15, Xullo 2015

O mercado da Praza de Lugo, na Coruña, acolleu a presentación da Festa do Polbo do Carballiño, dedicada nesta 53 edición á cidade herculina. O alcalde coruñés Xulio Ferreiro recibía á comitiva carballiñesa, agradecendo o xesto da dedicación dunha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia.

Ferreiro recordaba a unión que existe entre A Coruña e O Carballiño, cimentada nos veciños dunha e outra poboación, recordaba durante a presentación como el mesmo coñeceu O Carballiño cando rea pequeno, acompañando os seus pais e avós a tomar as augas da vila do Arenteiro.

Pola súa banda o alcalde carballiñés mostraba o seu agradecemento á corporación coruñesa alí representada polo seu alcalde e o edil de Turismo Alberto Lema, por acoller esta presentación, nun lugar tan emblemático como a praza de Lugo, onde se encontra a Praza de Abastos " e que mellor lugar que un mercado para presentar esta festa, un lugar onde, como na orixe do Carballiño, reúnen os veciños e veciñas para o comercio", a estes veciños e veciñas da Coruña invitou Francisco Fumega a que acudisen á Festa do Polbo, o segundo domingo de agosto, onde serán recibidos como sempre, cos brazos abertos e dispostos a compartir unha porción de polbo a feira".

Tras os discursos chegou o momento de probar o produto estrela, o polbo a feira, que nesta ocasión foi cocido polo campión galego, o carballiñés Francisco Gómez. Todos os presentes gabaron o sabor do polbo do Carballliño, e aseguraron que non se perderán esta edición da festa.

Entre os numerosos veciños da Coruña que acudiu á cita da Festa do Pulpo encontrábanse tamén veciños e veciñas do Carballiño, que residen na Coruña, e que tampouco quixeron perderse saborear unha tallada carballiñesa na cidade herculina, entre estes veciños do Carballiño encontrábase, como non podía ser doutra forma Felipe Senén, carballiñés de pro e creador de numerosos carteis da Festa do Pulpo durante varias décadas, carteis que adornaban a praza de abastos coruñesa.

A representación Carballiñesa estivo formada nesta presentación polo xa mencionado alcalde da vila, acompañado do edil de Turismo Manolo Dacal, a edil de Benestar Marina Ortega, e os edís do Partido Popular Argimiro Marnotes e Piar Caride, e o concelleiro do BNG Chema Ferreiro.

15, Xullo 2015

 A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no concello de Boborás, parroquia de Moreiras.

O lume iniciouse ás 13:16 horas desta tarde e quedou controlado ás 18:59 horas. No seu control traballaron 4 axentes forestais, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 40 hectáreas, na súa meirande parte arboradas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. 

14, Xullo 2015

Responsables do operador postal, asi como do concello do Carballiño e da Sociedade Filatélica Miño, presentaron na oficina carballiñesa de Correos o mataselos.

Todos destacaron a relevancia desta iniciativa que permitirá difundir o nome do Carballiño e a convocatoria gastronómica carballiñesa a través das cartas e envios postais que viaxarán por toda España e polo mundo.

Filatélicos, usuarios e turístas poden desde hoxe solicitar este mataselado especial para os seus envios na oficina de Correos do Carballiño, na rúa Faustino Santalices. A primeira carta con este mataselo partíu esta mañá con destino moi lonxano, a Xapón.

13, Xullo 2015

Ambas formacións políticas compartirán responsabilidades de goberno e terán representación paritaria na Xunta de Goberno.

O popular José Luis González, que foi investido alcalde o pasado dia 13 de Xuño co voto dos dous concelleiros da Agrupación Veciños de Piñor, nomeou a Uxío Rodríguez como primeiro teniente de alcalde.

O acordo de goberno xa foi escenificado no pleno de organización que ven de celebrar a nova corporación municipal, de tal maneira que o grupo socialista do exalcalde Francisco Fraga quédase coa exclusividade da oposición.

O portavoz de Veciños de Piñor e novo primeiro teniente alcalde manifestou en declaracións a esta emisora de radio que "o máis cómodo para nos despois de apoiar a investidura do alcalde sería quedarnos na oposición, pero tamén sería o máis insensato, por eso decidimos asumir a parte de traballo que nos corresponde e dar estabilidade a este concello.

O acordo inclúe unha rebaixa no custo económico da alcaldia e corporación.

O novo alcalde de Piñor -aclarou Uxío Rodríguez- "cobrará 22.560 euros anuais por unha dedicación parcial do 80%, o que representa unha redución dun 28% en relación ao que cobraba o anterior alcalde, case 33.000 euros",

Tamén se reducen os custos das convocatorias plenarias, xa que a partir de agora os concelleiros recibirán 40 euros por asistencia fronte aos 50 euros do anterior mandato. Tamén se recortan as asignacións económicas pola asistencia á Xunta de Goberno, que paan de 40 a 30 euros, e a comisión informativa de contas, que pasa dos 30 euros aos 25 que cobrarán de agora en adiante.

10, Xullo 2015

Os traballos consisten nunha limpeza integral de toda a superficie do terreo de xogo e zonas de banda e banquillos, para eliminar todas las sustancias que durante este tempo foron acumulandose no campo, cunha maquinaria especial para este tipo de labores. Desta forma consiguese osixenar o campo para, posteriormente realizar unha “replantación” de caucho que lle devolverá a estas instalacións deportivas o seu estado perfecto para a práctica de deportes.

O concelleiro de deportes Manolo Dacal considra que "era imprescindible realizar estes traballos canto antes, xa que nos últimos anos non se fixeron e este tipo de instalación requiren dun mantemento periódico, para que estén en perfecto estado para a practica do deporte, sendo a segunda vez que se realizan estes traballos nos últimos anos"..

Dacal  sinalaba que “escollimos esta época do ano para realilzar estes traballos, tan necesarios nun campo artificial como o da Uceira, porque é cando menos actividade deportiva se concentra nestas instalacións, e así telo en perfectas condicións para o inicio da vindeira tempada das escolas deportivas”.

Estas instalacións da Uceira son empregadas o longo do ano por moitos deportistas,  entre eles preto de 200 rapaces e rapazas da Escola Municipal de Futbol, así como por equipos de otras ligas como a de veteranos " polo que se pode afirmar que son as instalacións deportivas municipais con maior demanda e, polo tanto, as que maior atención deben ter por parte dos responsables municipais", remarcou Dacal.

10, Xullo 2015

O grupo municipal do Partido Popular ven de presentar no rexistro municipal un escrito no que demanda do  goberno socialista información sobre obras de urbanización e mellora en varias rúas do Carballiño adxudicadas nas últimas semanas do anterior mandato municipio, aínda cos populares no goberno.

Para ver o escrito presentado polo Partido Popular prema no arquuivo adxunto:

8, Xullo 2015

Facer un Carballiño mellor, máis limpo e que mostre a súa mellor cara. Esa é "a intención do actual grupo de goberno municipal que, a traves das áreas de medio ambiente e servicios públicos, iniciarán estes días unha campaña de concienciación entre los veciños para, entre todos, conseguir que a vila do Arenteiro sexa un referente en canto a limpieza", manifestan dende o concello.

Os responsables municipais son conscientes que na época estival é imprescindible intensificar as labouras de limpieza e o mesmo tempo controlar ainda máis os horarios para depositar o lixo nos contenedores. Son meses nos que a poboación crece, e polo tanto tamben crece o volumen de lixo, e  "o calor fai que os contenedores podan desprender malos olores. Por eso dende o concello intensificarán as labouras de limpieza, a pesar das dificultades que trae consigo a carencia de persoal para estas funcións heredada da anterior corporación, pero piden tamben a colabora dos veciños e veciñas, para que cumpran con eses horarios marcados dende a institución municipal", subliñan dende o grupo de goberno socialista.

A responsable de Medio Ambiente, Érika Paz, aseguraba que “moitas veces botar o lixo media hora antes do tempo establecido pode provocar cheiros, por elo creemos que, simplemente respetando eses horarios, poderíamos adiantar moito en canto a limpeza e boa imaxen do pobo”.

Dende o concello lembran que o depósito do lixo nos contenedores non debe facerse nunca antes das 19:00 horas, e ata as 6:00 horas do día seguinte, horario no que empeza a recollida por parte dos camaións de lixo. Evitando así que o lixo permaneza nos contenedores durante todo o día, e sobre todo exposto o calor desta época do ano.

A campaña de concienciación  abranguerá , dende o sector comercial al hostelero, sen esquecer os colexios. Entre todos, "é a idea dos actuais gobernantes, debemos ofrecer a mellor cara do Carballiño, devolver a nosa vila a súa mellor imaxen", remarcan.

Por outra banda, pero dentro do capítulo de limpeza, o concello pretende nas vinderas datas manter una reunión cos responsables da Deputación, para revisar o convenio asinado entre ambas institucións "para conseguir unha mellora do servizo de recollida de lixo en todo o municipio".

6, Xullo 2015

O motivo estivo na imposibilidade de cubrir o turno de noite, por non dipoñer dos axentes necesarios.

O Carballiño estivo durante a última semana sen este servizo de Policia Local polas noites, xa que a maiores dos dous axentes que están de vacacións houbo que sumar dúas baixas laborais.

O concelleiro de persoal, tráfico e seguridade, Adolfo Nogueira asegurou a esta emisora de radio que "se tratou dunha circustancia excepcional e motivada pola baixa temporal de dous axentes". Engadíu que "se informou da situación á Garda Civil, e non houbo ningún problema".

Doutra parte, desde Xefatura da Policia Local indicouse que o servizo quedará restablecido con normalidade a partir desta próxima noite.

5, Xullo 2015

O grupo municipal do Partido Popular considera que a convocatoria da sesión plenaria extraordinaria para este lúns dia 6 de Xullo "co único punto na órden do dia de aprobar un incremento de 5 euros no prezo público dos nenos que participen no campamento de verán é un auténtico despropósito, por absurdo, inxustificable e insensato".

O Partido Popular pide aos socilaistas "que desconvoquen este pleno extraordinario, que vai a supoñer un gasto de 2017 euros, cando únicamente o incremento vai supoñer un ingreso a maiores de 120 euros, polo que o máis sensato para os intereses do concello sería que se aplicase o prezo do ano pasado, aforrarían os participantes e desde logo, aforraría o concello".

Para ver o comunicado do Partido Popular PREMA no arquivo adxunto:

5, Xullo 2015

O alcalde do Carballiño e concelleiros e concelleiras da corporación recibiron este sábado o bispo da diocese de Ourense, Leonardo Lemos, no salón de plenos da consistorial carballiñesa.

De mestre de ceremonias actúou o párroco da Veracruz Xosé Benito Siero, que explicou o motivo da visita do máximo dirixente eclesiastico da diocese a O Carballiño "unha visita pastoral, para atender e escoitar a numerosos grupos que día a día traballan codo a codo ca parroquia e, sobre todo, axudando a quen o precisa".

Pola súa banda o Bispo agradeceu o recibimento na casa do concello, o mesmo tempo tiña palabras de recoñecemento para" o traballo que se está a facer dende o concello, os servicios sociais,  Cruz Vermella e Cáritas, axudando a moitas familias da vila e a bisbarra que en estos tempos tanto o necesitan".

Finalmente o alcalde carballiñés Francisco Fumega, confirmoulle a colaboura en todo aquelo  "que teña como fin axudar as persoas”. Fumega entregoulle a o bispo un exemplar dun  libro do arquivo municipal, así como dunha metopa co escudo da Vila. Trala recepción o bispo asinou no libro de honra do concello do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS