
Profesionais do servizo municipal de axuda no fogar do concello do Carballiño denunciaron nesta emisora de radio a situación de inseguridade sanitaria na que están desenvolvendo o seu traballo de atención domiciliaria, por falta do material máis elemental.
Aseguran que dende o inicio da pandemia do coronavirus, e mesmo xa declarado o estado de alerta, siguen sen contar co equipamento de protección máis básico "so temos guantes, pero nada maís, nin batas desechables nin tan xiquera unha máscara", aseguran, "estamos cansas de pedilo pero pásanse a bola dunhos a outros e está en xogo non so a nosa saúde, senón a dos nosos maiores, que son os máis vulnerables, é unha absoluta irresponsablidade", remarcan.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega asegou -a preguntas de COPE O Carballiño- que esta mesma mañá xa mantivo unha conversa cos responsables da empresa que xestiona este servizo, e que lle manifestaron as dificultades que estaban tendo co abastecemento deste tipo de material, que estaba en vías de solución.
Doutra parte, nesta mañá de lúns reuníuse por vez primeira a comsión de seguimento constituída no concello do Carballiño das medidas que entraron en vigor a través dunha resolución da alcaldía do Carballiño pola crise do coronavirus.
As oficinas municipais atenderán ao público presencialmente de 9 a 14 horas, ainda que se pide que tan so para xestións imprescindibles.
Para o protocolo de atención ás persoas maiores que non poidan desplazarse e atender as súas necesidades básicas (medicamentos, alimentos, etc) a veciñanza pode solicitar este servizo chamando aos teléfonos 988 531076, 988 530006 e 988 530007.

O concello de Boborás anunciou esta mañá, mediante un Bando da alcaldesa Patricia Torres, que con motivo da situación de contención reforzada de Estado de Alerta para previr o contaxio polo COVID 19, e coa finalidade de colaborar coas persoas maiores ou máis vulnerables pon en marcha un servizo municipal.
O mesmo consistirá en atender a demanda das persoas que necesiten medicamentos e alimentos e non poidan desplazarse, neste caso deberán contactar co teléfono 667 552 726
Protección Civil de Boborás será a encargada de facer este servizo e atender calquera necesidade da veciñanza de Boborás.
Tamén o concello do Irixo xa ten en marcha un servizo de atención domiciliaria, que pode solicitarse no teléfono 988 287400
Pola súa parte, o alcalde de Maside José Manuel Iglesias, confirmou que o concello tamén organiza un servizo destas mesmas características para os veciños e vecñas do municipio que o precisen, este martes publicaráse un bando da alcadía de Maside que informará máis ao detalle da posta en marcha deste servizo.

A hora de apertura de algunhos dos supermerados volveu provocar pequenos indidentes polas presas dos clientes que , en moitos casos agardaban dende moito antes da hora de abrirse as portas.
Tivo que intervir a Garda Civil para organizar a cola de espera, coa correspondente distancia de seguridade, pasadas as primeiras horas de apertura a afluencia de clientes foi diminuíndo, ainda que contínua.
O pasado sábado xa tivera que intervir a Policia Local en idénticas circustancias, a pesar de que as autoridades insisten unha e outra vez que non hai nin haberá problemas de abastecemento na alimentación.

O primeiro dia do estado de alarma desenvolveuse con total normalidade no Carballiño, e con moi poucas persoas nas rúas, a maioria delas para achegarse aos establecementos autorizados que permanecían abertos, como a Farmacía Fontaíñas, que está de garda, quioscos, e os establecementos de alimentación, pequenas tendas, panaderías e confiterías que abren habitualmente todos os domingos.
Esta situación inédita tamén se vivíu con normalidade en todos os concellos da comarca, no ámbito rural, onde o peche das igrexas parroquiais deixou sen o habitúal movemento unha mañá de domingo.
Coa declaración do estado de alarma en España, desde a noite do sábado 14 de marzo todos os cidadáns están obrigados a permanecer nas súas casas e non saír salvo por necesidades básicas.
Esta decisión, consecuencia da aprobación do estado de alarma, acórdase para un período de 15 días prorrogable, durante os cales o Goberno asume o control de todas as actuacións que sexa necesario tomar para frear a expansión do Covid-19. As Forzas de Seguridade do Estado e tamén a Forzas Armadas, se fose necesario, serán as encargadas de que se cumpra.
Pero, que podes e que non podes facer tras esta declaración? Segundo publicou o Boletín Oficial do Estado (BOE) durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías de uso público para a realización das seguintes actividades:
a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual.
e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza que haberá de facerse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por outra causa xustificada.
Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades referidas no apartado anterior ou para a reposición en gasolineiras ou estacións de servizo. En todo caso, a continuación, tratamos de aclarar algunhas posibles dúbidas:
Podo saír a facer deporte?
Non, o decreto do Goberno non che permite saír a facer deporte. Non é un dos supostos permitidos.
E levar aos nenos ao parque?
Ademais de que os parques do Carballiño están pechados ao público, é algo que tampouco prevé o decreto. Tes que quedarte na casa.
Podo sacar a pasear ao meu can?
Si, mantendo as distancias e medidas de protección e seguridade. Sacar á rúa aos animais domésticos é unha das excepcións á restrición de uso do espazo público. Iso si, desde o Goberno instan a “utilizar o sentido común”, sacar a pasear ás mascotas de forma individual e que isto non se utilice como unha forma de paseo.
Que é o que estará aberto?
Alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade Establecementos farmacéuticos, médicos, ópticas e produtos ortopédicos Produtos hixiénicos Perruquerías. Prensa e papelería Combustible para a automoción Estancos Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións Alimentos para animais de compañía Comercio por internet, telefónico ou correspondencia Tinturerías e lavanderías.
Con quen podo quedar?
Tecnicamente, non podes visitar a ninguén salvo que se trate dunha persoa dependente que estea ao teu cargo. Pola contra, aproveita as novas tecnoloxías, as videochamadas, o teléfono e ata os memes de Whatsapp.

Investigadores da Universitat Rovira i Virgili ( URV) e a Universidade de Zaragoza ( Unizar) retomaron a actualización do mapa de risco epidémico por COVID-19 que desenvolveron conxuntamente e lograron estender as predicións a catro días vista, no ámbito local.
Este mapa de risco é o resultado dun modelo matemático que contén os datos de mobilidade e o censo dos municipios de España, así como a dinámica dos contaxios producida por SARS- CoV-2.
O modelo calcula as probabilidades de contaxio en cada municipio en función dos parámetros epidémicos coñecidos para este virus e a mobilidade interurbana da poboación activa, permitindo extrapolar a varios días para monitorar a evolución deste risco.
Como resultado deste modelo, e no que respecta ao noso ámbito comarcal, vemos que o concello con máis alto risco é o de Punxín, seguido e pola seguinte órde e de máis a menos por Maside, San Cristovo de Cea, O Carballiño, Leiro, San Amaro, O Irixo, Boborás, Piñor, Avión e por último, o concello con risco máis baixo, Beariz.
Para ver o mapa sigue a seguinte ligazón: https://deim.urv.cat/~alephsys/COVID-19/spain/es/index.html

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este venres que a partir das 0 horas deste sábado dia 14 de Marzo, toda Galicia entra en estado de emerxencia polo COVID 19, con distintas medidas para enfrontarse á pandemia.
Como consecucencia desta situación absolutamente excepcional e sen precedentes na nosa terra, o presidente do goberno galego tivo unha comparecencia posterior a unha reunión extraordinaria co goberno autonómico e sinalou que as respostas han de "ser miméticas e uniformes en todos os lugares", e mesmo poderán ordear confinamentos.
Ao activarse o plan territorial de emerxencia, Feijóo, que asumirá a coordinación do mesmo, indicou que "estamos nunha situación nova e descoñecida, e o mellor e o máis efectivo é que a xente quede na súa casa".
As medidas acordadas pola Xunta serán trasladadas mediante os medios de comunicación ao conxunto da cidadanía, inclúen nos casos de necesidade evacuación e asistencia social, asi como todo o control de accesos e seguridade cidadán.
Ademais, dende este sábado péchanse aos público bares, cafeterías e restaurantes, pero poderase prestar servizo de entrega a domicilio e recollida en local coa permanencia estritamente necesaria para facilitar a recollida.
A medida complétase co peche de salas de festas, discotecas, pubs, albergues do Camiño de Santiago, polideportivos ou piscinas
Non quedan afectados os establecementos hostaleiros sempre que se destinen aos clientes dos mesmos. Tampouco estarán afectados os comercios minoristas considerados de primeira necesidade como farmacias, peixarías, carnicerías, panaderías, froiterías, gasolineiras ou quioscos.
No caso das grandes superficies, poderán permanecer abertos ao público os establecementos de alimentación.
O presidente da Xunta lembrou á cidadanía a importancia de quedarse na casa: "Quen teña síntomas está obrigado a quedarse na casa e o que non os teña é recomendable que o faga tamén", expresou Feijóo nesta mensaxe a toda a cidadanía galega.

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega anunciou esta mañá a batería de medidas acordadas polo concello para a prevención do coronavirus no ámbito municipal.
Ademáis de confirmar a suspensión da feira deste próximo lúns, tamén comunicou o peche dos parques infantís, asi como do conservatorio, a bibiloteca, Bó Día Familia, e todas as escolas municipais, tamén o pavillón de deportes e o resto das intalacións deportivas municipais permanecerán pechadas ata novo aviso.
O concello pon en marcha un protocolo para garantir o suministro alimentario ás persoas maiores que viven soas (máis de 900 persoas de máis de 70 anos no municipio), que poderá solicitarse por parte daqueles veciños que non poidan sair do seu domicilio. Tamén se reforza o servizo de teleasistencia.
Para consultar todas as medidas acordadas pol concello do Carballiño, preme no arquivo adxunto:

O concello do Carballiño anunciou esta mañá a suspensión da primeira feira deste mes de Marzo, que debería celebrarse este próximo lúns dia 16 de Marzo.
Trátase dunha das medidas acordadas esta mañá por parte dos responsables municipais, e comunicada á Xunta de Portavoces, xunto a outras medidas de prevención do coronavis no ámbito municipais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- 384
- 385
- …
- seguinte ›
- última »