20, Agosto 2024

Non fai falta ir moi lonxe do concello para atoparnos cun espectáculo similar ao da rúa Julio Rodríguez Soto e á da Praza de abastos, xa que nesta rúa céntrica os contenedores que se atopan diante do efificio Cheda desprenden un forte e desagradable cheiro e, ademais, neles se acumula o lixo tanto por fóra coma por enriba dos contenedores, pois levan bastante tempo sen ser vaciados...¿Estarán de folga ou de vacacións os/as encargados/as do servizo de limpeza?. Coido que é hora que un/unha responsable municipal dé a cara para dar explicacións.

19, Agosto 2024

Así están todas as ruas de Carballiño  onde están  os contenedores de lixo, levan sin lavalos non se sabe canto

Senon que lle pregunten os veciños da avenida do Balneario, que tamen existe. Non falemos xa dos sumidoiros que cómo caían catro gotas aparece de todo na calle.

19, Agosto 2024
19, Agosto 2024

DELÚ é unha nova marca de cosmética sólida, vegana, natural e unixex, especializada en productos de hixiene persoal para o coidado diario da pel.

Un proxecto nacido na nosa comarca, entre Boborás e Maside, de carácter artesanal, que fabrica lotes pequenos e personalizables para hoteis, casas rurais ou calquera evento.

Productos destacados DELÚ son, os xabóns sólidos soponificados en frío 100% naturais, xabóns de afeitado, champús solidos para diferentes necesidades capilares, hidratantes e aceites corporais e faciais.

DELÚ vende online e atende pedidos no teléfono 668 524 656.

No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Maria Luisa Rodríguez, unha das promotoras de DELÚ.

19, Agosto 2024

A Mesa de Contratación do Concello do Carballiño resolveu o concurso de licitación de obras de humanización e mellora de dúas rúas urbanas e de pistas do rural por importe de 236.167 euros. As melloras levaranse a cabo nas rúas Serra Martiñá e Testieiro e en vías interiores do pobo de Longoseiros e nos accesos aos pobos de Paradela e Larouce.

A actuación que se levará a cabo na rúa Serra Martiñá consistirá na renovación da rede de saneamento e abastecemento no tramo inicial próximo aos catro camiños e o asfaltado da totalidade da mesma ata a urbanización de Corzos. A empresa adxudicataria é Oresa e adxudicouse por 82.602 euros.

As obras que se levarán a cabo na rúa Testiero inclúen a renovación e substitución da rede de saneamento existente, na actualidade en moi mal estado e a rede de abastecemento, que presenta problemas de roturas. Unha vez rematados estes traballos procederase á renovación do firme da estrada na súa totalidade con aglomerado en quente A empresa adxudicataria é Etelvino e Julio e optou á actuación cunha oferta de 98.792 euros.

No pobo de Longoseiros levarase a cabo a renovación de rúas interiores con formigón pulido, rebaixando a cota do cemento existente e botando unha nova capa que permitirá mellorar o uso dos camiños. A empresa adxudicataria da obra é Etelvino e Julio e o importe da licitación ascende a 23.750 euros.

Por último, a Mesa de Contratación adxudicou os traballos de mellora con asfalto aglomerado dos accesos aos pobos de Paradela e Larouce, sendo a empresa adxudicataria Leonardo Migueles por un importe de 31.023 euros.

Os traballos están financiados pola Deputación de Ourense, no marco do plan único para os concellos da provincia. Os traballos levaranse a cabo nos próximos meses e o Concello prevé que estean reparados na súa totalidade antes do próximo inverno.

19, Agosto 2024

Parece que solo existe a plaza maior, o resto está que da asco. 
Ahora xa nin recollen o lixo. O cheiro é insufrible. Aquí tamén pagamos impostos

19, Agosto 2024

Parece que solo existe a plaza maior, o resto está que da asco. 
Ahora xa nin recollen o lixo. O cheiro é insufrible. Aquí tamén pagamos impostos

18, Agosto 2024

O PSOE de Boboras alerta do mal estado da estrada que baixa cara a parroquia de Cardelle, que presenta un grave deterioro do firme dende fai tempo, e que o seu estado e cada vez mais calamitoso e perigoso, presentando a capa de rodadura diversos danos, ademais de numerosas fochancas e cada vez mais grandes, sendo mais frecuentes canto mais se baixa cara Cardelle, o que supon un grave perigo para os conductores e tamén para os vehículos, que poden sufrir danos cuantiosos durante o traxecto.

Dende o PSOE de Boborás propoñen ademais do seu asfaltado en quente, xa que a calazada dificilmente admite mais remendos, que se actue sobre as cunetas da estrada, para así poder canalizar dun xeito adecuado as augas pluviais que discorren por riba da calzada e contribuen a agravar de xeito significativo o seu deterioro.

16, Agosto 2024

Levan meses ahí. Ninguén se acorda de Mouriz por máis avisos que damos.

16, Agosto 2024

O concello de Maside foi protagonista no programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño, esta vez presentado por Lolo Carril desde o consistorio masidao.

O alcalde José Manuel Iglesias fixo un repaso pola actualidade municipal e os proxectos máis relevantes para este mandato neste concello, e invitou a veciños e visitantes a participar nas distntas actividades programadas nos próximos dias, nesta segunda quincena de agosto que culminará coa celebración das festas de San Vitorio.

Xosé Manuel Pascual, presidente da Coral A Torre de Maside, avvanzou o programa dos Concertos de Verán, todo un clásico no verán masidao, a celebrar este sábado 17 de agosto na igrexa parroquial de Santo Tomé, e no que ademáis dos anfitrións actuarán a Coral A Lira de S. Miguel de Oia e a Coral San Roque de Vigo.

A técnica de cultura e deporte do concello de Maside, Yolanda Rodríguez repasa a programación veraniega, na que entre outras actividades destaca a participación record no campamento de verán 2024, con 106 rapaces participando nesta edición.

E finalmente, Leticia Otero e Enríque López, integrantes da nova directiva da Asociación Amigos do Cabalo Puzo do Lago, fálannos de toda a programación da Festa do Cabalo de Maside desta fin de semana, sábado 17 e domingo 18, que chega cun intenso programa de actividades durante os dous dias, con rutas a cabalo, concursos, exhibicións e espectáculos de doma vaqueira, gynkana infantil ou a simpática carreira de burros, e por suposto con posibilidade de xantar ou cear no propio Puzo do lago.

Podes escoitar todas as entrevistas no PODCAST de COPE O Carballiño:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS