3, Decembro 2019

Agardase unha gran afluencia de público, dada a espectacularidade deste tipo de probas, que contan un total de 292 inscritos, nas modalidades de Canicross, Bikejoring, Patín, Patín 2 Cans e Carro.

Entre os participantes estarán o mellores deportistas de España, moitos deles con experiencia tanto nos campionatos de Europa como do Mundo de Mushing Terra.

A proba está organizada polo Club ACADE, es as federacións galega e española de deportes de inverno, coa colaboración do concello de Boborás.

A competición desenvolveráse o sábado 7 e o domingo 8 de Decembro en horarios de mañá e nun circuíto nos arredores da capitalidade municipal. 

A entrega de premios faráse o domingo ás 13:30 hras no polideportivo municipal de Boborás.

3, Decembro 2019

Dous grandes musicais, como son “El tributo a Coco” e “Frozen” que virá ao Carballiño como primeira vila en Galicia tras a representación na Gran Vía de Madrid, así como diversos concertos, entre os que destaca o de Roi Casal “Son galego, son cubano” Xacobeo 2021, que será gratuito, e o de Nadal que ofrecerán a Coral Casino do Carballiño e a Banda de Vilatuxe; a obra de Teatro del Norte “Retablo de la avaricia, de la lujuria y la muerte”; unha gala de circo e os monólogos de Grison Beatbox & Jaime Caravaca e o de Agustín Giménez, encabezan o cartel das máis de corenta actividades culturáis e sete deportivas que terán lugar este Nadal no Carballiño.

O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e Silvia Baranda, concelleira de Deportes e Comercio.

Ademáis, haberá cine, no que destaca un ciclo de cine infanti; audicións musicais, pasarrúas e animación de rúa, na que non faltará o Tren de Nadal do CCA nin a visita de Papá Noël, así como un gran espectáculo de luz, son e lume na Veracruz durante a Cabalgata de Reis; Ruta das Tapas, Cantos de taberna e exposicións fotográficas completan este intenso programa cultural, que comeza esta próxima fin de semana e se prolongará ata o mes de xaneiro.

En canto á actividade deportiva, hai que subliñar a 11ª Carreira Solidaria do Arenteiro; dúas probas de patinaxe, como son o III Trofeo Vila do Carballiño de Patinaxe Artística e a Gala de Nadal de Patina Aehde; o II Torneo de Reis de Fútbol Sala base e o 2º Campionato de Reis de Xadrez.

Silvia Baranda, como concelleira de Deportes e de Comercio, destacou as actividades deportivas así como as vencelladas co CCA e a praza de abastos, e dixo que se trata dunha programación moi intensa e completa, que busca dinamizar a actividade comercial, social, cultural e deportiva na vila durante o Nadal, e que o concello estará sempre disposto a apoiar todo tipo de actividades que redunden en beneficio do pobo. E fixo un chamamento para que nestas datas se merque nos establecementos da vila, porque son esenciais para menter vivo O Carballiño.

Diego Fernández expresou un desexo semellante e destacou a calidade dos espectáculos e actividades programadas, pensadas para todo tipo de público, pero tendo sempre moi presente ao público infantil e familiar. Por eso incidiu nos grandes musicais, concertos, obradoiros, circo e, sobre todo, na visita de Papá Noël e a Cabalgata de Reis. Tamén resaltou que por primeira vez habería actividades infantís no Centro Comunitario.

E referiuse á Ruta das Tapas do 6 e 13 de decembro, á obra de Teatro del Norte, o 28 de decembro; aos dous grandes musicais “Tributo a Coco” e “Frouzen”, que terán lugar os días 8 de decembro e 24 de xaneiro, respetivamente; ao concerto de Nadal da Coral do Casino e a Banda de Vilatuxe, o 14 de decembro; os monólogos de Grison Beatbox & Jaime Caravaca e de Agustín Jiménez, o 21 de decembro e o 18 de xaneiro, repectivamente, e ao concerto de Roi Casal “Son galego, son cubano” Xacobeo 2021, o 12 de xaneiro, que será gratuito, como actividades moi destacadas do programa.

