
Auxiliares de Policia que os últimos anos foron contratados polo concello carballiñés por medios de subvenciós concedidas para esta finalidade pola Xunta de Galicia consiguen agora mediante sentencia xudicial que se recoñeza a súa condición de traballadores indefinidos discontinuos.
Xa son dúas as sentencias neste sentido, do Xulgado do Social nº 2 de Ourense, que estiman as demandas interportas por Auxiliares da Policia Local do Carballiño e condenan ao concello do Carballiño a recoñecer a estes traballadores como indefinidos discontinuos con antiguidade dende o mes de Xullo de 2011.
O alcalde Francisco Fumega recoñeceu no transcurso dunha internveción nesta emisora de radio que estas sentencias comprometen seriamente a contratación de Auxiliares de Policia para este ano 2017.
Fumega dixo que o concello do Carballiño recurrirá estas sentencias, pero no caso de que non prosperen os recursos, o concello poderíase ver obrigado a renunciar á contratación de Auxiliares de Policia, o que agravaría a precariedade do servizo tanto no verán como nos meses posteriores.

Veciños e veciñas de Arcos celebraron o remate das obras de consturcción do novo aparcamento e acceso peonil dende a estrada do Irixo á zona termal do Bañiño.
O alcade, Francisco Fumega, así como os concelleiros de Turismo e Medio Rural, José Manuel Dacal e Rosarío González, respectivamente, asistiron a este evento informal no que tamén participaron os operarios que levaron a cabo a reforma.
O proxecto foi financiado pola Deputación provincial dentro do plan de infraestruturas termais e consistiu na construcción dun aparcamento para vehículos e a continuación do camiño peonil pola vella piscifactoría de Carinsa.
O concello do Carballiño ten previsto promover unha segunda fase para acondicionar a carballeira e a estrada de acceso dende Arcos.

O concelleiro de Leiro, Luis Pérez "Ficol", volve asumir a máxima responsabilidade no organigrama do BNG na comarca do Ribeiro tras resultar elixido como responsable comarcal e comunicación pola asemblea comarcal da formación nacionalista.
Como vice-responsable comarcal e vicesecretaría actuará Cristalina Álvarez Olleros e como secretaria de organización e novas tecnoloxías, Adiana Rojo Domínguez.
Outra muller, Raquel Fidalgo Martínez, asume a responsabilidade de finanzas e intendencia, mentres que Xacobe García Souto ocuparáse de acción municipal.
Completan o novo consello comarcal do BNG ribeirán, Henríque Álvarez, responsable de formación e publicacións; Ana Isabel Paz será a responsable de acción feminista; Xacobe Ribeiro, en cultura e deporte; Yolanda Rodríguez, de educación; e Marcelino Sanmarful ocuparáse do agro e medio ambiente.
Ademáis, a este novo consello comarcal do Bloque Nacionalista Galego incorporánse próximamente un representante de Galiza Nova, e os responsables locais dos 10 concellos da comarca do Ribeiro.

Fai dous días perdeuse unha gatiña na Rúa Francisco Castelló ,chamase Micha e é moi mansiña, e moi medrosa se alguén a ve ou sabe dela por favor que deixe recado na COPE.Moitas grazas
Non é tempo de perder a orientación. O cecais, sí, cando as preocupación son orgánicas e non públicas. Algo está a pasar no goberno municipal do Carballiño. Cando o alcalde, como responsable de obras, pacta uns orzamentos valeiros de contido cun só concelleiro da oposición. Ou a edila de medio ambiente promove talas e podas fóra de tempada mentres esquece as análises de fontes e mananciais. E o delegado de cultura externaliza actividades e ameaza o traballo a unha das entidades senlleiras desta vila. E ó de turismo e festas pon fin a unha ruta das tapas ó subir o prezo destas. Onde están os investimentos para a promoción do emprego, a planificación do noso Parque, o mantemento do paseo fluvial a Pazos e as actividades de lecer? Cecais sexa máis importante para eles mirar ó sur preparando as primarias e perder o norte. Dous anos despois, os votantes do PSOE preguntámonos: ónde está a brúxula?

O Grupo de Acción Ecoloxísta Outeiro manfesta a súa preocupación "tras observar como nestes dias podas indiscriminadas de árbores na estrada N-541 ao seu paso polo Carballiño, podas realizadas a destempo, xa que estas condicións favorables de luz e temperatura, permiten que se inicie a crianza de aves, protexidas por lei, que anidan nestas zonas arboreas".
Os ecoloxistas de Outeiro tamén mostras a súa sorpresa "polo descabezamento de 15 exemplares de tulipíferos de Virginia, de 15 metros de altura e 25 anos, especie de gran calidade ambiental e ornamental, situadas na explanada da entrada principal do parque municipal".
Unha actuación do concello do Carballiño que "carece de lóxica, tanto desde o punto de vista paisaxístico como da arboricultura moderna, pois as consecuencias futuras de tal práctica serán catastróficas para as árbores", manifestan.
En opinion de Outeiro "esta lamentable actuación creou un problema onde non o había, ao destruir patrimonio ambiental sen necesidade nin xustificación, accións que comprometen a súa supervivencia, ademáis abre unha vía de entrada de patóxenos nesta zona do parque, creando potenciais focos de infección da masa arborea, compromentendo a establidade das árbores, e aumentando as probabilidades de caída de exemplares, co conseguinte risco para os usuarios".
Finalmente, considera Outeiro que "resulta incmprensible a execución destes traballos sen asesoramento técnico" e recorda que "en Setembro de 2015 xa remitiron ao concello do Carballiño un informe de medidas urxentes no parque municipal, entre elas a protección do solo, evitando o barrido anual, o paso de maquinaria pesada sobre as raíces ou a sinalización e valizado das árbores máis valiosas", subliñan.

O sindicato pon de manifesto a súa inquietude por este sistema que utiliza o concello carballiñés para realizar traballos "que deberían cubrirse con persoal contratado eventualmente, por medio de listas de contratación que xa deberían estar confeccionadas".
O CSI-F cuestiona estes convenios de colaboración social co INEM, que non son "o máis xusto para os traballadores" e tampouco para aquelas persoas "que teñan aspiracións a traballar na administración".
Tamén aclara o sindicato que, en todo caso, o correcto é falar de incorporación de traballadores e non de contratación, como se fixo dende o concello.
Para ver o comunicado do CSI-F prema no arquivo adxunto:
Xa estamos un chisco aburridos de que se nos tome o pelo constantemente. O alcalde missing, ocupado máis en manter o chollo da recadación onde traballa a súa dona que doutros menesteres. O de persoal, como xa non pode caciquear cos de emerxencias e envialos a limpar colexos, descubre a pólvora, e ven co isto das colaboracións sociais, que son un esquema precario e pouco dignificante pra os desempregados, que seguen sendo desempregados. A de igualdade, incapaz de defender a igualdade, e exisir que a súa adicación parcial sexa remunerada do mesmo xeito que é remunerada no caso dos homes, amosa unha preocupante inepcia non entendendo a incompatibilidade das subvencións, e non ententendo que dentro de cada Plan, existen partidas e conceptos individualizados, cada un dos cales poden ser subvertidos con cartos de diferentes administracións. O de cultura, pois xa se ve, perdendo subvencións e buscando conflictos.
Este camarote dos hermanos Marx descubriu que o que lle funciona cando queda patente a súa inepcia, desidia e incapacidade para gobernar, é mentir sistemáticamente, tomarlle o pelo a xente, e recurrir o socorrido sectarismo.
Esto funciona ó corto prazo. Pero cada vez que sigan perdendo recursos pra O Carballiño, cada vez que vexamos que todas aquelas reivindicacións (Matadoiro, Residencia de Tempo Libre, remunicipalización de servizos, igualdade, desenvolvemento sostible do Carballiño, xeración de emprego de calidade, etc...) que defendían cando estaban na oposición, pasan a ser algo marxinal dentro dos seus obxectivos, a súa mentira sistemática deixará de funcionarlles.

O Grupo Municipal do Partido Popular pide explicacións ao goberno municipal sobre unha actuación que consideran está desproporcionada e, ademáis, non obedece a ningún criterio técnico.
Os populares manifestan o seu total desacordo con esta iniciativa do concello do Carballiño e aseguran que "elimináronse árbores" sans e sen motivo aparente.
Para acceder ao comunicado de prensa do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a entrega dos Premios Coopera 2016, que teñen como obxectivo recoñecer a traxectoria de colaboración e os proxectos innovadores dos concellos galegos que buscan mellorar os servizos á cidadanía.
Nesta edición, os tres proxectos galardoados foron impulsados por mancomunidades. O primeiro premio recaeu na mancomunidade da comarca de Ordes, polo seu servizo Conecta CIM.
O segundo premio foi este ano para a mancomunidade de Terras de Celanova pola implantación do servizo de fisioterapia e podoloxía no programa de axuda no fogar.
A mancomunidade turística Terras do Avia recibiu o terceiro premio grazas á posta en marcha da súa aplicación turística. Trátase dunha guía virtual que persegue promover a beleza da comarca e divulgar os puntos de interese para axudar aos viaxeiros. Ademais, permite a xeolocalización do usuario para amosar os puntos de interese máis próximos á súa ubicación.
Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde de Leiro e presidente da mancomunidade Terras do Avia, Francisco Fernández; o concelleiro de Turismo do Carballiño, José Manuel Dacal; o secretario da mancomunidade e o representante da empresa que realizou a aplicación turística, así como a delegada territorial da Xunta e o presidente da Fegamp.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 547
- 548
- 549
- 550
- 551
- 552
- 553
- 554
- 555
- …
- seguinte ›
- última »