A incidencia que máis está afectando e repercutindo na veciñanza dunha gra parte da comarca é a falta de suministro eléctrico, un problema que sufren dende primeiras horas da tarde deste sábado na maioria das localidades dos concellos de Avión, Boborás, O Irixo, e San Cristovo de Cea, e en menor medida pero tamén con numerosos pobos que permanecen sen luz no resto dos municipios, xa que esta incidencia na rede eléctrica tamén afecta a núcleos de Maside, San Amaro, Piñor, Beariz, Leiro, Punxín e O Carballiño.
A empresa Naturgy informa que son máis de catro mil os clientes sen suministro eléctrico no conxunto da comarca do Carballiño, o que estaría afectando aproximadamente a unhas 10.000 persoas.
A caída de árbores e pólas tamén estivo dificultando a normalidade nas estradas, con incontables incidencias que veñen atendendo os bombeiros do Carballiño, o Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño, Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión, e as Agrupacións de Protección Civil de Piñor, Cea, Beariz, Boborás e San Cristovo de Cea, e operarios municipais nos concellos que non contan con servizos de emerxencia.
Os cortes de estradas foron unha constante no transcurso da xornada, na fotografía pode apreciarse o piñeiro de grandes dimensiós derrubado sobre a estrada de Ribadavia, a altura do Torrón. Tamén no mesmo municipio do Carballiño estivo cortada a estrada vella de Pontevedra, nos accesos ao camping municipal, e foi preciso deixar expeditos os accesos á estación de auga potabilizadora en Seoane e a depuradora de Godás, infraestructuras estratéxicas que foron dotadas de grupos electróxenos ante a falta de suministro eléctrico.
Na Uceira, o vento derrubou o peche exterior de pedra do campo de fútbol, que quedou tirada sobre a beirarrúa, como tamén pode verse na fotografía.
En toda a comarca poucos colectores da recollida do lixo, mesmo no casco urbano do Carballiño, quedaron sen envorcar ou desprazados pola forza do vento.
Na rúa Conde Vallellano do Carballiño desprendeuse esta tarde parte da chimenea dun edificio, xa de mañá os bombeiros tiveron que intervir tras desprenderse a plancha dunha fachada na Avenida de Julio Rodríguez Soto.
A falta de suministro tamén afectou á cobertura de telefonía móbil, internet, televisión e radio, incluida a emisión de COPE O Carballiño, afectada na antena do seu centro emisor no monte do Castelo, na parroquia de Madarnás.
"Fabien" deixou refachos de vento por riba dos 140 km.h no concello de Avión, e superiores aos 120 km.h no resto dos concellos.
A mellor noticia, é que deixando aparte incomodidades e consecuencias materiais, non hai que lamentar ningún dano para as persoas.
Os riscos son evidentes mesmo no casco urbano do Carballiño, como pode apreciarse na foto, nesta mañá de sábado ao desprenderse unha plancha de uralita da fachada dun edificio sobre o paso de peóns a altura do nº 1 da Avenida de Julio Rodríugez Soto, afortunadamente non houbo que lamentar danos para as persoas.
Os bombeiros do Carballiño foron requeridos para previr a posible caída doutras planchas da fachada deste mesmo edificio. Non foi a única incidencia de risco na mañá deste sábado xa que tamén se desprendeu parte da cuberta da oficina municipal de turismo sita na Alameda, á beira do parque infantil, a unha hora na que había varios usuarios na zona de xogos, que alertaron do sucedido á Policia Local.
Recoméndase á poboación evitar expoñerse en lugares de risco ante os refachos de vento que no transcurso da xornada poderían acadar velocidades máximas entre os 110 kms hora do Carballiño e os 140 kms hora no municipio de Avión.
Señores do concello do Carballiño ¿cándo van reaccionar? Ou temos que esperar que volva haber elecciós, lamentable... asi levamos meses.
Deixo esta queixa na vosa emisora da radio, como e posible que no siglo en que estamos e nos teñan desde as 4 da mañan tantas horas sin luz? Hoxe en dia segun eles teñen todo informatizado e non atopan a averia , sobre todo na nosas comarca con tantas centrales electricas que temos, xa os pueblos que estan cerca tiñan que estar conectados a elas por aguantar os seus incordios, beneficios non dan ningun e si os dan nos pueblos non se nota, e de vergonza. Aver si algún responsable o escoita e fai algo.
Vaise de permiso ou colle a baixa e non poñen sustituto.
E para unha analitica mais dun mes hai que agardar.
Asi esta o percal no centro de saude do Carballiño.

A empresa carballiñesa do sector do automóbil e a ONG asinaron un convenio de colaboración, mediante o que se ven de poñer en marcha esta acción solidaria.
Consiste na recollida de productos de alimentación non perecedeiros, de hixiene, infantís, nestas datas e nas propias instalacións de JOSUMA na rúa Ourense do Carballiño, onde un belén recibirá aos que se acheguen a colaborar nesta actividade solidaria.
Adememáis, e coincidindo con esta campaña,JOSUMA achega dous productos por cada vehículo que requira os servizos do taller, tal como explicou a xerente da empresa, Carmen Mosquera.
Pola súa parte, o presidente do comité provincial da Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, puxo en valor esta iniciativa dunha empresa da que ademáis destacou a súa condición famiilar.

O temporal de choiva e fortes ventos,nalgunhas zonas tamén de treboada, provocou numerosas incidencias na comarca, aínda que non hai que lamentar vitimas entre a poboación e tan so danos materiais e diversas incomodidades.
Na fotografía pode apreciarse os estragos que "Elsa" deixou no campo da festa de San Fiz de Navio, no concello de San Amaro, onde derrubou cinco árbores de gran tamaño.
A rede viaria secundaria comarcal víuse salpicada de numerosas caídas de árbores, que dificultaron a circulación de vehículos ata que os Servizos de Emerxencias foron facendo o seu traballo.
No concello de Boborás, un dos máis afectados, a practica totalidade das localidades quedaronse sen suministro eléctrico sobre as 3 da madrugada, e non se recuperou a normalidade ata primeira hora da tarde, afectando aos servizos e oficinas muncicipais, centro de saúde ou o colexio da localidade.
A fortaleza do vento levantou parte do tellado do centro social de Cameixa, e tamén resultaron afectadas varias casas na zona de montaña deste mesmo concello.
Mesmo no casco urbano do Carballiño tamén foron visibles os efectos de "Elsa" con colectores da recollida do lixo envorcados ou desplazados varios metros. Na rúa Serra Martiñá os Servizos de Emerxencias tiveron que auxiliar a un conductor que quedou co seu vehículo atrapado pola auga que anegaba este vial.
Os cortes na submisntración eléctrica foron xeralizados en todos os concellos, nalgunhos como en Avión, tampouco se pudo recuperar o servizo ata primeiras horas desta tarde de xoves. Neste mesmo concello está cortada a estrada que comunica Mouriscados con Oroso, a altura de Mangoeiro.

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, reuniuse hoxe co alcalde de Avión, Antonio Montero, para avanzar na posible creación dunha aldea modelo neste municipio ourensán, así como para impulsar diferentes proxectos de recuperación de terras no seu territorio.
No encontro, no que tamén participaron técnicos de Agader e do Concello, o director xeral explicou ao rexedor as diferentes opcións que ofrece, ao respecto, a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que iniciará proximamente a súa tramitación.

"Seguir potenciando o viño do Ribeiro e a súa comarca desde o ámbito turístico, económico e cultural é unha das liñas estratéxicas da Deputación de Ourense". Así o valorou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial con Juan Manuel Casares, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a quen lle confirmou o apoio da institución provincial para o ano 2020 no que atinxe aos ámbitos de actuación tanto do CRDO como da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e da "Ruta do Viño do Ribeiro", para colaborar no funcionamento destas entidades que traballan pola excelencia na calidade dos viños do Ribeiro e na promoción e difusión da cultura enolóxica e do seu turismo nesta comarca ourensá.
Baltar lembrou a cooperación que a Deputación de Ourense vén mantendo a prol da promoción do Ribeiro, que ao longo deste ano materializouse, entre outros, co apoio ás actividades da "Ruta do Viño do Ribeiro", unha iniciativa que reuniu por primeira vez a catro entidades -Deputación, Consello Regulador, Ruta do Viño e Xeodestino O Ribeiro-Carballiño-, que colaboraron conxuntamente para potenciar o territorio do Ribeiro. O presidente destacou o potencial que para o Ribeiro teñen as estratexias encamiñadas a promover o enoturismo, salientando especialmente "o que vai supoñer a chegada da alta velocidade a Ourense e en vésperas do Xacobeo 2021".
"Trátase dunha aposta decidida polo Ribeiro para seguir revitalizando unha comarca vitivinícola histórica e impulsala como destino enoturístico", expresou Baltar, quen puxo o acento "nos valores diferenciais" desta comarca, personalizados na súa paisaxe, recursos arquitectónicos e culturais, e o termalismo, tendo o viño do Ribeiro como elemento que canaliza a promoción deste territorio".

Un carballiñés residente en Vigo, José Vicente “Pucho”, foi a persoa afortunada no sorteo da cesta de Nadal da Ruta das Tapas do mes de decembro, celebrado este mediodía nun acto ao que asistiron os concelleiros Manuel Dacal, Silvia Baranda e Guadalupe Sobrado, así como a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e representantes dos establecementos hostaleiros integrados nesta iniciativa.
O valor da cesta ronda os 1.000 euros, según dixo o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, pois contén un televisor, una bicicleta infantil, un xamón, embutidos, queixo, botellas de viño, wiski, licores, champán, aceite, cervexa e outros produtos propios do Nadal.
Dacal agradeceu a colaboración do dono do local no que se se realizou o sorteo e estivo en exposición esta cesta, Manuel Cabanelas, así como ás empresas Aceites Abril, Pazo Tizón, Estrella de Galicia, Catering Xantares e outras que donaron os produtos da cesta., e asegurou que a Ruta das Tapas está dinamizando as tardes dos venres no Carballiño, e que continuará no mes de xaneiro.
Finalmente felicitou o Nadal aos carballiñeses e visitantes en nome do CCA, dos establecementos hostaleiros e do seu propio, e ao gañador da cesta
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- 399
- 400
- …
- seguinte ›
- última »