2, Decembro 2019

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que acometan obras de rehabilitación ou embelecemento no perímetro de protección ou o campo visual do camiño, no caso da nosa comarca, a chamada ruta da prata que decorre por varias localidades dos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor.

A Xunta de Galicia impulsará a mellora do embelecemento do Camiño de Santiago a través dunha achega de 1,2 millóns de euros que permitirá que se acometan iniciativas como a restauración de bens, actuacións en elementos que xeren un forte impacto paisaxístico nos diferentes itinerarios ou a substitución de elementos de mobiliario urbano deteriorados ao longo dos trazados, entre outras actuacións.

As solicitudes no prazo dun mes e poderán levar a cabo as súas actuacións a partir do 1 de xaneiro de 2020. Os beneficiarios recibirán, por parte do Executivo autonómico, o 75% do investimento realizado. Trátase dunha actuación que forma parte do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago, enmarcado no Plan Estratéxico do Xacobeo 21, e que permitirá financiar máis dun cento de actuacións na Ruta Xacobea.

Dúas categorías
As axudas do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago están divididas en dúas categorías en función do solicitante. A primeira delas permite financiar un mínimo de 40 actuacións propostas por entidades locais, nas que se inclúen os concellos de Galicia polos que discorre algún tramo do Camiño ou calquera entidade supramunicipal galega (deputacións, mancomunidades...) sempre que teñan competencias para a actuación proposta. Esta categoría conta cunha dotación de 600.000 euros.

A segunda liña está dirixida a persoas físicas e xurídicas privadas titulares dun dereito real sobre un ben moble, inmoble, recurso ou elemento situado no Camiño de Santiago ou os arrendatarios dos citados bens. Neste apartado inclúense, ademais, comunidades de propietarios, asociacións de veciños ou comunidades de montes veciñais en man común. Así pois, financiaranse un mínimo de 60 actuacións nesta categoría que conta cunha achega de 600.000 euros.

Cinco ámbitos de actuación
As actuacións impulsadas pola Xunta de Galicia ao abeiro desta liña de axudas están incluídas en cinco ámbitos. O primeiro deles refírese a intervencións sobre elementos etnográficos e a súa contorna e inclúe accións de valorización, mantemento, consolidación ou restauración de fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, muíños, valados ou calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e a cultura do lugar.

O segundo contempla actuacións sobre casas e eiras, como melloras nas fachadas e nas cubertas empregando materiais propios da zona; mentres que a terceira liña abrangue intervencións no espazo agrario co fin de reducir o impacto visual que xeran elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico como naves, silos ou casetas.

As axudas do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago complétanse con actuacións para incorporar a vexetación como elemento integrador da paisaxe ou actuacións nos trazados do Camiño co fin de substituír elementos do mobiliario urbano que polo seu estado de deterioro ou as súas características físicas resulten alleas á contorna da Ruta Xacobea.

30, Novembro 2019

O Partido Popular fai referencia aos anuncios feitos dende o concello do Carballiño tanto polo alcalde como outros responsables municipais no transcuros dos últimos meses "serían 6 prazas de policía. Logo díxose que serían 4, mais tarde volveron a falar de 6, para logo rebaixar a 3 e finalmente publicar unha oferta de emprego pública (OPE) de 2".

Do mesmo modo, relatan, como a principios do 2019, primeiro sería unha OPE parcial só para policía, logo se dixo que se retrasaba porque sería unha OPE para a totalidade da plantilla, para definitivamente a mediados de novembro ter unha OP parcial só para a policía.

Por todo elo, conclúen que "o alcalde do Carballiño estivo enganando á veciñanza tanto co sistema da OPE como o número de policías a convocar, e o caso é que deixamos pasar dende que temos a RPT actualizada 2 convocatorias para concursar na xunta e crear novas prazas de policía local e ademais na derradeira tiveron ata 2 prórrogas concedidas para poder presentar a OPE que motivara a convocatoria".

"Non será, pois, pola falta de posibilidades que a Axencia de seguridade da Xunta de Galicia lle deu ao noso concello.
Pero sendo esto parte do pasado recente do noso concello, que demostra a mentira continuada que o alcalde Paco Fumega mantivo neste asunto, resulta que con data de 28 de novembro se ten publicado no DOG unha OPE parcial do Concello para cubrir 2 prazas de policía.
Esta OPE está en entre dito, pois para poder sacar estas dúas prazas na oferta pública de emprego, contabilizáronse 2 baixas de persoal funcionario e fixo, contra ningunha alta no ano 2018",subliñan dende o grupo popular.

Ademáis, consideran que "as dúas vacantes que se razoan para esta OPE, son unha xubilación na policía local que non ofrece dubida algunha, pero a outra trátase non dunha baixa en si, senón que se contabiliza a ausencia dunha traballadora con contrato fixo pero que non está no seu posto por unha excedencia concedida no ano 2018 e que para maior incertidume resulta que esa praza está en propiedade dende o ano 2006 o cal e de moi difícil xustificación a contabilización da mesma como VACANTE".

O Grupo municipal socialista, entende o grupo popular, "o que tiña que facer con ese posto de traballo que ademais é dunha traballadora social sería o de cubrila cunha interinidade e facelo para servicios sociais, pois dende que se lle deu a excedencia o servicio de igualdade e servicios sociais está necesitado de que alguén cubra ese posto mentres non se reincorporase a súa titular do posto".

Advirte o Partido Popular "como está a situación, correse serio risco de que se teña que anular esta OPE, se teña que pasar outra vez por mesa de negociación e se teña que publicar antes de que finalice o ano".

E finalmente, auguran que "de non ser así, ao final, pode que nin 6, nin 4, nin 3, nin 2, pode que 1 ou o mais seguro que sexa ningún".

30, Novembro 2019

O grupo popular no concello do Carbaliño solicitará que este expediente, que foi retirado da orden do dia do pleno da corporación municipal "se meta nun caixón e non volva a saír".

Según o PP, foi xa a principios de 2018 canod se presentou por parte dun particular unha solicitude de modificación do PXOM na parcela sita na localidade de Seoane que albergaba as naves da antiga Emben, e que se encontran sen actividade dende fai unhos dez anos.

"Desde que se presentou a solicitude, nin os grupos da oposición PP e BNG, nin os concelleiros que aínda eran do grupo socialista no goberno e hoxe o son de Espazo Común, nin os propietarios de parcelas contiguas á de Embén, que tamén albergan actividades industriais, e nin sequera a veciñanza de Seoane, NINGUÉN tiña coñecemento deste expediente",asegura o Partido Popular. 

Tamen apuntan os populares que durante estes case 2 anos fixéronse informes técnicos, xurídicos, envíos a outras administracións para pedir informes, dos que nunca se informou aos veciños da zona ou aos grupos da oposición.

"Foi na convocatoria da comisión informativa e pleno desta semana, 22 meses despois de que entrara a solicitude no Concello cando puidemos intuír o que se prevía", aclaran o grupo popular. 

Entenden que "preténdese con esta Modificación Puntual favorecer a transformación dun chan rústico en chan urbanizable de uso industrial, para darlle un novo valor inmobiliario a un ben de propietario único, no que ademais existen edificacións que non contan con licenza municipal, argumentando que a lei actual permitiríao para regularizar unha actividade existente previa ao ano 2002, pero baixo a GRAN MENTIRA, ocultada en todo informe de que nesta parcela non existe actividade desde hai 10 anos".

Se isto non fose suficiente, engaden, "cabe dicir tamén que se prevé nesta modificación unha decisión política do Goberno municipal de atender a un particular, excluíndo a outros da mesma zona aos que se lles denegou esta transformación anteriormente; e sendo preocupante a falta de transparencia cos grupos da oposición, máis preocupante é a falta de transparencia cos veciños da parroquia de Seoane". 

 Aclaran que a "parcela coñecida como de EMBEN "está nun enclave rural que alberga máis empresas, que na actualidade se senten prexudicadas con este expediente, ao quedar excluídas do que podería ser unha solución máis harmónica, xa que facéndose un Plan Parcial de Ordenación que recollese estas actividades poderíase dar unha maior protección a todas elas, conseguindo tamén espazos de cesión para o Concello, cousa que modificando unilateralmente unha parcela non se consegue". 

Por último, manifestan que "para descartar o que sempre fai o Alcalde do Carballiño, que é buscar culpas nalgún traballador do concello, cabe lembrar que NINGUÉN presenta unha operación así nun concello sen antes falar co goberno municipal. E que era potestade do Alcalde dicir que si ou que non, xa antes de iniciar trámite algún".

29, Novembro 2019

Por favor, señor alcalde do Carballiño e señor concellal de obras, se pasasen por Mouriz saberían como estamos, pero para aforrarlle a visita aquí deixámoslle un par de fotos.

29, Novembro 2019

Tras susperderse o pleno deste pasado xoves, tras cinco horas de debate, e xa camiño da unha da madrugada, deixando pendientes varios puntos da orde do dia, o grupo popular entende que este episodio debe levar á corporación a aprobar un regulamento de funcionamento das sesións da corporación carballiñesa.

Ademáis, tamén solicitarán os populares que se convoquen os plenos en horario matinal, entre outros motivos, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar tanto para os membros da corporación como para os traballadores municipais.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular, preme no arquivo adxunto:

29, Novembro 2019

O Aparthotel Arenteiro acolleu o acto de entrega dos galardóns da Arenteira que con carácter anual concede un xurado para recoñecer a traxectoria e méritos que no ámbito da cultura e a ciencia, e o deporte, reúnen persoas ou entidades das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

Na edición deste ano 2019, o profesor MIguel García que fai 35 anos impulsou a creación da estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas no apartado de cultura e ciencia; o atléta ribadaviense Iván Docampo en deporte, e o historiador natural do Irixo Elixio Villaverde, a título póstumo, foron os galardonados nesta ocasión.

29, Novembro 2019

O pleno que celebraba dende as 19:30 horas deste pasado xoves a corporación municipal do Carballiño quedou pendiente de concluir, cando restaban varios puntos na orde do dia, entre eles as mocións presentadas polo Partido Popular, xa que cando pasaba media hora da medianoite o alcalde Francisco Fumega acordaba suspendélo, dado o intempestivo do horario.

Mentres a maioria dos concellos galegos, incluidos os da comarca, celebran as sesións de pleno en horario matinal, a corporación carballñesa ten fixadas as súas convocatorias ordinarias en horario verpertino, según o rexime de sesións, o que unido a longa duración dos debates da lugar a este tipo de situacións.

Desta vez, e pendiente de concluir, a sesión prolongouse durante cinco horas, e mesmo motivou que  ás once da noite, cando xa ían tres horas e media, se fixera un pequeno receso de 10 minutos.

Neste pleno, ademáis dun total de 10 mocións presentadas polos grupos políticos da oposición, algunhas coincidentes na súa temática, tamén figuraba na orde do dia unha modificación do PXOM na parcela da antiga EMBEN en Seoane, unha propiedade cunha superficie de 33.000 metros cadrados, que pasaría de solo rústico de protección ordinaria a solo industrial.

Non obstante, este punto non chegou a tratarse polo pleno, xa que o alcalde optou por retirálo da orde do dia.

28, Novembro 2019

Plataformas, comisións, e análogas, son grupos de traballo que se xuntan para falar desto ou daquélo outro, por exemplo das eivas do transporte público.

Tamén poden crearse para seleccionar unha proposta ou incluso avaliar un concurso de ideas, por exemplo, poñamos por caso para a mellora do parque municipal do Carballiño.

Estas comisións fan os estudos pertinentes que remiten as plataformas, que a súa vez, tras unha serie de propostas non vinculantes trasladan ó orgao correspondente e mesmo competente ou non, neste caso á comisión formada polo concello, que a súa vez elevará a proposta ó pleno da corporación, órgano representativo da cidadanía, no que tras algunha que outra enmenda, no caso de resultar aprobada, podería dar lugar a un manifesto conxunto, que debería en todo caso ser consensuado previamente, de novo o acordo final deberá ser ratificado pola comisión, ou plataforma se fose o caso, para ser remitida toda a documentación á consellería ou órgano competente, que debería emitir un dictámen, ou non...

Se a comisión é oficial incluso os seus integrantes poderían cobrar dietas de asistencia, como se fose por sentarse nos plenos do concello, o cal xa sería demasiádo. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS