Dende o mes de Febreiro o servizo está únicamente cuberto por voluntarios "que chegaran a un acordo co concello para realizar gardas as 24 horas e cobrar dietas, pero a dia de hoxe aínda non percibiron un euro, polo que deixan de prestar o servizo", advirten.
O BNG demanda ao alcalde que dote a O Carballiño dun servizo de emerxencias dacorde a entidade do municipio, ademáis de "esixirlle a inmediata apertura do Parque de Bombeiros, unha vez que remataron as obras de construcción do edificio fai xa varios meses".
Os alcaldes da comarca manifestaran no pasado mes de marzo o compromiso de apoiar a proposta do rexedor municipal carballiñés para a creación dun servizo de Protección Civil de ámbito comarcal. Marnotes anunciara daquela que se levarían a cabo xestións coa Deputación e Xunta para buscar financiación para este servizo e comprometera o apoio municipal para fixar unha partida económica nos orzamentos de 2014 para destinar unha subvención específica a Protección Civil para o pagamento de axudas aos voluntarios.
Victoria ante o Allariz, pero o Arenteiro queda fora das dúas prazas de ascenso, xa que tanto Nogueira como Verín non fallaron e gañaron os seus respectivos partidos. Os carballiñeses, con 74 puntos, rematan a liga como terceiros.
C.D. Arenteiro: Pachi, Prada, Dabarca, D.López, Lois, Gallego, Alex, Breogán, Bardelás, Martín e M. Sotelo. Tamén xogaron Quiroga, Óscar, Manu e Canexón.
Goles:
1-0. Minuto 30. Breogán, a media volta dentro da área.
1-1.Minuto 56. Juan Gallego, de cabeza, empata o partido.
2-1.Minuto 57. Breogán faise cun balón e bate por baixo ao porteiro visitante.
3-1.Minuto 74. Centro dende a dereita de Quiroga que Óscar remata impecablemente.
O Partido: O Arenteiro tiña a obrigación de gañar e esperar, tardou media hora en marcar e despois, aínda que o Allariz chegou a empatar, en ningún momento os verdes perderon a cara ao partido e acabaron vencendo con folgura. Ao final, durante varios minutos agardouse polo resultado no campo do Velle, onde o Nogueira marcou no minuto 90. Decepción na afección do Arenteiro, que en gran número volveu a estar en Espiñedo.
A Praza Maior do Carballiño foi o escenario dun acto público organizado pola Mesa pola normalización lingüística do Carballiño - O Ribeiro. Xentes de todas as idades, nenos, novos e maiores participaron nesta xornada, unidos pola nosa lingua.
Bando Municipal das Letras Galegas.
O concello do Carballiño publicou un Bando con motivo desta celebración, que pode verse nos edificios públicos, nos centros de ensinanza e nos locais das asociacións veciñais.
Exposición da vida e obra de Diaz castro.
Tratase dunha mostra dedicada ao escritor homenaxeado este ano no dia das letras galegas, cedida pola Secretaría xeral de Política Lingúística. Podemos vela nas escaleiras da casa do concello carballiñés.
Concurso de cuñas radifónicas
O Alumnado carballiñés de secundaria tivo ocasión de participar nun concurso de cuñas radiofónicas, co que colabora COPE O Carballiño, e no que se promove a reflexión sobre a lingua galega e sa súa valoración positiva entre a xuventude.
Os tres veciños do pobo de Santiso, que foron evacuados, xa regresaron as súas vivendas. O incendio deuse por controlado esta pasada madrugada.
O lume iniciouse, por causas descoñecidas, ás 14,40 horas en montes da parroquia de Reádigos, no concello do Irixo. O operativo desplegado está integrado por 9 brigadas, 3 motobombas, 3 helicopteros e 4 avións, coordenado por 1 técnico e 2 axentes forestais. A superficie afectada é de 57 hectáreas.
A Xunta recorda que está a disposición da cidadanía o teléfono 085, ao que debe chamarse no caso de detectarse lume forestal.

O CPI Terras de Maside do concello de Maside acolle desde esta semana o proxecto Enredando, artesanía na escola, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que ten por obxectivo achegar aos máis novos os oficios artesanais, contribuíndo así á promoción e posta en valor do sector artesán galego.
Dentro deste proxecto, hoxe presentouse no centro educativo ourensán a unidade didáctica O Gremio da seda, na que o alumnado participará no proceso de produción da seda, desde a cría e evolución dos vermes ata a extracción desta para a confección do fío na seguinte fase.
A actividade, na que os alumnos continuarán a traballar o curso que vén, chegará nas próximas semanas a un total de 16 centros educativos de toda Galicia. Na comarca do Carballiño celebrarase, ademais de en Maside, no CEIP de Beariz, no CEIP Virxe da Pena da Sela no Irixo e no CEIP Eulogio Gómez Franqueira en San Amaro.
Enredando, artesanía na escola conta tamén cunha unidade didáctica centrada na elaboración e encadernado de papel, Do papel ao libro, para alumnado de 3º ciclo de primaria e 1º ciclo de secundaria, cuxa segunda tempada continúa desenvolvéndose en diferentes centros educativos.
Os principais obxectivos deste proxecto, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, son concienciar a sociedade do valor do produto feito á man así como presentarlle aos rapaces e rapazas que a artesanía pode ser tamén unha boa alternativa para o seu futuro laboral; atallar o problema da falta de relevo xeracional nos oficios máis tradicionais promovendo o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores; e amosar á sociedade o valor engadido da artesanía en canto á súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.

Con este resultado os carballiñeses deixan de depender de si mesmos para o ascenso a preferente. A falta de unha xornada para o remate da competición, ao Arenteiro so lle vale unha victoria en Espiñedo ante o Allariz e esperar unha derrota do Nogueira ou un empate do Verín.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Lois, Dabarca, Oscar, Alex, V. Gallego, Breogán, Bardelás, Martin e Quiroga.Tamén xogaron Prada, M. Sotelo e Caneiro.
Goles:
0-1. Minuto 67. Penalti cometido sobre Martín, que tranforma en gol Quiroga.
1-1. Minuto 84. Centro sobre a área carballiñesa que remata Seo.
O Partido: Tras un tiro de Quiroga ao poste nos primeiros minutos, os verdes non deron sensación de perigo ante a portería local. Na segunda parte, o Arenteiro saíu con máis decisión e intensidade e fixose co dominio do partido, pero so acertou a marcar de penalti. Por si fora pouco, deixouse empatar na única aproximación do Monterrei ante a portería de Pachi.
Os 3 grupos políticos municipais presentaron e votaron a súa propia moción contra a supresión do Partido Xudicial, aínda que non foron capaces de chegar a un acordo que implique un respaldo institucional conxunto.
A única das tres mocións aprobada polo pleno foi a do Partido Popular, que contou co apoio dos socialistas. Os tres grupos, PP. PSdG, e BNG, coinciden en posicionarse en contra da desaparición do Partido Xudicial do Carballiño, pero as diferencias entre os tres grupos e sobre outros aspéctos do Anteproxecto Lei do Poder Xudicial impediron un pronunciamento conxunto.
Onde sí houbo unanimidade foi na moción socialista para posicionarse en contra do aumento do IVE para perruquerías e florerías, que pasou do tipo reducido do 8% ao xeral do 21%. Tamén, por unanimidade, o pleno aprobou unha proposta do BNG para apoiar as reinvindicacións dos emigrantes retornados, aos que a Axencia Tributaria impuxo sancións económicas por obrigas tributarias non satisfeitas.
Pola contra, o grupo maioritario rexeitou a moción do BNG sobre o apoio a ILP de medidas para a creación de emprego en Galicia, e outra do grupo socialista na que se pedía a rescisión do contrato coa empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar. O Partido Popular propuxo, no seu lugar, a creación dunha comisión municipal de seguimento do contrato asinado coa empresa.
Fai meses que os sanitarios veñen denunciando a deixadez municipal en canto ao estado de conservación das instalacións, agora incluso apuntan á suciedade que está provocando situacións de insalubridade.
Os profesionais que exercen o seu traballo no centro de saúde de Piñor levan presentados varios escritos dirixidos ao alcalde da localidade Francisco Fraga, xa que é o concello o responsable do mantemento do edificio. Non obstante, as deficiencias non foron emendadas.
Ao deficiente estado de conservación engaden problemas de insalubridade, debido á falta de limpeza "unha situación inaceptable nun edificio sanitario, cheo de formigas e suciedade como consecuencia da deixadez por parte do concello", manifestan.
As actuacións son financiadas con fondos municipais ou ben por medio de convenios coas consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
A partir deste martes 6 de Maio comezan as obras na praza da Alameda do Carballiño, que consistirán na reposición da empedrada en toda a rúa Alameda, así como o lousado da zona peonil. Para iso, dende o luns, cortouse o tráfico na citada rúa. Corte que permanecerá mentres duren as obras.
Inclúese neste proxecto municipal a conversión das fontes piramidais da praza en bancos, con xardineira na súa parte traseira, onde nun inicio había auga. Así mesmo limparase o monumento do Munten, situado na praza do Emigrante, e repoñerase o recubrimento do estanque que o rodea.
Tamén comezaron as obras incluídas no plan marco asinado da consellería de medio Rural para mellora de camiños de titularidade municipal, e no que se van investir no municipio do Carballiño máis de 50.000 euros. Os proxectos incluídos neste plan marco son o afirmado dos accesos a Mosteiro- Paradela, Mesego-Corrredoira, Mesego- Corval, Sagra-Fraga, Gouxiña e Señorín.
Por outro lado o edil de Obras Magin Daparte mantivo unha reunión co responsable de servizo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, para iniciar a formulación da obra de mellora da avenida de Julio Rodríguez Soto, Rotonda da Alameda, Conde Vallellano e Martínez Avellanosa.
Finalmente, o concello do Carballiño anuncia para os próximos dias a licitación da obra de mellora na rúa Alberto Vilanova, que inclúe a construcción da beirarrúa da marxe dereita no tramo entra a rúa Carreira e o centro de saúde, cun investimento de 50.000 euros.

Un gol de Bardelás no minuto dous decidiu o partido a favor do Arenteiro que, con este resultado, sigue dependendo de sí mesmo para dar o salto á preferente, a falta de dous partidos para rematar a competición. Os verdes deberán gañar ambos partidos para asegurar o ascenso sen depender doutros resultados, o vindeiro domingo en Monterrei e na última xornada en Espiñedo ante o Allariz.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, D. López, Lois, Óscar, Victor Gallego, Breogán, Alex, Martín, Bardelás e Prada. Tamén xogaron Caneiro, M.Sotelo, Quiroga e Manu.
Goles:
1-0. Minuto 2. Centro de Prada, Martín fai de pantalla e arrastra ao marcador de Bardelás, que resolve dunha perfecta volea.
O Partido: O exiguo marcador mantivo vivo ao Antela ata o final, nun partido que o árbitro ourensano Garrote, prolongou en exceso e sen motivo ata o minuto 102, foi moi protestado pola afección local durante todo o partido e expulsou ao adestrador local M. López e ao preparador físico, Borja. Xa antes do descanso os carballiñeses tiveron varias ocasións para poñer o marcador en franquicia, aínda que o Antela tamén tivo as súas, a máis clara un tiro ao pau de Samuel. Na segunda parte, o Arenteiro incrementou o dominio sobre a área visitante, pero a falta de definición dos dianteiros verdes mantivo o suspense ata o final.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 631
- 632
- 633
- 634
- 635
- 636
- 637
- 638
- 639
- …
- seguinte ›
- última »