
Os datos correspóndense ao 31 de Marzo, e polo tanto xa reflicten os efectos da primeira quincena do estado de alarma na evolución da afiliación á Seguridade Social na comarca do Carballiño.
O concello do Carballiño perde durante os primeiros quince dias da crise un total de 137 cotizantes á Seguridade Social, 127 no rexime xeral e 10 no rexime de autónomos.
Tamén perde afiliados o concello de Piñor (-27) a pesar do incremento de producción nas fábricas de ataudes, e tamén descendes os traballadores activos en Maside (-12) San Cristovo de Cea (-6) San Amaro (-4) O irixo (-2) Boborás (-1) e Beariz (-1).
A única excepción é a do municipio de Punxín, no que se rexistra un incremento de 5 afiliacións.
Se facemos a comparativa interanual, entre Marzo de 2019 a Marzo de 2020, a caída e de 390 afiliados no conxunto da comarca, a maioria no concello do Carballiño (-329) o que representa un descenso de case un 8% na capitalidade comarcal no tracurso do último ano.

Os dous concellos con máis poboación da comarca, despois do Carballiño, que son os de Maside e Boborás deciden comprar máscaras de autoprotección para repartir entre a súa veciñanza.
O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, comunicou que este concello acaba de recibir un total de 1.500 máscaras que xa se están distribuíndo por parte dos responsables municipais entre a poboación masidá.
No caso de Boborás, o reparto organizaráse a través dos voluntarios de Protección Civil e seguindo os criterios do propio concello, según deu a coñecer a alcaldesa Patrica Torres.
Mentres, en Beariz púxose en marcha unha iniciativa solidaria para reunir fondos cos que adquirir equipos de protección para a veciñanza do municipio. O escritor bearicense José Balboa achegou a esta iniciativa solidaria a doazón dun lote de libros da súa autoría, coa idea de que a recadación que se consiga se destine a esta finalidade.

Todas as dependencias que albergan os distintos servizos administrativos municipais, alcaldía, salón de actos e oficinas da casa do concello foron obxecto de traballos de desinfección no transcurso desta mañá, unha labor que tamén se extende aos locais de servizos sociais na rúa Faustino Santalices.
O alcalde ordenou con carácter urxente a desinfección tras confirmarse un caso de positivo en coronavirus por parte dun traballador do persoal municipal que ten o seu posto de traballo na casa do concello.
Atá o próximo lúns, e por este motivo, toda a actividade administrativa e de atención ao público está paralizada.
https://www.lavanguardia.com/economia/20200406/48339735115/autonomos-ayuda-prestacion-coronavirus-generalitat-cataluna.https://www.radiohuesca.com/huesca/comienza-el-plan-re-activa-para-autonomos-y-microempresas-12042020-137949.html. Moitas Sr Presidente por ser sempre o pioneiro

Así ven de confirmálo o concello do Carballiño mediante un comunicado difundido na noite deste mércores, tanto a casa do concello como as dependencias do departamento de servizos sociais, na rúa Faustino Santalices, permanecerán pechadas ata o próximo lúns dia 20 de Abril.
O motivo desta decisión é que "un traballador do concello do Carballiño deu positivo no test por Covid-19", e para facilitar "a desinfección total das instalacións" que levará a cabo unha empresa especializada, según se informa neste comunicado.
Durante este tempo so permanecerá operativa a Policia Local, que so atenderá a través da comunicación telefónica.
A partir da reapertura a partir do lúns da semana que ven, todas aquelas persoas que accedan ás dependencias municipais deberán ir provistas de máscara de protección e luvas.

Espazo Común cita un informe da Xefatura da Polícia Local do Carballiño no que se afirma que existen excepcións no estado de alarma "deben limitarse a desprazarse desde as súas casas ao concello e coas liminatacións que temos calquera veciño."
"A semana pasada, deuse unha circunstancia pola que recibimos numerosas queixas de veciños de diferentes lugares do Carballiño. A visita a domicilio dalgúns concelleiros do goberno que semellan crer que a lei que obriga aos cidadáns a un confinamento para evitar contaxios, a eles non lles afecta, molestou a moitos veciños", subliñan.
A formación política liderada por Pachi Vázquez, Adolfo Noguiera e Érika Paz, aseguran que durante os últimos dias e por parte de varios membros do goberno local e pola do propio alcalde Fumega "estiveron a percorrer rúas e aldeas para facerse ver e entregar mascarillas a quen a eles lles parecera convinte, sen criterio sanitario algún e obviando a moita xente de risco".
Censuran este comportamento citando as manifestacións públicas dos dirixentes provincais do PSOE porque "como ben sinala o propio PsdeG-PSOE provincial nun comunicado onde censuran que alcaldes do PP estean a aproveitar a crise do coronavirus para facer publicidade electoral e afirman que o único que amosan con esta publicidade é a súa absoluta irresponsabilidade e indecencia política, facendo un uso partidista desta situación para obter un rédito electoral" e remarcan por elo dende Espazo Común "non o dicimos nós, dío o PSOE".
E recurren ao refraneiro para recordar que "semella moi acaído aquel dito da palla no ollo alleo e a viga no propio".
"Namentras moitos fillos e netos non poden achegarse a ver a seus pais ou avós, a reincidencia no comportamento e, polo tanto, nas protestas de moitos cidadáns que consideran que se pon en risco a saúde dos seus familiares, leváronnos a demandar un informe policial para clarexar se os concelleiros teñen algún privilexio sobre o resto da cidadanía que lles permita circular ao seu capricho", proclaman desde Espazo Común.
E aseguran que resposta "foi clara e contundente, non existe tal excepción e deben limitarse a desprazarse das súas casas ao Concello e ás limitacións que temos calquer outro veciño".
Finalmente, agardan que tras revelar publicamente este informe asinado polo xefe da Policía Local do Carballiño "deixen de levarse a cabo estas perigosas visitas que ignoran o confinamento para todos os cidadáns e se comece a predicar co exemplo por parte do grupo de goberno, proque a saúde debe ser o primeiro", conclúen.

O PSdeG-PSOE ven de presentar unha batería de medidas e iniciativas para levar a cabo no concello de Leiro por mor da crise ocasionada polo COVID-19. Con estas medidas, os socialistas amosan o seu apoio á veciñanza e tamén os sectores produtivos, autónomos e pequenas empresas ante unha crise sanitaria que está afectando a economía en todos os recunchos do país.
O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, agarda que estas medidas “se poñan en marcha coa maior celeridade e urxencia posible para facilitar o día a día do municipio e paliar os efectos da pandemia”. Dende o PSdeG-PSOE de Leiro mantéñense á espera da duración desta situación tan excepcional e agardando que esta iniciativa sexa concluída canto antes para tal e como subliñan “coñecer de primeira man a situación individual de cada veciño e negocio ou empresa”.
Os socialistas tamén lle transmitiron o alcalde que os manteña informados dos casos e das medidas que se leven a cabo en Leiro con respecto o Covid-19, xa que consideran que “pór solución a situación en unha cousa de todos e todas e debemos estar máis unidos ca nunca ante unha pandemia que non fai distinción por cores” e amosan a súa disposición a “axudar no que faga falta ante a gravidade da situación”.
Medidas do PSdeG-PSOE para levar a cabo no concello de Leiro:
1.- Dotar dun número de teléfono a disposición dos cidadáns para atender necesidades sobrevidas a causa do illamento e que estea operativo as 24 horas do día, os sete días da semana e non só en horario de oficina para atender demanda de alimentos ou medicinas.
2.- Habilitar mecanismos para o control sanitario de todo o persoal municipal que faga tarefas de reparto por domicilio de persoas que o precisen e tamén o resto de persoal.
3.- Garantir un subministro suficiente de material sanitario a todo o persoal municipal, especialmente ás traballadoras do servizo de axuda do fogar, xa que debemos velar pola seguridade e saúde das auxiliares e dos veciños/as como colectivo excepcionalmente sensible o Coronavirus.
4.- Tamén, que se leve acabo por parte do Concello e coa a máxima urxencia fórmulas para eliminar o cobro de impostos e taxas a comercios, hostaleiros e veciños/as que estean vendo prexudicada a súa actividade profesional durante este período de estado de alarma. O tempo que estean sen ingresos, os pagamentos o Concello sexan suprimidos definitivamente.
5.- Implantación de outras consideracións que por parte dos técnicos municipais que non vaian contempladas nesta solicitude e poidan ser de interese/axuda para a veciñanza.
6.- Do mesmo xeito, que o cobro de recibos por parte do Concello como tamén da Mancomunidade do Ribeiro domiciliados de cargo en conta se retrasen o máximo posible ata unha data acordada por cada organismo. Véxase IBI, lixo IVTM...
7.- Solicitude dun fraccionamento do IBI, sen intereses ou facilidade de adíalo nun período de tempo acordado e solicitando previamente o interesado/a.
8.- Que se proceda a publicación dun bando informativo a toda veciñanza e poñendo en coñecemento ás autoridades e servizos sanitarios de calquera incidencia que podar xurdir.
9.- Publicar un bando informativo sobre a utilización dos colectores (verde, azul e amárelo) para a súa utilización axeitada e non deixar cartóns, vidro ou bolsas de lixo fora dos colectores, para así contribuír a levar unhas normas básicas de convivencia, decoro e limpeza ante o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo Covid-19.
10.- Levar acabo a desinfección preventiva do entorno dos supermercados, farmacia, centro de saúde, centro de día, residencia de xeriatría, entidade bancaria, Correos, Concello, chacinarías, bares, restaurantes, parques infantís, colectores de lixo e mobiliario público.
11. Crear unha LIÑA DE AXUDA desde o Concello para que tod@s autonomos, independentemente do sector. Sería a principal liña de axudas, autonomos,autoempregados de todos os sectores que xustifiquen paralización da sua actividade ou unha baixada xustificada na súa actividade. Esta liña de axuda ten que ir encamiñada para axudar os nosos veciños que tanto o necesitan neste momentos tan dificiles.
12.- Que se traballe desde o Concello de Leiro en salvar a brecha dixital, xa que ai alumnos sin acceso a internet nas suas vivendas e iso dificulta seguir as clases online en igualdad de condicions.
Resulta que o voceiro do PP de Maside está moi incómodo co feito de que o alcalde de Maside teña iniciativas, e propoña una actuación conxunta de todos os concellos da comarca. Debe descoñecer os efectos sinérxicos e as economías a escala das actuacións conxuntas.
Na súa pataleta infantil, quéixase de que o alcalde non conta con él -qué ignominia Manolo despóis da súa abnegada entrega na loita contra as velutinas- e da un consello -consellos vendo e pra min non teño- que se alguén o está facendo, que non teña iniciativas propias e que se una a eles -a Baltar junior seica-.
Agardo que este home con tanto criterio e tan ponderado -por supusto que é ironía- garde o consello pra sí, e nesta tempada non pinte a mona -él e os seus mariachis- xogando a cazavelutinas e alterando a seguridade dos demáis (pra eso xa debería estar a Consellería de Medio Rural).
Polo demáis, o recurso ao pataleo, e os celos porque alguén tome algún tipo de iniciativa, con potestade e autoridade pra poder facelo, etc... Son cousas que non molestan a ninguén. Hai eso sí, se alguén lle revisase eses guións que lee, absurdos polo fondo e pola forma, quizáis as súas intervencións resultarían menos narcóticas.

Os axentes da Policia Local do Carballiño comezaron a primeira hora desta tarde de mércores, nun control de mobilidade de persoas que realizaban na Avenida de Comnpostela, o reparto de máscaras de protección, que continuarán nos próximos dias.
Son, neste caso, mil máscaras de proteccón enviada dende a Subdelegación do Goberno, e nada teñen que ver coas 3.000 unidades compradas polo concello do Carballiño, que serán repartidas con outros criterios, aclarou en COPE O Carballiño o xefe da Policia Local, Francisco Valeiras.
"Nos farémos o reparto exclusivamente nas rúas, e aproveitando o traballo de control da mobilidade da poboación que realizamos diariamente, repartiránse entre as persoas que circulen a pe ou en automóbil e sempre con motivo xustificado", ademáis o responsable da Policia Local pedíu á cidadanía que se absteña de achegarse por este motivo ata as oficinas que ten a Policia Local na casa do concello "porque as imos entregar tan so nas rúas".

Deron comezo as obras de asfaltado e cunetas entre As Caldas e O Torrón. Estas obras execútanse en colaboración coa Deputación provincial, e forman parte dun conxunto de proxectos que se desenvolverán durante este ano, e moitos dos cales comezarán as próximas semanas.
Dunha parte, entre estes proxectos, que financia o concello co superávit do ano 2018, cunha inversión de case 600.000 euros, inclúense as seguintes obras de mellora de saneamento, asfaltado e beirarrúas nas rúas Saleta, Magdalena, San Benito e Solaina; Baleares, Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón, Extramadura, Madrid e Cataluña; Bearíz, Boborás, Leiro, Maside, Punxín e San Amaro; Eusebio Lorenzo e Blanco Amor; así como o plan de iluminación led entre O Torrón e As Caldas.
Tamen se levarán a cabo co financiamento do concello as obras de renovación do saneamento na Baixada a Flores e rúa Azucena, a mellora de diversas rúas en Arcos e a ampliación da rotonda de Flores en Aquilino Sánchez.
Doutra parte, figuran os proxectos que se realizan en colaboración con outras administración, e que son: Plan de cambio da iluminación led en parroquias do rural, melloras no paseo do río Arenteiro, asfaltado e cunetas entre Mudelos e Paciños, asfaltado no entorno do pavillón Paco chao, asfaltado das rúas Volante, Pico Sacro e Pena Grande.
En total, o investimento global previsto neste plan de inversións para a mellora de infraestruturas no municipio carballiñés é de 1,5 millóns de euros, aproximadamente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 366
- 367
- 368
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- …
- seguinte ›
- última »