29, Xullo 2024

Hai dúas semanas, escribín a denuncia Pulgas en Flores. Notifiquei a incidencia o luns 22/07 no concello. Hoxe 29/07, a miña filla pasou por Flores co campamento, e xa trouxo pra casa novas inquilinas saltadoras. Falando con outra veciña dime que hai o mesmo problema na praza da Veracruz. Quedan menos de dúas semanas pra festa do Polbo. Vai o concello a tomar algunha medida ou vai aplicar eso de "a quen lle proia que se rañe"?

29, Xullo 2024

Todos estamos de acordo, menos o alcalde que parece doutro pobo, que o peche da ponte da Esperela durante os próximos 3 meses e un erro gravísimo polo transtorno que ocasiona a veciños e visitantes precisamente cando mais afluencia hay ,obligándo a dar una volta de 6 kilometros.  O PSOE denunciou a situación, pero NON APORTA SOLUCIONS.  Seremos os veciños os que teñamos que paralizar tan inútil obra en este momento..?

28, Xullo 2024

En varios pueblos del sur del ayuntamiento de San Cristovo de Cea, los residuos se acumulan sin ser recogidos por el servicio de recogida de basura. Según los vecinos, han contactado tanto al ayuntamiento como a la Mancomunidad de O Carballiño para solicitar la recogida, pero tras cuatro semanas, los residuos siguen sin ser retirados.

 

Entre los desechos acumulados se encuentran colchones, electrodomésticos y sofás, lo que no solo afecta la imagen de la zona, sino que también preocupa a los residentes por las posibles consecuencias sanitarias y ambientales. Esta situación es especialmente lamentable para los peregrinos que atraviesan la región, quienes se llevan una impresión negativa del lugar.

 

Los vecinos esperan una pronta solución por parte de las autoridades competentes para restablecer la limpieza y el orden en sus comunidades.

28, Xullo 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles acompañado do delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, supervisaron as obras executadas de recuperación de Ponte Mandrás, nas que a Xunta investiu preto de 145.0000 euros. Durante a visita, Xosé Merelles puido constatar como a actuación realizada contribúe a preservar o patrimonio histórico do Camiño e garante a seguridade dos peregrinos e usuarios desta infraestrutura.

As obras acometidas permiten agora que o usuario ou peregrino poida realizar un itinerario continuo e funcional, ao tempo que se puxo en valor infraestrutura orixinal de paso sobre o leito do río Barbantiño. Deste xeito, procedeuse ao descubrimento do pavimento orixinal, retirando terras e materiais aplicados ou sedimentados ao longo dos anos. Ademais, rehabilitouse o solado existente e modeláronse 30 pezas de nova achega para minimizar as depresións actuais do pavimento.

Unha vez realizada a actuación, a rasante resultante foi avalada polos técnicos e arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio (DXP), que ratificaron a súa recuperación, así como a posta en valor deste elemento patrimonial datado no Século XIII.

Ademais, esta actuación permitiu manter e garantir as condicións de acceso e seguridade para quen habitualmente ten que utilizala como paso sobre o río ou para aqueles peregrinos que deciden percorrer a Vía da Prata.

Ponte Mandrás está situada no antigo Camiño Real que unía Ourense con Santiago de Compostela e por ela discorre a Vía da Prata. Foi declarada Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento Histórico e Zona Arqueolóxica a favor das Pontes Históricas de Galicia en 1991. No que vai de ano, máis de 5.275 peregrinos recorreron xa a Vía da Prata. En 2023, esta ruta foi elixida por 7.965 persoas.

26, Xullo 2024

O concello do Irixo perde a un dos seus fillos predilectos, ven de falecer aos 92 anos de idade D. Antonio González Bernárdez "o cura de Loureiro", como máis popularmente era coñecido tanto no Irixo como no resto da comarca.

Foi  fundador e ata fai poucos anos alma-mater da Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro, na parroquia na que exerceu o sacerdocio e foi o seu párroco, durante máis de 50 anos, precursor e pioneiro do cooperativismo na comarca do Carballiño.

O cura de Loureiro, don Antonio para os seus parroquianos, aínda que lle molestase o don, estivo presente en mil batallas, sempre traballando polos intereses da súa parroquia, promoveu a chegada da luz eléctrica, exerceu como mestre ensinando aos seus feligreses, activista na defensa da natureza e os postulados ecoloxístas, e unha das últimas das súas grandes causas foi a súa rotunda oposición á instalación da incineradora de lixo que a Xunta pretendía ubicar no Irixo.

O velorio instalouse no centro social de Loureiro, a condución e funeral será este sábado dia 27 de xullo ás sete da tarde na igrexa parroquial de Santa Mariña de Loureiro.

 

26, Xullo 2024

O salón de actos da casa do concello de Carballedo, na localidade da Barrela, acolleu o programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño, que coincidíu neste 26 de xullo co dia festivo de carácter local neste municipio.

Precisamente da programación festiva destes días na Barrela falamos con Ismael González, unhas festas que se despiden nesta noite de venres cunha verbena a cargo da orquestra Charlestón Big Band, e a actuación estelar do artista galego “Ortiga”.

Con Raquel Vázquez, educadora familiar do concello do Carballiño, repasamos o verán neste concello de Carballedo, e avanzamos o que será o “FEST CLASICO RIBEIRA SACRA”, unha das propostas máis destacadas.

Silvia Vázquez, responsable da Aula Cemit, informounos de novas iniciativas que se poñen en marcha no ámbito dixital e para todas as idades.

E finalmente, con Patricia Aguiar, fixemos un percorrido pola natureza, o patrimonio cultural e arquitectónico, e os recursos turísticos cos que conta o concello de Carballedo.

Todo podes escoitálo no PODCCAST de COPE O Carballiño.

25, Xullo 2024

Unha ampla maioria de nais e pais, representados pola Anpa do CPI Virxe da Saleta de Cea
Solicita:

Explicación polo ocultismo levado a cabo e unha desculpa por parte da directiva do cole, e, sobretodo, de todos aqueles docentes que apoiaron ao 100% ao profesor culpable de abusos sexuales a unha menor do centro, así como mensaxes fora de lugar a través das redes sociais a outras rapazas do centro.

Unha desculpa sincera, a todas as familias e, sobretodo, as víctimas, que en ningún momento foron tratadas como deberían, por parte de unha gran maioria de docentes.

Si queremos aclarar e ter en conta a unha pequena minoría de profes que sí as apoiou, pero recalcamos, unha moi pequena minoría, cando sempre pero, ante un caso tan grave, as/os menores, deberían ter o apoio do 100% do profesorado, xa que no cole os responsables dos alumnos son os profes.

Tamen nos preguntamos onde está a Conselleria? Onde está a Inspección Educativa? A onde temos que dirixirnos para que @s alumn@s se sintan protexidos?

¿Cómo é posible que se permita que unha persoa acusada de posible abuso a menores, se incorpore o seu posto de traballo e estar en contacto con alguna das víctimas?

O día 11 de setembro temos que ter claro que deixamos a os nenos e nenas en un sitio seguro, para eso teñen que aclararnos que a súa prioridade é a defensa e benestar dos menores que acuden o centro escolar. E aparte de decilo, levalo a cabo, cousa que lle temos reiterado en varias reunions. As palabras e os escritos quedan moi bonitos pero o que nos importa e esiximos son feitos.

25, Xullo 2024

A Comune de Noventa Padovana, localidade italiana próxima a Venecia, formalizou durante o día de onte o irmandamento co Concello do Carballiño para asistir de forma oficial á Festa do Pulpo. Máis en concreto, unha delegación italiana presenciará a preparación da tapa máis grande do mundo, o 6 de agosto. Tal e como se explica dende a Comune, “será un momento de intercambio e crecemento mutuo que fortalecerá aínda máis esta nova amizade”.

O Concello carballiñés devolverá a visita no mes de outubro, coincidindo coa celebración da Fiera do Folpo, con características similares á festa que xa conta coa declaración de interese turístico internacional e acada este ano a súa edición número 62, dedicada á Denominación de Orixe Ribeiro.

O consigliere de Noventa Padova, David Iafelice, mostrou a súa satisfacción co irmandamento e a resposta recibida polas autoridades do Carballiño: “Recoñeceron o valor histórico e gastronómico da nosa celebración, aceptando con gran entusiasmo a nosa proposta para unir os noso lazos”.

O Concello do Carballiño levou a aprobación do pleno este irmandamento o pasado 18 de xullo, se ben o proceso iniciouse meses antes. Foi no mes de abril cando Iafelice, impulsor da iniciativa, xunto coa presidenta del consiglio comunale, Marguerita Franceschi, mantiveron unha videochamada coa alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, na que sentaron as bases desta unión. A Fiera do Folpo aspira a lograr a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional e a súa visita á Festa do Pulpo servirá como fonte de inspiración.

Viño, pulpo e música folk: a perfecta maridaxe
A programación da Festa do Pulpo do Carballiño combinará nesta edición a degustación do exquisito pulpo do Carballiño, do mellor do viño do Ribeiro e a mellor música folk, destacando a actuación de Óscar Ibáñez & Tribo, unha das bandas de folk máis destacadas de Galicia e que presentará o espectáculo Tribal 20 para celebrar dúas décadas de traxectoria. Será o 11 de agosto, ás 23.00 horas na Praza Maior.

Ademais, ao longo destes 15 días de programación, os asistentes á celebración poderán disfrutar de actuacións como as de Os Biruxes, Isidro Vidal, Terras do Arenteiro, Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva, Auskelga ou Amigos do Acordeón Terras de Celanova, entre outros, algunhas delas dentro do Festival Folclórico de Música e Danza Tradicional, o mesmo día da Festa do Pulpo no Parque Municipal. En total, serán una quincena de grupos de música folk e tradicional os incorporados ao programa oficial, sen contar os de outros estilos musicais.

Outro dos puntos fortes do programa será a Mostra de Viños que terá como escenario a Praza Maior do Carballiño os días 3 e 4 de agosto en horario de 12.00 a 21.30 horas. Contarase coa participarán 6 bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes.

A Festa do Pulpo arrancará xa o día 30 de xullo con actividades para os máis pequenos, todos os días desa semana en horario de 19.00 a 21.00 horas na praza da Veracruz. O día 2 de agosto programouse unha ruta nocturna aos petroglifos de Cangues, organizada polo centro de estudos Chamoso Lamas.

O día 5 de agosto, tamén na Praza Maior do Carballiño actuará Clon Mela e será o día 6 de agosto cando chegue un dos momentos máis esperados: os pulpeiros e pulpeiras intentarán bater un ano máis o recórd da tapa máis grande do mundo. Será a partir das 19.00 horas. Pola noite actuará grupo Soul&Roll.

O mércores 7 de agosto será a Orquesta América na que actúe neste mesmo escenario dende as 23.00 horas e o xoves 8 de agosto será o momento do Combo Dominicano na Veracruz. O fútbol tamén ten un espazo destacado na programación da Festa do Pulpo e o venres 9 de agosto o Artenteiro xogará co Pontevedra en Espiñedo a partir das 19.30 horas. Pola noite actuará a Disco Móbil Gramola.

O sábado 10 de agosto terá lugar a Festa das Camisetas, dende as 17.00 horas na Praza Maior.-

E para do día grande, o 11 de agosto, este serán os actos:
-A partir das 11.00 horas no Parque Municipal e nas rúas da vila actuarán charangas e grupos de música tradicional dende as 11.00 horas.
-De 12.00 a 18.00 horas no Parque Municipal: Festival folclórico de música e danza cos grupos Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva e Auskelga.
-Ás 20.30 horas na Praza Maior: Concerto Amigos do Acordeón Terras de Celanova.
-Ás 23.00 horas na Praza Maior. Concerto de de Óscar Ibáñez & Tribo

24, Xullo 2024

La Ponte da Esperela, por lo que se lee en algunos diarios explicando que se puede dejar el coche en el lado del campo de futbol y cruzar la pasarela, o hablar del daño a turistas que visitan la villa es algo de soberbia y no pensar en el resto. 

El corte de este puente tambien perjudica como lei a negocios del pueblo, pero nadie dice nada de los pueblos que forman el concello y hacen uso de el psra ir a trabajar teniendo que dar todos los dias una vuelta , que conlleva tiempo y dinero. O para ir a o Carballiño, o Gomariz, San Clodio o cualquier pueblo o zona de ese margen , si necesitas el coche como haces , y viceversa.

Hay quepensar primero en los vecinos, en todos los que f9rman parte del concello,y en los negocios que al final somos los que vivimos todo el año. 

Nos estan acostumbrado a cortes que se podrian evitar y queacarrean problemas, cros popular, festa davendima, ralies, etc. 

Que pongan doble turno y obreros y terminen de una vez . 

Saludod

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

24, Xullo 2024

Marnotes e Fumega si terían q pedir perdón os seus votantes q están escandalizados co pazto da vergonza. Non sóo se fala de eso no Carballiño, estase a falar tamén fóra. Espazo Común na miña opinión e na de moita xente máis, fixo moi ben en deixar soos os do pazto da vergonza ou pazto de intereses personais de algúns ,pois sóo falaban de soldos e sillas enada do Carballiño. Eso mesmo abandoar o pleno xa o fixera Fumega anos atrás cando o seu socio de oxe era alcalde

Pachi fixo o q naide fixo,sacarlle a máscara a PP e PSOE.Deixando a vista q PP e PSOE son o mesmo

 

 

 

d

 

A

 

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS