14, Decembro 2019

O persoal de enfermeiría do Centro de Saúde do Carballiño organiza dous obradoiros os días 18 e 19 de decembro dirixidos ás persoas que teñen ao seu cargo o coidado de persoas inmobilizadas.

Trátase de aportar información e experiencia referidas á alimentación, vestido, hixiene, mobilizacións, exercicio físico, primeiros auxilios, prevención de úlceras por presión, axuda psicolóxica e outras circunstancias que acontezan nestes ámbitos.

Os obradoiros terán lugar no propio centro de saúde (Aula 101-Planta 1), nos seguintes horarios: O 18 de decembro, de 10,00 a 11,30 h., ou ben o 19 de decembro, de 16,30 a 18,00 h.

Para participar hai que cubrir un formulario e entregarllo ao persoal de enfermería do centro de saúde.

13, Decembro 2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o concello de Leiro xunto co seu alcalde Francisco José Fernández, para coñecer de primeira man as actuacións levadas a cabo con axudas deste departamento autonómico. Á visita tamén acudiu a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Alfonso Rueda indicou que as axudas deste ano foron destinadas ao financiamento de actuacións do Fondo de Compensación Ambiental, grazas ao cal foron investidos 30.000 euros na adquisición dun vehículo co que levar a cabo traballos de protección do medio ambiente e do espazo natural do concello co obxectivo de previr situacións de risco derivadas da caída de follas, ramaxes e troncos de árbores nas áreas recreativos e espazos públicos. Ademais, destináronse outros 2.000 euros á mellora do alumeado público no núcleo de Vilaverde.

Ademais, o titular da Vicepresidencia resaltou que este concello ribeirán é un exemplo a seguir no que se refire á colaboración entre entidades locais, xa que pertence á Mancomunidade do Ribeiro e á Mancomunidade turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, coas que opta a axudas de maneira conxunta. AsÍ, a Mancomunidade Turística xa ten recibido nos anos 2012, 2014 e 2016 aportacións da Administración autonómica para o mantemento e a mellora dos seus servizos medioambientais. Ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental tamén se levaron a cabo traballos de equipamento de espazos naturais, así como de mellora da eficiencia enerxética e do alumeado público.

Tamén no marco destas axudas a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, da que forma parte Leiro xunto cos concellos de Arnoia, Beade, Cenlle e Cortegada, recibiu este ano unha achega de 69.000 euros para a mellora dos servizos de recollida de lixo e lumes. O proxecto recolle a adecuación das instalación de tránsito e depósito en materia de residuos sólidos urbanos nas dependencias da mancomunidade.

13, Decembro 2019

Para este venres dia 13 de Decembro, ademáis da ruta das tapas na hostelería local, o programa de nadal da concellería de cultura tamén inclúe a película que nos ofrece o Cine Club Carballiño, ás 20:00 e 22:30 no auditorio, a película española "Los años que vendrán".

Ademáis, dous eventos culturais protagonizarán esta fin de semana no Carballiño: Trátase do Concerto de Nadal e da Gala de Circo, recomendados ambos para todos os públicos, e que terán lugar no auditorio municipal Manuel María.

O Concerto de Nadal, que ofrecerán o sábado 14 conxuntamente a Coral Polifónica do Casino do Carballiño e a Banda de Música de Vilatuxe, comezará ás 20,00 h., coa entrada totalmente libre e gratuita.

A Gran Gala de Circo da compañía Pistacatro, terá lugar o domingo 15 ás 18,00 h. A entrada para este evento, que se leva a cabo dentro da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, será de 3,50 euros. Un importante elenco de artistas porá en escena un dos mellores espectáculos da variedades que se poidan ver: malabares, acrobacias, sketchs de humor…

13, Decembro 2019

BUENOS DIAS QUERIA COMENTAR SOBRE LAS INVERSIONES QUE SE LLEVAN HECHAS EN LA PLAZA DE ABASTOS DE CARBALLIÑO QUE POR CIERTO QUEDO MUY BONITA PERO PARA MI LAS VECES QUE TENGO IDO PASA UNA COSA NO FUNCIONA APENAS TIENE CLIENTES NO LEVANTA CABEZA NO SE LAS TASA QUE PAGAN LOS PLACEROS PERO YO CREO NO DA PARA PAGAR GASTOS Y MANTENIMIENTO DEL LOCAL SERIA BUENO PENSAR EN REUTILIZAR ESE LOCAL CON OTROS FINES TODO LO QUE SE A INVERTIDO Y SE INVIERTA CREO QUE ES DINERO PERDIDO LA COMPETENCIA DE LOS SUPERMERCADOS ES INSALVABLE

CASA DE LA XUVENTUD GRAN IDEA TANTO DA DONDE PONERLA EN LA SINDICAL,ESTACION DE AUTOBUSES O CASA DE LA CULTURA SI NO FUNCIONO Y SE CERRO EN OURENSE CON MAS DE 100.000 HABITANTES Y MUCHISIMA XUVENTUD TENGO SERIAS DUDAS QUE EN CARBALLIÑO FUNCIONE YO Y CREO QUE CUALQUIERA VEMOS COMO SE ENTRETIENE UNA GRAN PARTE DE LA XUVENTUD MOVIL,TABLET Y VIDEO JUEGOS YO CREO QUE PARA EMPEZAR UN LOCAL CON NO GRANDES DIMENSIONES SERIA ACEPTABLE

CENTRO DE SALUD LO QUE HAY ES QUE PEDIR PROFESIONALES MEDICOS PEDIATRAS GINECOLOGOS...... Y DESPUES PEDIR LA AMPLIACION DEL CENTRO DE SALUD 

ESTACION DE AUTOBUSES CAMBIARLA PARA RENFE HACER UNA GRAN INTERMODAL IGUAL QUE EL CENTRO DE SALUD PRIMERO PEDIR MAS CONEXIONES OURENSE VIGO SANTIAGO PONTEVEDRA QUE ES LO QUE NECESITAMOS Y NO COMPARTO EL CAMBIO DE UBICACION PARA RENFE TENEMOS LA ESTACION BIEN SITUADA CENTRICA NO MOLESTAN LOS AUTOBUSES EN EL CENTRO DEL PUEBLO A LA CIRCULACION Y PARA LOS USUARIOS EL CAMBIO A RENFE ES UN GRAVE INCONVENIENTE  

12, Decembro 2019

Para unha infraestructura que temos que e centrica, amplia e servicial, agora van e querena regalar aos xovenes e mandarnos aos viaxeiros a outra punta.

Esto é inapcetable.

12, Decembro 2019

Neste Carballiño nunca estamos contentos con nada, todo e protestar, pero non se dan solucions, protestamos porque hai unha folla tirada no chau pero non vemos que non hai barrendeiros, que o arbol de navidade non alumbra protestamos antes de informarnos, que fan un centro de saude novo tamen, que centralizan o transporte, coma a min me queda o lado da casa protesta o canto, en cantos sitio estará alonxada as estacions de autobuses ou tren do centro e mais non pasa nada! menos protestar e mais informarse e buscar solucions 

11, Decembro 2019

Tenemos una estación de autobuses situada bastante céntrica y ahora como usuario quieren llevarla para Renfe hay que fastidiarse y eso es fomentar el transporte público yo creo que quieren acabar con él la ubicación de la estación de autobuses es ideal al lado de los hoteles Lorenzo,Derby y Arenteiro a un paso del balneario los turistas que vienen en bus les darán las gracias y la gente mayor de paseo a la Renfe en medio de la nada y en las ferias que verá a la gente que viene a comprar las gallinas,los cientos de coellas de paseo para la Renfe bueno pararan tomar el pulpo en el fuchela.

 

11, Decembro 2019

O Centro Comercial Aberto pon en marcha a campaña de Nadal 2019/2020, na que destaca un sorteo de 1.500 euros en vales de compra, percorridos en tren turístico pola vila, colchonetas para os nenos e animación de rúa, e que foi presentado esta mañá pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e a xerente do CCA, Noelia Mares.

Esta campaña ten como lema “Este Nadal no Centro Comercial Aberto do Carballiño para mercar e regalar”.

Como nos últimos anos, as persoas que merquen durante estas datas en calquera dos 87 establecementos asociados ao CCA recibirán tiques para subir ao Tren do Nadal os días 21 e 22 de decembro, en horario de 12 a 14 e de 16,30 a 20,00 h; para que os cativos poidan disfrutar coas Colchonetas Divertidas o día 4 de xaneiro, nas prazas Emilia Pardo Bazán, San Ramón (Curros Enríquez) e Plaza de Abastos; e para estar con Papá Noel o día 23 de decembro en horario de 17,00 a 21,00 h., e o día 24 en horario de 17,00 a 19,00 h.

Ademais, o 21 de decembro entregaranse os diplomas do concurso de escaparates para os asociados, e os días 21, 22 e 23 de decembro tamén haberá animación de rúa con coreografías da Escola da Danzas e actividades programadas polo concello como MIKI&MINI, globoflexia, etc…
Silvia Baranda amosou o seu apoio ao comecio local animando a mercar no pobo, e resaltou o gran número de actividades de animación que están programadas para este Nadal tanto polo CCA como por parte do concello.

Noelia Mares dixo que esta campaña de Nadal do CCA intenta favorecer aos tres pilares nos que se sustenta o comercio local, e que son os propios comerciantes e a clientela, e os cativos. Engadiu que para o comercio do Carballiño o tempo de Nadal é sempre un dos máis importantes, e que eso desenvolven un programa de actividades extraordinario, e que esperan que teña tanto éxito como os dos últimos anos.

Con respecto ao sorteo de 1.5000 en euros en vales de compra, dixo que habería dous primeiros premios: un primero premio de 300 euros, coincidente co número do primeiro premio da Lotería de Reis; un segundo premio de 200 euros, coincidente co número do segundo premio da Lotería de Reis, e dezaoito premios de 50 euros, coincidentes coas catro últimas cifras do primeiro e segundo premio da Lotería de Reis.
Finalmente, animou a mercar no Carballiño e agradeceu á xente a confianza no comercio local.

10, Decembro 2019

Andan os políticos locais a voltas coa demanda de construcción dun novo centro de saúde no Carballiño, discuten se o máis convinte sería unha ampliación do actúal ou mesmo a construcción dun de nova planta, esto da megalomanía dos políticos, incluso dos locais, non é ningunha novidade.

Eles andan o seu, a ver quen chega máis lonxe, e moitas veces mostran incluso un sorprendente descoñecemento das demandas reais da cidadanía á que afirman representar.

Unha mostra máis e o que acontece no dia a dia no centro de saúde do Carballiño, con ducias e ducias de vehículos de usuarios e pacientes que non teñen onde aparcar, e que se encontran con barreiras arquitectónicas que dificultan o acceso, e xa dentro, co que se encontran calquera día se o seu médico ten unha urxencia é con que ten que irse co paciente a Ourense ou saír a atender unha emerxencia por un accidente, ou unha urxencia domiciliaria... e o que agarda o seu turno, e non sexa urxente, o que lle toca é marchar para a casa e pedir cita para outro dia, esto ocurre cada dia pola mañás, porque o PAC de urxencias funciona de 3 da tarde en adiante.

O Carballiño necesita un médico para atender as urxencias polas mañás, ésta sí é unha demanda real, ésta sí é unha necesidade urxente, como tamén o é pediatría polas tardes, e a mellora de equipamento en xeral, tanto no centro de saúde como no PAC, para que os facultativos poidan desenvolver o seu traballo cos medios que precisan.

Esto é o prioritario, céntrense, e esixan aos responsables sanitarios o que realmente é importante para todos nos.

10, Decembro 2019

GRACIÑAS OS GOBERNANTES AHORA CANDO SAQUEN A ESTACION DOS AUTOBUSES TEREMOS QUE COLLER TAXI PRA OURENSE POR QUE PAGAR TAXI ASTA A RENFE E DE VOLTA OUTRO MILLOR COLLER XA O TAXI PRA OURENSE MADRE MIA VAN ACABAR CON TODO E DESPOIS QUEREN MAIS AUTOBUSES E TRENES PRE QUE VAIAN VALEIROS

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS