¿Que vai pasar coa cafetería da actual estación de autobuses cando empecen as obras do futuro centro integral de saude? E un negocio cunha importante clientela que e perxudicado colateral de toda esta lea.
Para todos aqueles que dicían (para que enganarnos, os de Espazo Común e os seus simpatizantes) que nunca se faría o novo centro de saúde na actual estación de autobuses dicir que hoxe en pleno aprobouse en pleno o cambio do uso do suelo dotacional de transporte a sanitario. Polo que en canto salgo o proxecto e se licite a obra logo empezaran as obras de demolición e construcción do novo e tan necesario centro integral de saúde do Carballiño. Algo que os pachistas dicían que non se faría xamais.
Siguiendo los comentarios del copenauta anterior solo decirle que Carballiño está teniendo una gestión ejemplar y cumpliendo con el programa de manera rigurosa y seria no hay más que ver la situación del parque municipal, pasando por la propuesta de ubicación del nuevo centro de salud y ni que decir tiene como se gastan los dineros de los contribuyentes en un anteproyecto de un estadio de fútbol cuya ubicación es una zona verde ( casi imposible de modificar urbanísticamente) por lo que aún a sabiendas el alcalde de Carballiño con su aliado el señor Argimiro Marnotes (aparejador de profesión, alguna cosa sabrá) venden humo con un anuncio de fantasía, realmente molesta mucho que nos tomen por tontos a los vecinos. Por otro lado vemos a protección civil sin la ropa adecuada para actuar en una emergencia urbana o realizar una excarcelación en un accidente de tráfico, y con ese gran concejal Alberto a la cabeza y creyéndose un gran gestor; podemos proseguir con el temor de los vecinos de la calle julio Rodríguez soto que se les cae un muro. En fin, resulta que el problema es que un partido de la oposición quiere llegar al poder y desbancar al actuar equipo de gobierno. Creo que es legítimo y necesario que un partido de la oposición quiera el poder porque los otros partidos de la oposición ni están ni se les espera.

O sábado 1 e domingo 2 de xuño celébrase a "18 Festa do Viño de Cenlle", con diversas actividades nas que o viño é o gran protagonista.
O sábado ás 19:30 horas será o pregón que este ano estará a cargo do exalcalde de Cenlle e gran impulsor desta festa, Antonio García Montero. A charanga "Bandiños Band" amenizará a ruta das adegas, nas que os visitantes degustarán os viños de seis adegas. A partir da medianoite a animación correrá por conta da disco-móbil "Gramola".
O domingo a amenización musical correrá a cargo da charanga "Castro Bello", con apertura das adegas a partir das 11 da mañá en adiante. Os visitantes encontraránse na Praza da Tenencia de Cenlle con exposición de maquinaria agrícola e tractores históricos, e a partir das 14:30 horas o xantar organizado cun menú a base de polbo, carne ao caldeiro, pan, sobremesa e os mellores viños de Cenlle.
Escoita no PODCAST a entrevista de Xan Pinal a José Antonio Rodríguez Fernández "Rodri":
Nos últimos días vese os de Espazo Comun que estan que non paran, nun modo completamente destructivo coa única sua aspiración, o poder, ese que tanto levan ansiado estes últimos 5 anos, e pese a quen lle pese son os terceiros en discordia, solo lles importa O Carballiño e ter o poder, os outros concellos nos que se presentan, que aínda son unhos cuantos, nin rastro deles, nin estan nin se lles espera, coma no caso de PIÑOR onde tampouco hai presupostos ( e de onde FRAN fuxiu despavorido o ver que non ten opcions de volver ser alcalde ) a estas alturas do ano habendo maioria absoluta, veselles moito o plumero, a sua preocupación non e o Carballiño, e que non gobernan eles, senon o PSOE, de onde foron expulsados tras perder unha negociación, porque o señor Pachi quería mais poder do que lle correspondía, seguindo sin aceptar a situación a día de hoxe, e cebandose co alcalde e o resto do equipo de goberno, non sendo capaces de ver mais ala, pero sin decir nada que a Deputación non daba nada nestes últimos anos, mais ala de 48000€ dos plans provinciales, o señor Nogueira sabeo ben porque gobernaba cando eso sucedía, pero tampouco di nada de que a Xunta pouco da, tampouco parecen acordarse de que o concello tuvo que pagar 380000€ de indemnización polo do tanatorio, por unha licencia mal dada cando estaba ARGIMIRO MARNOTES,a ver se facemos memoria, tendo que pagar eses pufos unido o derribo da nave de protección civil feita en zona verde polo señor PACHI, e imposible levar a cabo outros proxectos, os numeros non dan para todo e vostedes sabeno de sobra pero siguen r que r coa misma música, enganando a veciñanza e crispando os veciños.
BASTA XA POR FAVOR
Pedir un pleno extraordinario para ver si os do PP do Carballiño queren a Pachi de alcalde ou non. Outro brindis al sol como a anterior reprobación do PP. Todo esto non vale de nada. Os números dan pero as ideoloxías non. Fumega vai seguir de alcalde pese a quen lle pese.

A Xunta realizou esta mañá un novo exercicio de adestramento cun simulacro de emerxencia para comprobar a coordinación durante a activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U. no concello ourensán de Maside.
Contou coa participación do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, como director do PEE que, unha vez recibida a información do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia e se decide a activación do plan e o disparo de sirenas de aviso á poboación asume a dirección das operacións e accións a realizar. Tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistiu na activación do plan por un accidente de categoría 2 producido por unha fuga en tubería fase líquida (FL) 6” de bomba de caudal, brida conexión entrada de líquido en bomba, charco de gas propano con formación de xeo e fuga con goteo continuada. Pese a non deflagrar e non incendiar, ao non cesar pola presión da liña e darse risco de deflagración foi preciso refrixerar para controlar e vaporizar o charco de gas, así como pechar válvulas das liñas FL13 e FL14 para reducir presións e que purgase a fuga.
Por mor desta situación, resultaron feridos dous operarios e, ademais, a sobrepresión no interior da planta e a radiación térmica afectaron ás vivendas anexas á planta.
Unha vez avisada á poboación coas sereas constitúense os centros de mando e control para coordinar a intervención -o Centro de Coordinación Operativa (CECOP), o SACOP e o Posto de Mando Avanzado (PMA)- coa correspondente mobilización dos efectivos, o perímetro de seguridade da zona ou o control de tráfico.
De feito, o director xeral de Emerxencias encargase de dirixir o CECOP constituíndose o comité asesor do que forman parte entre outros o subdirector de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, o alcalde de Maside e representantes da industria. A dirección do PMA foi asumida polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.
Entre os efectivos desprazados destacan os bombeiros do parque de O Carballiño-Ribeiro, integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia e do servizo de emerxencias de Ourense, así como axentes de forzas e corpos de seguridade -Garda Civil e Policía Autonómica- , persoas voluntarias da agrupación de Protección Civil de Maside e o Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega.
Para a atención sanitaria mobilizouse ao servizo territorial de Sanidade en Ourense, ao 061 e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). No seguimento da intervención participaron responsables da empresa Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U, xunto con representantes do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e de departamentos da Xunta relacionados coas áreas de economía e industria, medio ambiente e sanidade.
A realización deste exercicio permite mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un suposto accidente, se familiarice co son da sirnea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior.

O portavoz de Espazo Común no concello do Carballiño, Adolfo Nogueira, acompañado polos tamén concelleiros Érika Paz e Francisco Fraga, anunciou a presentación no rexistro do concello dunha solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario da corporación no que vai propoñer a reprobación do alcalde Fumega e o seu grupo de goberno.
O anuncio coincide co primeiro aniversario das eleccións municipais de 2023 e posterior reelección de Fumega como alcalde, en minoria, e sen que durante este primeiro ano de mandato alcanzase acordo algún para garantir a estabilidade no goberno do concello carballiñés.
Espazo Común fai un balance moi negativo deste primeiro ano do actúal mandato e considera que O Carballño merece un gran acordo político que facilite as grandes melloras que precisa o municipio.
Escoita a Adolfo Nogueira no audio adxunto:
Non teñen vergoña.
Parece que en vez de evolucionar cara a democracia, imos converternos nunha ditadura.
Non se pode tratar a xente do irixo de parvos e ameazalos sempre se non está de acordo coa alcaldesa.
Estamos cheos de malas maneiras, malas palabras e ameazas. Todos temos dereito a pedir, a opinar e a vivir sen o seu permiso.
Non hai ninguén que lle poida poñer o freo a esta señora ditatorial?
Desde logo que miúdo ollo tivemos nas votacións. Mellor quedarnos na casa
Vergoña allea sentin hoxe, como veciño de Maside, cando ó pasar pola pista vermella, vexo como dous veciños do Concello do Carballiño , con escaleras en man e con Unha rede para a canasta, se dispoñen a colocala , - sobra decir que a pagarón do seu peto-. Os pobres vendo como está todo( o das pistas de pádel , non hai verbas)xustificaronse decindo que mentras traen as fillas entrenar, aproveitan para tirar una tiros, e que xa llo comentaron varias veces ós responsables municipais, pero están moi entretidos ca primaveira cultural, que debe salir mais a conta.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »