
O Grupo Municipal de Espazo Común no Concello do Carballiño ven de rexistrar unha moción para que "se aclare en pleno a situación dos moitos decretos de alcaldía cancelando débedas municipais por non ter sido notificados os interesados nos derradeiros cinco anos".
"É moi evidente que, atendendo aos nomes de empresas e particulares, a meirande parte, de sobra recoñecibles e localizables, hai dúbidas máis que fundadas sobre a xestión feita pola empresa adxudicataria do servizo de recadación municipal", subliñan.
E engaden "máis aínda cando xa demandamos hai dous meses información sobre a cuestión e non recibimos ningunha resposta en absoluto".
Por todo iso e a maiores da moción que se adxunta, desde Espazo Común xa entraronE E en contacto con BNG e PP para facerlles chegar a nosa proposta de celebración dun pleno extraordinario no que se debatan e clarifiquen tódolas circunstancias de díficil comprensión para a veciñanza e que atinxen á política fiscal e recadatoria do Concello.
"É necesario o acordo dos tres grupos da oposición para poder forzar ese pleno no que se dean as explicacións que agora mesmo se están a negar á cidadanía", remarcan dende ESCO.
Finalmente, manifestan que "mocións sobre a repentina e desafortunada regularización da taxa de lixo en Arcos sen ter en conta a particularidade da cesión do monte comunal; a moción con respecto a unha rebaixa do IBI anunciada hai case 8 meses e que agora semella ter caído no esquecemento e a derradeira ésta que presentamos hoxe, deben ser tratadas en pleno canto antes para solventar os posibles problemas sobre a xestión".

O Grupo Municipal do BNG ven de presentar unha moción para que a corporación inste á administracción autonómica e os seus organismos relacionados co Camiño Xacobeo para que as variantes da ruta existentes dentro do termo municipal de San Cristovo de Cea sexan consideradas oficialmente como tal, o seu recoñecento, promoción e conservación.
Concretamente, trátase de dúas variantes da ruta principal, que son as de Costiña de Canedo-Liñares-Mandrás-Casasnovas, asi como a xa máis coñecida e transitada entre Cea-Silvaboa-Pieles-Oseira.
Para descargar a a moción íntegra, prema no arquivo adxunto:
Na rúa Costa Rica estamos máis que fartos.
Nos tamen pagamos impostos como todos os do resto do Carballiño.
O ano pasado acabamos aburridos de ir o concello para que obligara os donos a limpar unha finca grande que hai diante das nosas casas e que é sempre un nido de ratas.
O alcalde sempre con moi boas palabras casi que lle botaba a culpa á concelleira de medio ambiente.
E resulta que este ano estamos igual ou peor e a concelleira xa é outra pero o alcalde é o mismo.
Señor Fumega deixe de botarlle as culpas os outros e faga algo que para eso o puxemos ahí.
Soluciós para a rúa Costa Rica urxentes.
Quero aproveitar este foro que grazas a Cadena Cope podemos denunciar, alertar ou avisar de todas aquelas cousas ou feitos que nos amolan ou tamén para dar os parabens daquelas cuestións que nos parecen positivas. Quero ser moi escueto e simplemente convidar a tódolos veciños que non perdan ocasión de darse un paseo ou achegarse en coche moto ou bicicleta para observaren de primeira man a barbaridade que se está acometiendo nos exteriores da Fábrica de Papel. Gustaríame saber cal é o proxecto que o alcalde e o seu equipo teñen pra esta infraestructura e terreos. Moitas gracias

O concello de Beariz asinou previamente un convenio de cesión por parte do Bispado, e agora, cun orzamento de 150.000 euros aportados pola Xunta de Galicia, vai permitir financiar a obra de rehabilitación, que xa está licittada e ten un prazo de execución de seis meses.
O alcalde bearicense, Manuel Prado, comentou en COPE O Carballiño que "a idea do concello dende fai tempo era dotar á capitalidade municipal dun centro social amplo" no que se poidan desenvolver todo tipo de actividades por parte da veciñanza.
A propiedade está situada na rúa principal de Beariz, fronte á Residencia de Maiores e preto da casa do concello, e á beira dun parque infantil "nunha contorna que tamén queremos acondicionar", subliñou o rexedor municipal.
Doutra parte, Prado tamén confirmou a licitación da obra de mellora na rúa Benito Táboas, na propia vila de Beariz, onde se ubica a Casa-Cuartel da Garda Civil, cun orzamento de 50.000 euros. Fundamentalmente, consistirá na reposición do firme da calzada, que está moi deteriorado.
Socialistas privatizando. Un socialista no privatiza, quien está al frente de un cargo público, que cobra dinero público, debe defender lo público. Quienes creen más en lo privado que se vayan a la empresa privada, estar cobrando de lo público y demoler lo público desde el cargo, es traición. Las privatizaciones son corruptelas, encarecimiento del servicio, sueldos de miseria, falta de inversiones, etc y es que, los empresarios, ni están para servir al público, están para ganar dinero.

O grupo municipal de Espazo Común en O Carballiño denuncia que Fumega mente ó asegurar que non é posíbel contratar persoal para o servizo de limpeza viaria e acusa ó Concello de “empregar unha táctica propia de gobernos conservadores, na que se deixa empeorar un servizo de xeito deliberado para que os cidadáns perciban que a mellor (ou única) solución é poñer o servizo en mans dunha empresa privada”.
Espazo Común salienta que, no Pleno do Concello de O Carballiño do 2 de febreiro de 2017, “aprobouse un acordo que permite que dende a alcaldía se contrate o persoal que sexa necesario para a realización e mantemento de servizos considerados esenciais”. O grupo municipal de Espazo Común engade que estos servizos quedaron definidos en dita sesión plenaria e que, entre eles, encóntrase o servizo de limpeza viaria.
O grupo municipal precisa que a deficitaria situación do servizo de limpeza xa foi denunciada públicamente por Espazo Común o 13 de xullo deste ano sen que se tomara ningún tipo de medida, e engade que “este servizo leva meses funcionando con só cinco operarios, o que resulta totalmente insuficiente e que, ademais, verase agravado en datas moi próximas cando a finalización de contratos reduza o servizo a soamente dous operarios”.
O acordo impulsado o 2 de febreiro de 2017 dende a Concellería de Persoal para, precisamente, evitar ter que caer nas privatizacións, di literalmente que:
“Este Concello poderá contratar persoal temporal ou nomear funcionarios interinos para cubrir aqueles postos cuxa cobertura considere urxente e inaprazábel e cuxo desempeño considere tamén prioritario ou que afecte ao funcionamento de servizos públicos esenciais. A posibilidade de acudir á contratación temporal de laborais ou ao nomeamento de funcionarios interinos pasa pola xustificación que o órgano competente, neste caso, o alcalde, faga da prioridade do posto ou da esencialidade do servizo que prestan ou a urxencia e necesidade de cubrir ditas prazas”.
Escoitei o señor alcalde Fumega falando na cope das terrazas e de que tiña queixas de ruidos. Este home tomanos o pelo demasiado a menudo. Igual non sabe que e o alcalde e hay que llo recordar. El e o que ten que facer respetar a ley e cumplir o que dixeron. Grazas a Bernardo aprobouse que todos os bares iban ter no cristal un cartel co numero de mesas que teñen pero non interesa cumplilo. Supoñemos que porque moitos concelleiros teñen intereses en locales de hosteleria e asi cada un ocupa o sitio que lle da a gana e cerra a hora que lle conven unha vergonza.
He de felicitarlo no tanto por el éxito judicial -que lo está siendo y lo será- como por su actitud como Presidente del monte vecinal: La suya, y la del resto de comuneros. Su persistencia, tenacidad, y dignidad obtienen los frutos que deberían hacer sonrojar a todos los robaperas que se creen con el derecho de arrebatar un bien jurídico tan fundamental como el uso y disfrute de un monte vecinal en mano común. No pierda el tiempo con los robaperas, no se sonrojarán porque no tienen vergúenza, y el pago de las costas judiciales al que condena la sentencia no correrá de sus bolsillos sino del de los contribuyentes.
Sí señor, así se combate y se vence la tiranía de mindudis que hemos puesto ahí para representarnos, y acaban representando a sus intereses y negocietes particulares.
UN EJEMPLO A SEGUIR.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- 417
- 418
- 419
- 420
- …
- seguinte ›
- última »