
Un gol de Manu tras unha gran xogada de Brais e o resultado final foron o mellor do partido para un Arenteiro que non estivo fino neste primeiro encontro de semifinais de Copa Deputación xogado no Estadio de Espiñedo, que igual que no resto da tempada, volveu rexistrar unha moi boa entrada de afeccionados.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Dani Vázquez e Victor Gallego. Tamén xogaron Choco, Manu, Lois e Brais.
Goles:
1-0. Minuto 81. Enorme xogada do chantadino Brais pola banda dereita superando aos contrarios que lle saen ao paso, o seu pase ao corazón da área é rematado maxistralmente por Manu.
O Partido: Non foi unha boa tarde para os verdes cun xogo moi interrumpido, pérdidas de balón e imprecisións varias. Asi e todo, o Arenteiro desperdicíu algunhas ocasións para lograr unha ventaxa máis ampla na eliminatoria, xa que aos 6 e 11 m. Sanginés e Martín Pérez dispuxeron de boas oportunidades, igual que a de Victor Gallego no minuto 55, que tras facer o máis dificil fallaba na definición. O Barbadás B, que chegou a Espiñedo reforzado con varios xogadores do equipo da terceira división, pudo tamén marcar no m. 80 por mediación de Isi, pero cando se cantaba o gol apareceu o meta local Marcos Nieto para evitalo, nunha gran intervención.
O Partido de volta xogaráse no campo dos Carrís de Barbadás na derradeira fin de semana deste mes de Maio, unha vez rematada a competición de liga.

A candidatura "Veciños de Piñor" logrou completar o aforo do salón de actos da antiga escola de Cotelas no seu acto de presentación, ao que acudiron máis de 100 persoas.
Un éxito de convocatoria que agradeceu o candidato á alcaldia Uxío Rodríguez, que falou "das presións dos que mandan neste concello, mandando recados para que a xente non acudise a este acto", en referencia ao alcalde socialista Francisco Fraga e o seu grupo, que goberna o concello de Piñor desde fai 12 anos.
"Veciños de Piñor" tamén denunciaron "a falta de talante democrático do Partido Socialista, que estes dias atrás ata chegaron a presentar unha denuncia ante a Xunta Electoral de Zona, polo único delito de publicitar este acto, queren impedir unha reunión, algo propio dunha dictadura pero unha actitude dificil de explicar en democracia".
Uxío Rodríguez avanzou neste acto a súa idea de concello e de facer política "temos que recuperar a ilusión e acudir á movilización para acadar o cámbeo en Piñor, necesitamos cambear o rumbo dun concello que está practicamente na quebra económica pola nefasta xestión dos últimos anos, coa débeda máis alta de todos os concellos da comarca e dos arredores, máis de 400 euros de débeda por habitante", subliñou.
Un contrato privado de compra venda de folio e medio asinado polo exalcalde Pachi Vázquez e os propietarios da antiga fábrica de papel, no ano 2001, foi toda a documentación feita polo concello do Carballiño para a adquisición por parte do concello carballiñés da citada propiedade.
A cámbeo dunha finca rústica de 3.000 mts. cadrados,, que incluen o vello edificio da antiga fábrica de papel da Lavandeira, a administración local pagou 90.000 euros.
Posteriormente, no ano 2005, o exalcalde Carlos Montes puxo a disposición da Xunta de Galicia a propiedade, con vistas á rehabilitación da vella edificación, un proxecto que foi encargado ao arquitecto Gallego Jorreto, e no que a Xunta investíu 1 millón de euros.
O concello nunca chegou a elevar o documento privado de compra venda a público no rexistro da propiedade, tal como se puxo de manifesto cando un procedemento concursal no que se viron involucrados os propietarios, daquela o xulgado incluíu a propiedade no procedemento concursal e avaliaou a mesma en 694.000 euros.
O concello carballiñés remitirá ao xulgado unha oferta de compra
A solución para que o concello recupere a titularidade pública da propiedade pasa agora pola adquisición da mesma.
Tras varios anos de xestións co Xuíz Concursal, o alcalde Argimiro Marnotes remitirá no transcurso da semana vindeira unha oferta formal de compra por parte do concello carballiñés, que pagaría en cinco anualidades proporcionais, ata completar os 694.000 euros. Na primeira anualidade descontaríanse os 90 mil euros pagados na "primeira" compra do ano 2001.

O vindeiro sábado día 2 de maio vai celebrarse en Melide a primeira edición galega dos debates escolares "Modelo Parlamento Europeo, MEP", organizada por Agorae, a asociación galega para a promoción da oratoria en Europa, de recente creación. Nela participará o IES Chamoso Lamas, cun equipo que estará capitaneado polos profesores Clara Vázquez e Miguel Pereira, e integrado polo alumnado: Yeray Diéguez Barreiro, Danarys Michel Constantine, Lucía España Fariñas e Ana Fernández Justo.
A actividade, celébrase por primeira vez en Galicia como resultado da colaboración entre a devandita asociación e os organizadores e promotores da actividade a nivel nacional, a Fundación San Patricio. Conta co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Concello de Melide, de tal xeito que a comunidade autónoma participa neste certame cunha representación de 10 centros de ensino.
Os centros participantes na edición galega do MEP son:
- IES Eduardo Pondal de Santiago
- IES Maruxa Mallo de Ordes
- IES A Pinguela de Monforte
- IES Chamoso Lamas de O Carballiño
- IES Antón Fraguas de Santiago
- IES de Melide
- Colexio SEK Atlántico de Poio
- ColexioLa Salle, de Santiago
- CPR PREMIR, de Santiago
A xornada comezará ás 10.30 horas. A partires dese momento, os representantes dos centros participantes distribuiranse en catro "Comisións" -emulando o sistema do Parlamento Europeo- nas que se tratarán os seguintes temas:
Logo do traballo por comisións, ás 16.00 horas dará comezo a Asamblea Xeral, na que todos os participantes -como se se tratara dunha sesión de Pleno no Parlamento Europeo- debatirán acerca dos catro temas expoñendo os seus argumentos e facendo propostas.
A pesar de ser a primeira vez que se realiza en Galicia, o Modelo Parlamento Europeo leva realizándose a nivel estatal dende hai 15 anos promovido pola Fundación San Patricio. MEP ten como obxectivo que os estudantes poñan en práctica as catro competencias lingüísticas seguindo o sistema de funcionamento do Parlamento Europeo.
O grupo municipal do Partido Popular de Maside entende que "a situación é consecuencia da mala xestión do alcalde Celso Fernández, que provocou nestes anos de goberno unha débeda que supera os 600.000 euros".
Asi as cousas, os populares critican que nun orzamento que ascende a 1,7 millóns de euros para o ano 2015 "tan so se destinan 85.260,08 euros a inversións reais, e aínda o máis preocupante a situacion financieira cara os próximos anos, xa que ata o ano 2.021, o concello de Maside terá que pagar 80.000 euros anuais de capital e xuros pola débeda existente", recalcan desde o Partido Popular.
Tildan ao alcalde socialista como "o mestre dos contacontos, asi temos en Maside o conto da gardería infantil, o conto do PXOM, o conto do parque empresarial, o conto das inversións que anuncia nos medios de comunicación, aínda que a única realidade son as débedas, un concello hipotecado para o futuro", subliñan os populares.
Explican, finalmente, que apoiaron as modificacións puntuais das normas subsidiarias aprobadas polo pleno da corporación "para favorecer aos veciños afectados, aínda que o máis transparente e beneficioso para o conxunto da vecñanza e do concello sería contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal".
As modificacións puntuais do ordenamento urbanístico aprobadas polo pleno son as que afectan ás localidades de Lamasaida ( Garabás ), Pousada ( Dacón ), Ribas ( O Lago ) e Martín ( Louredo ).

