e Avenida de Compostela, aínda que ao resto de rúas non sufran esta lacra.
Debe ser castigo divino para os veciños destas rúas que unha nube caprichosa sempre lles bote máis auga que aos demais, único que se me ocorre para xustificar que sempre se inunden os mesmos lugares, xa que os responsables políticos sempre achacan estes episodios a grandes trombas de auga que sempre afectan aos mesmo sitios dende hai oito anos.
E non será, queridos responsables políticos pasados e actuais, que vostedes non fixeron ben o seu traballo? Non será que houbo unha escasa e deficiente planificación urbanística nas zonas edificadas ás que non se dotou de sumidoiros pluviais e residuais suficientes e ben diferenciados a unha cota axeitada?
Pero falemos agora de SAÚDE PÚBLICA. En plena crise do CORONAVIRUS, co Concello desinfectando lugares comúns, a vostedes parécelles hixiénico que a rúa Evaristo Vaamonde, onde tamén hai un supermercado, se encha de augas fecais cada vez que hai unha tormenta? Vostedes cren que o virus non se atopa nestas augas? Pois xa se están a empezar a analizar estas augas na nosa Comunidade (https://www.europapress.es/galicia/noticia-edar-bens-promueve-investigacion-carga-viral-covid-19-aguas-residuales-lodos-20200414133120.html) POR ALGO SERÁ!!!
A miña nai forma parte da poboación de risco ante a crise epidemiolóxica que nos está a afectar, que pasaría se por culpa da auga fecal que entra da rúa á casa a miña nai se infecta? Supoño que xa estamos a falar dunha cuestión máis seria onde as responsabilidades pasan do ámbito político ao penal.
Nos levamos vivindo na Rúa Evaristo Vaamonde 39 anos, sen nunca ter un problema ata o remate das obras de acondicionamento do entorno da Veracruz. Ante a inactividade dos responsables políticos durante os últimos oito anos, agora levamos un mes e medio vivindo atrincherados con sacos de area intentando minimizar a entrada destas augas sucias na nosa casa. Estimados señores, isto non é unha tormenta, isto é UN TORMENTO CARGADO DE VIRUS!!!
Atentamente,
Milagros Chao Castro

En Punxín ningunha persoa maior non recorda que tivese que suspenderse a celebración como acontece este ano debido a alerta sanitaria polo coronavirus, tampouco existen datos documentados sobre este precedente.
O "Santo Wintila" como popularmente é coñecido entre os seus devotos en realidade non figura no santoral da igrexa católica, nunca foi canonizado, pero celébrase como se fose e por mandato e tradición popular no lúns seguinte ao da Pascua, e dende tempo inmemorial.
Según a tradición popular Wintila tería chegado ás terras de Punxín procedente do centro de Europa, pasando os seus últimos anos de vida como anacoreta nun dos montes próximos a Punxín, a súa morte está datada no ano 980, segundo o sarcófago prerrománico que garda as súas cinzas, que podemos ver no interior da igrexa parroquial de Stª María de Punxín, a onde se trasladou no ano 1920 xa que antigamente estivo nunha capela á beira da propia igrexa parroquial.
Este ano non haberá celebracións na igrexa parroquial, non obstante -asi estaba fixado no calendario laboral- seguirá sendo dia festivo de carácter local no municipio de Punxín. Eso si, un dia do Santo Wintila como nunca antes se recorda.
Son numerosas as queixas transmitidas por clientes da sucursal do Banco de Santander no Carballiño e recollidas por esta emisora de radio.
A entidade bancaria atende ao público tan so dous dias á semana na sucursal que ten na Praza Irmáns Prieto, xustifican esta media como consecuencia do estado de alarma, e pesar de que no seu momento o Real Decreto que decretou e regula o estado de alarma considera á banca como actividade esencial.
A consecuencia é a que pode apreciarse na foto nº 2, a cola desta semana chegou ata a Praza Maior, co conseguinte disgusto das persoas que agardaban vez para poder acceder ao interior da sucursal para poder ser antendidos, según testimonios, en algunhos casos tiveron que agardar ata 3 horas. Evidentemente, o malestar está xustificado.
Os dous faros do cazavelutinas deberon iluminar a súa psique e agora determina vostede de quén foi ou non unha boa idea. Non, non me enfada a súa ridícula defensa da pataleta infantil do voceito do partido podre de Maside. Ë máis, se vostede quere pode identificarse e tamén o farei eu, e debatimos sobre este persoeiro porque é digno de debate.
Adiántolle algunhas perlas sobre o persoeiro: Diante miña, con testigos, utilizou un sepelio pra invitar a persoas a unha paparota na que asistiría Feijóo (non lle digo o restaurante pra non dar publicidade). Empregar un sepelio pra facer política é o acto máis miserable que teño visto na política, é una burla aos familiares do finado, e mesmo a quen é convidado a esa vergoñenta paparota do PP.
Continúo... di vostede que a idea das actucións conxuntas non foi do alcalde de Maside ¿De quén foi se non? Aclárese porque lendo o ridículo da súa contestación é capaz de pensar que a idea foi do da pataleta, que por certo, créese a mamá de tarzán. O que si é certo é que o persoeiro ten moitas ideas e unha imaxinación prodixiosa e ata é capaz de imaxinar que a igrexa de Dacón é do século XIII e soltalo con escaso decoro e moita solemnidade. É unha mágoa que o seu proxecto da revista do PP de Maside decaese porque daría moito xogo.
Non vou perder moito o tempo porque a súa ridícula defensa da enésima metedura de gamba do persoeiro non merece máis, pero plantéxolle un desafío: Identifíquese vostede pra verificar que vostede non é nin o persoeiro nin un dos seus escasos mariachis, e eu farei o porpio pra que vostede vexa que nin sou un familiar nin un escriba do Concello. Recolle o guante????
Mentras tanto non lle merco esa burra bella que quere vender.
Saúdos meu.
Vamos ver iluminad@ .
A idea non foi do alcalde, o que pasa é que el xa de por sí é moi fanfarrón, sempre o foi, antes de escribir aínda q penso que eres un esbirr@ do concello familia ou da corporación hay q informarse aínda q o tema da propaganda levadelo no sangue xa non é de agora
Como decía Pemán boas noites é ata mañan
PD: non se me enfade se che parece mal o que escribo é se lle parece mal é por que é verdade o que digo
Quero dicir en primeiro lugar que me parece correcto que dun xeito espontáneo os corpos de seguridade fagan o peche nas casas máis agradable os máis novos. Do mesmo xeito que os cidadáns saimos a aplaudir cada tarde ós medicos e demáis profesionais ós que non lles queda outra que sair cada día a rúa para coidar da nosa saude, seguridade e alimentación. Trátase dunha manifestación de coordialidade, solidaridade e apoio mutuo moi necesario nos tempos que corren.
O que non creo que sexa considerado un servicio público é o circo. Explícome. Agora que parece que se confirma polo menos un positivo entre os traballadores do concello, teño inda máis dúbidas sobre o feito de que dous concelleiros se adicasen a pasear as rúas para felicitar cumpleanos e festas varias, en lugar de facerse cargo de tomar as medidas urxentes que teñen que tomar dentro desta situación de emerxencia santiaria e economica na que nos atopamos. E si non teñen nada que facer, pois coido que deberían de terse quedado como todos nas súas casas. Do mesmo xeito, os concelleiros que porta por porta foron entregando mascarillas no carballiño son uns irresponsables, e si se confirma que existe un foco no concello, os vecoiños non olvidaremos ós politicos de terceira que coa súa irresponsabilidade puxeron en perigo a nosa saude, e a dos nosos maiores.

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega dixo en declaracións a COPE O Carballiño que o concello vai maner invariable a aportación municipal fixada no orzamento deste ano 2020 para a organización da Festa do Polbo, pero mostra serias dúbidas sobre a súa celebración este próximo verán, debido a crise sanitaria.
O rexedor confirmou que "por prudencia imos manter a partida da festa do pulpo que temos no orzamento do concello, porque entendemos que a mellor maneira de axuda á hostalaría, e asi nolo fixeron chegar, é celebrar e mesmo potenciar a festa do pulpo, pero haberá que ver que vai pasar coas grandes concentracións para este verán".
De todos os xeitos, Fumega ten claro que "non sería unha festa de participación masiva, tal como a coñecemos" e apelou á prudencia, e mesmo á utilización dos recursos por parte do concello "porque non sabemos neste momento ata que se saiba da racadación do IVE a aportación que imos ter do Estado e do Fondo de Cooperación, o que imos recibir das outras administraccións, dende a FEGAMP xa nos advertiron que haberá recortes de fondos, aínda que os concellos terémos que seguir atendendo necesidades básicas", subliñou.
O alcalde fixo estas manifestacións tras ser preguntado por oíntes desta emisora de radio sobre a súa opinión pola "viabilidade da festa do pulpo para este ano".
Crise pandémica a nivel mundial, decenas de miles de mortos ós que, moitos deles, nin se quera se lles pode despedir.
Miles de parados, familias enteiras coa incertidume de cal será do seu substento vital no futuro.
E, no Carballiño, varios "políticos" xogando ó xogo das vellas rencillas, do ti mais e de accións que nada teñen que ver co presente que vivimos.
Hai que espertar e quen non sexa capaz de arrimar o hombro para apoiar, o que solo esté a pensar en votos e en eleccións venideiras debe quedarse na casa (como está a facer o 99% da poboación). Non voltar á política nunca mais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 365
- 366
- 367
- 368
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- …
- seguinte ›
- última »