14, Xuño 2019

As piscinas municipais inauguraron a tempada este venres 14 de xuño, ás 11 da mañá, e o farán con dúas xornadas de portas abertas, nas que a entrada será gratuita.

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8,30 da tarde, finalizando a tempada o 8 de setembro.

Así mesmo, ábrese o prazo de solicitude para os cursos de natación, cuxa inscrición deberá facerse nas piscinas municipais. O monitor dos cursos será quen formalice as matrículas e ofreza canta información se precise ao respecto.

Nesta tempada, ao igual que na anterior, os bonos de 15 días e 30 días serán por usos diarios, e non por quincenas ou mensualidades concretas, polo que se abarata significativamente o prezo das entradas.

Así, cun bono de 15 días de adultos (máis de 16 anos), cuxo prezo é de 24,70 euros, o custo de cada entrada queda en 1,64 euros. Cun bono de 15 días infantil (de 4 a 16 anos), cuxo prezo é de 12,20 euros, o custo de cada entrada queda en 0,81 euros.

Os bonos de adultos de 30 días costan 35,90 euros, co que cada entrada sae a 1,17 euros. Os bonos infantís de 30 días costan 18,30 euros, co que o prezo de cada entrada é de 0,61 euros.

O custo dos bonos familiares é o seguinte: 30 días, 84,10 euros; 15 días, 42,55 euros, e de tempada (3 meses), 206,35 euros.
As entradas soltas por día saen a 2,60 euros as de adultos, e 1,60 euros as infantís.

Para poder realizar os cursos de natación, que son mensuais, hai que mercar o bono de 30 días, e o prezo do curso é de 40,40 euros. Así, os nenos e nenas menores de 16 anos deberán abonar 40,40 euros do curso máis 18,30 euros do bono de 30 días. E os adultos, 40,40 euros máis 35,90 euros do custo do bono de 30 días.

Agás as entradas individuais por día, que se venderán nas piscinas, o resto dos bonos deberán adquirirse na oficina municipal de Recadación, situada na rúa Faustino Santalices.

13, Xuño 2019

O máximo mandatario galego dos socialistas, o Secretario Xeral do PSdeG Gonzálo Caballero, achegouse ata O Carballiño para felicitar persoalmente aos socialistas carballiñeses, alcalde electo Francisco Fumega á cabeza, polo triunfo electoral do 26-M no municipio, onde a candidatura socialista acadou maioría absoluta.

O Secretario Xeral felicitou a Fumega "por acadar un resultado histórico para o PSdeG no Carballiño, por acadar un resultado que vai permitir agora un goberno de progreso".

Acompañaron a Caballero nesta visita a O Caralliño, o Secretario Provincial Rafael R. Villarino e o Secretario de Organización Juan Carlos de Francisco, 

 

12, Xuño 2019

A corporación municipal despedíu no último pleno do mandato aos 9 concelleiros que xa non formarán parte da nova corporación carballiñesa que se constituirá este sábado dia 15 de Xuño.

Polo tanto, sesión que foi de despedida para Emilio Carballeda, Teresa Cerdeira, Magín Daparte, Pili Caride e José Luis Sobrino, todos eles do Partido Popular.

Tampouco estarán na próxima corporación Chema Ferreiro, do BNG,, que conseguíu acta de concelleiro pero anunciou a súa renuncia e xa non tomará posesión, asi como Bernardo García de Alternativa Veciñal e Rosario González, que rematou o mandato como concelleira non adscrita, tras a escisión vivida no grupo socialista do que formaba parte.

No grupo socialista tampouco estará Marina Ortega, que xa exerce como depurada no congreso.

O pleno apenas durou unhos minutos, os precisos para proceder a aprobación das últimas actas do mandato que agora remata.

O sábado dia 15 contituiráse á nova corporación, na que haberá ata nove concelleiros debutantes.

11, Xuño 2019

A Consellería do Medio Rural en 2018 investiu na provincia de Ourense unha partida de máis de 5,1 millóns de euros en axudas para a modernización das explotacións, con achegas para incorporación de mozos, plans de mellora e pequenas explotacións. Estas subvencións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), repartíronse entre 133 beneficiarios, dos que 61 son mozos e mozas ourensáns que decidiron apostar o seu futuro laboral polo mundo agrogandeiro.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde de Piñor José LUis González, ofreceu estes datos durante unha visita á finca onde se vai a instalar, ao abeiro destas subvencións, unha nova explotación avícola, cuxa propietaria é unha moza de 21 anos que se quere incorporar á actividade agraria seguindo os pasos dos seus pais, que xa teñen outras granxas na zona e foron beneficiarios desta orde de axudas en convocatorias anteriores, na liña de plans de mellora.

En concreto, o departamento autonómico, dirixido por José González, concedeulle unha axuda global de 178.000 euros, a través de dúas liñas (a de primeira instalación e a de plans de mellora) sobre un investimento total de 334.497 euros. Esta achega destinarase ás obras de construción dunha explotación dedicada ao engorde de polos, con capacidade para 31.800 polos broilers, na finca Chouso do Cabreiro, na parroquia de Coiras.

11, Xuño 2019

O camiño que hai xusto a un carón da xogueteria Albiñana, que vai dar á fonte de flores, atópase intransitable pola herba e ortigas que saen dos eidos.

 

O único que pido é que se corten as herbas que sobresaen para que se poda transitar sen ter que facer malavares.

 

Un saúdo.

10, Xuño 2019

Asi o confirmou nesta emisora de radio a Presidenta desta asociación, Beatriz Míguez, manifestando con tristeza que "tras 7 anos restacando animais, non podemos máis".

A precaria situación económica é o motivo dese cese na súa actividade, en todo caso, un cese que podería ser temporal "se temos a axuda que precisamos para seguir adiante, pero nestas circuntancias agora mesno é imposible, xa bastante temos con xestionar os animais que temos na actualidade, pero non podemos seguir restacando máis animais", subliñou.

Según a presidenta, a asociación necesita unhos 3.000 euros ao mes, para manter toda a actividade, pagar facturas veterinarias, gastos en residencias caninas e outros gastos.

Míguez recordou como nos últimos sete anos buscaron fogares para centos de cans e outros animais de compañía "tan so o ano pasado xestionamos adopcións responsables para máis de 260 cans, que de non ser por nos estarían mortos", remarcou.

A asociación non conta con ningún tipo de axudas institucionais nin das adminstracións locais, provincial ou autonómica.

Finalmente, a presidenta lanzaba un S.O.S. a todas aquelas persoas que queiran colaborar económicamente "para axudarnos a saír a flote e que este cese na actividade sexa temporal e non definitivo".

E para elo facilitan o nº de conta bancaria da que a asociación é titular en Caixa Rural: IBAN ES46 3070 0039 0160 9369 6927.

9, Xuño 2019

Os tres concelleiros que van formar o Grupo Municipal de Espazo Común no Carballiño, veñen de rexistrar un escrito no Concello poñendo á entidade municipal sobre aviso de que, a pesares das importantes inversións que se están a acometer nos térreos onde se atopa a coñecida como Fábrica de Papel, no Rexistro da Propiedade ainda aparece a nome dos anteriores propietarios, a família Otero, aseguran.

Este punto queda acreditado "coa Nota Simple que solicitamos con data onte venres 7 de xuño nunha consulta que calquer cidadán pode facer", subliñan.

Califican esta situación de " irregular e pode acarrexar no futuro diversos problemas xurídicos ou, incluso, a perda de subvencións invertidas nestes térreos"

Por iso foi posta en coñecemento do alcalde, aafirman , como  "máximo responsable nos últimos anos deste proxecto, coa intención de que sexa subsanada á maior celeridade posible e evitar así futuros prexuizos para o Concello".

Neste sentido, recordan, xa se conta con desagradables experiencias anteriores xuridicas en circunstancias semellantes que temos a obriga de tentar que non se repitan. Cabe lembrar por exemplo o conflito co Bispado de Ourense pola titularidade dos térreos do entorno da Veracruz que tivo a obra parada moitos meses.

"Asimesmo hai que recordar tamén que, ainda a día de hoxe, hai varias propiedades municipais das que é complexo demostrar a titularidade pola ausência de documentación que o acredite, como por exemplo o local sito na Praza de Juan Corral Pajariño", advirten.

No caso da Fábrica de Papel a situación xa é reincidente pois, despois dunha primeira rehabilitación, o Concello tivo que adoptar un acordo plenário para gastar 600.000 euros máis na súa adquisición que foron pagados en tres prazos de 200.000 euros. 

"Toda esta gran aposta económica por estas instalacións que, sen dúbida, revalorizarán esta zona e as parcelas colindantes, ten que quedar debidamente acreditada e legalizada ou pódemonos atopar pois cuns terreos nos que se invirta, como mínimo, un total de 800.000 € nos tres últimos anos, polo de agora, sen chegar a facer o sinxelo trámite de rexistralo a nome do Concello e atendendo a experiencias pasadas, semella que é algo que non pode nin debe agardar", conclúen dende Espazo Común.

7, Xuño 2019

Co título de “O Carballiño, industria e comercio (1925-1995)”, editado polo concello do Carballiño en colaboración coa Asociación Fotográfica O´Potiños e o Centro Comercial Aberto, acábase de presentar un libro que recolle a historia gráfica da industria e o comercio da vila carballiñesa durante o século XX.

Esta publicación, que é continuación doutra titulada “Xentes do Carballiño” e que se levou a cabo hai tres anos, obedece o obxectivo de recuperar a memoria histórica do Carballiño, según dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación desta obra.

A este acto asistiron, ademáis do alcalde, o presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco; o directivo desta entidade José Luis Diz; o presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga, e o director do Instituto Chamoso Lamas, José Manuel Vázquez. O libro consta de 127 páxinas que conteñen centos de fotografías e anuncios do período comprendido entre 1925 e 1995, e incluso algúns grabados de finais do século XIX, así como un DVD con entrevistas a comerciantes, que foron realizadas por alumnos e profesores do Instituto Chamoso Lamas.

Editáronse un total de 1000 libros, que serán distribuidos entre as persoas que colaboraron coa publicación cedendo fotografías, entre os comerciantes e aqueles veciños interesados en coñecer a historia da vila.

Francisco Fumega destacou a importancia do comercio na historia do Carballiño, e dixo que esta publicación viña a incrementar os fondos municipais na recuperación da memoria histórica da vila. “O comercio é un sector económico esencial do Carballiño. O é na actualidade e o foi históricamente, pois a actividade comercial sempre estivo vencellada coa nosa vila, e non se podería entender o seu crecemento sen a puxanza do comercio, da hostalería e da industria” -dixo.

Referiuse ao recoñecemento efectuado pola raíña rexente María Cristina en febreiro do ano 1901: “Queriendo dar una prueba de mi real aprecio al Ayuntamiento de Carballino por el progreso de su agricultura, industria y comercio, en nombre de mi augusto hijo el Rey D. Alfonso XIII, y como reina regente del Reino, vengo en concederle el tratamiento de Excelencia”, e expresou a súa satisfacción por contribuir á recuperación da memoria histórica do comercio e da industria do Carballiño a través da fotografía, polo que agradeceu a iniciativa e o traballo realizado pola asociación fotográfica O´Potiños.

Finalmente, agradeceu “a todas as persoas e familias que integraron e integran o sector comercial e dos servizos, así como o industrial, pola súa contribución ao desenvolvemento do Carballiño”. Julián Garriga compartiu as palabras do alcalde e felicitou ao concello e a Potiños polo libro, do que dixo era “precioso e emotivo”.

Así mesmo, destacou o importante que foi, que é e que seguirá sendo o comercio no Carballiño. Tamén agradeceu que se contase con eles para a elaboración do libro.

José Manuel Vázquez expresou a seu orgullo por participar na elaboración do DVD con entrevistas a comerciantes, realizadas por alumnos e profesores do Instituto Chamoso Lamas. Neste sentido, destacou a importancia da fotografía e do cine como ferramentas educativas e fixo mención aos programas de innovación educativa e proxectos que se realizan neste centro educativo.

Manuel Blanco amosouse honrado por presentar este traballo, do que dixo era a culminación do iniciado con libro “Xentes do Carballiño”, e que era froito dunha longa colleita de fotografías antigas por parte da Asociación Fotográfica O´Potiños. Ao respecto dixo que este libro quedará aí como parte da historia do Carballiño.

Explicou a dificultade para realizar este colleita fotográfica, xa que de moitos antigos establecementos non foi posible atopar imaxes. Agradeceu a cesión de fotografías efectuada pola xente, a colaboración do CCA e do Instituto Chamoso Lamas, en especial do profesor Ricardo Paz, que grabou as entrevistas, e ao fotógrafo Moncho Fuentes, que cedeu desinteresadamente moitas fotografías. Tamén se referiu á veciña Lidia Alemparte, que foi unha das persoas entrevistadas pero que falleceu antes da publicación.

Finalmente, José Luis Diz destacou que era un libro para ver, como todos os realizados pola asociación O´Potiños, e que se tivo en conta na súa elaboración tanto os oficios artesanais e industriais como o comercio de sempre.

6, Xuño 2019

 NA AVENIDA JULIO RODRIGUEZ SOTO, A ALTURA DA OFICINA DE SANEAMENTOS PITEIRA, ATÓPASE A ENTRADA DOS SUMINISTROS DO SUPERMERCADO EROSKI DA RUA CLAVO SOTELO.

POIS BEN, TODALAS MAÑÁS A ESO DAS OITO E MEDIA ESTÁ O CAMIÓN DESCARGANDO  E OCUPANDO O CARRIL ESQUERDO EN DIRECCIÓN DESCENDENTE, PROVOCANDO ATASCOS E NALGÚN CASO IMPEDINDO O PASO DALGÚN VEHICULO. ESTO PRODÚCESE A UNHA HORA NA QUE MOITOS DOS QUE CIRCULAMOS POR ESA VÍA TEMOS QUE LEVAR OS FILLOS O BUS OU O COLE A UNHA HORA DETERMINADA E NON PODEMOS ESTAR PAPANDO A MOSCA NA COLA.

ESO POR NON FALAR DO RISCO DUN ACCIDENTE OU DUN ATROPELO NO PASO DE PEÓNS CERCANO.

ENTENDO PERFECTAMENTE QUE É PRECISO A CARGA E DESCARGA PARA SUMINISTRO DO SUPERMERCADO, FALTARÍA MAÍS, PERO É MOI DOADA A SOLUCIÓN. SOLICITAR NO CONCELLO PERMISO PARA OCUPAR TRES PRAZAS DE APARCAMENTO NA MARXE CORRESPONDENTE DE OITO A NOVE DA MAÑÁ, PAGAR O QUE CORRESPONDA E TODOS FELICES E SEN MALOS FUMES A PRIMEIRA HORA.

5, Xuño 2019

100 comisarios e 35 axentes de seguridade privada velarán pola boa marcha dos tramos do Carballiño e da comarca, que se desenvolverán este sábado, 8 de xuño, durante o 52 Rallye de Ourense.

O evento, que pode reunir no Carballiño a máis de 25.000 persoas, según a organización, foi presentado esta mañá no concello do Carballiño polo teniente alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; o presidente da Escudería Ourense, Julio Bouzo, e o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral.

O treito decisivo deste Rallye de Ourense disputarase nos dous tramos que rematan no concello do Carballiño, asegurou Julio Bouzo, tras agradecer ao concello carballiñés o comportamento co Rallye de Ourense, e tanto nos aspecto da colaboración económica comoa nivel humano, pois, según engadiu, ningún concello tivo nunca na historia deste rallye un comportgamento tan exemplar como este.
Por iso, expresou o seu orgullo e satisfacción, xa que, según dixo, únenme lazos con esta vila, e meu avó e meu pai estarían orgullosos de ver aquó a Rallye de Ourense.

Julio Bouzo dixo que os dous tramos da Saleta estaban previstos para as 12,11 h., e as 16,14 h., respectivamente, pechándose todos os accesos desde unha hora e media antes. Tamén haberá un control de paso diante do concello, que están previstos para as 12,30 h., e 16,35 h., respectivamente, o que supón que os coches participantes pasarán por varias rúas céntricas da vila.

A importancia dos tramos da Saleta é tal que a TVG vainos a retransmitir en directo, incluso con imaxes aéreas a través de drons, e para o cal instalará no percorrido diversas cámaras fixas.

Finalmente, Julio Bouzo dixo que os mellores pilotos de España estarán presentes neste rallye, e que a organización do mesmo espera estar á altura do que require un eventos destas características.

Iván Corral tamén expresou o seu orgullo de carballiñés e impulsor da introducción do deporte do motor no Carballiño coa organización da Subida á Saleta, ou de homenaxe á Peña 9, que impulsou o Rallye do Lacón, para resaltar o posicionamento do Carballiño como vila turística e promotora de grandes eventos vencellados co motor, como é este Rallye de Ourense, que será, según dixo, un gran escaparate para que os milleiros de visitantes que acudan desde Asturias, Cantabria, León, Norte de Portugal e de toda Galicia, entre outros lugares, volvan máis veces.

Neste sentido, recalcou os recursos turísticos cos que conta a vila carballiñesa, en especial a gastronomía. E por iso dixo que o sector hostaleiro ía a ser un dos grandes beneficiados desta xornada deportiva no Carballiño.
Manuel Dacal disculpou a asistencia do alcalde, que tivo que acudir a unha reunión ineludible a Santiago, e referiuse ao Rallye de Ourense como un dos acontecementos deportivos máis relevantes da provincia e por eso expresou a súa ledicia de esta edición transcorra por terras do municipio e comarca carballiñeses.

Dixo que no Carballiño hai unha gran afección ao deporte do motor desde sempre. Tivemos e temos extraordinarios pilotos de competición –engadiu-, creamos dúas probas automobilísticas míticas, como é a Subida á Saleta, que se recuperou este ano, e como foi o Rallye do Lacón, que desexamos poida rexurdir de novo. E temos ao longo do ano media ducia de concentracións de coches clásicos e doutras categorías, como os súper deportivos.

Non é entón casual –proseguiu- que a vila carballiñesa estea moi vencellada ao deporte do motor e que por iso o concello aceptase a invitación da Escudería Ourense e fixese o esforzo de colaborar nesta edición do Rallye para traelo ás terras do Carballiño, e ainda máis nun tramo tan suxestivo como é a baixada da Saleta, que pode ser definitiva no palmarés final.

Non cabe dúbida que se trata dunha proba de velocidade e habilidade moi espectacular, e estou seguro de que atraerá a milleiros de afeccionados a este deporte –dixo Dacal-. Precisamente, esta é unha das razóns, ademáis da deportiva, pola que estamos plenamente comprometidos coa organización, xa que queremos seguir promocionando o turismo como un dos sectores máis dinámicos da nosa vila.

Finalmente, expresou os parabéns e agradecemento á organización, en especial ao presidente da Escudería Ourense, Julio Bouzo, e a Iván Corral, que dende o primeiro momento amosaron o seu interese para que esta proba puidese transcorrer polo Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS