24, Decembro 2019

Tras un mes de Decembro plagado de incidencias para o Novocine de Leiro, primeiro por motivo dunha avaría no proxector, e despois polos avarías no suministro eléctrico dos últimos dias, chega á pantalla unha programación moi navideña, con cine para toda a familia.

24, Decembro 2019

"Historias de noiteboa no Carballiño e Comarca" éste é o fio conductor do programa especial de noiteboa que COPE O Carballiño emite este 24 de Decembro, de 12:30 a 14:30 horas do mediodia de forma simultánea no 91.9 FM e emisión online.

A dirección e traballadores de COPE  Carballiño deséxanvos FELIZ NADAL !!

23, Decembro 2019

O concello de Leiro sigue sendo o máis afectado polas consecuencias do temporal, a maior parte das aldeas do municipio suman xa máis de 48 horas sen sumistración eléctrica, na propia vila de Leiro unha parte da veciñanza ten servizo e outra non, en Gomariz son xa tres dias sen fluido eléctrico.

O mesmo acontece noutras localidades dos concellos de Avión, San Amaro, O irixo, O Carballliño e Boborás, onde permanece sen luz aproximadamente un tercio da poboación, tal como confirmou a alcaldesa Patricia Torres. En Maside, o concello contratou grupo electróxenos que estiveron abastecendo á capitalidade municipal.

A situación comeza a ser desesperante para os habitantes destas aldeas e tamén os pequenos empresarios que suman dias de perdas considerables nos seus negocios, como acontece no sector da hosteleria, bares e restaurantes que pecharon as súas portas nos concellos afectados.

En Leiro, entres os máis afectados é o Novocine, que non pudo ofrecer ningunha das proxeccións programadas para esta fin de semana.

Os outros sectores máis afectados foron o das panaderias, que na maioria da comarca levan dous dias sen poder atender aos seus clientes, carnicerías e tendas de alimentación, que tamén sufren directamente a falta de fluído eléctrico. No mesmo municipio carballliñés dous hoteis-restaurantes cerraron as súas instalacións ante a falta de luz e auga, e no resto da comarca son ducias de empresas as afectadas, que hoxe lúns dia laborable non poideron ter actividade.

Os alcaldes de Leiro e O Carballiño, Francisco Fernández e Francisco Fumega, manifestaron a súa preocupación pola tardanza da empresa eléctrica en resolver as avarias e ambos aseguraron estar en contacto cos responsables en Galicia de Naturgy, éstes aseguraronlle que no transcurso desta mesma xornada estaría normalizada a situación.

23, Decembro 2019

AS PARROQUIAS DE FROUFE E ESPIÑEIRA NO IRIXO SEGUEN A ESCURAS, DENDE O SÁBADO AS SETE DA TARDE. E O MELLOR DE TODO. SEN NINGUÉN QUE CHE DEA EXPLICACIÓNS. "ESTAMOS TRABAJANDO PARA SOLUCIONAR LA AVERÍA"  DITO DENDE MADAGASCAR OU DENDE MALASIA. UNHA VERGONZA. UNHA FALCATRUADA MAIS O RURAL. ONDE ESTÁN AS INSTITUCIONS PARA POÑERLLE REMEDIO A ESTE DESASTRE. 

VOLVEMOS OS ANOS SESENTA. FENOSA ERA UN DESASTRE. NATURGY E UN INSULTO. E OS QUE LLE PERMITEN FACER O QUE LLE PETA UNS IRRESPONSABLES, POR NON CHAMARLLES DOUTRA MANEIRA. QUEN SE VAI FACER CARGO DOS DANOS? INCLUSO VIDAS HUMANAS. HAI XENTE QUE PRECISA OSIXENO, XENTE ENCAMADA CON CAMAS ARTICULADAS... QUE MÁIS DA. O RURAL PERDEU O PARTIDO XA FAI MOITO.

 

 

22, Decembro 2019

Veñan e disfruten, que é gratís. Xentiliza do concello do Carballiño.

22, Decembro 2019

Lo sucedido este fin de semana en Carballiño es el vivo ejemplo de como funciona este concello. Un total descontrol de nuestros gobernantes municipales, y esto es grave cuando lo que está en juego es la seguridad dle conjunto de los vecinos de Carballiño.

Con tiempo y antelación hasta el menos informado de los carballiñeses sabía que iba a entrar un temporal de nivel de riesgo importante, lo que en términos de aviso meteorológico por entrañar peligro para la población se conoce como "alerta naranja", con previsión de vientos de hasta 130 kilómetros hora, un episodio que se prolongaría durante por lo menos 12 horas, lo que lo hacía más peligroso.

Es alarmante la falta de previsión y omisión de funciones que han puesto de manifiesto, porque de otra manera no se entiende como no se prohibe en tales circustancias el acceso a lugares públicos que entrañan peligro en tales circustancias, por ejemplo, el parque infantil de la Alameda, dóndo por cierto hubo un par de tremendos sustos ó porque por lo menos no se advierte de estos peligros, como en los principales accesos al parque municipal, no toda la población está debidamente informada de estas situaciones de peligro, que es lo que se hace en cualquier ciudad con gobernantes responsables.

Otra cuestión a analizar es la manifiesta precariedad de medios para un concello de la entidad de Carballiño, no es de recibo que transcurridas más de 24 horas permanezcan árboles caidos sobre las carreteras de acceso a algunos pueblos de la zona rural.

Y acabo con algunas preguntas ¿a qué hora del sábado se puso en marcha el operativo municipal de emergencia en el concello y con qué medios? ¿quién asumió el mando si es que hubo gabinete de crisis? ¿es cierto ó incierto que hasta media tarde del sábado no fueron movilizados los medios disponibles de la Policia Local y hasta ese momento había un único Policia de guardia? ¿Es cierto o es mentira que el grupo municipal de emergencias estaba bajo mínimos a pesar del aviso de alerta naranja?

 

21, Decembro 2019

A incidencia que máis está afectando e repercutindo na veciñanza dunha gra parte da comarca é a falta de suministro eléctrico, un problema que sufren dende primeiras horas da tarde deste sábado na maioria das localidades dos concellos de Avión, Boborás, O Irixo, e San Cristovo de Cea, e en menor medida pero tamén con numerosos pobos que permanecen sen luz no resto dos municipios, xa que esta incidencia na rede eléctrica tamén afecta a núcleos de Maside, San Amaro, Piñor, Beariz, Leiro, Punxín e O Carballiño. 

A empresa Naturgy informa que son máis de catro mil os clientes sen suministro eléctrico no conxunto da comarca do Carballiño, o que estaría afectando aproximadamente a unhas 10.000 persoas.

A caída de árbores e pólas tamén estivo dificultando a normalidade nas estradas, con incontables incidencias que veñen atendendo os bombeiros do Carballiño, o Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño, Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión, e as Agrupacións de Protección Civil de Piñor, Cea, Beariz, Boborás e San Cristovo de Cea, e operarios municipais nos concellos que non contan con servizos de emerxencia.

Os cortes de estradas foron unha constante no transcurso da xornada, na fotografía pode apreciarse o piñeiro de grandes dimensiós derrubado sobre a estrada de Ribadavia, a altura do Torrón. Tamén no mesmo municipio do Carballiño estivo cortada a estrada vella de Pontevedra, nos accesos ao camping municipal, e foi preciso deixar expeditos os accesos á estación de auga potabilizadora en Seoane e a depuradora de Godás, infraestructuras estratéxicas que foron dotadas de grupos electróxenos ante a falta de suministro eléctrico.

Na Uceira, o vento derrubou o peche exterior de pedra do campo de fútbol, que quedou tirada sobre a beirarrúa, como tamén pode verse na fotografía.

En toda a comarca poucos colectores da recollida do lixo, mesmo no casco urbano do Carballiño, quedaron sen envorcar ou desprazados pola forza do vento. 

Na rúa Conde Vallellano do Carballiño desprendeuse esta tarde parte da chimenea dun edificio, xa de mañá os bombeiros tiveron que intervir tras desprenderse a plancha dunha fachada na Avenida de Julio Rodríguez Soto.

A falta de suministro tamén afectou á cobertura de telefonía móbil, internet, televisión e radio, incluida a emisión de COPE O Carballiño, afectada na antena do seu centro emisor no monte do Castelo, na parroquia de Madarnás.

"Fabien" deixou refachos de vento por riba dos 140 km.h no concello de Avión, e superiores aos 120 km.h no resto dos concellos.

A mellor noticia, é que deixando aparte incomodidades e consecuencias materiais, non hai que lamentar ningún dano para as persoas.

 

21, Decembro 2019

Os riscos son evidentes mesmo no casco urbano do Carballiño, como pode apreciarse na foto, nesta mañá de sábado ao desprenderse unha  plancha de uralita da fachada dun edificio sobre o paso de peóns a altura do nº 1 da Avenida de Julio Rodríugez Soto, afortunadamente non houbo que lamentar danos para as persoas.

Os bombeiros do Carballiño foron requeridos para previr a posible caída doutras planchas da fachada deste mesmo edificio. Non foi a única incidencia de risco na mañá deste sábado xa que tamén se desprendeu parte da cuberta da oficina municipal de turismo sita na Alameda, á beira do parque infantil, a unha hora na que había varios usuarios na zona de xogos, que alertaron do sucedido á Policia Local.

Recoméndase á poboación evitar expoñerse en lugares de risco ante os refachos de vento que no transcurso da xornada poderían acadar velocidades máximas entre os 110 kms hora do Carballiño e os 140 kms hora no municipio de Avión.

20, Decembro 2019

Señores do concello do Carballiño ¿cándo van reaccionar? Ou temos que esperar que volva haber elecciós, lamentable... asi levamos meses.

20, Decembro 2019

Deixo esta queixa na vosa emisora da radio, como e posible que no siglo en que estamos e nos teñan desde as 4 da mañan tantas horas sin luz? Hoxe en dia segun eles teñen todo informatizado e non atopan a averia , sobre todo na nosas comarca con tantas centrales electricas que temos, xa os pueblos que estan cerca tiñan que estar conectados a elas por aguantar os seus incordios, beneficios non dan ningun e si os dan nos pueblos non se nota, e de vergonza. Aver si algún responsable o escoita e fai algo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS