30, Novembro 2014

Club Deportivo Arenteiro e Porriño Industrial, que chegaba a Espiñedo como cuarto clasificado, empataron a un gol en partido correspondente á 14ª Xornada na liga de Preferente. Adiantaronse os visitantes no incio da segunda parte e empataou para os verdes Dani Vázquez no minuto 65.

CD. Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Bardelás, Manu, Sanginés, Dani Vázquez e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Lois, Quiroga, Alex Santiago e Canexón.

Goles:

0-1. Minuto 49. Centro sobre a área local de Claudio Giraldez e no segundo pau remata sen oposición Estefan, os locais reclamaron o posible fora de xogo.

1-1.Minuto 65. Saque de esquina que bota Marcos Sotelo, peina moi ben Dani Arbo e no segundo pau aparece Dani Vázquez para marcar á media volta.

O Partido: O Arenteiro foi claro dominador durante a primeira parte, cando dispuxo de varias ocasións para adiantarse no marcador, as máis claras por mediación de Manu e Marcos Sotelo, e no derradeiro minuto desta primeira parte nun cabezazo de Dani Vázquez que se foi fora por pouco, o empuxe local mantivo a raia ao Porriño Industrial, que apenas pasaba do medio campo e nas contadas veces que o fixo foi sen perigo. Trala reaunudación, cambeou o guión do partido, que pasou a ser dos visitantes, sobre todo o primeiro cuarto, aínda que progresivamente o Arenteiro foi recuperando terreo e logrou recuperar un punto. 

28, Novembro 2014

Tratase de tres persoas de nacionalidade romanesa e un home de orixe africana, que foron detidos esta pasada madrugada e aos que a Garda Civil sinala como presuntos autores de varios roubos cometidos durante as últimas semanas en establecementos comerciais do Carballiño, e tamén na vila de Allariz.

No Carballiño, entre os establecementos comerciais afectados polo roubos da útlimas semanas encontrase unha tenda de roupa da rúa Ribeiro, que baleiraron de existencias, provocando o peche do comercio. En Allariz, unha tenda outlet de roupa infantil foi roubada en dúas ocasións nun curto intervalo de tempo.

27, Novembro 2014

O bar Centro de Beariz acolleu esta tarde o Congreso Local do PP nesta localidade. A única candidatura presentada foi a liderada por Manuel Prado, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección.

O presidente local electo, tamén alcalde da localidade, despois de agradecer a confianza depositada na súa candidatura e de facer un balance da súa xestión en Beariz, recalcou que “o noso obxectivo irrenunciable para os vindeiros catro anos é o de fixar poboación no municipio. Para elo, centrarémonos en catro piares fundamentais: potenciar a residencia da terceira idade e o emprego feminino a través da dependencia; impulsar o parque empresarial; mellorar e diversificar a productividade agraria de Beariz; e, por último, crear unha brigada municipal de obras dando así saída aos ingresos acadados pola explotación do parque eólico”, explicou Manuel Prado.

O encargado de clausurar o Congreso Local de Beariz foi o presidente provincial, Manuel Baltar, quen aplaudiu as propostas de futuro expostas polo presidente local e abogou “polo compromiso constante das administracións locais de velar polos intereses e necesidades dos veciños. E aquí entra en xogo o factor clave da cooperación para loitar entre todos por este obxectivo”.

27, Novembro 2014

O PSdeG reclama ao Goberno de Marnotes que tome medidas ante "os numerosos roubos que se están a producir en establecementos comerciais e empresas da vila e que supoñen un gran problema a engadir aos que xa de por sí padece este sector na nosa vila".

 Subliñan que  "os veciños e veciñas do Carballiño, aínda teñen fresco na memoria cando o señor alcalde se apuntaba en roldas de prensa o tanto dunha suposta reducción da delincuencia e se preguntan agora se non sería o normal que, por unha vez, este señor asumira a súa responsabilidade e se deixara de tentar enganarnos a todos con patrañas de todo punto incribles".

Engaden dende o PSDG que "os comerciantes deste pobo aínda agardan por unha resposta ás súas demandas, todas elas moi razoables, para axudar a loitar contra a lacra que supón esta xeira de roubos que están a sufrir".

Consideran que, a primeira e imprescindible solución, ante a inseguridade que están a xerar os roubos sería necesario dotar á Policía Local de mais axentes, e afirman que " a  plantilla actual da Policía Local é escasa, e a pesar do seu esforzo,o certo é que non hai suficientes axentes para realizar máis horas de vixilancia. Por iso, consideramos que a solución pasaría por incrementar o número de axentes".

 Na mesma liña, o Concello debería adoptar outras medidas que beneficien a seguridade dos cidadáns,  "como mellorar o alumeado nas rúas, que é moi deficiente en boa parte delas, por culpa de medidas de suposto aforro por parte dun goberno que non repara en gastar 50.000 euros nunha pista de padel ou 70.000 euros nun só ano en avogados".  

Por elo, os socialistas esixen a Marnotes "que adopte medidas para evitar a inseguridade que actualmente sofren os cidadáns da vila, xa que este problema non se pode deixar pasar, como tenta facer o rexedor, e require dunha solución urxente".

 

26, Novembro 2014

O Carballiño volverá estar representado nas "Marchas da Dignidade" que se convocan para este sábado dia 29 de Novembro. Se no pasado mes de Marzo a convocatoria foi unitaria, en Madrid, as organizadas para este sábado que ven teñen carácter autonómico, a galega será en Santiago de Compostela.

A Plataforma carballiñesa organiza o desplazamento en autocares que sairán ás 9,30 horas dende a Veracruz a un prezo de 6,50 euros ida e volta para quenes reserven praza con antelación.

"Nos Somos a Dignidade, pedimos pan, teito e traballo para todos, ningúen quere vivir da caridade, hai recursos suficientes si se reparten con xustiza para que toda persoa dispoña deses tres mínimos, se os sindicatos e partidos maioritarios non se moven ou están cos poderosos, os cidadáns de a pe defenderémos os nosos dereitos", proclaman.

24, Novembro 2014

As Comunidades afectadas son aquelas que na época franquista fixeron convenios e consorcios para a reforestación dos montes. É o caso da Comunidade de Comuneiros do monte veciñal en man común do Testeiro, no municipio do Irixo, que agrupa a comuneiros dos pobos de Carballeda, Subirol e Munín.

Veñen de manifestarse para demandar da Xunta que "que nos aclare cómo se van facer esas liquidacións, porque non sabemos nada, so que aquelas comunidades que non atendan esas liquidacións en agosto de 2016 estarán obrigadas a facer contratos con empresas forestais para ceder a xestión dos montes, na consellería dinnos que a lei non se vai aplicar, pero eso non ten moito sentido", manifestan.

Manteñen dende estas Comunidades de Comuneiros que "as supostas débedas deben ser eliminadas por falsas e inxustas, falsas porque os convenios incluen gastos no monte que non se fixeron, e inxustas porque nacen dun roubo, porque os montes foron usurpados ós comuneiros". No caso concreto do monte do Testeiro, a reforestación fíxose no ano 1958.

23, Novembro 2014

Un Arenteiro manifestamente superior ao seu rival non pudo pasar do empate na súa visita ao Morrazo, foi o partido das ocasións de gol non concretadas, os verdes gañaron un punto pero tal como se desenvolveu o partido tamén pode concluirse que se perderon dous. E tamén se perderán o próximo partido ante o Porriño Industrial os centrocampistas V. Gallego e Dafonte, que viron cartón amarelo e cumplirán ciclo.

CD. Arenteiro: Pachi, Ocampo (Lois, m. 73), D. López, C. Escudero, Pana, Dafonte (D.Arbo), V. Gallego, Bardelás (Brais, m.73), Gele, Dani Vázquez (Manu m.73) e M Sotelo.

Goles

1-0: Minuto 3. Erro da defensa do Arenteiro que non acerta a despexar un balón fácil e Aarón, de vaselina, bate a Pachi na súa saida.

1-1. Minuto 26. Córner golpeado por M. Sotelo e Ocampo, no segundo pau, de cabeza fai o empate.

O Partido: Por xogo e ocasións de gol  o Arenteiro fixo méritos para gañar este partido. Os locais, ademáis do gol tan so dispuxeron doutra oportunidade na primeira parte, mentres que o Arenteiro contou con ata oito ocasións para voltear o marcador, pero os balóns de Victor Gallego -por tres veces-, Escudero, Bardelás -que se foi o poste- , Marcos Sotelo, Arbo e Gele non encontraron portería . Ademáis das magníficas intervencións dos porteiro local, David, que salvou dous man a man con Dani Vázquez e Braís, con éste último por dúas veces, aínda que na última -xa no desconto- e nunha xogada na que o dianteiro verde caeu lesionado, os xogadores do Arenteiro reclamaron penalti. Un auténtico monólogo do Arenteiro que tivo pouca recompensa, un punto que sabe a moi pouco.

21, Novembro 2014

O bar-tapería “O Papón” de Maside acolleu esta tarde o Congreso Local do PP nesta localidade. A única candidatura presentada foi a que lidera Juan Manuel Álvarez González, que acadou o apoio do 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes na elección.

Tras coñecerse o escrutinio, o presidente local electo agradeceu expresamente o unánime apoio recibido á súa candidatura, facendo unha sentida lembranza do seu antecesor, Casimiro Campo Fernández, falecido o 1 de decembro de 2012. Juan Manuel Álvarez González sinalou que o novo equipo da Xunta Local que el lidera “busca unha profunda rexeneración, con ilusión e unha nova estrutura organizativa. O PP ten que ser o artífice do profundo cambio que Maside necesita”. Sobre este “cambio”, o presidente local fixo referencia expresa á necesidade de “fixar poboación, empresas e emprendedores no municipio, con infraestruturas necesarias que redunden no pobo, algo que se perdeu nestes últimos sete anos de goberno socialista”.

Tralo discurso do presidente local, tomou a palabra o presidente provincial do PPOU, encargado de clausurar o Congreso Local de Maside. Manuel Baltar afirmou que “as políticas municipais deben fundamentarse na cooperación entre administracións, co obxectivo irrenunciable de mellorar a calidade de vida dos veciños de Maside”.

21, Novembro 2014
20, Novembro 2014

Os socialistas galegos demandaron no Parlamento á Xunta que poña en marcha de forma inmediata a residencia para persoas maiores O Cornuval no Concello de O Carballiño e que teña xestión pública.

“As obras remataron hai dou anos, tiveron un custo de 6,7 millóns de euros e deben ser xestionadas desde o público, como pasa coa parte máis antiga da residencia”, asegurou hoxe Carmen Gallego na Comisión de Sanidade, durante a explicación dunha proposición non de lei dos socialistas sobre este tema que foi rexeitada polo PP.

A viceportavoz socialista apuntou que “en setembro, tanto a conselleira de Traballo como o alcalde do Carballiño adiantaron a posible xestión privada, o que reflicte unha vez máis a estratexia do PP en políticas sociais”. O PSdeG advirte ademais de que a Xunta de Feijóo “retrasa as aperturas de centros para que pareza que son autoría do seu goberno”.

“O Grupo Parlamentario Socialista considera que os centros que foron construídos con fondos públicos para prestar atención en materia de Servizos Sociais deben ser xestionados desde o público, pois só así garantiremos igualdade e calidade na prestación das políticas sociais”, manifestou Gallego.

“As empresas privadas que operan neste sector xa teñen un nicho de mercado naquelas persoas que deciden libremente optar por estas, pero dende a política pública os gobernos teñen que garantir que calquera persoa que o queira poida ingresar nunha praza pública, pois os Servizos Sociais son un dereito universal”, engaden os socialistas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS