
Martínez Avellanosa un día sí y otro también. Es una pena ver las calles así por la irresponsabilidad de los dueños.

O pasado 25 de marzo a Comisión Europea daba a coñecer os 47 proxectos considerados prioritarios na estratexía para a extracción de minerais críticos da Unión Europea, entre eles está o proxeto mineiro coñecido como o da mina de litio de Doade, no concello de Beariz.
Desde ese mesmo dia, veciños da zona mostráronse excépticos ante este proxecto, e afirman que veñen demandando unha información á Xunta que, de momento, non teñen, polo que entenden están nunha situación de incerteza e indefensión.
No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Victor Gil, da Plataforma SOS Suido-Seixo e presidente da Xunta de Comuneiros do Monte Veciñal en Man Común de Framia, en Beariz:

Clownómadas coróase como gañadora da Primeira Edición do Clownconcurso co seu espectáculo “Sen destino"
Tras unha emocionante e desputada votación por parte do público, resultou que esta compañía chegada desde Mallorca, alzouse co primeiro posto grazas ao seu espectáculo “Sen destino”, unha proposta cargada de humor, emoción e talento que conquistou ao público asistente a este festival celebrado durante esta semana santa no auditorio carballiñés.
A decisión non foi doada: a votación estivo moi axustada e reflexou o altísimo nivel de todas as compañías participantes, que ofreceron funcións moi aplaudidas e ben recibidas polo público. Aínda así, Clownómadas conseguiu destacar pola súa orixinalidade e entrega enriba do escenario, deixando unha fonda pegada nesta edición do Clowncurso.
Desde a organización, a cargo da Escola Galega de Clown, felicitan a todas as compañías participantes polo seu traballo, creatividade e paixón, e agradecen ao público a súa implicación e entusiasmo en cada función.

O cine de referencia para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño, oferta na súa programación para estes dias ata catro películas, e un novidoso espectáculo en vivo que combina imaxe e música.
Na carteleira podes consultar títúlos e horarios.

Hola, sería interesante que tomaran nota as autoridades competentes para eliminar unha das árbores ubicada nunha finca privada pero que invade a rúa Ourense (o lado da rotona da Fontela) enfrente gasolineira Bp.A súa inclinación faime pensar que encalquera momento pode caer e no perigo que supon cada vez que paso en coche ou andando por esa zona.
Espero tome note o sr Alcalde de Maside.
Grazas.

O vindeiro luns 21 de abril presentarase en Frigoríficos Arcos, no Parque empresarial do Carballiño, o proxecto "Exportou 2025". O obxectivo do mesmo é consolidar un ecosistema intelixente que facilite a internacionalización, dixitalización e sustentabilidade das empresas da provincia de Ourense, promovendo a súa competitividade e adaptación aos desafíos globais.
"Exportou 2025" afiánzase como unha ferramenta clave para apoiar ás empresas na súa expansión internacional mediante solucións dixitais avanzadas e estratexias sostibles.
Están previstas as intervencións do alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, a presidenta da CEO, Marisol Novoa, asi como os representantes de Frigoríficos Arcos, Daniel González Atanes e Camilo González Atanes. Tamén intervirá o presidente da Deputación Provincial,Luis Menor.
Desde a súa posta en marcha no ano 2017, "Exportou" consolidouse como unha iniciativa estratéxica clave para impulsar a internacionalización do tecido empresarial da provincia de Ourense. Ao longo destes anos, a súa evolución foi constante, adaptándose aos novos desafíos e oportunidades dos mercados globais.
Frigoríficos Arcos participou en "Exportou" desde os seus inicios en 2017, aproveitando activamente este programa para a súa internacionalización a través de misións inversas, logrando clientes internacionais, e recibindo asesoramento especializado en comercio exterior.
En 2025, "Exportou" transfórmase nun ecosistema intelixente e colaborativo, integrando a internacionalización, dixitalización e sustentabilidade como eixos fundamentais para reforzar a competitividade das empresas da provincia de Ourense.
Onte había campaña publicitaria de folletos nos portais do Carballiño anunciando o novo horario de apertura do Alcampo. A algún iluminado da empresa, que non pisou o Carballiño na sua vida, se lle ocorreu vendo os números de facturación da empresa desde que se fixeron cargo do que antes era o Dia, que o problema é o horario de apertura. Resulta que pensan arreglar o problema abrindo tódolos días do ano de 6:00 a 0:00. Obviando que o verdadeiro problema é que o Alcampo non cubre o oco de productos e prezos no que antes estaba o Dia. Ca subida de prezos que fixeron, a xente vai seguir mercando onde o faía antes é a que marchou que era cliente faino en superficies como Claudio da Uceira ou incluso en superficies de fora da comarca cando veñen de traballar.
A verdade, eles mesmos toman esta decisión, como idea tola antes de tomar a decisión de pechar. Vese ben que é temporal e que nin eles mesmos creen na idea, cando o letreiro que puxeron na 25 de Xullo é unha lona sobre o cartel de antes e non algo fixo para perdurar no tempo.
Con todo, o que quero transmitir é que todo isto é totalmente ilegal e non cumpre a lexislación vixente, este establecemento non cumpre as condicións marcadas por lei para abrir no horario que marca tódolos días do ano. Solicito que tanto o Concello de Maside ou o de Carballiño ou o Centro Comercial Aberto do Carballiño tomen cartas no asunto é notifiquen a Xunta o incumprimento la lexislación vixente para facela cumprir e non promover a competencia desleal. Todo o mundo ten que xogar cas mismas normas.
COMPETENCIA SI, NORMAS IGUAIS PRA TODOS TAMÉN.
Pobreza, 35% de impostos, regulacións extremas, IVE do 21% (imposto que non perdoa se es pobre ou rico, encarece o mesmo), non se poden ter 2 galiñas sen rexistrar, todo o monte Cheo de muiños de vento mentres tiramos as fábricas e pechamos as centrais nucleares porque 4 iluminados faltan de Chernóbyl cando no mundo hai centos de centrais, as rúas cheas de lixo, substitución demográfica, non hai axudas aos país, non hai seguridades nin orden nin decoro, os nosos fillos e netos sen futuro e cunha educación pública das peores do mundo civilizado, Unha sanidade pública onde te poden convalidar un título de risa... Pero todos felices, con 2 € no peto para un café na terraza ou Unha cervexa e a seguir votando ao PP, ao PSOE e ao BNG. Que vos aproveite, miserentos, esixide un pouco máis na outra vida!
Esa é a denuncia, moitas grazas.

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible licitou por 998.400 euros (IVE incluído) un contrato de servizos para a redacción do estudo informativo complementario para tramitar a avaliación de impacto ambiental da variante ferroviaria de Cerdedo, publicado hoxe na Plataforma de Contratación, co obxectivo de mellorar a conexión ferroviaria de Ourense con Pontevedra e Vigo.
Dentro do territorio da comarca do Carballiño, o traxecto previsto tocaría algo ao concello de Boborás, na parroquia do Regueiro, continuaría a través dos concellos do Irixo e O Carballiño, para a súa conexión coa liña de alta velocidade de Santiago de Compostela, via Ourense.
Este estudo dá continuidade aos traballos xa realizados para a execución dun tramo ferroviario que mostrou ter unha gran complexidade técnica, particularmente no que se refire á hidroxeoloxía. Búscase incorporar e completar as análises realizadas e adaptalo aos cambios normativos que tiveron lugar nos últimos anos. O obxectivo é someter a actuación a información pública e audiencia, de acordo con a normativa sectorial, así como á avaliación de impacto ambiental á que obriga a lexislación ambiental.
Para iso, inclúense dúas actuacións fundamentais:
1. Unha campaña xeolóxica e geotécnica que completará as investigacións anteriores e garantirá que a documentación para a avaliación ambiental conte con toda a información necesaria.
2. E a redacción do estudo informativo complementario, no que se describirá a solución técnica xa definida, adaptada á normativa actual e incorporando tanto as análises previas como os resultados da nova campaña geotécnica, coa inclusión do estudo de impacto ambiental, conforme aos requirimentos legais actuais.

O Grupo Provincial do Partido Popular defenderá unha moción no vindeiro pleno da Deputación unha moción para a mellora da atención e integración do colectivo inmigrante da provincia, con especial atención á poboación venezolana.
Para explicar esta proposta, esta mañá compareceron en rolda de prensa a voceira dos populares, Patricia Torres, xunto ao presidente da Asociación de Venezolanos “Alma Llanera”, Lorenzo González; e a deputada Teresa Barge como representante da comarca con máis venezolanos de toda a provincia, analizaron polo miúdo a necesidade de garantir unha maior axilidade nos trámites que deben realizar as persoas inmigrantes, así como evitar que as mafias existentes se lucren por trámites que son gratuítos, como por exemplo, as citas na Comisaría para tramitar o NIE, documento absolutamente imprescindible para traballar, alugar unha vivenda, e arraigarse na provincia.
“No Partido Popular poñemos de manifesto esta problemática para que o Goberno de España axilice a homologación dos trámites, pois nesta provincia precisamos que as familias que queren vir se arraiguen, algo fundamental para o reto demográfico”, sinalou Patricia Torres. “É absolutamente necesario para fixar poboación activa no rural, e poboación moi cualificada, ademais”, precisou Teresa Barge.
Pola súa banda, Lorenzo González recalcou que “mocións coma esta son moi necesarias para que poidamos loitar contra a nosa indefensión”, lembrando que son máis de 9.000 as persoas procedentes de Venezuela que están a residir actualmente na provincia, “pero poderían ser moitas máis se non existisen tantas trabas para poder legalizar a súa situación e traballar”.
Acordos
Por todo elo, os acordos que contempla a moción que defenderán os populares baséanse en instar ao Goberno de España a: mellorar os procesos de acollida, regularización e inserción laboral do conxunto da poboación migrante, reducindo tempos de espera e garantindo un trato digno e eficiente; a revisión do Regulamento de Estranxeiría para evitar que as persoas solicitantes de asilo teñan que renunciar á súa protección internacional ou ao seu emprego para optar a outras vías como o arraigamento; a acelerar a homologación de títulos académicos e cualificacións profesionais, especialmente no caso de migrantes con alta formación que non poden exercer a súa profesión en España; a garantir un sistema de xestión de citas transparente, accesible e eficaz, combatendo a actuación das mafias e evitando que as persoas migrantes queden atrapadas en situacións administrativas irregulares por falla de acceso aos procedemento; a modificar o programa de fomento da rexeneración e renovación de vivenda urbana e rural coa ampliación partidas especificas en concellos de menos de 5.000 habitantes sen limite de idade, destinada o aluguer.
O último punto dos acordos prantexa promover desde a Deputación de Ourense políticas activas de integración social, laboral e educativa para persoas migrantes, en coordinación cos concellos e co tecido asociativo, poñendo en valor, en colaboración coas entidades locais, o papel positivo do colectivo venezolano no reforzo demográfico e económico da provincia, impulsando campañas de visibilización e apoio institucional.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »