Nos últimos días vese os de Espazo Comun que estan que non paran, nun modo completamente destructivo coa única sua aspiración, o poder, ese que tanto levan ansiado estes últimos 5 anos, e pese a quen lle pese son os terceiros en discordia, solo lles importa O Carballiño e ter o poder, os outros concellos nos que se presentan, que aínda son unhos cuantos, nin rastro deles, nin estan nin se lles espera, coma no caso de PIÑOR onde tampouco hai presupostos ( e de onde FRAN fuxiu despavorido o ver que non ten opcions de volver ser alcalde ) a estas alturas do ano habendo maioria absoluta, veselles moito o plumero, a sua preocupación non e o Carballiño, e que non gobernan eles, senon o PSOE, de onde foron expulsados tras perder unha negociación, porque o señor Pachi quería mais poder do que lle correspondía, seguindo sin aceptar a situación a día de hoxe, e cebandose co alcalde e o resto do equipo de goberno, non sendo capaces de ver mais ala, pero sin decir nada que a Deputación non daba nada nestes últimos anos, mais ala de 48000€ dos plans provinciales, o señor Nogueira sabeo ben porque gobernaba cando eso sucedía, pero tampouco di nada de que a Xunta pouco da, tampouco parecen acordarse de que o concello tuvo que pagar 380000€ de indemnización polo do tanatorio, por unha licencia mal dada cando estaba ARGIMIRO MARNOTES,a ver se facemos memoria, tendo que pagar eses pufos unido o derribo da nave de protección civil feita en zona verde polo señor PACHI, e imposible levar a cabo outros proxectos, os numeros non dan para todo e vostedes sabeno de sobra pero siguen r que r coa misma música, enganando a veciñanza e crispando os veciños.
BASTA XA POR FAVOR
Pedir un pleno extraordinario para ver si os do PP do Carballiño queren a Pachi de alcalde ou non. Outro brindis al sol como a anterior reprobación do PP. Todo esto non vale de nada. Os números dan pero as ideoloxías non. Fumega vai seguir de alcalde pese a quen lle pese.

A Xunta realizou esta mañá un novo exercicio de adestramento cun simulacro de emerxencia para comprobar a coordinación durante a activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U. no concello ourensán de Maside.
Contou coa participación do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, como director do PEE que, unha vez recibida a información do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia e se decide a activación do plan e o disparo de sirenas de aviso á poboación asume a dirección das operacións e accións a realizar. Tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistiu na activación do plan por un accidente de categoría 2 producido por unha fuga en tubería fase líquida (FL) 6” de bomba de caudal, brida conexión entrada de líquido en bomba, charco de gas propano con formación de xeo e fuga con goteo continuada. Pese a non deflagrar e non incendiar, ao non cesar pola presión da liña e darse risco de deflagración foi preciso refrixerar para controlar e vaporizar o charco de gas, así como pechar válvulas das liñas FL13 e FL14 para reducir presións e que purgase a fuga.
Por mor desta situación, resultaron feridos dous operarios e, ademais, a sobrepresión no interior da planta e a radiación térmica afectaron ás vivendas anexas á planta.
Unha vez avisada á poboación coas sereas constitúense os centros de mando e control para coordinar a intervención -o Centro de Coordinación Operativa (CECOP), o SACOP e o Posto de Mando Avanzado (PMA)- coa correspondente mobilización dos efectivos, o perímetro de seguridade da zona ou o control de tráfico.
De feito, o director xeral de Emerxencias encargase de dirixir o CECOP constituíndose o comité asesor do que forman parte entre outros o subdirector de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, o alcalde de Maside e representantes da industria. A dirección do PMA foi asumida polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.
Entre os efectivos desprazados destacan os bombeiros do parque de O Carballiño-Ribeiro, integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia e do servizo de emerxencias de Ourense, así como axentes de forzas e corpos de seguridade -Garda Civil e Policía Autonómica- , persoas voluntarias da agrupación de Protección Civil de Maside e o Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega.
Para a atención sanitaria mobilizouse ao servizo territorial de Sanidade en Ourense, ao 061 e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). No seguimento da intervención participaron responsables da empresa Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U, xunto con representantes do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e de departamentos da Xunta relacionados coas áreas de economía e industria, medio ambiente e sanidade.
A realización deste exercicio permite mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un suposto accidente, se familiarice co son da sirnea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior.

O portavoz de Espazo Común no concello do Carballiño, Adolfo Nogueira, acompañado polos tamén concelleiros Érika Paz e Francisco Fraga, anunciou a presentación no rexistro do concello dunha solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario da corporación no que vai propoñer a reprobación do alcalde Fumega e o seu grupo de goberno.
O anuncio coincide co primeiro aniversario das eleccións municipais de 2023 e posterior reelección de Fumega como alcalde, en minoria, e sen que durante este primeiro ano de mandato alcanzase acordo algún para garantir a estabilidade no goberno do concello carballiñés.
Espazo Común fai un balance moi negativo deste primeiro ano do actúal mandato e considera que O Carballño merece un gran acordo político que facilite as grandes melloras que precisa o municipio.
Escoita a Adolfo Nogueira no audio adxunto:
Non teñen vergoña.
Parece que en vez de evolucionar cara a democracia, imos converternos nunha ditadura.
Non se pode tratar a xente do irixo de parvos e ameazalos sempre se non está de acordo coa alcaldesa.
Estamos cheos de malas maneiras, malas palabras e ameazas. Todos temos dereito a pedir, a opinar e a vivir sen o seu permiso.
Non hai ninguén que lle poida poñer o freo a esta señora ditatorial?
Desde logo que miúdo ollo tivemos nas votacións. Mellor quedarnos na casa
Vergoña allea sentin hoxe, como veciño de Maside, cando ó pasar pola pista vermella, vexo como dous veciños do Concello do Carballiño , con escaleras en man e con Unha rede para a canasta, se dispoñen a colocala , - sobra decir que a pagarón do seu peto-. Os pobres vendo como está todo( o das pistas de pádel , non hai verbas)xustificaronse decindo que mentras traen as fillas entrenar, aproveitan para tirar una tiros, e que xa llo comentaron varias veces ós responsables municipais, pero están moi entretidos ca primaveira cultural, que debe salir mais a conta.

Preme na ligazón para ver o visor de cada concello:
https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

O salón de actos do IES Chamoso Lamas acolleu esta mañá unha homenaxe a Miguel García, profesor xubilado do centro, polos seus 40 anos de traballo nesta estación meteorolóxica.
Neste acto, ademáis de alumnado e público que acudíu expresamente par estar presentes, participaron o alcalde Francisco Fumega, o director do centro Aurelio Rodríguez e o inspector xefe de Eduaicón, Amancio Nóvoa. Todos coincidiron en salientar a impontancia que ten este servizo meteorolóxico de gran utilidade para O Carballiño e comarca, polo que o homenaxeado Miguel García recibíu fai unhos anos o Premio Nacional de Meteoroloxía, recordaron.
O Director do IES M. Chamoso Lamas J. Aurelio Rodríguez, que salientou o esforzo e dedicación que tivo e ten ao longo destes anos o profesor Miguel para seguir mantendo o seu funcionamento e a recollida de datos diarios, así como o beneficio social que ten a existencia dunha estación meteorolóxica na comarca.
O Inspector Xefe de Educación, Amancio Nóvoa trasladou en nome da Delegación de educación os parabéns e tamén os beneficios que tivo como proxecto para o alumnado do centro.
Pola súa banda, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega gabou toda a traxectoria de Miguel A. García, no estudio da climatoloxía do Concello, sendo das series climáticas mais completas a día de hoxe.
Miguel A. García, agradeceu a homenaxe e fixo un pequeno percorrido da traxectoria da estación, incidindo na importancia que lle dan aos datos que nela se teñen rexistrados, xa que son dos poucos nas que as condicións nas que se atopa a estación, apenas variaron co que as modificacións son exclusivamente producidas polos propios efectos do clima.
Finalmente o acto rematou na propia estación meteorolóxica na que se puxo unha placa conmemorativa que da nome á estación como estación meteorolóxica Miguel A. García Pérez

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na que repasaron a oferta de servizos sociais do concello e abordaron posibles melloras.
A Xunta promove no concello de Boborás o funcionamento de tres casas do maior e, nos últimos anos, financiou a construción dun parque infantil, a instalación dunha cuberta e a mellora da eficiencia enerxética do Punto de Atención á Infancia (PAI).

Boboras e certo que mellorou nalgunhas cousas nos últimos anos pero por desgracia hai cousas que siguen e seguirán así de mal, os contendores en moitos pueblos bordan día si e día tamen, cobrar cobran e non pouco polo lixo pero o servizo e bastante mellorable, os contendores moitos están rotos e sucios.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »