
A asociacións xuvenís Xuca e Asesgal organizan para este domingo as 19:30 Unha quedada na estación de tren do Carballiño.
Os convocantes refírense aos retrasos, averías, trens equivocados, trens sen espazo,que son motivos máis que suficentes para esixir dunha vez por todas que se leven a cabo as mellores correspondentes para garantir un trasporte público de calidade.
Manifestan que "a situación debe mellorar, xa que se O Carballiño perde as conexións ás principais cidades galegas, estánnos marxinando,unha marxinación que estamos xa sufrindo a xuventude do Carballiño e Comarca, e moi particularmente os estudantes que temos grandes dificultades para desplazarnos en transporte público".
Dende Espazo Común avanzan o seu apoio incondicional con esta protesta anunciando que participarán "activamente na convocatoria dos colectivos xuvenís Xuca e Asesgal, extensiva a toda a veciñanza do Carballiño, para participar nunha concentración de protesta este domingo ás 19:30 na Estación de tren, alí deixaremos claro que imos defender o noso ata o final e non imos consentir máis fallas de respecto".
Animan a tódolos carballiñeses e carballiñesas, a tódolos colectivos e ás xentes da comarca a unirse "a esta mostra do descontento que temos co trato que recibimos das administracións que pretenden facernos de menos".

Pachi Vázquez e Érika Paz, ambolosdous profesionais do sector sanitario, presentaron a proposta que van levar ao pleno municipal para demandar que desde a Xunta de Galicia se atenda unha necesidade perentoría para a nosa comarca como é a reforma en profundidade do actual o a construcción dun novo Centro de Saúde.
Comezou intervindo Érika Paz quen criticou que “a Xunta ignora completamente a O Carballiño nos seus orzamentos para o ano 2.020” e denunciou que lonxe de ser o próprio goberno municipal que enarborara a bandeira da defensa dos intereses dos veciños, éste semella estar a outra cousa, “mentres os veciños se botan á vía do tren para loitar por un transporte público digno, o Concello fala da Ruta das Tapas”.
Na súa intervención Pachi Vázquez lamentou que ningún dos outros tres grupos presentes na corporación fíxese nin tan só unha análise do agravio da Xunta para co Carballiño no seu proxecto de orzamentos, nos que lle correspondeu “un cero patatero” en canto a inversión.
Vázquez considera coma “un elemento fundamental a saúde dos carballiñeses e inadmisible contar cun Centro de Saúde que está caendo aos anacos” onde recalcou que só a profesionalidade dos seus traballadores permete manter os servizos sanitarios con dignidade".
A falla de espazos e as deficiencias estrutarais son algúns dos problemas que teñen que afrontar no seu día a día os traballadores do mesmo.
Vázquez criticou que semella que O Carballiño non pinta nada no mapa político cando outros concellos reciben partidas sustanciais para a mellora das súas infraestruturas da saúde, subliñou.
“Melide ten asignados 2.860.000 €, Porriño 1.500.000 €, A Estrada 3.966.000 €. Chama atención que aquí preto en Lalín haxa xa un proxecto para un novo Centro de Saúde cunha inversión prevista de 5.000.000 € onde haberá servizos coma cirurxía menor ambulatoria, radiodiagnóstico ou hemodiálese. Mentres os responsables do SERGAS comprometeron unha televisión e un par de mesas como mellora para o do Carballiño.” criticou Vázquez.
O Carballiño non quere ser máis ca ninguén pero tampouco pode ser meno, dixo.
Anunciou que ata o día 16 pódense presentar alegacións a estes orzamentos autonómicos e a intención de levar “ao pleno que o alcalde se comprometeu a convocar para o día 6 unha proposta para que tódolos partidos da corporación adoptemos o acordo de enviar a tódolos grupos parlamentarios para que a inclúan a dotación dunha partida singularizada de 250.000 € para a redacción do proxecto e a dirección de obra da Reforma e ampliación do Centro de Saúde no Carballiño”. Éste sería un primeiro paso no camiño de acadar un servizo acorde coas necesidades reais do pobo, manifestou.
Agardan, cometnou, contar co apoio e compromiso de tódolos grupos políticos municipais e o conseguinte dos seus grupos parlamentarios.
Pachi Vázquez rematou remarcando que “tódolos veciños desta comarca merecen unha atención sanitaria digna”

A resolución da Xunta de Galicia xa lle foi comunicada oficialmente ao concello, e na mesma anúnciase a concesión dun novo Programa Integrado de Emprego ao Concello do Carballiño.
Na próxima edición se impartira formación do eido industrial, cursos de atención ao cliente e de marketing dixital e un certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas dependentes en institucións sociais.
Ademáis de estar desempregado, os requisitos para poder participar este ano do programa son os seguintes, estando polo menos nunha destas situacións: ser menor de 30 anos de baixa cualificación, maior de 45 anos, muller, perceptor/a de prestacións, subsidios ou renda activa de inserción.
O concelleiro de emprego Manuel Dacal comunica que “todo o que queira participar deste programa, con altos índices de inserción laboral, soamente teñen que solicitalo a través do Servizo e Orientación Laboral, que se pode atopar na Casa do Concello”. Por outra banda informa que “este ano vanse pagar becas de 5 euros por día de asistencia ás accións do programa, facilitando medidas de conciliación da vida familiar e cun obxectivo do 40% de inserción laboral”.
Ao igual que a anterior edición, este programa contará con 100 usuarios cos que se traballará ao longo dun ano a orientación, formación, prospección e intermediación laboral, intentando garantir a autonomía persoal na procura de emprego, de forma que adquiran ferramentas para facelo da forma máis eficiente posible.
En breves comezará a selección de participantes, polo que se recomenda a todas as persoas interesadas a solicitalo canto antes no departamento anteriormente citad0a polo concelleiro, que está no propio edificio do concello na entrada traseira.

COPE O Carballiño estrea un novo espazo na programación local de mediodía no que imos recuperar diversos episodios, acontecementos e páxinas sonoras da historia do Carballiño.
Na primeira entrega, esta semana, achegámonos á historia dos pioneiros da radiodifusión carballiñesa, unha historia que nos remonta ao ano 1946 cando comezou a emitir unha pequena emisora de radio, a segunda en facélo na provincia de Ourense.
O pioneiro da radiodifusión local foi Gabriel Valeiras Muñoz , xunto ao párroco do Carballiño naquéles tempos D. Evaristo Vaamonde, que ademáis de promover a contrucción do templo da Veracruz, impulsou a posta en marcha daquela emisora de radio nunha época na que a O Carballiño apenas chegaba o sinal de Radio Nacional de España. Completaban o equipo humano daquéla primeira emisora de radio carballiñesa como colaboradores Francisco Pinal e o Sr. Ginés, éste último era o técnico de Telefónica no Carballiño.
Os estudos dende os que emitían encontrábanse na Praza da Mina, nun local comercial no que o propio Gabriel Valeiras montaba e vendia receptores de radio, e a pouca distancia a antena da emisora instalada no tellado da casa da familia Pereira, na rúa principal do Carballiño, nos baixos deste edificio encotramos hoxe o restaurante “Ernesto Patio”.
Aínda que a emisora era de pequena potencia cubría tanto O Carballiño como os arredorres.
Na programación dominaba a música con dedicatorias e as platicas do párroco D. Evaristo nas que pedia axudas para as obras da Veracruz.
Lamentablemente, a aventura apenas durou unhos meses, xa que foi precintada por órden do Goberno Civil por carecer dos permisos da época.
No programa contamos co testemuño de Gabriel, este carballiñés pioneiro da radiodifusión local, que está próximo a cumplir os cen anos.
Cada semana en “O Carballiño, aquel pobo, aquela xente” en COPE farémos memoria da nosa historia local.

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación, Guadalupe Sobrado, presentou hoxe no colexio Vila do Arenteiro un libro-guía de Os Bolechas editado polo concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, e que ten por título “Macrofesta no Carballiño. Pais, nais, Mestres, mestras, nenos e nenas”.
Trátase de distribuir mil libros en todos os centros educativos do Carballiño co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de educar en igualdade e contra a violencia de xénero, implicando a todos os estamentos que conflúen no sistema educativo: alumnos, profesores, país e nais e anpas.
A publicación, de 32 páxinas, contén textos e ilustracións alusivas a aqueles elementos máis significativos do Carballiño, como son o Concello, o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, O Museo Etnográfico do Arenteiro, a fonte do concello, a estación de Renfe, a Festa do Pulpo ou o monumento Munten da Praza do Emigrante.
Asimesmo, na penúltima páxina inclúese un plano do Carballiño coa localización de todos estes lugares e referencias.

A oitava edición dos Premios Arenteira, que promove o Aparthotel Arenteiro, celebrarase o 29 de novembro, e nese acto entregaranse os galardóns correspondentes ás modalidades de Cultura e Ciencia, Deporte e Título Póstumo, que recaeron, respectivamente, en Miguel Ángel García, Iván Docampo e Elixio Villaverde.
Así o manifestaron esta mañá Uriel Bernardez, xerente do Aparthotel Arenteiro, e Xosé Luis Sobrado, presidente do xurado, durante a presentación deste evento.
Uriel Bernardez expresou a súa satisfacción por acadar a oitava edición do premio e facelo cun incremento notable na participación das entidades colaboradoras, que se volcaron nas propostas e votacións, chegando ao 90 por cento dos posibles receptores da iniciativa.
Xosé Luis Sobrado glosou os méritos de cada un dos galardoados.
Así, de Miguel García destacou o labor que leva realizando dende hai 35 anos coa recollida de datos na estación meteorolóxica do Carballiño; de Iván Docampo destacou os premios recibidos en probas de cross e media maratón, e de Elixio Villaverde significou o seu papel de investigador da comarca do Carballiño, especialmente da emigración a México, pero tamén doutras vertentes históricas, como a Guerra Civil.

Solicita vostede un pleno pra que o Concello loite contra a plaga velutina (absolutamente ridículo é Medio Rural o que ten a competencia), e di vostede que o alcalde non pode solicitar unha votación no Pleno pra que se envíe un escrito a Medio Rural habida conta de que vostede di que a xestión de Medio Rural é moi deficiente.
Vexamos o que di a Lei. O artigo 82.3 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales especifia:
- El Alcalde o Presidente, por razones de urgencia debidamente motivada, podrá incluir en el orden del día, a iniciativa propia o a propuesta de alguno de los portavoces, asuntos que no hayan sido previamente informados por la respectiva Comisión Informativa, pero en este supuesto no podrá adoptarse acuerdo alguno sobre estos asuntos sin que el Pleno ratifique su inclusión en el orden del día.
Non sei se vostede ten capacidada pra interpretar este artigo habida conta da súa nefasta e triste intervención de onte, pero que alguén con máis sentidiño que vostede llo explique.
Hay urxencia? Sí habida conta que vostede solicita un Pleno Extraordinario.
Foi motivado? Absolutamente, o alcalde o explica no Pleno
Podese tomar acordo plenario de enviar o escrito??? Si porque o Pleno ratifica a inclusión deste punto na Orde do Día.
REPITA CONMIGO: A ACTUACIÓN DO ALCALDE AXUSTOUSE PERFECTAMENTE A DEREITO
Déixolle a normativa pra que estudie https://www.boe.es/buscar/pdf/1986/BOE-A-1986-33252-consolidado.pdf

De "dantescas", asi é como dende Espazo Común califican as esceas vividas este pasado domingo na estación do tren do Carballiño, "onde foi a coraxe dun grupo de pais, nais e estudantes a que evitou un novo, e xa sería o enésimo, atropelo aos dereitos dos usuarios do transporte público na nosa contorna", subliñan.
Refirense ao episodio vivido na tarde-noite do domingo cando "coma case tódolas fins de semana, cando maior afluencia de pasaxeiros hai cara a Santiago de Compostela, o tren que debía levalos ao seu destiño sufriu unha avería e o que foi envíado para sustituilo non tiña a capacidade suficiente para acoller a tódolos que alí agardaban".
E remarcan que "é necesario recalcar que esta aldraxe non afecta só á veciñanza do Concello do Carballiño, senon que mozos e mozas de toda a comarca teñen que sufrila constantemente".
Dende Espazo Común manifestan que "levan xa moito tempo denunciando a precariedade do transporte público e o seu progresivo desmantelamento no noso pobo". Non obstante, recordan que a pesares de ter aprobado numerosas mocións para que o goberno emprendera medidas concretas na súa defensa "vemos que non se acometeu ningunha e a problemática segue a agravarse".
Consideran que son unha incongruencia "as excusas da EMPRESA (verba clave para entender todo o asunto) que non había tanta xente que tivera a reserva de billete feita cando é imposible adquirilos en domingo na estación local ao estar pechados os despachos. Loitar contra esta circunstancia é un exemplo de proposta aprobada no pleno municipal e que ante a inacción do alcalde quedou en papel mollado". E O mesmo aconteceu, inciden dende Espazo Común, "co acordo tomado de convocar á Plataforma pola Defensa do Transporte Público que foi tomado en pleno pero que caeu no esquecemento ante a pasividade dun goberno incapaz de facer forza para defender os dereitos dos seus veciños".
Dende esta formación politica razonan que "a problemática coma sempre nestes casos ven dada pola dualidade de difícil conciliación entre servizo público e empresa encamiñada á obtención de beneficios. Polo medio, os perxudicados son os de sempre, os cidadáns dos lugares menos poblados que ven desparecer elementos imprescindibles para o seu día a día. Despois siguennos co conto da loita contra o despoboamento pero a realidade deixa espidas estas mentiras constantemente".
Finalmente, anuncian que o Grupo Municipal de Espazo Común e despois de reunirse coas asociacións de estudantes e xuvenís do Carballiño, Asesgal e Xuca, levarán ao vindeiro pleno da corporación municipal carballiñesa unha serie de medidas concretas a executar con urxencia "para recuperar a dignidade do transporte que é de todos, un dereito polo que temos que pelexar".

Hoxe, 28 de outubro de 2019, o voceiro do PP volve á carga pra agasallarnos con outra nefasta e vergonzante intervención. Ademáis de ler un escrito sen pes nin cabeza no que abondan numerosos disparates, como o de que o PP convoca un Pleno extraordinario (O PP solicita en base á lei a celebración dun Pleno extraordinario, que convoca o alcalde que é quen ten potestade pra elo), pra loitar contra as velutinas, cando a competencia é de Medio Rural, e pra que se arranxen as pintadas da igrexa, cando o propietario é o Obispado. Ademáis de decir sen ningún fundamento xurídico que o Pleno non pode incluir un punto de urxencia no Orde do día, previa deliberación , no que se someta a votación a necesidade de enviar un escrito a Medio Rural, no que se solicita que sexa más dilixente na solución dun problema que é a súa competencia, máxime cando ata o voceiro do PP recoñece a nefasta xestión de Medio Rural...
Non contento con isto... Carga contra o alcalde cuestionando a súa vida profesional como arquitecto.
Quizaís habería que cuestionar a profesionalidade do voceiro da oposición. Habería que cuestionarse que en horario laboral un funcionario dunha administración pública ocupe un espazo radiofónico, pra decir disparates, pra convertir a política nun circo, e pra cuestionar a vida profesional dun veciño de Maside. E que o faga con tanta frecuencia, e cun baxísimo umbral do sentido do ridículo. Habería que cuestionarse se os cartos do contribuintes deben servir pra soster charlatáns con moi pouca dignidade e escaso respecto polas actividades profesionais dos demáis. Charlatáns con escaso ou nulo rigor.
Se o voceiro do PP quere facer algo de utilidade pra Maside, recoméndolle que se informe e que lea esto http://www.ppou.es/Blog/contenido/127/Casimiro_Campo_consegue_que_a_Xunt...
E tamén isto, porque os veciños reclaman ao PP que cumpla as súas promesas electorais, e que non teña UNHA PROFUNDA AMNESIA, COMO DÍRÍA O DO CARBALLIÑO
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/maside/2016/05/29/maside-s...
En definitiva, se o PP quere facer algo de utilidade pra Maside, que se deixe de cuestionar a vida profesional dos veciños de Maside, e que teña a dignidade suficiente pra que cando veñan os conselleiros, consorcios de demás "correveydiles" da propaganda Feijóo, fagan algo máis que vender fume.
Porque ano tras ano, o PP non inclue nos orzamentos unha dotación presupuestaria pra facer fronte a unha problemática que clama ó ceo, cuxo proxecto xa está aprobado e comprometido, tan só fan falta os cartos. E todo isto malia que Feijóo dende a súa chegada case que triplicou a débeda pública de Galicia. https://datosmacro.expansion.com/deuda/espana-comunidades-autonomas/galicia

O servicio que presta adif cada día e mellor. Os estudiantes que marchan pa Santiago os domingos levan todo o curso con problemas, chega tarde, paralle no camiño ou lle poñen outobus. Mándanlle o tren turístico llos rapaces teñen que ir de pe. Son as 21:34h e inda estamos na estación cando ten a salida as 20:22. A ver se os nosos políticos toman medidas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 404
- 405
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- …
- seguinte ›
- última »