16, Xuño 2024

A parroquia de San Pedro de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, celebrará as súas festas patronais os próximos dias 28, 29 e 30 deste mes de xuño no que andamos.

A actuación estelar do programa festivo será a actuación da gran orquestra galega "Paris de Noia", que amenizará a verbena o venres dia 28, xunto á disco móbil Infinitty.

O sábado 29, ademáis do espectáculo da disco móbil Infinitty, estará en Mandrás o gruupo Gloss. Finalmente, o domingo dia 30 o grupo musical "Os Galeguiños" animarán os pobos da parroquia, á unha da tarde celebraráse a misa solemne na honra ao patrón da parroquia San Pedro, e pola noite animará a última verbena destas festas de Mandrás o trio Vaivén.

16, Xuño 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou que os Premios Antón Losada Diéguez “reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós”. Fíxoo no acto de entrega dos galardóns da XXXIX edición ao que asistiu co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e no que tamén estivo o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Os premios recaeron no ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, e na novela Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade.

López Campos puxo en valor o prestixio destas distincións que convocan cada ano os concellos de Boborás e O Carballiño e que foron entregados no Pazo de Moldes, onde naceu o intelectual galeguista. O conselleiro apuntou que estes premios se teñen convertido, ao longo das súas case catro década de vida, “nunha das citas máis emblemáticas do panorama literario galego”.

O responsable do departamento de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a “inmensa honra” que lles debe supor para os autores e autoras premiadas estar tar vencellados ao nome de Losada Diéguez, do que enxalzou o seu o compromiso galeguista como membro da Irmandades da Fala, impulsor da revista e grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega. De igual xeito, encadrou estes galardóns como unha “merecida e xusta homenaxe” ao labor que desenvolveu a prol do recoñecemento e valor da cultura galega.

Nesta edición, premiouse na modalidade de ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, editada polo Centro de Estudos Carballiñeses, sobre o arquitecto Palacios. Na categoría de creación literaria, premiouse a obra Quen escribirá a miña historia?, editada por Galaxia e escrita por Iria Morgade e que está ambientada no Mosteiro de Oia.

14, Xuño 2024

A Asociación Carballiño CCA organiza este venres 14 e sábado 15 de xuño unha nova edición dos Días Locos, con descontos, premios, animación de rúas e actividades para os cativos . Os comercios ofrecerán importantes descontos nun ambiente de festa e diversión.

Trinta e dous establecementos asociados a Carballiño CCA participan nesta campaña e estarán sinalizados cunha decoración especial para a ocasión.

Sorteo de vales de compra: Os clientes que realicen as súas compras durante as xornadas do venres e sábado sábado terán a posibilidade de entrar no sorteo de 200€ en vales de conmpra, repartidos en catro vales de 50€ cada un deles. Para elo terán que rexistrar os tickets das compras realizadas en www.comerciocarballino.com. O sorteo levarase a cabo o vindeiro luns 17 de xuño ás 12h nas redes sociais da asociación.

Atracción infantil: Os negocios participantes entregarán aos clientes, coas súas compras, convites para que os cativos da casa poidan desfrutar da atracciónco do toro mecáni que estará situado na praza do Concello durante a tarde do venres e sábado.

Animación de rúa : Correrá por conta do grupo de baile moderno do Centro Sociocultural de O Carballiño con diferentes coreografías polas distintas rúas da vila, ademáis de visita de zancudos que invitarán a veciños e visitantes a disfrutar dos descontos que ofrecen os comercios adheridos á campaña.

Os Días Locos de Carballiño CCA contan coa colaboración do Concello de O Carballiño e esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

12, Xuño 2024

As vilas da Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño acollerán a edición 2024 do Festival "Espírito Ribeiro", unha marca experiencial que se articula ao redor de tres días de actividades (música, gastronomía, viños) e unha selección de expositores de Artesanía de Galicia nos tres concellos os próximos 28, 29 e 30 xuño.

Tras o éxito das anteriores edicións, este consolidado Festival presentouse onte, por primeira vez, en Madrid na Casa de Galicia, onde reuniu a máis de douscentos convidados entre os que se atopaban autoridades, medios de comunicación, así como representantes do sector enolóxico e gastronómico. Non faltaron a esta cita autoridades como o director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro; o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros Guinarte, e os alcaldes de Castrelo de Miño, da Arnoia e de Cenlle, Avelino Pazos, Rodrigo Aparicio e, Rebeca Sotelo, respectivamente.

Seguidamente, o viño D.Ou. Ribeiro e unha degustación dalgúns dos seus produtos gastronómicos locais mostraron o rico patrimonio enogastronómico da rexión. Rebeca Sotelo, alcaldesa de Cenlle, apunta que “o obxectivo deste festival é dar visibilidade aos viños e aos produtos artesanais de produtores locais, así como os valores patrimoniais, culturais e paisaxísticos do municipio. Isto é o que realmente fai diferente a Espírito Ribeiro, un único evento que permite poñer en valor todo o talento, o potencial e a riqueza de Cenlle”.

Rodrigo Aparicio, alcalde de Arnoia, sinala este festival permite “a promoción dos viticultores e adegas do municipio, á vez que permite dar a coñecer o noso concello e os nosos produtos, como o aceite ou os emblemáticos pementos de Arnoia.”. Ademais destaca que “Espírito Ribeiro” permite “unir a tres concellos diferentes para, xuntos, dar a coñecer os nosos viños, a nosa gastronomía, os nosos produtores locais así como a beleza dos nosos espazos naturais”.

Finalmente, Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño, destacou que “somos tres concellos irmáns que imos da man para promocionar e potenciar o viño DO Ribeiro das nosas adegas e viticultores, motor económico dos nosos municipios. Xuntos somos máis fortes e loitamos por honrar o legado de sacrificio e traballo nesta terra por parte dos nosos devanceiros”. Ademais, puxo en valor o formato deste festival porque “permite gozar da cultura do viño e os nosos produtos locais na mellor contorna posible”.

Espírito Ribeiro, que sumará a súa cuarta edición, naceu coa vocación de reunir o mundo da enoloxía, a través dunha mostra significativa de adegas da D.Ou. Ribeiro, e da gastronomía local para difundir o patrimonio cultural da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Un exemplo de panca da economía local, que asocia calidade, compromiso social, tradición e arraigamento á terra.

Figura Destacada: Pancho Varona

O artista, coñecido por ser a man dereita e músico de cabeceira de Joaquín Sabina, e tamén por participar en éxitos de artistas como Ana Belén, Víctor Manuel, Luz Casal, Quique González ou Christina Rosenvinge, será o embaixador desta edición 2024. A súa experiencia e traxectoria enriquecerán o festival, ofrecendo ao público unha conexión especial coa música e a cultura galega.

Patrocinadores

Este evento conta co patrocinio principal da Xunta de Galicia, Colabora a través de Agacal, dirección xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, tamén conta co apoio da Deputación de Ourense, a Fundación Artesanía de Galicia, e outros colaboradores.

PROGRAMACIÓN

Venres 28 de xuño, A Arnoia 20:30 - MICALIP'S Grupo de músicos portugueses que actualmente residen en Tui. Tres irmáns con quince anos de existencia, cun proxecto musical dirixido aos amantes da música retro. Fan unha versión clásicas cancións de distintos xéneros como Pop Rock, Country, Rumba e Rock and Roll, cun acústico moi potente e interactivo, transmitindo aquelas sensacións proporcionadas soamente por un directo. 22.00 - Elton Song Mellor banda de covers de Elton John, fará un repaso ás grandes cancións deste artista revolucionario e influente. Un show inesquecible grazas á voz e o piano de Mauricio Torres Baltierra, considerado o mellor tributo mundial a un dos máis influentes compositores do pop rock internacional.

Sábado 29 de xuño, Castrelo de Miño 18:00 - Uxía Lambona e a Banda Molona Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos co seu toque particular, desde "A Carolina" rapeada ata "Ou Jato" rockeiro, pasando por moitos outros temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que os nenos sexan partícipes de leste "deas-concerto" cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa. 20:30 - Pancho Varona O seu legado como compositor, guitarrista e produtor moldeou a escena musical española. Colaborador de xigantes como Joaquín Sabina e artífice de éxitos para Ana Belén ou Miguel Ríos, Varona é un verdadeiro mestre da música. Fará as veces de mestre de cerimonias e embaixador desta edición, compartindo as historias que deron vida a cancións inesquecibles, ofrecendo unha experiencia que vai máis aló da música. Un verdadeiro diálogo entre o artista e o seu público. 22:00 - The Bigüis Nada en 2012, esta banda viguesa formouse para amenizar ceas do Nadal de empresa pero creceu ata consolidarse na escena musical. Interpretan versións de rock clásico e alternativo, desde os icónicos The Beatles ata Franz Ferdinand, pasando por un pouco de pop. É a conxunción perfecta de humor, bo ambiente e moito rock and roll.

Domingo 30 de xuño, Cenlle Durante toda a tarde - Sesión divertida e refrescante para os máis novos A tarde estará dedicada aos máis novos, cunha sesión divertida e refrescante que incluirá tobogáns de auga e piscinas inchables, garantindo unha experiencia lúdica e refrescante para todos os asistentes. 19:15 - ISIUS O cuarto traballo da banda viguesa chega baixo o selo Ernie Records. Studio 2 foi gravado en directo nos estudos londinienses Abbey Road, reinventando o seu son cunha nova etapa máis cañera e auténtica. Un disco especial, non só por nacer no icónico lugar de The Beatles, senón tamén polo que supón na súa traxectoria. 20:30 - Pancho Varona Repetición do concerto de Pancho Varona, que continuará facendo as veces de mestre de cerimonias e embaixador do festival, compartindo as súas historias e cancións. 21:45 - Dr. SLUMP Grupo formado por catro músicos con influencias musicais moi diversas, ofrecendo un exhaustivo repaso polas gloriosas décadas dos 80 e 90. Unha experiencia chea de diversión e espectáculo, onde o público participa activamente.

12, Xuño 2024

O paseo fluvial do Arenteiro metendose por debajo da ponte de toscana é moi peligroso para os ciclistas. Debería estar ben sinalizado.

12, Xuño 2024

A Xunta de Galicia salienta o compromiso do Concello de Beariz coa protección da paisaxe e o fermosismo, tal e como lle trasladou o director do Instituto de Estados do Territorio (IET), Enrique de Salvador, co alcalde da localidade, Manuel Prado.

No encontro avaliaron as obras que o Concello levou a cabo ao abeiro da convocatoria de axudas do ano 2023 para a corrección de impactos paisaxísticos. En concreto, recibiu dúas subvencións, por un importe total de 14.200 euros, que se destinaron á mellora dun depósito de auga e dun muro de peche perimetral na travesía de San Pedro.

Nesa liña, o rexedor trasladoulle ao director do IET o interese municipal por continuar con estes traballos a prol da mellora paisaxística do concello. De feito, comunicoulle que xa ten previstas dúas novas actuacións, cun orzamento inicial estimado de 23.500 euros: unha na fonte da Figueira, na Bouza, e outra na fonte-lavadoiro da Cavada, en Doade.

A maiores, no encontro Enrique de Salvador puxo en valor o proxecto do Concello para inventariar os muíños que hai no termo municipal e proceder á súa restauración como elementos fundamentais do patrimonio etnográfico da contorna.

11, Xuño 2024

Os alcaldes do Pacto de Pedre retomaron a súa actividade reivindicativa unha vez rematados os periodos pre-electorais e electorais cunha xuntanza realizada na Casa Consistorial do Carballiño á que asistiron rexidores e representantes dos concellos de Boborás, Beariz, Punxín, O Irixo, Maside, O Carballiño e Cerdedo-Cotobade.

Nun ambiente de máxima cordialidade e colaboración institucional os asistentes acordaron seguir impulsando xestións políticas e reunións ao máis alto nivel para continuar reivindicando ante o Goberno de España a mellora integral da estrada nacional N-541, como administración titular deste vial estratéxico que une e comunica as provincias de Pontevedra e Ourense.

Entre os acordos adoptados por unanimidade polos asistentes figuran a solicitude dunha xuntanza cos subdelegados do Goberno en Pontevedra e Ourense e Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, co fin de facerlle chegar de xeito directo e “desde o máximo respecto instituciona as reivindicacións dos alcaldes do Pacto de Pedre", manifestan nun comunicado feito público despóis desta reunión.

11, Xuño 2024

O alcalde do concello de San Amaro repasou nos micrófonos de COPE O Carballiño a actualidade municipal neste municipio.

Podes escoitar a entrevista íntegra no PODCASTS:

10, Xuño 2024

Esta foto denuncia e para q o Sr. alcalde . Hay q delimitar as plazas para aparcar ben porque hay moito egoísta sinvergüenza

10, Xuño 2024

Tomo prestado o título da anterior denuncia para referirme á situación do rural en case todo Galicia, e por suposto tamén na comarca nosa. Semella que o camiño está bloqueado e non hai futuro posible. Aos nosos queridos políticos éncheselle a boca falando de medidas de apoio ao rural, aos emprendedores, aldeas modelo, etc, pero despois o día a día é outra cousa. 

Esto ven a conto das cartas que está remitindo o concello do Carballiño para limpeza das parcelas arredor dos núcleos, acción máis que necesaria para evitar riscos de incendio e coa que concordo plenamente. Sen embargo, non sei se os nosos queridos políticos saben cal é a situación do rural (igual teñen que sair dos despachos e darse unha volta ou andaina polos núcleos e falar coa pouca xente que neles habita), situación de abandono pola xente nova que marcha en busca de traballo e comodidades ás vilas e cidades, persoas maiores, en moitos casos, con mobilidade reducida, cando non é o caso de aldeas e pobos xa completamente deshabitados.

Toda esta situación, fácilmente comprobable, vese agravada porque as empresas e autónomos adicados á limpeza e desbroce non dan feito ante a abalancha de encargos recibidas nestes últimos días.

Seguindo coa acertada opinión do comentario anterior, non será que o concello debería limpar os camiños para poder acceder ás parcelas e para ter vías de acceso no caso de ser necesario o paso de equipos de extinción?

Está moi ben esixir e cumprir as leis, pero as administracións deben atender a súa parte, especialmente as administracións locais por ser as que están máis preto dos cidadáns.

O noso rural esmorece, e os nosos queridos políticos, na súa realidade paralela, parece que non se dan ou non se queren dar conta. Pero que máis dá, agora estamos na véspera do verán, ven ahí outra festa do pulpo, na que contaremos os miles de visitantes que se achegan ao Carballiño, virán orquestras, celebracións, festas, etc. Pan e circo. 

Mentres tanto, os "catro vellos" que aínda resisten na aldea vense moi preocupados porque lles chegan unhas cartas ameazantes con multas e non saben como van facer para evitalas, os fillos están lonxe, non atopan a quen chamar e eles non o dan feito.

Que facemos entón? 

Señores políticos, non se esquezan do rural e de quen aínda reside nel (aínda que sexan poucos votos). Non lles quiten a dignidade olvidándose deles. Vostedes deberían estar ahí para solucionar os problemas da xente e non para crealos.

Saúdos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS