
Os días 2 e 3 de agosto as rúas do Carballiño acollerán a celebración da 5º edición do Ciclo de Músicas de Sofá, un formato de festival que cambia os grandes escenarios por pequenos salóns en plena rúa, presididos por un sofá que sitúa a músicos e espectadores ao mesmo nivel. Neste evento achégase una boa variedade de estilos musicais.
Músicas de Sofá, organizado co apoio do Concello do Carballiño e a Asociación Musical Cultural O Tambor Colectivo, "busca crear espazos de achegamento e contacto directo coas bandas e músicos a través de escenarios a pé de rúa" relatan Anaïs Barbier e Pedro Álvarez, coordinadores do festival.
"A través da recreación de salóns nas rúas do centro da vila con elementos comúns como sofás, mesas, lámpadas e decoración, procúrase que as persoas se sintan cómodas coa música en directo e a vivan como se estivesen na súa casa", sinalan.
A calidade musical, unida á estética vintage dos escenarios e á accesibilidade dos mesmos, fan deste festival algo único.
Por iso xa é cita consolidada de referencia no territorio galego. Este 5º ciclo de Músicas de sofá ten como obxectivo achegar unha gran variedade de estilos musicais aos máis de 500.000 visitantes que se esperan neste 2019 durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo no Carballiño.
Nesta edición o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical underground actual. Trátase de Lúa, a Orquestra Galicia Fiddle, Luca Argel, Cró e Mounqup. Ademais, durante os dous días haberá dous salóns destinados aos dj's, unha aposta por este estilo de música que a organización ven facendo dende os comezos. Serán Mars Attack e Nu.Eva.
Este ano a cita cultural conta con varias novidades interesantes. É a edición máis internacional, xa que contan con bandas de Brasil e Francia. Ademais, “é o primeiro ano que se inclúe no cartel do evento a música electrónica, e facémolo a lo grande con Mounqup, unha artista francesa que ven de tocar en festivais por toda a península”, argumenta Barbier.
Tamén dende a organización salientan a Orquesta folk de cordas Galicia Fiddel como unha aposta importante, xa que é unha banda formada por nenas e nenos de entre os 12 e os 18 anos.
Coma en nos anteriores, as bandas que participan no ciclo foron seleccionadas en base a dous criterios: a calidade musical e a non pertenza dos grupos aos circuítos de grandes festivais que se están a dar a día de hoxe. "Os grupos escollidos representan unha gran parte da escena underground actual" salienta a coordinación do festival.
Para levar a cabo o festival tamén se conta coa colaboración da Deputación de Ourense, a Librería Escolma e o Hotel restaurante Derby, do Carballiño, e O Reberete artesanía.
Venres, 2 de agosto
22:30h Lúa – (Bretagne / FR) – Praza Maior
00.00h Mars Attack (Dj set) - Praza Aquilino Sánchez
Sábado, 3 de agosto
20.00h Orquestra Galicia Fiddle (Vigo) – Praza Maior
20:45h Luca Argel (Brasil/Portugal) – Rúa Aldara
21:30h Nu.Eva (Dj set) – Rúa principal
23.00h Cró! (Vigo) – Rúa Curros Enríquez
00:30h Mounqup (FR / GZ) – Praza Maior
Estamos a menos de 15 días do día grande do Carballiño, a menos dunha semana da Semana grande do Carballiño, na que se supón que ten que atraer a xentes de todo o mundo. Pois dende o concello non se para de falar do titulo de interese turistico internacional. E das actividades de tan grande acontecemento nada se sabe. A decoración comezando, coma se fose producto dun invento de ultima hora.
Calquera que queira vir ó pulpo de fora de España, será porqie sí, de ningun xeito pode vir atraido polos eventos que se organicen este ano, xa que de eles nada se sabe. É asombrosa a desidia da promocion da Festa do pulpo de este ano.

Os populares recordan que "xa foi no ano 2015 cando se aprobou a convocatoria dun concurso de ideas para que se puidesen presentar cantas mais ideas mellor e unha vez elixida a que mais gusta, poder redactar o seu proxecto e empezar a executalas obras precisas".
"Dende aquelas, ata o de agora, aínda non se aprobaron as bases técnico-administrativas que sexan a bases de dito concurso, polo que é unha asignatura pendente do anterior mandato, e debera ser asumido agora polo renovado goberno municipal", inciden dende o Partido Popular.
Entenden que este acordo debe de pasar outra vez polo pleno, para convalidar este compromiso, "e que o actual goberno non caiga nin no pasotismo que se tivo ata o de agora, nin na tentación de facer obras de infraestruturas que non sexan consensuadas nese proxecto que poida saír da convocatoria deste concurso de ideas".
Para o Grupo Popular, a convocatoria deste concurso de ideas para o parque municipal, é unha das prioridades para este mandato polo que manifesta o seu compromiso para que sexa unha realidade, polo que, desexa que a moción que se presenta poida ser tratada no primeiro pleno ordinario, para que este sexa un dos primeiros compromisos que o goberno asume por aprobación do pleno.
No orzamento prorrogado do 2018, en vigor hoxe, existe a partida orzamentaria (172.00.227.99) denominada PLAN INTEGRAL PARQUE MUNICIPAL con 10.000€ que xa fora incorporada no mesmo a petición do Grupo Popular, e que para a convocatoria deste concurso, podería ser suficiente, debendo de ser ampliada para anos sucesivos para o pago do propio proxecto e para comezar a facer obras.
Finalmente, o Partido Popular manifesta que esta petición é representativa "da inmensa maioría dos veciños e veciñas do Carballiño, que a convocatoria do concurso de ideas do Parque Municipal, se realice canto antes".

Seis dos socios e directivos fundadores do Cine Club Carballiño no ano 1969 serán homenaxeados nas Xociviga 2019 coa concesión da Insignia de Ouro do festival. Trátase de Eduardo Bernárdez López, Javier Romero Lorenzo, José María Álvarez Rabanillo, Julio Angel Marqués Domínguez, Pablo Pedro Paniagua Mariño e José Luis Cesáreo Gay.
Na acta do xurado reunido hoxe para tomar esta decisión reflíctese que a distinción concédese “pola súa condición de directivos-fundadores do Cine club Carballiño, o 28 de febreiro de 1969, cando promover a actividade cultural estaba sometida ao excesivo rigor e arbitrio, do control político-administrativo propio da Ditadura. Xunto aos seus compañeiros ausentes, Julio Castro Losada e Angelino García Bravo, asentaron os alicerces do que cincuenta anos despois continúa a ser unha feliz realidade, o Cine club Carballiño”.
As insignias seranlles entregadas durante a Gala de inauguración do festival, que terá lugar este próximo luns, 29 de xullo, ás 20,30 h., no auditorio municipal Manuel María.
O xurado estivo conformado por: Francisco José Fumega Piñeiro, alcalde de O Carballiño, en calidade de presidente; Diego Fernández Nogueira, concelleiro de Cultura, en función de secretario, ambos en representación do Concelo. Ademais de María Xosé Banga Rodríguez, María Dolores Veleiro Alemparte e Carlos Rodríguez Calvo, como membros partícipes na organización histórica das Xociviga desde a súa creación en 1984.
Na foto, catro dos fundadores da entidade cineclubista carballiñesa, nunha recente homenaxe que recibiron por parte do actúal Cine Club Carballiño.

O 50 aniversario da creación do Cine Club Carballiño é o “leitmotiv” da 36 edición das Xociviga, que se celebran do 28 de xullo ao 2 de agosto e que presentou o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, xunto con varios colaboradores.
Dezaoito películas repartidas en cinco seccións (cine infantil, cine europeo (Francia), cine galego, cine portugués e cine venezolano), unha vintena de curtametraxes, dous talleres de formación e unha exposición sobre a traxectoria do cine Club Carballiño, conforman un intenso programa que comezará o domingo 28 de xullo coa proxección na Praza Maior da película Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, que celebra o seu 30 aniversario.
Debido á intensidade do programa, nesta ecición as actividades e proxeccións terán lugar no auditorio municipal Manuel María e na Casa da Cultura. Como na pasada edición, haberá unha Gala inaugural do certame, na que se entregarán os premios Xociviga de Honra, que recibirá a actriz Luisa Merelas; a Insignia de Ouro e un premio especial de Honra In Memorian ao productor de cine venezolano José Sousa, fallecido hai dous anos, e que recollerá a súa filla Ana Patricia Souza Salazar.
Nesta gala, que contará coa actuación do grupo carballiñés 4MAL QUARTET JAZZ, tamén se adiantarán os contidos das Xociviga, e ao remata haberá unha degustación de produtos ourensáns. Tamén o luns, pero pola mañá, ás 12,30 h., inaugurarase a exposición “PAPEIS DE CINE. 50 anos do Cine Club Carballiño (1969-2019)”, que realiza a directora de arte Marta Villar e que estará aberta ata o 15 de agosto.
Ademáis da proxeccións, que nesta edición son de especial calidade, destaca o Concurso CURTASoPRIMA, así como o taller de animación en stop motion para nenos e nenes de 7 a 14 anos que impartirá Fernando Cortizo, e o taller da directora de cine Anxos Fazáns. Diego Fernández destacou o gran esforzo que realiza o concello nesta edición para render homenaxe ao Cine Club Carballiño e intentar situar ás Xociviga entre os mellores festivais de cine de Galicia.
Tamén agradeceu a colaboración da Deputación Provincial, Consellería de Cultura e Turismo, Fundación Carlos Velo, do festival OFFOurense e do foro Xociviga, entidade recentemente creada e que será quen deba organizar o festival nos próximos anos, según dixo, así como da CRTVG, que cedeu os dereitos para a proxección de Sempre Xonxa.
Finalmente, agradeceu a colaboración dos graduados en Comunicación Audiovisual da UVigo e USantiago, Arturo Montilla, Flavia Rodríguez, Nerea Ogando e Mario Fernández, que realizarán diversas funcións de apoio ao longo desta próxima semana nas Xociviga.
No arquivo adxunto podes consultar toda a programación, películas, dias de proxección e horarios:

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira entrevistouse co alcalde do concello ourensán de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, rexedor desta localidade desde 1995.
Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou a mediados de xullo co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles. Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 2,2 millóns de euros.
Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Leiro máis de 460.000 euros en materia de subvencións; máis de 570.000 euros en convenios; e máis de 1,2 millón de euros pertencentes a outras actuacións.
A delegada territorial indicou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a mellora de infraestruturas de uso público e de estradas, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, o acondicionamento de rúas da localidade, saneamento en Vilerma, a creación dunha Casa Niño, a accesibilidade e sinalización de recursos turísticos e acondicionamento da contorna do campo da feira, así como a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos.
Díaz Mouteira subliñou a aposta do Goberno galego pola recuperación do noso patrimonio que se materializou en Leiro nas obras de rehabilitación e acondicionamento da nave lateral do mosteiro de San Clodio para convertela no primeiro spa de viñoterapia de toda Galicia.
A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Fernández Pérez “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

A Axencia Galega de Infraestruturas asinará co concello de Boborás un convenio para a renovación completa do pavimento da OU-214 e a construción dunha senda peonil paralela que redundará na calidade de vida dos veciños, xa sexan peóns ou condutores por importe de 209.000 euros. Este convenio terá que ser aprobado polo pleno na vindeira sesión do venres 26 de xullo, según avanzou nesta emisora de radio a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.
A aportación será asumida pola a AXI, e repartirase en dúas anualidades sendo 50.000 euros para 2019 e 159.000 euros para o 2020, sendo o Concello o encargado de levar a cabo ditas obras.
A estrada OU-214 , titularidade da Xunta de Galicia, comeza na estrada N-541, na Almuzara, e remata na estación de FFCC de Boborás. Ten unha lonxitude de 900 m e unha anchura de 5,5 m na maior parte do trazado e unha IMD duns 350 vehículos/día. O pavimento do viario atópase moi deteriorado polas rodeiras deixadas polos vehículos que semellan fochancas continuas lonxitudinais.
A senda garante un espazo seguro para o tránsito de peóns nun vial con presenza de vivendas nas súas marxes. As marxes contan con cuneta en terra e pequenos noiros que permitirían a construción dunha senda peonil paralela previa realización de traballos de limpeza de gabias, desbroce de maleza e construción de muretes. Nalgún treito tamén será necesaria a canalización de pluviais.
A titularidade da OU-214 na súa totalidade pasará a ser do Concello de Boborás, que velará pola conservación e mantemento da estrada e da senda peonil.
CONSTRUCCIÓN DUN MURO EN LIÑARIÑOS
A través doutro convenio, éste con AGADER, o concello de Boborás fianciará a construcción dun muro no pobo de Liñariños, na parroquia de Laxas. A alcaldesa Patrica Torres manifestou que esta obra responde a unha vella demanda da veciñanza de Liñariños.

Onte luns a eso das 10 da mañá dous operarios de protección civil e o seu camion andaban a limpar con auga a presión a rúa Principal do Carballiño. Si, si. As 10, as 11, as 12. A xente tiña que levantarse das terrazas e os que andaban por alí escapar da auga. Os comerciantes coma sempre os últimos da fila sen ser avisados antes.
Esas cousas fanse de noite cando non hai xente nas ruas nin nas terrazas.
Todo un despropósito e van...
Un centenar de personas, representando aos máis diversos estamentos da cidade de Xixón e do Principado de Asturias, asistieron este mediodía ao acto de presentación da LVIi Festa dos Pulpo, que nesta edición se lle dedica a Asturias.
A alcaldesa de Xixón, Ana González, foi a anfitriona deste acto que contó coa presencia dos alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o portavoz do PP, Ricardo Perea, así como empresarios carballiñeses con negocios en Asturias, e representantes das entidades e empresas patrocinadoras da festa como Abanca, Aceites Abril e Cer&Ber.
Medios de comunicación de Xixón e Oviedo, de TV, radio, prensa escrita e axencias, asistiron ao evento, que comezou cunha salutación da alcaldesa, na que destacou as similitudes e boa vecindade entre Galicia e Asturias, e fixo mención de ter raíces ourensans. Así mesmo, destacou a Festa do Pulpo do Carballiño como unha das grandes celebracións gastronómicas de Galicia.
E por iso animou aos xixoneses e asturianos a asistir á Festa.
Francisco Fumega agradeceu a deferencia pola súa asistencia ao acto e destacou as cualidades da Festa do Pulpo.
Tamén fixo mención da forte ligazón empresarial entre O Carballiño e Asturias, citando en concreto á cada de pulperías A Feira e Cer&Ber.
O acto, ao que tamén asistiron representantes da Delegación do Goberno en Asturias e do sector empresarial, hostaleiro e gastrinómico de Asturias, estuvo animado polo gaitero Carballiño Isidro Vidal.
Tras as salutacións das autoridades efectuouse unha degustación de empanada, pulpo á feira e carne ao caldeiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 419
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- 426
- 427
- …
- seguinte ›
- última »