19, Novembro 2019
19, Novembro 2019

O alcalde de Avión, Antonio Montero, presidíu a constitución da Mesa Intersectorial de Saúde do municipio, na que participan distintos axentes implicados na saúde da veciñanza do concello de Avión.

Forman parte da mesma un médico do centro de saúde da localidade, asi como outros representantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, departamento muncipal de deportes, xeriátrico, sicóloga, Centro de Infomación á Muller e dirección do colexio.

A constitución desta Mesa de traballo é consecuencia directa da adhesión do concello de Avión á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, promovida pola FEMP en colaboración co Ministerio de Sanidade.

A mesa intersectorial de saúde para o municipio de Avión é un instrumento de coordinación, colaboración e traballo conxunto para o avance en materia de saúde.

Esta iniciativa é un instrumento de diagnose, proposta, desenvolvemento e seguimento das liñas estratéxicas definidas por esta mesma Mesa para traballar na saúde da veciñanza do concello de Avión, incidindo nas necesidades e problemáticas da cidadanía e coa finalidade de mellorar as actividades e servizos prestados dende o propio concello.

18, Novembro 2019

Dous premios dun millon de euros no Euromillóns en menos dun mes, en dous boletos validados no Bar Lérida e Pulpería Fuchela, e agora un petisto de 10.081 euros no sorteo do Gordo da Primitiva deste pasado domingo dia 17 de Novembro.

O boleto, validado na administracción de lotarias nº 1 do Carballiño, tivo un premio de 4+1, un dos 19 premios desta categoria en toda España.

Fallou un número para obter pleno (5+1), non houbo ningún en España, o que lle privou dun bote superior aos 8 millóns  de euros, que houbese gañado.

17, Novembro 2019

Como puede observarse en la foto llama la atención el peligro evidente que supone la cama elástica, con un cierre metálico y con aristas vivas sin ningún tipo de protección, que además atenta contra la máis elemental normativa de seguridad en una instalación de estas características. Ya este fin de semana hubo máis de un susto.

Por favor, a quién corresponda, corrijan esta deficiencia y háganlo con urgencia, no tarden otros ocho meses.

17, Novembro 2019

O Carballiño, anos vinte do século pasado, unha década na que se construiron algunas das infraestructuras e equipamentos públicos que aínda na actualidade prestan servizo, como é o caso do Grupo Escolar e a Casa dos Mestres, rebautizada nos anos oitenta como casa da cultura, ocupada hoxe pola biblioteca municipal e quen sabe se futura “Casa da Xuventude”.

Tamén daqueles tempos é o adoquinado de varias rúas, a contrucción do segundo matadoiro municipal e a Praza de Abastos, na tamén recén inaugurada Avenida de Julio Rodríguez Soto.

E ata o ano de apertura da Praza de Abastos en 1929, onde acudía a veciñanza carballiñesa para abastecerse e facer a compra diaria ?

No espazo radiofónico desta semana de COPE O Carballiño “Aquel Pobo, Aquela Xente” recuperámos unha entrevista de Xan Pinal con Francisco Mozo, coñecido como “O Niño de Arcos”, que hoxe andaría polos 111 anos se vivise. Contounos como ata a inauguración do magnífico edificio que aínda 90 anos alberga a Praza de Abastos, o mercado diario facíase nunhos pendellos ubicados na Praza Maior, onde se vendía a carne, o peixe, polos, ovos e o rianxo da época.

Tamén relatounos como o primeiro matadoiro municipal estaba situado “nun palleiro”, así o definíu, na rúa de Ourense, ata que naquela mesma época construíuse un novo que se localizaría á beira do río Arenteiro, a altura da ponte de Toscaña.

Francisco Mozo, que se identificaba como un convencido “Calvo-Sotelista”, seguidor do que fora Deputado polo Distrito do Carballiño e home forte da política da época, Calvo Sotelo, asegurou que “con arreglo a aqueles tempos, O Carballiño vivíu unha época de gran progreso, de parecer un pobo morto pasou a ter unha gran puxanza, experimentou un gran impulso en poucos anos”.

O audio da enrevista co “Niño de Arcos” pode escoitarse na sección “PROGRAMA” desta Web correspondente á emisión do Xoves 14 de Novembro.

16, Novembro 2019

Son duous viais consolidados no PXOM  do Carballiño, a súa urbanización ven sendo demandada pola súa veciñanza nos útimos anos.

O Partido Popular vai defender ante a corporación que se xestione cos propietarios a cesión de terreos para que sexan máis anchos, e logo proceder a súa urbanización por parte do concello.

Para ver a moción do Partido Popular prema no arquivo adxunto: 

16, Novembro 2019

Asi estaba o dia de feira este 16 de Novembro a rúa Costa Rica, aínda que podía ser calquera outro dia... imos ver se imos os toxos e estramos un chisco como se facía antes nas aldeas, porque outra solución non vemos.

15, Novembro 2019

O ciclo de humor Carballiño Comedy, que chega á quinta edición, contará cun plantel dos máis prestixiosos monologuistas no panorama nacional e internacional actual.

Trátase de Leo Bassi, Moncho Borrajo, Grison Beatbox & Jaime Caracavaca, Agustín Giménez e Carlos Blanco, que actuarán no auditorio municipal Manuel María caa mes, de decembro a abril.

O prezo dos espectáculos é de 12 euros en venta anticipada e de 15 euros en taquilla, agás o de Moncho Borrajo, cuxo prezo será de 16 euros en venta anticipada e 18 euros en taquilla.

As entradas xa se poden adquirir de xeito anticipado na páxina web woutick e dentro duns días de modo físico no restaurante Comonacasa do Carballiño.

O programa de actuacións é o seguinte:

-Sábado, 21 de decembro: 21,00 h. Grison Beatbox & Jaime Caravaca, do programa La Resistencia, que estarán por primeira vez xuntos en Galicia.

-Sábado, 18 de xaneiro: 21,00 h. Agustín Jiménez.

-Sábado, 15 de febreiro: 21,00 h. Leo Bassi.

-Domingo, 15 de marzo: 19,00 h. Moncho Borrajo,

-Xoves, 30 de abril: 21,00 h. Carlos Blanco.

O programa presentárono esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o representante da compañía Moita Merda Producions, Indalecio Caballero, que promove a iniciativa.

Diego Fernández agradeceu á produtora a aposta que fai polo Carballiño para que siga sendo un ano máis unha das vilas e cidades de Galicia co mellor plantel de monologuistas, superando o listón en cada tempada.

Indalecio Caballero asegurou que se trata dun gran cartel, e que espera acadar o mesmo éxito das anteriores campañas, que foron extraordinarias. E agradeceu ao concello e a Diego Fernández a súa colaboración no evento.

15, Novembro 2019

A plaza de abastos comezou a campaña de promoción do Nadal 2019, na que sorteará entre a súa clientela nove cestas con produtos naviñedos, por valor 70 euros cada unha, e dúas caixas de viño Pazo Tizón.

A campaña prolongarase ata o 23 de decembro, cando terá lugar o sorteo. Dende hoxe e ata ese día, haberá cinco urnas para depositar os boletos cubertos, que se entregarán nos distintos postos da plaza polas compras efectuadas ata entón.

A iniciativa foi presentada este mediodía pola concelleira de promoción do Comercio, Silvia Baranda; o presidente da asociación de placeiros, Eligio González; a representante da bodega Pazo Tizón, Raquel Cabo; a vicepresidenta da asociación de placeiros, Concha Gallardo, e o placeiro Manuel Fernández.

Silvia Baranda destacou a celebración do 90 aniversario da plaza como un aliciente máis para acudir a mercar a esta instalación durante estas datas, e salientou a campaña de Nadal como unha das máis importantes do ano. Asimesmo, asegurou que se seguiría apoiando desde o concello as actividades na plaza con diversas actuacións musicais, e animou aos veciños a facer as compras nos distintos postos.

Eligio González expresou a sua ledicia por presentar unha nova campaña de dinamización da plaza e agradeceu á clientela a confianza depositada nos postos. De feito, dixo que o sorteo de nove cestas e dúas caixas de viño era, sobre todo, un xeito de premiar a súa fidelidade.

Asimesmo, anunciou que ía haber unha actuación musical do grupo Anda Soa o 21 de decembro ás 12,00 h., e de que o sorteo tería lugar o 23 de decembro ás 13,00 h. Tamén dixo que os produtos incluidos nas cestas de Nadal, que teñen un valor de 70 euros cada unha, foron adquiridos en establecementos do Carballiño como un xeito de promocionar o comercio local.

14, Novembro 2019

A XXII Festa do Viño Novo de Cabanelas celebrarase o domingo 24 de novembro, e está previsto que ese día se consuman arredor de 300 litros de viño tinto da última colleita, que é de boa calidade Así o manifestou o presidente da asociación de veciños que organiza esta festa, Delfín Borrajo, durante o acto de presentación do cartel e do evento que tivo lugar na histórica adega do pazo dos Quiroga.

Á presentación asistiu o alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes. Francisco

Fumega agradeceu o traballo da asociación de veciños de Cabanelas na organización da festa, que cualificou de entrañable, e na que, ademáis de poder degustar o viño, pódese disfrutar dunha paisaxe e patrimonio excepcionais. E por eso animou á xente a achegarse o domingo 24 de novembro a esta parroquia para compartir cos veciños un día de lecer.

Rosa Fuentes referiuse á festa como un xeito de dinamizar a vida no rural e unha homenaxe á longa tradición vinícola de Cabanelas, e asegurou que “seguiremos apoiando este tipo de iniciativas, porque contribúen a animar a vida nas parroquias”. Finalmente, recordou que o concello ofrecerá de xeito gratuito o servizo dun microbús que sairá cada hora de fronte á casa consistorial entre as 11,00 e 14,00 h., e de 16,00 a 19,00 h., e regreso desde Cabanelas no mesmo intervalo.

Como en anos anteriores, haberá unha gran carpa para acoller á xente que acuda á festa, e prevese a asistencia dun grupo numerosos de persoas de Bueu, según confirmou Delfín Borrajo.

Reservas: As persoas que desen efectuar reservas para o xantar, poden facelo chamando ao teléfono 699 976 630.

PROGRAMA

O programa previsto é o seguinte:

11,00 Misa na igrexa parroquial.

11,30 Pasarrúas coa Charanga Castro Vello.

12,00 Degustación do viño novo e castañas asadas.

14,00 Xantar no campo da festa a prezos populares. Menú: pulpo, carne ao caldeiro, chourizos novos con cachelos, viño novo de Cabanelas, castañas asadas, café de pota e licor café.

18,30 Merenda no campo da festa a presos populares. Mesmo menú que ao mediodía.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS