O concello do Carballiño contará para este ano cun orzamento de 9.455.000 euros. A maior partida corresponde ao capítulo de bens e servizos que, con 4,8 millóns de euros, supón o 51,3% do total. Os gastos de persoal, con 3,2 millóns de euros, representan o 34,6%. As inversións acadan algo máis de 0,5 millóns de euros, que é o 6,1% do presuposto.
Este orzamento aprobouse na sesión plenaria desenvolvida na tarde de onte, 1 de febreiro. O resultado da votación foi o seguinte: 8 votos favorables (PSdeG-PSOE), 5 abstencións (PP), e 4 votos en contra (BNG, AV e o voceiro do PP que se xustificou aducindo que o seu voto negativo era para poder facer un seguimento dos acordos acadados co alcalde e alegar en caso necesario).
A través desta emisora de radio explicaron o sentido do voto os voceiros das catro grupos políticos representados na corporación municipal do Carballiño.
Bernardo García, de Alternativa Veciñal-En Marea, apuntou a "un pacto encuberto entre PSOE e PP, un cambalache entre ambos para protexer os seus intereses e perpetuar unha Relación de Postos de traballo -RPT- que non se corresponde coas necesidades do concello". O representante de AV non se fía da "provisionalidade" desta RPT e do compromiso do grupo de goberno de presentar unha nova RPT no presente ano.
Dende o BNG, Chema Ferreiro, manifestou que o seu grupo non pode "comulgar con rodas de muiño" e participar da "cereromia posta en escena por socialistas e Partido Popular, que coinciden no sustancial", polo que son "unhos orzamentos continuístas", subliñou.
Argimiro Marnotes manifestou que o Partido Popular facilitou coa súa abstención a aprobación dos orzamentos "por un sentido de responsabilidade política co Carballiño, agora o grupo de goberno xa ten unhos orzamentos cos que desenvovler o seu proxecto, ao que dende o Partido Popular conseguimos incorporar varias propostas, froito da nosa experencia de goberno", remarcou.
O grupo socialista mostrou, en voz de Adolfo Nogueira, "a satisfación pola aprobación destes novos orzamentos cos que conta o concello do Carballiño despóis de varios anos con orzamentos prorrogados", recoñecendo que "tal como xa manifestou en pleno o alcalde son unhos orzamentos mellorables, pero son agora mesmo os orzamentos posibles".
Pronto se puxo de cara o partido para o equipo local que se adiantaba aos 10 minutos de xogo e aínda sen cumplirse a media hora marcaba o Sanxenxo o segundo gol co que se chegaría ao descanso. En ningún momento conseguíu o Arenteiro meterse no partido, mentres un Sanxenxo superior poñía terra por medio no marcador no minuto 70 cun terceiro gol. Martín Pérez, xa co tempo cumplido, maquillou o resultado para os verdes.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Victor Gallego, Pana, Marc, Bardelás, Dani Vázquez, Sanginés, Vitti e Marcos Sotelo. Tamèn xogaron Dafonte, Martín Pérez, Gele e Esteban.
Partido para esquecer do Arenteiro, borrón e conta nova, e a pensar no líder Villalonga, que visitará Espiñedo o próximo domingo dende as cinco da tarde.

Os colectivos veciñais do Carballiño, xunto co concello, formarán un grupo de traballo para demandar a mellora do transporte público, tanto ferroviairio como por estrada, coas principais cidades.
Esta é unha das iniciativas que se acordaron durante unha reunión desenvolvida entre os representantes do movimiento veciñal e o grupo de goberno municipal para analizar, entre outras cuestións de relevancia, a situación actual do transporte público do Carballiño coa capital da provincia, a capital de Galicia e o resto das cidades.
Asemade, propúxose integrar nesta comisión a todas as forzas políticas con representación municipal, e incluso aos demáis concellos da comarca, co obxectivo de facer unha fronte común para reclamar a mellora do transporte público en toda a comarca.
A desaparición do servizo do tren-hotel en dirección a Madrid, a supresión de servizos ferroviarios de cercanías con Santiago e Ourense, e a cativa oferta de transporte de autobuses, despertaron as queixas dos colectivos veciñais, que están dispostos a mobilizarse a carón do concello do Carballiño para evitar a desconexión paulatina da cabeceira da comarca coa capital da provincia e as cidades máis importantes en transporte público.
Precisamente, o acordo subscrito será exposto no decurso da sesión plenaria do próximo luns, onde se debatirá unha moción alusiva a esta cuestión.
O grupo de traballo estará formado, en principio, por tres representantes da federación de asociaciónsveciñais, outrosdous representantes dos colectivos veciñais, o alcalde e o concelleiro de promoción económica, en representación do grupo de goberno municipal. E se espera que se incorporen representantes do resto dos grupos con presencia no concello.
Para conseguir o obxectivo de mellorar as conexións se agotarán as vías institucionais, pero non se descarta promover unhamobilización social, adoptando medidas de protesta e presión na rúa e, sobre todo, nasestacións do ferrocarril e dos autobuses.
Tanto os representantes veciñais como dende o concello se considera que o transporte colectivo non é unha cuestión de rendibilidade económica, senón de interese social, xa que se trata dun servizo público esencial para cohesionar a comarca e evitar o paulatino e dramático despoboamento que se está a producir nas zonas rurais.
O envellecemento e a dispersión dunha poboación comarcal de preto de 30.000 persoas, precisa un bo servizo público de transporte para non quedar illado. E, por isto, os veciños e a institución municipal están dispostos a tomar as medidas necesarias que conduzan a evitalo.

A cafetería da estación de servizo "SER Carballiñesa", sita nas inmediacións da rotonda de acceso á autovía de Santiago, no límite mesmo entre os concellos de Cea e O Carballiño vendeu este pasado xoves un boleto de 5 euros do rasca millonario da ONCE que resultou premiado con 500.000 euros.
Trátase do premio máis elevado en España neste xogo do rasca millonario, aínda de recente implantación.Según a información facilitada a esta emisora de radio polo xerente do establecemento "o afortunado foi un cliente habitual que é veciño da zona, pedindome permanecer no anonimáto".
Engadíu que naquél momento tan so outro cliente, ademáis do afortunado, se encontraba na cafetería "os primeiros instantes foron de absoluta incredulidade, despóis foise moi nervioso para a súa casa, tras comentarme que xa o celebrariámos máis adiante", manifestou Javier García, responsable do establemento que xa na lotaría do nadal do 22 de decembro pasado repartira 55.000 euros en premios entre a súa clientela.

Os carballiñeses e todas as persoas que se acheguen este venres dia 29 de Xaneiro aos locais participantes na ruta das tapas poderán degustar ata trinta formas diferentes de tapas cuxo produto central é o pulpo.
Tosta de pulpo con queixo do Cebreiro e base de puré de pataca; pulpo con fabas; salpicón de marisco con pulpo; salteado de verduras con puré de pataca e pulpo á grella; pulpo con gambas e cachelos… Son algunhas das tapas que se presentaron hoxe e que mañá poderán ser degustadas nos vintenove bares, mesóns e restaurantes do Carballiño que participan na Ruta das Tapas, e que mañá, venres, 29 de xaneiro, celebra a súa cuarta edición.
O acto de presentación desenvolveuse no local social da parroquia de Arcos, berce das pulperías e pulpeiros. Ata alí se achegou un nutrido grupo de hostaleiros que exhibiron e explicaron as súas creacións culinarias, como mostra da gran variedade de formas que hai de preparar o pulpo, ademáis da habitual do pulpo á feira.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, que acompañou aos hostaleiros nesta presentación, agradeceu a creatividade e o compromiso do sector para converter ao Carballiño nun referente da gastonomía en Galicia.
Pola súa parte, o concelleiro de Promoción Turística, José Manuel Dacal, destacou o éxito acadado nas anteriores edicións e desexou unha concurrencia semellante na xornada deste venres. Tamén dixo que a venda de rifas nos locais de hostalería para participar nun premio de 1.000€ e unha viaxe, ía a bo ritmo, e axudaba a promover á hostalería local.
A cuarta edición da xornada gastronómica dedicada ás diferentes variedades do pulpo, se desenvolverá mañá, venres, 29 de Xaneiro, a partir das 20,00 h., nos 29 locais hostaleiros adheridos a esta iniciativa.

O elevado número de inscricións para desfilar o martes, día 9 de febreiro, augura un entroido moi participativo no Carballiño.
As concellalías de Cultura e Promoción Turística organizan sete días de actividades e festexos, que comezarán o venres, día 5 de febreiro, e rematarán o domingo de piñata, 14 de febreiro, coa celebración da XXII Festa da Cachucha.
Charangas, folións, comparsas, orquestras e DJs porán a animación polas rúas e prazas do Carballiño que, nesta ocasión contará cunha gran carpa na Praza do Emigrante, en prevención de que se produzan condicións climatolóxicas adversas.
Nenos e maiores terán o seu propio baile de disfraces, o sábado e o domingo, respectivamente, e, por vez primeira, o desfile da Festa da Cachucha celebrarase pola mañá, cara ao mediodía, co obxectivo de promover a máxima concurrencia ao xantar nos restaurantes e mesóns que ofrecerán o menú típico da cachucha.
