12, Novembro 2019

A campaña de divulgación da toponimia Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegará este venres, 15 de novembro, a Beariz.

O especialista en toponimia Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), impartirá unha charla ás 19: 00 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A intervención conta coas achegas, na parte relativa á orixe e significado dos nomes dos municipio e das súas parroquias e aldeas, do académico correspondente e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza.

Alén de profundar no coñecemento dos nomes dos lugares habitados, o público poderá familiarizarse coa aplicación colaborativa que permitirá proximamente que a cidadanía participe na preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización.

Tamén se ensinará como consultar a microtoponimia xa xeorreferenciada e validada no "Visor de topónimos" do novo portal da Toponimia de Galicia. Ademais, explicarase con exemplos prácticos as utilidades desta información xeolocalizada e normativizada para as distintas actuacións sobre o territorio dos técnicos municipais (PXOM, catastro...), para a promoción turística de elementos de interese cultural de cada concello ou mesmo para o ensino, polo carácter transversal e multidisciplinar dos contidos toponímicos.

12, Novembro 2019

O alcalde do Carbaliño, Francisco Fumega; a coordinadora institucional para Lugo e Ourense da Fundación Galicia Obra Social, Beatriz Fernández García, e o coordinador de negocio institucional en Ourense de Abanca, Mateo Alonso San Román, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre a institución municipal carballiñesa e a entidade bancaria e a súa fundación da obra social, coa finalidade de colaborar no desenvolvemento de actividades enmarcadas no programa interxeracional de Afundación “O valor da experiencia”.

Como primeira actividade deste convenio atópase a realización da obra de teatro “Os vellos namorados”, que correrá a cargo do grupo Teatro Sénior de Afundación. A representación será este mesmo xoves, 14 de novembro, ás 20,00 h., no auditorio municipal Manuel Maria, e coa entrada totalmente de balde ata completar o aforo.

11, Novembro 2019

O concello de PIñor ten programada para o sábado dia 23 deste mes de Novembro a inauguración da Área de servizo de autocaravanas, habilitada no monte comunal de Cestos, nas inmediacións da localidade de Cotelas, nunha zona próxima á ruta xacobea da Via da Prata e o mosteiro de Oseira.

Trátase da primeira área de servizo de autocaravanas homolodada da Comarca do Carballiño, este novo equipamento turístico supuxo un investimento de 78.478 euros aportados pola Consellería de Cultura e Tuismo.

Coincidindo coa inauguración, terá lugar unha concentración promovida pola Asociación Galega de Autocaravanas entre os dias 22 e 24, que incluirá a celebración do magosto e a asamblea anual de socios desta asociación de autocaravanistas.

O alcalde piñorense, José Luis González, avanzou en COPE O Carballiño que no próximo pleno municipal deste mes de Novembro aprobaráse unha ordenanza municipal que regulará o uso deste servizo e anunciou que será gratuíto.

9, Novembro 2019

Todo parecía poñérselle de cara a o Arenteiro na Porta Santa de Paiosaco cando aos 10 minuto Wadir aproveitaba un regalo da defensa local para adiantarse no marcador, e máis aínda cando no minuto 43 o Paiosaco quedábase con 10 xogadores no campo ao ver cartón vermello directo un dos seus fútbolistas.

Pero o Arenteiro non soubo sacar máis beneficio que manter o 0-1 na preto de media hora de partido que xogou en superioridade, ata que no m. 68 Emilio veu doble amarelo volveu equilibrar o número de xogadores de ambos equipos, e paradóxicamente foi o Arenteiro o que tivo que xogar o último cuarto de partido en inferioridade ao resultar tamén expulsado o defensa David Suárez, tamén por doble cartón amarelo.

E cando xa parecía que o Arenteiro ía conseguir os tres puntos, chegou o gol local que igualaba o partido, xa no tempo de desconto. Cando perdoas unha e outra vez ante a portería rival, o fútbol ten estas cousas.

Con este resultado os verdes continúan nunha situación incómoda na táboa de clasificación.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

9, Novembro 2019

Ata o próximo dia 14 deste mes de Novembro o Novocine de Leiro ofrece ata seis películas, que poden verse en distintos horarios de tarde e noite, unha magnífica oportunidade para achegarse ao cine en pantalla grande e sen necesidade de desplazarnos máis lonxe para gozar das últimas estreas cinematográficas.

9, Novembro 2019

Os socialistas do PSdeG-PSOE de Leiro queren trasladar a opinión publica, unha problemática grave a que están a padecer os veciñ@s do Pobo de Corneira co alumeado público, xa que levan dous meses tendo problemas para sair a rua e poder andar polas mesmas coa total seguridade, xa que moitos dos veciñ@s son xente de avanzada idade cos conseguintes perigos, que pode acadar esta circunstancia.

Desde o Grupo Municipal e mediante o noso Portavoz Manuel lle queremos trasladar o Goberno Municipal esta inquedanza, xa o que non pode ser e que se emita una nota informativa desde o Concello decindo na mesma “O Concello de Leiro informa que non é posible o cambio de luminarias fundidas no pobo de Corneira, ata que UNION FENOSA proceda a reparación da liña de alimentación que provoca o fundido das luminarias por sobrecarga.

Entanse realizando os trámites oportunos coa compañía para que faga a reparación á maior brevidade posible”, pero os socialistas o que queremos e o que non pode ser e que leven así con este problema estos veciños, xa que xa fai dous meses desde que se emitiu esta nota informativa e a día de hoxe non se solucionou nada nin miras ten de que se vai a solucionar este grave problema.

Polo cal ante a pasividade do Grupo de Goberno o noso voceiro Manuel Rguez, vai a presentar un escrito solicitando “donde está a notificación de Union Fenosa comunicando esa incidencia, aparte de solicitarlle o Concello que se tomen medidas de presión a empresa para que se solucione este grave problema que teñen os veciños e vecinas de Corneira xa que non poden sair a rua de noite, xa que esta todo as oscuras.

7, Novembro 2019

O nome do Carballiño, como acontece con tantos outros pobos, ten que ver co lugar no que naceu. Os estudosos da toponimia coinciden nesto, pero discrepan na súa orixe, aínda que parece prevalecer a teoría do apelativo cariñoso, que en galego adopta ser un diminutivo. Desta maneira, O Carballiño indicaría afecto por ese lugar poboado con carballos ou acaso a algún carballo singular, que destacase sobre os demáis.

Pois sendo asi, ese carballo podería ser o que existía onde se edificou nunha das primeiras pousadas de arrieiros que houbo no Carballiño anos despóis de os monxes de Oseira crearan a feira que deu lugar o nacemento do pobo, a súa ubicación coincide na actualidade cun edificio á beira da Praza Maior "a casa da famlia Garriga", entre as rúas Carmen e Cesáreo Tizón, a apenas unhos poucos metros da casa do concello.

Quen esto acreditou  foi Jesús Álvarez Rodríguez, xa falecido fai anos e carballiñés do barrio de Flores, nunha entrevista con Xan Pinal gravada en 2001, e emitida esta semana no espazo de COPE O Carballiño "Aquel pobo, aquela xente".

Este home, identificado como o tataraneto dun dos primeiros habitantes do Carballiño, contounos ademáis que a primeira casa que se construíu no Carballiño, precisamente a do seu tataravó, situábase á beira do Carrás, na zona onde moitos anos despóis estaba o matadoiro municipal, xa desaparecido. Despoís, construira unha segunda vivenda xa no actual barrio de Flores. Era cordaneiro, facía cordas, e orixinario das terras de Maceda. Historia que se foi transmitindo de xeneración en xeneración nesta familia.

O audio deste documento pode escoitarse nesta mesma WEB, na sección de PROGRAMA, correspondente ao dia 7 de Novembro de 2019.

6, Novembro 2019

O Círculo carballiñés de Podemos considera totalmente desacertada a idea revelada polo concelleiro de cultura Diego Fernández ao xornal "La Región", para ubicar a demandada Casa da Xuventude no cuarto andar da Casa da Cultura, nun espazo de apenas 100 metros cadrados.

No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado de Podemos O Carballiño:

6, Novembro 2019

A chegada masiva de emigrantes retornados e inmigrantes procedentes, fundamentalmente de Venezuela, dispara a poboación do Carballiño ata acadar os 14.328 habitantes, rozando polo tanto o teito poboacional histórico do municipio rexistrado no ano de 2013, daquela o padrón rexistraba 14.355 habitantes.

Asi se desprende dos últimos datos actualizados do Padrón contínuo, O Carballiño está a apenas 27 habitantes da súa cifra de poboaicón máis alta, polo que de confirmarse esta mesma tendencia nos próximos meses mesmo podería superarse.

En relación ao último Padrón de referencia anual, con data de 1 de Xaneiro deste ano, O Carballiño tiña unha poboación de 13.939 habitantes, polo que neste periodo de tempo o incremento de habitantes cífrase en 389 persoas.

Un incremento que se confirma a pesar do crecemento vexetativo, que sigue tendo saldo negativo, xa que cada mes o número de nacidos é inferior ao de falecidos, asi e todo o saldo migratorio do munlicipio é positivo.

O numero de extranxeiros empadronados no municipio do Carballiño representa xa o 10% do total, destacando aquelas persoas procedentes de Venezuela, e en moita menor medida aquelas que chegaron a O Carballiño e que son orixinarias de Brasil, Portugal, Repúbica Dominicana ou Argentina.

Asi pois, O Carballiño volve superar seis anos despóis a barreira dos 14.300 habitantes, consolidanse desta maneira como a segunda poboación da provincia de Ourense, tras a capital.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS