
O 24 de xuño de 2019 o alcade de Maside saía en directo neste medio pra anunciar as obras da praza da igrexa de Dacón. Dixo en directo que as obras comenzarían o mércores 26 e que él mesmo supervisaría os traballos.
Unha boa patraña http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-anuncia-o-comezo-das...
Meses despóis elaborouse o proxecto e as obras comezaron en setembro, o 25 máis ou menos.
E cando as cousas fanse con patrañas, e con poucos cartos veñen os problemas...
http://www.crtvg.es/informativos/os-vecinos-de-maside-piden-que-rematen-...
Tanta culpa ten o goberno de mentiráns como unha oposición inoperante e inútil que anda máis ocupada en velutinas, e a chaladura de non recoñecer que é competencia de Medio Rural cuxo titular é de Maside, plas básicos, abandonar un pleno se non é mércores, e demáis chaladuras mentais que nos problemas cotiás da veciñanza.
Esto vai pra largo, con 40.000 euros non se pode facer unha obra destas características. Non coa calidade que merece a praza da igrexa de Dacón.

A proposta feita por COPE O Carballiño para elixir o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño superou todas as expectativas e acadou un gran éxito de convocatoria, superándose os catro mil votos contabilizados.
A iniciativa non so despertou o interese entre a veciñanza da Comarca, senón que tamén foron numerosos os votos enviados dende distintos países nos que temos presenza de emigrantes, sobre todo desde México e Panamá ou Argentina, ou en menor medida dende Brasil, Estados Unidos, Perú, Venezuela, Reino Unido ou Francia, entre outros.
Dende o primeiro día no que se abríu a votación, dous pobos, os de Alvite en Beariz e Pazos de Arenteiro en Boborás protagonizaron un apretado man a man desputándose o primeiro posto desta primeira fase da votación, e conseguindo superar os mil apoios cada un deles.
Alvite quedou finalmente en primeira posición con 1.074 votos, mentres que Pazos de Arenteiro foi segundo con 1.012 votos. Ambos suman case o 50% do total do voto contabilizado.
En terceira e cuarta posición quedaron duas aldeas do municipio do Carballiño, Cabanelas e Banga, que recibiron 241 e 186 votos, respectivamente, clasificándose tamén xunto a Alvite e Pazos de Arenteiro, para a votación final da que sairá elixido o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño.
Será por medio dunha votación que faráse a través desta mesma páxina Web do 23 ao 27 deste mes de Outubro.
Ademáis dos xa catro finalistas, outras 103 aldeas repartidas por toda a xeografia comarcal tamén tiveron votos en maior ou menor cantidade.
Os máis votados por concellos
Ás portas de entrar na final quedouse Oseira, que foi o pobo máis apoiado no concello de San Cristovo de Cea.
A Touza e O Lago, foron as aldeas consideradas como as máis bonitas no concello de Maside.
Lousado, este pobo da parroquia de Loeda, foi o máis votado no concello de Piñor.
Eiras e Anllo foron os favoritos da nosa audiencia no concello de San Amaro.
Ourantes foi a localidade que máis votos obtivo no concello de Punxín.
Finalmente, no concello do Irixo o voto estivo moi repartido entre varias aldeas, as que máis apoios lograron foron as de Barcia, na parroquia de Reádegos, Cebral en Froufe e Parada de Laviote.

Espazo Común considera que “a recente supresión de moitas prazas de estacionamento en rúas céntricas pode xerar confusión e malestar entre a veciñanza”.
Neste sentido, o grupo municipal salienta a necesidade de poñer en marcha un Plan de Mobilidade que recolla, ademais, accións específicas encamiñadas a superar as barreiras arquitectónicas.
O grupo municipal de Espazo Común en O Carballiño precisa que durante os catro anos anteriores conseguíronse crear arredor de 200 novas prazas de estacionamento nas rúas Evaristo Vaamonde, Otero Pedrayo, Otero Landeiro, Ben Cho Shey e Celso Emilio Ferreiro para aliviar na medida do posible a carga das rúas máis achegadas ao centro da vila”.
Sen embargo, durante os últimos meses, “vemos que se está a emprender un camiño totalmente contrario coa supresión de prazas de aparcamento en rúas como Cuba ou a Avenida do Balneario, aplicando criterios dispares a rúas de iguais características, o cal agrava aínda máis a problemática e multiplica os prexuízos para os afectados”.
Espazo Común recorda que “se acadou un histórico consenso entre tódolos partidos e colectivos sociais para habilitar unhas zonas de aparcamento regulado gratuíto que permitiran maior rotación de coches e, polo tanto, moitas máis opcións dispoñibles” e que, sen embargo, queda pendente “a elaboración dunha ordenanza e a aprobación da partida necesaria para o equipamento dentro dos orzamentos municipais”.

O arqueólogo Jorge Lamas Bértolo, coordinador do equipo multidisciplinar formado por arqueólogos, historiadores, documentalistas e medievalistas, que elaboraron o estudo sobre a delimitación do Camiño Miñoto Ribeiro, presentou esta mañá ante a asamblea da asociación os pormenores e características desta investigación.
A reunión tivo lugar no salón de plenos do concello do Carballiño, e no transcurso da mesma tamén se acordou prorrogar a actual xunta directiva, que leva dous anos de mandato.
O estudo sobre a delimitación do Camiño Miñoto Ribeiro xa lle foi remitido á consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de que sexa declarado camiño histórico cultural como paso previo para a declaración deste camino como Ruta Xacobea, que é a finalidade dos concellos integrados nesta iniciativa.
O presidente da asociación e alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, felicitou a Jorge Lamas polo rigor do estudo realizado e asegurou que hai xa algunha xente que transita en peregrinaxe por este camiño, e que espera que sexa declarado camiño histórico cultural o antes posible. Tamén dixo que, en todo caso, na actualidade xa se pode obter o documento da Compostelá que concede a Igrexa ás persoas que fan o Camiño Xacobeo.
Catorce alcaldes e concelleiros asistiron a esta asamblea extraordinaria, na que tamén estivo o alcalde e concelleiro de Turismo do Carballiño, Francisco Fumega e Manuel Dacal, respectivamente, como anfitrións da xuntanza.

PODEMOS O Carballiño afirma que "o longo do verán vimos como a situación que se ven dando nos últimos anos de non poder conciliar ocio con descanso na nosa vila se agrandou·
Na formación morada entenden que "existe un verdadeiro descontrol no tocante a permisos de terrazas, horas de peche dos locais, control nas zonas de aparcar e de carga e descarga, ruido e suciedade nas rúas,....Vamos que o grupo de goberno do señor Fumega, a día de hoxe, non ten un plan de actuación eficaz para poder conciliar o que é o descanso da veciñanza co ocio e a celebración de festexos, sin que uns vaian en detrimento ou en contra dos outros".
Por todas esas razóns, Podemos ven de presentar no rexistro do concello carballiñes unha proposta de Plan Cívico "con seis liñas a defender e que entendemos que son beneficiosas para a nosa vila".
Para acceder ao documento no que se recolle este plan cívico, prema no arquivo adexunto:
Xa que os do PP non se aburren de carruseles electorais nos que fan desfilar conselleiros (sempre beneficiando a concellos do PP), consorcios, e demáis ªcorreveydilesª da propaganda Feijóo, penso que o do voceiro de Maside xa é a gota que colma o vaso e un cánsase de tanta falacia e vodevil.
O caso é que nos volve agasallar cun ladrillo no que tan só di unha frase: O alcalde de Maside impide gravar os plenos (ou eso dá a entender nese ladrillo intragable).
Pois ben, penso demostrar que é unha falacia, porque o alcalde de Maside non ten competencia nin autoridade pra elo (de feito déixolle a xurisprudencia do Tribunal Supremo fotografiada pra que poda consultala).
O próximo Pleno asistirei e eino gravar íntegro. Se o alcalde me impedise facelo amosaríalle a xurisprudencia do Tribunal Supremo. Se seguise insistindo na súa actidude, eu mesmo chamaría ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. E se aínda así me impediran gravalo, denunciaríao ante os xulgados.
Así é como se defenden os dereitos fundamentais, non con choriqueos nin falacias.
Señor voceiro do PP de Maside: Non faga o ridículo e non veña de defensor dos medios de comunicación, eles coñecen moito mellor que vostede o seu traballo e saben perfectamente que se alguén lles impedise gravar un pleno, que é unha sesión pública, estaría incurrindo en cesura previa de dous dereitos fundamentais: O dereito á información, e o dereito á liberdade de expresión.
Por suposto que os medios son benvidos aos plenos, non precisan do permiso do alcalde, e se non veñen será porque nin o goberno nin a oposición suscitan de momento interese informativo. Prometer un Plan Básico en dous anos cando Maside xa ten un Plan Básico (a norma subsidiaria), abandonar un pleno porque non é en mércores, pedir que o Concello arranxe canto antes as pintadas da igrexa (cando é o Obispado o dono), ou pedir que o Concello loite contra a plaga da velutina (cando todo o mundo sabe que é competencia de Medio Rural) suscita moi pouco interese informativo.
Non sei como irá vostede coa maquetación da revista, panfleto, ou pasquín do PP de Maside, pero agardo que veña vostede con asuntos máis útiles pra poboación de Maside :)

A deputada provincial do Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego, Luz Doporto, expuxo hoxe as liñas básicas do proxecto EmprendOU, posto en marcha polo goberno provincial para afrontar o reto demográfico, aos alcaldes da comarca do Ribeiro co obxectivo de "chegar a tódolos cidadáns e implicar na difusión desta iniciativa ás administracións públicas máis próximas á veciñanza", sinalou Luz Doporto.
Na reunión, a deputada provincial do Reto Demográfico explicoulles aos máximos responsables dos municipios do Ribeiro, a importancia desta iniciativa a través da cal a Deputación de Ourense concede axudas de 675 euros ao mes para mozos que presenten proxectos empresariais ou de auto - emprego en municipios rurais de menor poboación, no marco do proxecto EmprendOu, financiado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo (axudas EMP-POEJ).
Luz Doporto, quen visitará tódalas comarcas da provincia con esta finalidade, salientou o traballo que a Deputación de Ourense está a desenvolver para afrontar o reto demográfico situando a cuestión do "despoboamento do rural nunha das prioridades da folla de ruta deste goberno".
Mostra dese compromiso, a Deputación puxo en marcha o proxecto EmprendOU para apoiar a nova actividade empresarial das persoas que teñen entre 16 e 30 anos para que poidan crear o seu propio posto de traballo, xa sexa individual ou formando parte dunha persoa xurídica de carácter mercantil, e o fagan naquelas áreas rurais afectadas polo gran desafío demográfico, os que se denominan "municipios elixibles", en concreto, son 82 os concellos da provincia que poderán beneficiarse deste proxecto.
Para elo, a institución provincial puxo en marcha un Punto de Atención ao Emprendedor, en convenio co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que atenderá ao emprendedor no seu propio municipio desprazándose, deste xeito, a administración provincial ao territorio.
Este PAE será un soporte que facilitará a creación de novas empresas, o inicio efectivo da súa actividade e o seu desenvolvemento, a través da prestación de servizos de tramitación de documentación e apoio, permitindo a creación da empresa nos municipios máis rurais en tan só 48 horas.
A dispoñibilidade orzamentaria para este programa de emprendemento ascende aos 2.025.000 euros, sendo a contía da axuda concedida ás persoas beneficiarias deste Proxecto de 675 euros por cada mes de exercicio efectivo, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.
As persoas destinatarias do Proxecto EmprendOU será a mocidade de entre 16 e 30 anos, non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo, e que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.
Ademais, deberán residir durante todo o período de vixencia da axuda nalgún dos "municipios elixibles", podendo participar tanto a mocidade xa residente como aquelas que retornen ou se instalen nestes municipios.
Para máis información: https://www.emprendou.com/
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- …
- seguinte ›
- última »