Os concelleiros de Cultura e Promoción Turística, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente, destacaron durante a presentación de hoxe o programa da tarde do martes e da noite do luns, cun baile e verbena de disfraces na Praza Maior a cargo da orquestra-espectáculo Fórmula, formada recentemente por músicos das mellores orquestras de Galicia, para competir directamente con elas nesta próxima tempada.
Neste entroido non faltará a actuación da comparsa histórica do Carballiño, Os Liberianos, que cantarán as súas coplas o sábado pola tarde, na carpa da Praza do Emigrante, nin tampouco faltará o Enterro da Sardiña do mércores de cinza, que culminará cunha gran chocolatada na Praza Maior.
Ao igual que nas últimas edicións do entroido, o domingo 14 celebrarase a XXII Festa da Cachucha, con animación polas rúas dende a mañá, con catro charangas, varios folións procedentes doutros lugares de Galicia e as comparsas gañadoras do concurso do martes, que realizarán un recorrido polo centro da vila. A festa culminará cun baile na Praza Mayor, coa nova orquestra-espectáculo “La OcaBand”.
PROGRAMACIÓN DA FESTA DO ENTROIDO E FESTA DA CACHUCHA
Venres, 5 de febreiro
“FESTA VAQUEIRA” nos locais de ocio do Carballiño durante a noite
Sábado, 5 de febreiro
OBRADORIO INFANTIL DE MÁSCARAS DE ENTROIDO
De11,30 a13,30 horas na Carpa de Pista Roxa
DESFILE e CONCURSO DE DISFRACES. Animación a cargo DJ “Tibu”
A partir das 16,30 horas na Carpa de Pista Roxa
Domingo, 7 de febreiro
BAILE DE DISFRACES para 3ª idade. Animación a cargo dun DÚO MUSICAL
A partir das 17,00 h na Carpa da Pista Roxa
CANTO DE COPLAS A CARGO DOS LIBORIANOS
A partir das 20,00 horas na Carpa da Pista Roxa.
Luns, 8 de febreiro
BAILE DE DISFRACES a cargo da ORQUESTRA FÓRMULA, a partir das 21,00 horas na Praza Maior
Martes, 9 de febreiro
Animación musical a cargo da Escola de Gaitas, a partir das 12,00 h polas rúas
GRAN DESFILE DE COMPARSAS, a partir das 17,00 horas polas rúas
Mércores, 10 de febreiro
ENTERRO DA SARDIÑA, a partir das 19,00 horas na Praza Maior.
Animación a cargo de Aspadisi e Charanga Castro Bello
GRAN CHOCOLATADA, a partir das 20,00 horas na Praza Maior.
Domingo, 14 de febreiro
XXII FESTA DA CACHUCHA
DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS, a partir das 12,00 horas polas rúas do Carballiño. Animación a cargo de: “Folión de Fradelo”, “Folión de Arrieiros de Petín”, “Percusión Os da caña”.
Animación a cargo de charangas:, “Castro Bello”, “Filantrónica Doctor Anchoa”, “Os Chispas”, “Noroeste”, nos locais participantes na Festa da Cachucha a partir das 12,00 h
ORQUESTA LA OCA
A partir das 17,00 horas na Praza Maior

Plataformá Masidá asinou a súa Acta Fundacional para constituírse como Asociación. A plataforma elixiu como escenario da súa constitución, o monte veciñal de Bouzas, "sobre o que se pretende construír a planta de incineración de neumáticos, talando 20.000 m2 ricos en flora e fauna, contaminando o aire e o acuífero que fornece de auga ao complexo mineromedicinal da Rañoa", manifestan.
Desde Plataforma Masidá afirman que "o espírito da asociación é a defensa de dous bens xurídicos fundamentais: o dereito á calidade de vida e o dereito á saúde. Sosteñen que estes dous bens non son susceptibles de mercadeo interesado senón un préstamo das xeracións vindeiras".
Así mesmo, aprecian "múltiples irregularidades entre as que destacan, un absoluto segredo e falta de información, por parte do alcalde de Maside, que chegou a afirmar que se trata dunha planta de reciclaxe de neumáticos cando realmente é unha planta de valorización polo procedemento de pirólisis", subliñan dende esta asociación.
Denuncian que a visita guiada que o alcalde realizou ás instalacións da empresa que promove este proxecto, "serviu a intereses particulares e non ao interese xeral de todos os veciños de Maside".
A plataforma afirma que "o reducido grupo de comuneiros que acompañaron ao alcalde na visita se autoproclamaron como Xunta Reitora sen convocar Asemblea e seis comuneiros impugnaron a esta Xunta clandestina ante a Consellería do Medio Rural".
Finalmente, aseguran que "Tendo en conta o cúmulo de irregularidades no procedemento, poñerán todo iso en coñecemento das autoridades competentes e se fose necesario, ante os Tribunais de Xustiza".
Victoria importante dos verdes para volverse creer equipo e alonxar fantasmas. O Arenteiro necesitaba gañar xa un partido, e por fin conseguíuno, aínda que fose mellor, bastante mellor, o resultado que o xogo, e enfronte tivera a un floxo rival como resultou ser o Caselas FC, que ademáis tivo que xogar os útlimos minutos da primeira metada e toda a segunda cun xogador menos, que foi expulsado con cartón vermello.
Sanginés fixo o primeiro gol no m. 25 de partido, e un chisco antes do intermedio, no m. 42 Martín Pérez logrou o segundo, ún deses goles chamados sicolóxicos. Co terceiro de Vitti, no m. 61, os de Caselas entregaron definitivamente o partido, ao que xa lle sobrou a última media hora. No m. 87 Pana puxo a guinda do 4-0 cun auténtico golazo.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Victor Gallego, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Gele, Esteban e o xuvenil Rivera, que debutou en Preferente.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á viúva e á filla do etnógrafo Olimpio Liste, Josefina Fernández e Araceli Liste, acompañadas polo alcalde de Cea, José Luis Valladares, con quen analizou a situación actual do museo etnográfico, situado en Oseira, que garda importantes elementos da historia galega e que na actualidade permanece pechado.
O presidente do goberno provincial avogou por chegar a un acordo cos propietarios para que a Deputación de Ourense asuma mediante cesión o museo e así "poder xestionar e manter estas instalacións, lembranza permanente da nosa etnografía, e preservar a memoria do seu creador e impulsor, Olimpio Liste".
Manuel Baltar confirmoulles á familia de Liste que a Deputación de Ourense "fará todo o posible" para que esta xoia poida abrirse novamente ao publico "e sexa un elemento dinamizado de Oseira, conxuntamente co seu mosteiro, co obxectivo de que escolares, investigadores e público en xeral se acheguen ao museo para coñecer máis polo miúdo os elementos que foron conformando a vida e a historia".
Entre os temas que abranguería o posible acordo de cesión do museo figurarían que o goberno provincial asumiría a xestión do mesmo e tamén cabería a posibilidade de realizar estudos de catalogación, restauración e conservación de pezas, así como o mantemento das instalacións.
Olimpio Liste, mestre e etnógrafo, abriu o museo no ano 1976 nunha casa situada nas inmediacións do Mosteiro de Oseira, acollendo nas súas instalacións seccións dedicadas ás labores propias do agro, aos gremios artesáns e ás crenzas, contando ademais cunha importante biblioteca que inclúe volumes e traballos de documentación etnográfica e antropolóxica.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, viaxa o próximo luns a Bruxelas, para coñecer as posibilidades de fondos de financiamento da Unión Europea destiñados aos concellos para impulsar o seu desenvolvemento social, económico e medioambiental.
Precisamente, o alcalde e o seu grupo de goberno, "están deseñando actualmente proxectos en cada unha destas materias, susceptibles de formar parte de programas europeos, polo que esta viaxe resulta de gran interese",subliñan dende o concello carballiñés.
Francisco Fumega viaxa xunto con outros alcaldes de Galicia, invitados polo Grupo Socialista Europeo, que sufraga todos os gastos íntegramente.
O alcalde permanecerá fóra durante o luns e o martes, 25 e 26 de xaneiro, respectivamente. "Serán dúas xornadas intensas, con reunións e visitas aos principais organismos e institucións da UE, como o Parlamento Europeo, dependencias da Comisión Europea, Comité das Rexións e a Fundación Galicia-Europa", informan dende o concello.
"Resultan de gran interese as reunións que se celebrarán sobre temas que atinxen directamente aos concellos, como: Fondos Estruturais e de Investimento e Administración Local; Fondo Social Europeo e a Iniciativa Xuvenil de Emprego; Política Urbana da Unión Europea, e Horizon2020 e LIFE+, entre outros proxectos europeos", destacan dende a institución municipal.
A estes encontros asistirán membros da Comisión Europea e do Parlamento Europeo, entre outros, o deputado galego José Blanco, que actúa de anfitrión da visita.
Fumega, "que conta con certa experiencia na presentación de proxectos europeos, considera unha gran oportunidade poder coñecer de primeira man as novas liñas de financiamento ás que se poden acoller as entidades locais para desenvolver programas, así como manter contacto directo cos responsables e técnicos que están a cargo destes programas", remarcan.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- 588
- 589
- 590
- 591
- …
- seguinte ›
- última »