O Equipo do Club de Debate do IES Nº1 do Carballiño formado por Nazareth Pedrouzo González, Adrián Godás Della Ripa, Héctor López Lorenzo , Manuel Vázquez Augusto e Victor Barreiro Domínguez foi o gañador da Final Galega do Club de Debate 2015 que se celebrou onte domingo día 26 de abril en Carballo. As profesoras que levaron a cabo a preparación do alumnado foron Ana Lousado Duro e Nieves Abelleira. O tema desta final foi: “ Herdamos o galego, temos que transmitilo”
Participaron nesta fase final seis institutos de outras tantas localidades de Galicia: o IES Parga Pondal, o CPI dos Dices, de Rois; o IES Luis Seoane, de Pontevedra; o IES Número 1 do Carballiño; o IES Macías O Namorado, de Padrón e o IES Xulián Magariños, de Negreira.Desde as dez da mañá ata as sete e media da tarde, os estudantes despregaron no Pazo da Cultura carballés a súa capacidade dialéctica ante un xurado integrado por xornalistas, lingüistas e docentes.
O equipo carballiñés impuxose claramente, ao lograr unha puntuación de 363,20 puntos, moi por arriba do resto dos participantes.
O grupo gañador recibirá como premio unha viaxe multiaventura a Portugal para 20 persoas.
A cuarta edición do Club de Debate estivo organizada por nove concellos a través do seus servizos de Normalización Lingüística.

Outros 3 puntos que o Arenteiro suma para lograr a permanencia na categoria, tras vencer a un bo equipo como resultou ser a Unión Deportiva Atios de Porriño. Os visitantes neutralizaron o gol co que Arenteiro se adiantou no marcador para chegar ao descanso con co partido empatado, pero unha gran segunda parte dos verdes decidiu con claridade o partido, deixando o 3-1 final no marcador.
CD Arenteiro: Marcos Nieto; Carlos Escudero, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Victor Gallego. Tamén xogaron Manu, Choco, Lois e Gele.
Goles:
1-0. Minuto 14. Magnífico pase entre liñas de Martín Pérez que aprovieta moi ben Dani Vázquez, primeiro para irse da defensa e batir ao porteiro na súa saída cun tiro raso e colocado.
1-1. Minuto 37. Non está fina a defensa do Arenteiro, perimtindo o roubo de balón por parte dos visitantes, unha xogada que culmina Asi para empatar.
2-1. Minuto 60. Xogada de extratexia do Arenteiro que culmina Victor Gallego cunha gran volea que toca coa punta dos dedos o meta do Atios, o balón vai o longueiro e finalmente Sanginés empurra entre os 3 paus.
3-1. Minuto 71. Bonita combinación do Arenteiro, cun centro milimétrico de Sanginés que aproveita Dani Vázquez para dun perfecto testarazo marcar o tercerio.
O Partido: De inicio trepidante por ambos equipos, aínda que foi o Arenteiro o que con máis perigo se aproximou á portería rival, de feito antes de adiantarse no marcador xa tiveran os carballiñeses dúas magníficas ocasións de gol. Aos 4 minutos da segunda parte o Atios quedabase cun xogador menos por expulsión ao ver doble cartón amarelo o dianteiro Rubio. A partir dese momento, o Arenteiro foi claro dominador do partido e mesmo na fase final pudo incluso ampliar a diferencia no marcador, todo esto ante un bo equipo, no que sobresae o seu dianteiro Jorge Fernández, todo un espectáculo para a categoria.

O descontento coas grandes formacións políticas tradicionais ponse de manifesto nestas eleccións municipais do 24 de Maio coa aparición de 7 candidaturas no ámbito comarcal, que se autoproclaman como "veciñais" e "independentes".
Alternativa Veciñal do Carballiño presenta a Bernardo García como candidato á alcaldía, seguido nos primeiros postos da candidatura por Maria Jesusa Álvarez, Ernesto Atanasio e Patricia Ordás.
No concello do Irixo xurdiron nestas eleccións 2 candidaturas á marxe dos partidos políticos. "Polos Veciños" encabezada por José Manuel Prieto, e "Fai O Irixo" por Florentino Pérez.
En Boborás, Manuel González, como candidato á alcaldia, e Alberto Otero abren a lista electoral de "Xuntos por Boborás".
No concello de Beariz, Manuel Ogando Penela é o candidato á alcaldia bearicense por "Alternativa para Beariz".
En Punxín, Joaquín Moldes lidera a candidatura "Cambio Intelixente de Punxín".
E finalmente, no concello de Piñor, Uxío Rodríguez é o candidato á alcaldia pola agrupación de electores "Veciños de Piñor".

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rebate con 11 argumentos xurídicos as alegacións feitas pola defensa do exalcalde do Carballiño. Polo tanto, sigue adiante o proceso aberto pola xustiza contra Pachi Vázquez.
A Sala do TSXG avala desta maneira a decisión do Xuíz Instructor do caso, tras a querela presentada pola Fiscalía, por un presunto delito de prevaricación continuada en relación á contratación de persoal no concello do Carballiño durante os mandatos municipais nos que Pachi Vázquez foi alcalde do Carballiño.
A resolución do alto tribunal galego é "firme" e advierte que "contra a mesma non cabe recurso".

O candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño, Paco Fumega, presentou ás 27 persoas que conforman a candidatura que el mesmo encabeza para as Eleccións Municipais do 24 de Maio.
A Casa da Cultura do Carballiño foi o escenario de presentación dos candidatos e candidatas, nun acto no arrouparon ao candidato socialista alcaldes doutros concellos, portavoces e afiliados do PSdeG.
Fumega destacou que a lista do PSdeG do Carballiño "está integrada por un equipo de persoas que se presentan a estas eleccións ilusionadas, con gañas de traballar polos cidadáns e preparadas para gobernar”.
O obxectivo da candidatura é claro: “recuperar a alcaldía do Carballiño para reconquistar os nosos dereitos, despois de catro anos cun goberno nefasto do PP que o único que fixo foi castigar aos cidadáns con máis impostos e menos servizos”.
En palabras do candidato socialista, o PSdeG traballará “para que O Carballiño volva a ser a vila punteira da provincia, un lugar apetecible para vivir, cunha oferta de servizos públicos para os cidadáns, atractiva para o turismo, e cunha dinamización empresarial e industrial axeitada para fomentar o emprego”.
Candidatura do PSdeG O Carballiño
1 Francisco José Fumega Piñeiro. Doutor en Xeografía Aplicada.
2. José Manuel Dacal Fernández. Empresario.
3. Érika Paz Rodríguez. Enfermeira.
4. Adolfo Nogueira Campo. Empresario
5 Marina Ortega Otero. Psicóloga.
6. Charo González González. Diplomada en Ciencias Económicas e Empresariais.
7. Diego Fernández Nogueira. Politólogo e Técnico Forestal.
8. Rita Soto Vázquez. Empresaria.
9. Rosa María Fuentes García. Patronista Industrial.
10. Francisco Pérez Gómez. Enfermeiro.
11. Iolanda Otero Barroso. Politóloga e Consultora de Proxectos Europeos.
12. Paulino David Carou Mosquera. Desempregado. Ex traballador do matadoiro.
13. Lorena Corral Cao. Enfermeira e Matrona.
14. Delfín González Pérez. Técnico Especialista Administrativo.
15. Carlos Ernesto Fernández Pérez. Xubilado de Telefónica.
16. Jesusa Rodríguez Fontán. Encargada de tenda.
17. José Manuel Seijas Fumega. Auxiliar de Farmacia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 605
- 606
- 607
- 608
- 609
- 610
- 611
- 612
- 613
- …
- seguinte ›
- última »