23, Xullo 2024

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, acordaron avaliar vías de colaboración para levar a cabo o proxecto de mellora das canalizacións de abastecemento, saneamento e pluviais na contorna da travesía da Almuzara.

Durante unha reunión que mantiveron hoxe, a alcaldesa entregoulle á conselleira o proxecto municipal para levar a cabo esta actuación que resulta necesaria xa que a antigüidade da rede está provocando problemas de perdas e malos cheiros.

Así, segundo o documento proposto pola Administración municipal, nas dúas marxes da estrada N-541 instalaríanse novas tubaxes, así como os correspondentes pozos de rexistro, que se conectarían coa rede xa existente.

Ángeles Vázquez explicoulle a Patricia Torres que Augas de Galicia estudará a proposta municipal e reiteroulle que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Nesa liña, cómpre lembrar que ata o vindeiro mes de novembro permanece o prazo para que os concellos soliciten financiamento ao abeiro das ordes de axudas para auditorías de redes de saneamento para detección de filtracións e para obras de minimización de perdas de auga.

23, Xullo 2024

As cabezas pensantes de Xunta, pouco lles importa os problemas de Leiro e a suas xentes, pero que  o Alcalde Paco non sexa capaz de fixar o comenzo das obras da Ponte da Esperela, noutras datas distintas a pleno verao que e cando mais visitantes temoe e que nos castigue a todolos veciños a buscar outra entrada alternativa o pobo e indignante.. Alcalde Paco, sei que Ud non e rápido tomando decisións, xa está algo desgastadiño, pero home, pare a obra, antes de que lla paren e reabra a circulación de novo e deixe de fodernos a todos. Despois, xa pasado a verao, xa pode empezar a arranxar de novo una ponte tan bonita e histórica como e a da Esperela, e que ca nova iluminacion vai lucir como se merece. 

Escribo eu, pero son moitas as persoas do pobo que están en desacordo con ud por esta metedura de pata de cortat a circulación en pleno verao.

22, Xullo 2024

O Círculo de Belas Artes e o Concello do Carballiño presentaron onte ‘Atlas Palacios 2024-2026’, un proxecto de investigación e difusión patrimonial que enlaza a efeméride do 150 aniversario do nacemento do arquitecto, durante este ano de 2024, co primeiro centenario do edificio que na actualidade alberga a sede do Círculo de Belas Artes de Madrid, en 2026. A proposta permitirá enlazar tamén, baixo un diálogo experimental, o conxunto de edificios que o arquitecto deseñou no seu Galicia natal coas admiradas mostras da súa arquitectura situadas na cidade de Madrid.

En conxunto, este atlas virtual comprende o desenvolvemento de actividades expositivas (fundamentalmente, o deseño e montaxe de instalacións audiovisuais nos espazos creados por Palacios), pedagóxicas, a ferramenta web www.atlaspalacios.com, na que o Concello do Carballiño conta cunha páxina específica que recolle os avances no estudo e difusión do Templo da Veracruz, e a realización dun ensaio documental que verá a luz no ano 2026.

Como presentación xeral do proxecto, e en especial da súa páxina web, durante o evento tivo lugar unha conferencia do seu comisario, José Manuel Mouriño, acompañado no acto pola Directora de Publicacións e Eventos Externos do Círculo de Belas Artes, Carolina do Olmo, así como polo Alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e polo Concelleiro de Cultura, Diego Fernández. O encontro permitiu tamén que o director do Círculo de Belas Artes, Valerio Rocco, e os representantes do Concello do Carballiño celebrasen, xunto co comisario do proxecto, José Manuel Mouriño, unha reunión de traballo para expor a coordinación de novas actividades e estreitar a colaboración entre institucións.

Esta cita coa arquitectura serviu para informar sobre as formulacións teóricas, metodoloxía e liñas de traballo que conforman o Atlas no seu inicio, así como para dar conta dos primeiros avances obtidos en forma de accións desenvolvidas desde o proxecto en Galicia durante os meses de maio e xuño pasados. En especial o público madrileño descubriu os resultados da programación de actividades organizadas O Carballiño en torno ao Templo da Veracruz e ao seu creador, Antonio Palacios.

22, Xullo 2024

No Carballiño vive o santo varón, o que ten a cara ben lavada e quere dar leccións de legalidade, educación e respeto jaja.
Pachi Vázquez, bate récord sendo a "mellor persona, a persona máis santa da Provincia de Ourense"
Falou no pleno de transfuguismo, sendo que él é o MÁIS tránsfuga da Provincia de Ourense xogando ao xogo da OCA de un partido político a outro.

Recorrido Político da persona menos SINVERGÜENZA da Provincia:

-Centro Democrático e Social.
-Centristas de Galicia.
-PSOE de Galicia.
Non lle chegaba que foise de todos os anteriores e creou un Partido Político propio ESPAZO COMÚN.

Ademáis tamén foi Alcalde do Carballiño.

Foi tan boa persona, que lle facía a vida imposible a moita xente que opinaba diferente a él. A día de hoxe, non sendo Alcalde (gracias a Deus), sigue sendo un faltón con moita xente en Plenos, colexios electorais, etc. En moitas ocasións se esconde detrás de outras personas afíns para facer dano.

Todo volve señor Pachi Vázquez, ninguén se vai diste mundo sin arranxar contas. Existe o Karma ou a Xustiza Divina.

Pido por favor, que se ten un mínimo de sentido, lle pida disculpas públicas o grupo de Goberno Municipal. Que non se faga o pleno como é debido e culpa únicamente de PACHI VÁZQUEZ. Solo sabe facer bulla. ¡BASTA XA!

21, Xullo 2024

A 62 edición da Festa do Pulpo a celebrarse o domingo 11 de agosto, terá a súa programación previa desde o 30 de xullo, con actividades a diario e con actividades gratuítas e con propostas para todas as idades, unha programación na que destacan os concertos musicais, as orquestras, a tapa xigante de pulpo, a festa das camisetas e un reforzado festival de música tradicional galega para o dia grande da festa, tanto no parque municipal como no casco urbano.

SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS. Do 30 de xullo ao 2 de agosto de 19 a 21 horas na Praza da Veracruz, con actividades interactivas para os máis pequenos.

MOSTRA DE VIÑOS DO RIBEIRO. A Festa do Pulpo destee ano 2024 está dedicada ao Ribeiro, e asi os dias 3 e 4 de agosto de 12 a 21:30 horas a Praza Maior do Carballiño acollerá unha mostra dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro, da que forman parte 3 parroquias carballiñesas, as do Varón, Banga e Cabanelas. Os dous dias a partir das 8 da tarde haberá amenización musical con Os Biruxes, Isidro Vidal e "El Hechizo de Nora".

CONCERTO DE CLON MELA. Será o lúns dia 5 ás 20 h. na Praza Maior.

A TAPA XIGANTE MÁIS GRANDE DO MUNDO. O gran espectáculo que cada ano ofrecen as pulpeiras e pulpeiros de Arcos-O Carballiño está programado para o martes 6 a partir das 19 h. na Praza Maior, coa animación musical de "Terras do Arenteiro", e a partir das 21 h, tamén na Praza Maior, o concerto de SOUL&ROCk.

ORQUESTRA AMÉRICA. Mércores dia 7 a partir das 23 h. na Praza Maior.

ORQUESTRA COMBO DOMINICANO. Xoves 8 ás 23 h. na Praza da Veracruz.

FUTBOL, CD ARENTEIRO-PONTEVEDRA CF,  venres 9 ás 19:30 h. no Estadio de Espiñedo.

DISCOMÓBIL A GRAMOLA,  venres dia 9 a partir das 23 h. na Praza Maior.

FESTA DAS CAMISETAS. Sábado 10 a partir das 17 h. na Praza Maior.

FESTIVAL DE MUSICA TRADICIONAL E CHARANGAS. O domingo dia 11, a partir das 11 da mañá animarán as rúas do Carballiño varias charangas. Xa no parque municipal, de 12 a 18 h, GRAN FESTIVAL DE MUSICA TRADICIONAL GALEGA coa participación das agrupacións: CORIBANTES DE BUCHADE, CANTANASCROAS, MADIAVELA, e ESKELGA. As 20:30 h. concerto de "Amigos do Acordeón de Celanova", na Praza Maior.

CONCERTO DE OSCAR IBAÑEZ&TRIBO. Fin de festa co concerto estelar a partir das 23 h. do domingo 11 na Praza Maior do Carballiño.

21, Xullo 2024

Ultimamente moito se esta a falar do Carballiño, que esta ben que se fale tamén, pero esta deixando de lado o resto dos concellos da comarca, dos que case nada se sabe, mais ala do esperpento do Irixo, no resto parece coma se non houbese chisco de oposición a vista, e como se todo estivese perfecto, e non houbese ningun problema, os pueblos sin xente, camiños en mal estado, maleza, etc 

Non sei para que se presentan alguns se despis non fan oposición, así nunca chegaran a gobernar

21, Xullo 2024

Dicía Platón que só os gobernantes podían ter o poder de non contar a verdade. Vese que os tempos dende a Antiga Grecia son pasados e o presuposto nivel que o filósofo lle atribuía aos políticos e gobernantes quedou reducido a un mero chiste de bar. Sí, coma os que se contan nas tertulias ou nas conversas nas rúas do Carballiño. A polémica municipal é vox populi, máis isto non ten porqué importarnos a xente que queremos vivir a nosa vida con independencia da política. O importante é onde quedaron reflictidos os debates municipais e plenarios, e iso pode verse na nosa pequena cidade/vila. Unha política de merda da como resultado unha vila "de merda" ou polo menos nun estado semellante. Moitos aférranse cunha especie de síndrome de Estocolmo ao actual goberno municipal dicindo case sen máis argumentos que verborrea de terceira división que "calquera cousa é mellor que a volta do pachismo". Sen ser un servidor un gran fanático do que supón a figura de Pachi Vázquez (e moito menos o seu partido que é unha copia fracasada do modelo de partido rexionalista socialdemócrata, podo dicir que o período comprendido enre 1995 e 2005 foi o mellor período de desenvolvemento vivido na nosa vila dende o desarrollismo franquista nos anos 60. E non nos enganemos o caciquismo estivo presente pero, acaso non o está nestes precisos instantes? Pachi é un político, un home de poder e que busca aferrarse ao poder pero polo menos loitou pola súa vila, actuou como un verdadeiro home de poder defendendo sempre os intereses da súa xente. Claro que a contratación irregular é vergoñenta, sen dúbida. Pero agora temos o mesmo, pero con barbarie e pobreza para o noso pobo.

Un usuario desta páxina web reseñaba como Pachi fixo caer as caretas ao PP e ao PSOE. Máis razón imposible: Son o mesmo, teñen os mesmos intereses ecónomicos, son o verdadeiro caciquismo, aquel que busca perpetuar a miseria do pobo e o seu atraso e o mantén preso con subsidios miserables. Por iso entendo a decisión de Pachi Vázquez de plantarse fronte a indignidade. Deus quera que o pobo deixe de aferrarse a miseria por un plato de lentellas e vote a quen de verdade pode mellorar O Carballiño e a vida dos seus residentes.

20, Xullo 2024

Hoxe subíamos seis persoas cara o centro, atravesando por flores, e comezamos a ver numerosas pulgas na roupa de todos. Pedimos ó concello que tome medidas o antes posible.

20, Xullo 2024

O que está a acontecer na última semana en Avión e Beariz é algo inaudito.

A día de hoxe son xa máis dunha ducia de vivendas asaltadas algunhas cos seus moradores dentro. polo que parece ser unha banda de profesionáis do roubo con escalo.

A presencia policial redoblouse coa incorporación de patrullas procedentes de unidades de outras comarcas e ó parecer hai personal que actúa de paisano tamén traballando na zona.

Pero o máis chamativo e ó mesmo tempo lamentable é a creación espontanea das chamadas patrullas de vixiancia cidadá ó máis puro estilo americano. Esto é fruto da psicose que reina   entre os veciños  o que xa ten provocado algún incidente entre os mesmos, cando alguén descoñecido se topa cos vixiantes amateurs.

Se ben resulta comprensible que os cidadáns que ven ameazada a intimidade dos seus fogares  organicen estos grupos voluntadios, o realmente lamentable, e a xuizo do que suscribe, a verdadeira causa do que está a acontecer, é a falta de personal de de medios cos que parecen contar ás forzas de seguridade, Tivo que surixir esta oleada de roubos para que se vexa policía nas rúas procedentes de outras zonas, seguramente deixando desatendidas as súas demarcacións. Vestir un santo para desvestir outro.

Nun país onde se pagan impostos por respirar, non é  de recibo que a poboación careza de servizos de seguridade pública.

Quen sexa o responsable, por favor que tome medidas, porque podo asegurar como veciño, que se está a empezar a ver unha verdadeira "caza de bruxas" sobre todo no concello de Avión, onde xa brilla algunha que outra navalla polas noites.

 

19, Xullo 2024

O q fixo Pachi , non o fixo naide,ademais de ser un gran alcalde Po Carballiño, agora conseguiu o q naide diu feito en toda España , quitarlle a máscara a PP e PSOE e uniónos  en coalición no Carballiño, porque o temen e teñen moito medo a q volv0a a alcaldía, saben q o volvería a facer moi ben e xa non o farían sacado de ahí. Pachi un crack fixo q PP e PSOE se unirán en coalicion. O pazto da vergonza.

 

 

A

 

A

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS