
O Alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, ven de confirmar unha nova achega económica por parte do Instituto Enerxético de Galicia ao concello de Maside para dar continuidade á renovación das iluminacións públicas nas localidades do municipio.
Desta vez, e por medio dunha subveción de 123.000 euros, vaise proceder a acometer a renovación dos alumeados públicos coa implantación da tecnoloxía LED na rúa principal da vila de Maside, asi como nas localidades da Touza, Negrelle e O Pazo e o barrio do Outeiro Grande.
O rexedor municipal calcula que a implantación deste sistema vai supoñer un aforro do 80% na factura eléctrica, e anunciou que agarda conseguir unha nova axuda para completar este proxecto de eficiencia enerxética no resto do municipio masidao.

A sesión extraordinaria está convocada para as 20 horas deste próximo xoves dia 7 de Novembro, na mesma elixiráse como novo alcalde de San Amaro ao socialista Rubén Gómez, terceiro na lista do PSdeG-PSOE nas eleccións do pasado mes de Maio.
Desta maneira, San Amaro terá catro alcaldes en menos dun ano. Unha situación bastante atípica e que tiña o seu primeiro capítulo no mes de Novembro de 2018 coa renuncia de Ernesto Pérez, tras exercer como alcalde dende 2013, marchaba a apenas seis meses da convocatoria electoral de Maio deste ano, sendo sustituído por Fernando Rodríguez Redondo, tamén do grupo popular.
Tras os comicios municipais era elixida como alcaldesa a socialista Maria del Carmen Pérez, que presentaba a súa demisión de forma inesperada no pasado mes de Setembro, pasando a exercer as funcións de alcalde Carlos Paz, de Xuntos por San Amaro, primeiro tenente de alcalde no goberno bipartito cos socialistas.
Eso si, o novo alcalde que elixirá a corporación este próximo xoves apenas terá ano e medio para exercer como tal, xa que según o pacto entre PSdeG e Xuntos, nos dous ultímos anos do mandato o alcalde deberá ser Carlos Paz.
Alá polo 2004, co inicio das obras do AVE a Madrid, un pequeno grupo de tolos pensábamos que a Obra faraónica que estaba a piques de escomenzar tería como principal consecuencia o abandono de boa parte das poboacións galegas (dispersas por motivos xeográficos). 16 anos despois, un numeroso grupo de carballiñeses manifestábase a escuras na estación (abandonada) da nosa Vila pedindo aló menos que, nos poucos horarios que quedan, os viaxeiros podan ir sentados.
O próximo domingo votaremos e..... ¿boa parte da poboación votará coa mente posta en Catalunya e na Unidade de España?

Os numerosos veciños e veciñas do Carballiño e Comarca que respaldaron esta tarde de domingo a concentración convocada polas asociacións xuvenís Xuca e Asesgal poideron comprobar o estado de abandono co que Adif ten a estación de ferrocarril do Carballiño, e mesmo a deixadez e falla de respecto para os seus usuarios.
Á hora anunciada para esta quedada, as sete e media da tarde, as dependencias interiores e exteriores da estación carballiñesa permanecían ás escuras e tanto os organizadores da protesta como as persoas que acudiron tiveron que utilizar as lanternas dos móbiles para poder ver un chisco, unha situación totalmente terceiromundista pero ilustrativa do estado actúal da estación de tren no Carballiño, tampouco a de hoxe era unha estampa execepcional xa que tamén acontece moitas veces a diario cando chega o tren da tarde procedente de Ourense.
O motivo desta acción reivindicativa ante o Adif é chamar a atención sobre o descontento existente no Carballiño pola precariedade dos servizos ferroviarios, e dos resto do tranposrte público, unha probemática que sufren sobre todos os estudantes, con enormes dificultades para desplazarse dende O Carballiño ás principais cidades galegas, tal como recordou Ramiro Bello, en nome dos convocantes.
A entrada en funcionamento da nova liña da Alta Velocidade Ourense-Santiago-A Coruña en decembro de 2011 supuxo a perda de varios trenes na estación do Carballiño, posteriormente suprimíuse o tren nocturno con Madrid, e recentemente a privatización do servizo de atención ao público e venda de billetes -so 7 horas ao dia de luns a venres- empeorou aínda máis as precarias prestacións, tal como hoxe poideron comprobar "in situ" os manifestantes.
No acto de protesta deste domingo, ademáis de estudantes e familiares, tamén participaron veciños e veciñas e representantes das formacións políticas representadas no concello do Carballiño, e mesmo doutras que con contan con represntación instituacional no concello carballiñés.
Un servicio deficiente de tren es malo, un servicio inexistente de autobus para estudiantes , trabajadores y todo el que quiera desplazarse a VIGO, inexistente. Ya puestos reclamemos todo. Tener que desplazarse a Ourense, Ribadavia o A Cañiza no es una opcion, es una falta deatencion a una los habitantes de una comarca. Cuando algo interesa se hace rapido politicamente hablando, el transporte tambien interesa. Pues.......rapidiño que e noite.... Menos peleas politicas, menos quedar bien, menos peloteo y mas accion y efectividad. En resumen tren y autobuses ya sin mas demora.
Un saludo

A asociacións xuvenís Xuca e Asesgal organizan para este domingo as 19:30 Unha quedada na estación de tren do Carballiño.
Os convocantes refírense aos retrasos, averías, trens equivocados, trens sen espazo,que son motivos máis que suficentes para esixir dunha vez por todas que se leven a cabo as mellores correspondentes para garantir un trasporte público de calidade.
Manifestan que "a situación debe mellorar, xa que se O Carballiño perde as conexións ás principais cidades galegas, estánnos marxinando,unha marxinación que estamos xa sufrindo a xuventude do Carballiño e Comarca, e moi particularmente os estudantes que temos grandes dificultades para desplazarnos en transporte público".
Dende Espazo Común avanzan o seu apoio incondicional con esta protesta anunciando que participarán "activamente na convocatoria dos colectivos xuvenís Xuca e Asesgal, extensiva a toda a veciñanza do Carballiño, para participar nunha concentración de protesta este domingo ás 19:30 na Estación de tren, alí deixaremos claro que imos defender o noso ata o final e non imos consentir máis fallas de respecto".
Animan a tódolos carballiñeses e carballiñesas, a tódolos colectivos e ás xentes da comarca a unirse "a esta mostra do descontento que temos co trato que recibimos das administracións que pretenden facernos de menos".

Pachi Vázquez e Érika Paz, ambolosdous profesionais do sector sanitario, presentaron a proposta que van levar ao pleno municipal para demandar que desde a Xunta de Galicia se atenda unha necesidade perentoría para a nosa comarca como é a reforma en profundidade do actual o a construcción dun novo Centro de Saúde.
Comezou intervindo Érika Paz quen criticou que “a Xunta ignora completamente a O Carballiño nos seus orzamentos para o ano 2.020” e denunciou que lonxe de ser o próprio goberno municipal que enarborara a bandeira da defensa dos intereses dos veciños, éste semella estar a outra cousa, “mentres os veciños se botan á vía do tren para loitar por un transporte público digno, o Concello fala da Ruta das Tapas”.
Na súa intervención Pachi Vázquez lamentou que ningún dos outros tres grupos presentes na corporación fíxese nin tan só unha análise do agravio da Xunta para co Carballiño no seu proxecto de orzamentos, nos que lle correspondeu “un cero patatero” en canto a inversión.
Vázquez considera coma “un elemento fundamental a saúde dos carballiñeses e inadmisible contar cun Centro de Saúde que está caendo aos anacos” onde recalcou que só a profesionalidade dos seus traballadores permete manter os servizos sanitarios con dignidade".
A falla de espazos e as deficiencias estrutarais son algúns dos problemas que teñen que afrontar no seu día a día os traballadores do mesmo.
Vázquez criticou que semella que O Carballiño non pinta nada no mapa político cando outros concellos reciben partidas sustanciais para a mellora das súas infraestruturas da saúde, subliñou.
“Melide ten asignados 2.860.000 €, Porriño 1.500.000 €, A Estrada 3.966.000 €. Chama atención que aquí preto en Lalín haxa xa un proxecto para un novo Centro de Saúde cunha inversión prevista de 5.000.000 € onde haberá servizos coma cirurxía menor ambulatoria, radiodiagnóstico ou hemodiálese. Mentres os responsables do SERGAS comprometeron unha televisión e un par de mesas como mellora para o do Carballiño.” criticou Vázquez.
O Carballiño non quere ser máis ca ninguén pero tampouco pode ser meno, dixo.
Anunciou que ata o día 16 pódense presentar alegacións a estes orzamentos autonómicos e a intención de levar “ao pleno que o alcalde se comprometeu a convocar para o día 6 unha proposta para que tódolos partidos da corporación adoptemos o acordo de enviar a tódolos grupos parlamentarios para que a inclúan a dotación dunha partida singularizada de 250.000 € para a redacción do proxecto e a dirección de obra da Reforma e ampliación do Centro de Saúde no Carballiño”. Éste sería un primeiro paso no camiño de acadar un servizo acorde coas necesidades reais do pobo, manifestou.
Agardan, cometnou, contar co apoio e compromiso de tódolos grupos políticos municipais e o conseguinte dos seus grupos parlamentarios.
Pachi Vázquez rematou remarcando que “tódolos veciños desta comarca merecen unha atención sanitaria digna”

A resolución da Xunta de Galicia xa lle foi comunicada oficialmente ao concello, e na mesma anúnciase a concesión dun novo Programa Integrado de Emprego ao Concello do Carballiño.
Na próxima edición se impartira formación do eido industrial, cursos de atención ao cliente e de marketing dixital e un certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas dependentes en institucións sociais.
Ademáis de estar desempregado, os requisitos para poder participar este ano do programa son os seguintes, estando polo menos nunha destas situacións: ser menor de 30 anos de baixa cualificación, maior de 45 anos, muller, perceptor/a de prestacións, subsidios ou renda activa de inserción.
O concelleiro de emprego Manuel Dacal comunica que “todo o que queira participar deste programa, con altos índices de inserción laboral, soamente teñen que solicitalo a través do Servizo e Orientación Laboral, que se pode atopar na Casa do Concello”. Por outra banda informa que “este ano vanse pagar becas de 5 euros por día de asistencia ás accións do programa, facilitando medidas de conciliación da vida familiar e cun obxectivo do 40% de inserción laboral”.
Ao igual que a anterior edición, este programa contará con 100 usuarios cos que se traballará ao longo dun ano a orientación, formación, prospección e intermediación laboral, intentando garantir a autonomía persoal na procura de emprego, de forma que adquiran ferramentas para facelo da forma máis eficiente posible.
En breves comezará a selección de participantes, polo que se recomenda a todas as persoas interesadas a solicitalo canto antes no departamento anteriormente citad0a polo concelleiro, que está no propio edificio do concello na entrada traseira.

COPE O Carballiño estrea un novo espazo na programación local de mediodía no que imos recuperar diversos episodios, acontecementos e páxinas sonoras da historia do Carballiño.
Na primeira entrega, esta semana, achegámonos á historia dos pioneiros da radiodifusión carballiñesa, unha historia que nos remonta ao ano 1946 cando comezou a emitir unha pequena emisora de radio, a segunda en facélo na provincia de Ourense.
O pioneiro da radiodifusión local foi Gabriel Valeiras Muñoz , xunto ao párroco do Carballiño naquéles tempos D. Evaristo Vaamonde, que ademáis de promover a contrucción do templo da Veracruz, impulsou a posta en marcha daquela emisora de radio nunha época na que a O Carballiño apenas chegaba o sinal de Radio Nacional de España. Completaban o equipo humano daquéla primeira emisora de radio carballiñesa como colaboradores Francisco Pinal e o Sr. Ginés, éste último era o técnico de Telefónica no Carballiño.
Os estudos dende os que emitían encontrábanse na Praza da Mina, nun local comercial no que o propio Gabriel Valeiras montaba e vendia receptores de radio, e a pouca distancia a antena da emisora instalada no tellado da casa da familia Pereira, na rúa principal do Carballiño, nos baixos deste edificio encotramos hoxe o restaurante “Ernesto Patio”.
Aínda que a emisora era de pequena potencia cubría tanto O Carballiño como os arredorres.
Na programación dominaba a música con dedicatorias e as platicas do párroco D. Evaristo nas que pedia axudas para as obras da Veracruz.
Lamentablemente, a aventura apenas durou unhos meses, xa que foi precintada por órden do Goberno Civil por carecer dos permisos da época.
No programa contamos co testemuño de Gabriel, este carballiñés pioneiro da radiodifusión local, que está próximo a cumplir os cen anos.
Cada semana en “O Carballiño, aquel pobo, aquela xente” en COPE farémos memoria da nosa historia local.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 403
- 404
- 405
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- …
- seguinte ›
- última »