No cruce ca N-541 onde comeza a rua que vai para Corzos rompeu a tapa rexistro de fundicion dun pozo. A verdade e que non tardaron moito en sinalizar a rotura cun cono e tampouco a reparación.
O que é bastante lamentable e ver como traballan.
En primeiro lugar deixan tirados no chan os escombros de asfalto e da tapa rota xunto os contenedores.
En segundo lugar colocan unha tapa vella que non asenta ben no aro e xa está levantada.
En terceiro lugar a tapa queda máis baixa e segue habendo bache
O que tiñan que traer é unha tapa cun aro novo e colocada enrasada co asfalto e asunto resolto. E moi cómodo traer unha tapa e poñela ahi de calquera maneira e que quede o bache.
O peor é o exemplo que dan deixando tirado escombro e fundición xunto os contenedores. Qué contan que veñan os veciños da Fontela a recollela cando a vexan? E despois queren ca xente recicle, menudo exemplo dan eles.
Por certo a zona deses contenedores da noxo vela como está.

Rematou a renovación da zona de xogos infantís do Parque Municipal. A reforma, levada a cabo pola concellería de Medio Ambiente que coordina Érika Paz, consistiu no rediseño do espazo, na instalación de novos xogos e na rehabilitación doutros xa existentes.
Así, o parque infantil quedou redistribuido en tres espazos de xogos, cercados por rollizos de madeira e co chan de area; instalouse un novo conxunto multixogos e novos columpios, e procedeuse á restauración doutro conxunto multixogos e unha casiña que se reubicou nun novo espazo pensado para os máis pequeniños.
Este parque infantil, que é moi visitado polas familias durante o verán, atopábase en mal estado dende había tempo, con xogos moi deteriorados e uns espazos pouco adecuados para o disfrute e a seguridade dos nenos, e de aí que a remodelación era unha cuestión prioritaria.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou xunto á concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres, e o arqueólogo Jorge Lamas os "Roteiros culturais 2018", unha iniciativa didáctica e de lecer que conta co apoio da Deputación de Ourense e que ten como obxectivo "pór en valor para veciños e visitantes o gran legado histórico e as calidades paisaxísticas do municipio de Boborás, unindo natureza e tradición nun dos concellos con maior riqueza patrimonial, un tesouro para os sentidos, que mantén viva a memoria do territorio", afirmou Manuel Baltar.
As rutas por 14 parroquias do municipio percorrendo os vestixios prehistóricos, a pegada romana, a flora e a fauna, os castros a época medieval e as antigas fábricas de papel, cera e serradoiros, son algunhas das propostas para esta edición. O presidente do goberno provincial destacou a intensa actividade cultural que mantén o concello de Boborás, "protagonista hai días coa entrega do premio "Losada Diéguez" en Moldes, e tamén como escenario para a rodaxe a última película de Isabel Coixet, no fermoso marco de Pazos de Arenteiro", engadindo que os roteiros "son un exemplo da alianza da Deputación de Ourense e Boborás para seguir promovendo os importantes valores culturais e históricos do municipio".
Patricia Torres dixo que os 84 quilómetros cadrados que ten o concello "contan cunha grande diversidade xeográfica, que poderemos contemplar nos roteiros, para os cales contaremos coa colaboración do historiador Xosé Luis Sobrado; o músico Juan José Álvarez; o biólogo Diego Reboredo, e o arqueólogo Jorge Lamas". Precisamente Lamas remarcou "o importante labor divulgativo que está a facer o concello de Boborás do seu patrimonio, un territorio que conta co rexistro de: 40 mámoas, cinco castros, pontes medievais, unha ducia de igrexas románicas e antigas fábricas da época moderna, factorías de papel, cera e serradoiros, lugares todos eles polos cales discorrerán os roteiros culturais", destacou. Ademais dixo que durante os percorridos os guías ofrecerán explicacións sobre a historia do viño na zona e tamén das minas romanas e as de principios do século XX, así como da tradición do mel na comarca.
Preto de mil persoas participaron na pasada edición nos roteiros, unha iniciativa de grande éxito que a Deputación de Ourense segue potenciando xunto co concello de Boborás para divulgar e protexer o patrimonio e o medio natural desta contorna. As rutas, que se iniciaron neste mes de xuño, continuarán ata novembro, os domingos en horario de 9.30 a 13.30 horas, sendo o punto de encontro o núcleo de Boborás. Os percorridos teñen unha distancia duns cinco quilómetros e a diferenza das andainas, nesta modalidade o grupo vai facendo paradas nas parroquias da contorna, onde os guías explican as peculiaridades de cada lugar.
As datas dos seguintes roteiros -actividade coa que tamén colabora o centro de estudos "Chamoso Lamas"- son: en xullo, días 8 e 29, Feás e Cardelle, respectivamente; o 4 de agosto en Moldes; en setembro, os días 2 e 23, Pazos de Arenteiro-Albarellos e O Regueiro-Feás; 0 14 de outubro, a ruta Laxas-Pazos de Arenteiro; e en novembro, os días 4 e 18, a ruta de Moreiras-Xendive e a de Cameixa, respectivamente.
Para participar non é necesario realizar ningunha inscrición, abonda con presentarse á hora de comezo da ruta no punto de encontro, recomendándoselle ás persoas que participen levar calzado cómodo, así como auga e froita ou froitos secos para o percorrido.
Referindome a rúa de abaixo de todo, una recta de 500 metros ou mais ata chegar ao ximnasio. Sendo urbanización residencial o limite deberia estar marcado en 50 km/h como máximo ou incluso menos, pero a xente pensa que e una pista de carreiras, sobrepasando ampliamente tal limite, incluso duplicandoo. Con adiantamentos perigosos incluidos.
Rogamos a garda civil que faga mais control e ao concello de maside que se dirixa a deputación provincial para tomar medidas: badens, bandas reductoras de velocidade, pintado vial, asfaltado decente e arranxo fochancas, aceras para peatons, ....
E dixen deputacion porque esa rúa e sua.
No tramo entre Alberto Vilanova e a rúa Ourense. Ao lado do Recar e de Fisaúde hai continuamente coches aparcados. Non sei se é que está permitido ou estando prohibido a xente fai caso omiso, pero en calquera caso non debería permitirse xa que non sobre espazo para os cruces cos vehículos de sentido contrario. Máis aínda cando eses vehículos son autobuses ou furgonetas e camionetas de grandes dimensións. Ademáis que tamén dificulta a entrada/saída dende os garaxes que hai en dous edificios desa rúa.
Xa fai case 3 semanas produciuse a terrible explosión de Tui que todo o mundo coñece.
Son veciño de Corzos e o que o mellor non todo o mundo sabe e que hai un almacen de productos pirotecnicos en Fonteboa. Un lugar demasiado preto das casas para ese tipo de productos, dende o meu punto de vista.
Estou dacordo en que o que sucedeu en Tui foron almacéns ilegais de productos sen permisos oficiais y alleos o control das autoridades.
O que boto en falta é que en todo este tempo de noticias e tertulias ninguén por parte do Concello de Maside polo menos faga un comunicado dicindo que tipo de material hai nese almacen, que cumpre todos os requisitos legais esixibles para ese uso e que tranquilice a xente dando esa información.
Porque o que o mellor non todo o mundo sabe e que ese almacen é propiedade da mesma pirotecnia de Tui
¿Non hai outra forma de que estes autobuses accedan ao instituto por outro lado? Non sei, por señorín, partovia ou pola zona de montes por detrás do instituto adecentando unha das pistas que van dar a zona da fontela á entrada do pobo, etc. Falo desde a ignorancia dende logo, pero a problemática que xeneran non é menor xa que non é inusual que a circulación por esta rúa se vexa gravemente comprometida e incluso interrumpida ao non dar a anchura de rúa para que se crucen dous deles ou incluso para que se cruce un autobuses con un turismo cando hai vehiculos estacionados a ambalas marxenes da rúa. É que o horario de entrada no instituto coincida co horario de analises e simtron no centro de saude os martes e xoves -que é cando máis coches hai na rúa- non axuda nada no problema. Igual se podería mitigir usando microbuses. Pero si cando eu estudaba no instituto fai 20 anos e xa existia tal problematica e todo segue igual non debe ter facil solucion. Pero sería conveniente estudiar unha solución a largo plazo.

Catro precandidatos competirán no Partido Popular para elexir o candidato ou candidata á alcaldía do Carballiño nas eleccións municipais do ano 2019.
Tras a renuncia de Argimiro Marnotes a repetir como candidato, abrírase un prazo de 15 días no seo da Xunta Local que rematou este mércores dia 13 de Xuño para que calquera persoa interesada poidese presentar a súa precandidatura.
Foron catro persoas as que o fixeron, tres homes e unha muller, esta última é ademáis a única que exerce na actualidade un cargo público, como concelleira do PP na corporación municipal do Carballiño e tamén como deputada provincial, como é o caso de Teresa Cerdeira.
Os outros tres precandidatos son membros da Xunta Local, Ricardo Perea -que xa manifestara a súa predisposición fai unhos dias coincidindo co anuncio feito por Argirmiro Marnotes-, e ao que agora se suman Avelino García e José Andrés Vázquez.
As votacións serán o próximo dia 20 deste mesmo mes de Xuño.
Se un dos catro precandidatos obtén maioría absoluta quedaría proclamado como candidato, se non fose así, ese mesmo día haberá unha segunda volta entre os dous precandidatos máis votados.

Enfermeiras da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense colaboran na organización dos talleres “Pupas, Sustos e Outros Disgustos” novidosa iniciativa que capacitará aos alumnos, de 3º e 4º de Educación Primaria, dos colexios da comarca do Carballiño, par recoñecer e actuar ante unha situación de emerxencia, así como a responsabilizarse do autocoidado da súa saúde, perdendo o medo ante situacións da vida diaria.
O proxecto, promovido por unha enfermeira do Centro de Saúde de Carballiño, Verónica Civeira, contou co apoio dun grupo de enfermeiras doutros centros de saúde de Ourense, tecnicos de saúde do 061, alumnas de enfermería e especialistas en formación (EIR), así como coa colaboración do profesorado dos centros de ensinanza desta bisbarra, o que permitirá formar a, mais de 300, rapaces dos colexios de Carballiño, Maside, O Irixo, Boborás, Punxín, San Amaro e Beariz.
O obxectivo principal é darlles unha formación práctica, para recoñecer as situacións de emerxencia mais habituais, desde as mais comúns como golpes, cortes, queimaduras ou outras feridas, a outras de maior gravidade, como un atragantamento, convulsións ou falta de consciencia. Concienciandoos da importancia, cando e como alertar aos servizos sanitarios ante unha emerxencia, así como para actuar inmediatamente.
Prácticas con simulación de situacións reais
O proxecto iniciouse este mes e desenvolverase ata o vindeiro de novembro, período no que se organizarán talleres nos colexios Calvo Sotelo, Vila de Arenteiro e Sagrario Corazón de Carballiño, así como nos CEIP Terras de Maside, Virxe da Pena da Sela do Irixo, Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, Punxín, Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro e Beariz.
Os talleres teñen unha duración de dúas horas, divididos en dous módulos, cunha breve proxección e explicación inicial e posteriormente exercicios prácticos en grupo. O primeiro módulo refírese as “pupas e sustos de cada día” como febre, diarrea e vómitos, golpes e hematomas, feridas, cortes, sangrado pola nariz, sustancias nos ollos, queimaduras e recomendacións para manterse sans.
O segundo inclúe o capítulo de “sustos e grandes disgustos” onde se lles orienta a recoñecer estas situacións, conciencia da importancia de alertar, e como, aos servizos sanitarios, asi como a recoñecer e actuar ante o atragantamento, convulsión ou inconsciencia dunha persoa. Para elo aprenden a crear unha zona segura ou como suxeitarlle a cabeza, ante unha convulsión, asi como a practicar, cun moneco, a maniobra Heimlich (ante un atragantamento).
Tamén, ante un suposto dunha persoa insconsciente, os rapaces practican, por parellas como comprobar o nivel de consciencia e respiración, como posicionalo e iniciar as manobras de resucitación cardio pulmonar, gañando tempo ata que cheguen os servizos de emerxencia.
Ademais dos nenos e nenas, aos talleres do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo de O Carballiño, tamén asistiron profesores. Todos os que completaron estes días o curso, 110 rapaces e 5 profesoras, recibiron hoxe seu diploma acreditativo de mans do responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Julio García, a subdirectora de procesos de enfermería, e colaboradora do proxecto, María Dolores Sánchez, e a directora deste centro escolar, Aurea González.
Desde Carballiño para o Mundo
A Organización Mundial da Saúde alerta da necesidade de difundir coñecementos de primeira intervención, que poden salvar vidas ante unha emerxencia, especialmente entre os mais pequenos (Kids Saves Lifes) aconsellando practicar, nas escolas de todo o mundo, as manobras de reanimación cardiopulmonar ou como usar un desfibrilador automático. De feito, a OMS suxire o primeiro entrenamento entre os nenos de educación primaria, entre 6 e 12 anos, precisamente entre os que se desenvolven estes talleres.
A inspiración do proxecto foi precisamente este programa da OMS, combinado cunha experiencia previa duns talleres de primeiros auxilios, promovidos pola AMPA “A Uceira” do CEIP Calvo Sotelo de Carballiño, xa que xeraron un alto grao satisfacción entre os rapaces e lles axudaron a perder o medo ante estas situacións.
Ademais, a avaliación dos resultados dos talleres servirá tamén, para coñecer o grao de coñecementos nestas materias por parte dos rapaces, tanto antes como despois do curso, medindo así súa efectividade como vía para establecelos de xeito programado e periódico nun futuro.
No entiendo como en Carballino teniendo policia local no sean capaces de prestar el servicio con seriedad.
Hce cuestión de dos mese llame al servicio de grua municipal por ocupación de un vado y mi desagrado llego cuando hasta tres veces tuve que llamar sin que me cogieran el telefono tuve que esperar más de una hora a que el dueño del coche mal estacionado apareciera sin que ni siquiera pudiera ver una patrulla de la polía local.
Poco despues me entere de que justo ese día no había patrulla de agentes por la falta de personal, una verguenza.
Pues justo el otro día me volvio pasar lo mismo y solo habia una persona en dicho turno y no pudo venir porque estaba hasta arriba de trabajo y digo yo, los vecinos pagamos nuestros impuestos como buenos vecinos claro está, pues el ayuntamiento que preste los servicios con eficacia y sin demora porque...que pasaría si nosotros no pagaramos nuestros impuestos así como el concello tampoco dá un servicio de calidad y efectivo, ya vasta de tomarnos el pelo
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 480
- 481
- 482
- 483
- 484
- 485
- 486
- 487
- 488
- …
- seguinte ›
- última »