
O Partido Popular arrasou nestas eleccións 2024 ao Parlamento Europeo no municipio carballiñés, ao obter máis votos que a suma de todas as candidaturas xuntas, dándolle a volta aos resultados das eleccións de 2019, daquéla o PSOE fora o máis votado no concello do Carballiño, xa que obtivera 3.022 votos, nas eleccións deste domingo os socialistas desplomáronse ata os 1.163 votos.
Pola contra, os populares -que en 2019 tiveran 2.481 votos- foron agora os máis votados ao sumar 3.052 sufraxios no concello do Carballiño, cunha porcentaxe do 56% do voto escrutado.
En terceira posición -igual que nas anteriores eleccións europeas no Carballiño- sitúase a candidatura da que forma parte o BNG, aínda que retrocede en votos, pasando dos 702 que acadara en 2019 aos 606 deste domingo.
En cuarta posición sitúase nestas eleccións no municipio carballiñés VOX, que adianta a Podemos que nas anteriores europeas obtivera 302 votos e tan so logrou 52 votos este domingo, mentres que VOX pasa dos 181 votos de fai cinco anos aos 298 nestas europeas de 2024 no Carballiño
Sumar apenas chega aos 42 votos nestes comicios no Carballiño, e o resto de candidaturas suman todas elas 178 votos. Ademáis contabilizáronse 39 votos en branco e 31 nulos.
A participación acadou un 48,30 do total do censo electoral, acudiron as urnas 5.451 electores carballiñeses do total de 11.306 que podían facélo.
No arquivo adxunto tes os resultados nas 19 mesas electorais do concello do Carballiño:
Estes dias recibin unha carta do Concello do Carballiño pra que limpie unha finca. Pois ben, asi me atopo o camiño de acceso a esa finca, o cal me imposibilita pasar para levar a cabo o desbroze. Se os propietarios temos que limpar, o Concello ten que facer o mesmo, e cumprindo os mesmos prazos. O 31 de maio xa pasou. Pra toooodos.

Un mes, de pérdida de agua. Bien tan necesario.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a entrega de premios do proxecto “A Deputación escoita” co que a institución provincial implicou á mocidade no desenvolvemento do territorio a través das súas propostas.
A deputada provincial de Mocidade, Teresa Barge; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; e o director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, foron os encargados de entregar os premios ás mellores propostas deste certame que estivo dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato dos centros educativos de toda a provincia.
O xurado do certame destacou “a alta calidade” das propostas presentadas e acordou por unanimidade conceder o primeiro premio a Marcos Fernández González do IES Chamoso Lamas; o segundo premio recaeu en Rocío Rodicio González do Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús; o terceiro premio foi para David Crespo Nogueira do IES Chamoso Lamas; e o cuarto premio recaeu en Hugo Pereira Fernández do IES Chamoso Lamas. O premio consiste en dúas entradas para o concerto de Ed Sheran que terá lugar o 6 de xullo no monte do Gozo en Santiago de Compostela.
A maiores, estableceuse un premio de dúas entradas para “O Gozo Festival” ao resto dos participantes no concurso: Carlos Valiñas Rivas, Ismael Santiago Rodríguez, Martín Claudio Cerdeira Varela, Rubén Pedrouzo Bernárdez e Tamara Janeiro Vinhal, do IES Chamoso Lamas.
O xurado estivo integrado polo vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández -que actuou como presidente-; Teresa Barge, Montse Lama e Jesús Castrillo, na condición de vogais; e Aurelio Gómez Villar, como secretario do mesmo.

Como cada venres os estudos de COPE O Carballiño foron o escenario da Tertulia semanal, na que desta vez estiveron Manuel Nogueira, Maria Luisa Rodríguez, Fátima Gómez e Sebas Lamazares, con Xan Pinal como coordenador da mesma.

A Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural -AFAMMER- convoca ás mulleres do rural do Carballiño-Ribeiro a participar na xornada gratuíta "Apostamos polo rural, futuro e benestar das mulleres. A muller como impulsora do desenvolvemento".
Terá lugar este sábado dia 8 de xuño desde as 10 da mañá en adiante en Arnoia Caldaria Hotel Balnerario, na vila ribeirán da Arnoia. Ás 14:30 horas faráse un intermedio para o xantar, e lolo pola tarde continuarán as distintas intervencións, ponencias e relatorios nos que se achegarán varios proxectos que son unha realidade no rural de ambas as dúas comarcas.
A xornada pretende, ademáis, servir para revitalizar o movemento das mulleres rurais, e os diversos colectivos e asociacións que forman parte de AFAMMER.
No PODCATS de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Maria Asunción Fernández Alberte, portavoz da organización.

O alcalde de Maside José Manuel Iglesias agarda a colaboración da Deputación e a Universidade de Vigo para recuperar as augas termais de Manzós, na parroquia de Louredo.
José Manuel Iglesias tamén quere poñer en valor as augas minero-mediciais da Rañoa. O rexedor municipal avanzou no transcurso da súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño outras obras e proxectos que van executarse este mesmo ano no municipio, e atendeu as preguntas, queixas e suxerencias da audiencia desta emisora de radio.
Escóitao aquí:

Como se ve na imaxen, un contenedor leva semanas mais que heo sen que o vacíen, non hai onde meter mais lixo, algo non funciona ben desde logo, agardamos que se solucione canto antes, en Boboras por desgracia non todos e maravilloso.

O portavoz do grupo popular no concello do Carballiño, Pepe Castro-Gil, dixo nesta emisora de radio que non descarta ningunha das dúas posibles opcións pero sí ten claro que "o concello do Carballiño necesita outro xeito de facélas cousas".
Neste contexto, o Partido Popular admite que ven tendo conversas tanto con Fumega como con Espazo Común para buscar un acordo político no concello do Carballiño, que ben podía pasar por darlle estabilidade ao goberno municipal socialista, pactando unha serie de condicións "para cambiar moitas cousas no concello" ou chegando a un acordo con ESCO que facilite unha moción de censura ao actúal alcalde.
No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a intervención íntegra do portavoz do Partido Popular.

Esto è insano para todos os que vivimos aqui.
E unha imaxen horrible para os que veñen a este pueblo.
Non sei para que pagamos impuestos!
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- …
- seguinte ›
- última »